No
outono de 1928, Virginia Woolf imparte en Cambridge as dúas
conferencias sobre «Mulleres e novela» que servirán de base para a
elaboración do ensaio Un cuarto de seu, que publicará un ano máis
tarde; un traballo que explora a posibilidade dunha «escrita
feminina» e no que se esboza unha das primeiras historias da
literatura inglesa feita por mulleres. Este ‘cuarto propio’ é un
espazo no que escribir sen as interrupcións do medio familiar, pero
constitúe así mesmo un símbolo da liberdade de pensamento.
Un
cuarto de seu esboza unhas das primerias historias da literatura de
mulleres e presenta valiosas reflexións sobre a escrita feminina que
teñen suscitado apaixoados debates.
Este
cuarto propio é un espazo no que escribir sen as interrupcións do
medio familiar, pero constitúe así mesmo un símbolo da liberdade
do pensamento. Virginia Wolf fai fincapé nas condicións materiais
que teñen dificultado as carreiras literarias das escritoras e
analiza os mecanismos polos que o patriarcado sitúa a unha muller
nunha posición de inferioridade. Woolf explora igualmente as
conexións entre o xénero sexual e o xénero literario, alentando as
escritoras na procura dunha frase nova e dunha mente andróxima.
O
ensaio
analiza
se
as
mulleres
son
capaces
de
realizar
unha
obra
de
calidade
como
a
de
William
Shakespeare,
entre
outros
temas.
Nunha
parte
da
mesma,
Woolf
inventarase
un
personaxe
ficticio,
Judith,
"irmá
de
Shakespeare",
para
así
demostrar
que
unha
muller
coa
mesma
capacidade
e
talento
que
Shakespeare
non
tería
as
mesmas
oportunidades
que
el
para
desenvolvelo,
pois
se
lle
pechaban
moitas
portas
ás
mulleres.
Woolf
tamén
analiza
as
carreiras
dalgunhas
escritoras
femininas,
como
Aphra
Behn,
Jane
Austen,
as
irmás
Brontë
e
George
Eliot.
A
autora
fai
unha
referencia
moi
sutil
aos
intelectuais
máis
prestixiosos
da
época.
Como dicía Virginia Woolf, "unha muller ha de ter cartos e un cuarto propio se te de escribir ficción". Desta afirmación provén o título da obra. Tamén fala da necesidade de todo autor para ter licencia poética e a liberdade persoal para crear arte.
Como dicía Virginia Woolf, "unha muller ha de ter cartos e un cuarto propio se te de escribir ficción". Desta afirmación provén o título da obra. Tamén fala da necesidade de todo autor para ter licencia poética e a liberdade persoal para crear arte.
resumo tirado da wikipedia
comentario tirado da contraportada do libro
Ningún comentario:
Publicar un comentario