o narrador, Nick
Carraway, comeza o libro cun consello do seu pai, que di que non se debe
criticar aos demais. A través dos ollos de Nick, coñecemos á súa prima, Daisy
Buchanan, ao seu agresivo marido, Tom Buchanan, e a Jordan Baker, quen chega a
ser un interese romántico do narrador. Nick vive en West Egg, zona de pouca elite
pero aínda elegante e que xace ao outro lado da baía de East Egg.
pronto nos
fascina o Sr. Jay Gatsby, un home rico e misterioso que ten unha mansión enorme
xunto á casa de Nick e onde celebra festas os sábados ás que todo o mundo pode
ir e emborracharse.
Nick coñece e
faise amigo (con receo) do home misterioso nunca das súas grandes festas e tamén
comeza a pasar tempo con Jordan, cuxo pragmatismo cínico lle encanta a Nick.
todo o mundo sabe
que algo de Gatsby cheira raro –o seus negocios, a súa suposta educación en
Oxford e a súa posición extraña entre as elites da sociedade son sospeitosas.
Despois, Gatsby revélalle a Nick, a través de Jordan, que el e Daisy tiveron un
enredo romántico antes de que el fora á guerra e que ela se casara con Tom.
Gatsby quere ter
a Daisy de novo e o plan era que Nick a
invitase ao té e ela "se tropezase” co seu antigo amante.
Nick leva a cabo
a estratexia. Gastby e Daisy reúnense e comezan outro amorío.
Todo segue moi ben,
ata que Tom coñece a Gatsby, quen no lle cae ben e ponse a investigar os seus
asuntos.
mentres tanto,
Nick revélanos o verdadeiro pasado de
Gatsby; ven dunha familia moi pobre e
ruda. Probablemente seguiría nesa situación
se non tivese coñecido a Dan Cody, un home rico e vello que lle ensinou todo o que necesitaba saber. Sen embargo, a
súa fortuna non lla deixou el, senón que provén dos seus negocios, o
contrabando.
a historia ten un triste final que ten lugar en Nova York, onde Tom e Gatsby discuten sobre Daisy. Aí revélase que Gatsby é un contrabandista. Daisy ten que seguir co seu marido e o gran Gatsby, finalmente morre a causa dun tiro.
resumo baseado nun texto tirado de shmoop
Ningún comentario:
Publicar un comentario