A historia narra o asesinato de forma brutal de dúas damas
francesas, Madame l’Espanaye e a súa filla Mademoiselle Camilla, o
crime sucede nun piso ubicado na rúa Morgue, unha rúa parisina moi
frecuentada. Ao principio as investigacións policiais eran penosas e
todas remataban en fracaso, aínda contando con varias testemuñas
que intentaron aportar algunhas pistas para a resolución do macabro
crime.
O panorama desalentador cambia drasticamente cando un detective
afecionado que viña dunha familia ilustre, pero que por casualidades
da vida acabara sumido na pobreza. chamado Monsieur C. Auguste
Dupin, comeza a buscar indicios e a relacionar datos có fin de
desvelar este misterio, que xa tiña un sospeitoso encarcelado,
Adolphe Lebon, que foi o último en ver as vicitimas con vida. Sen
existir móbil algun, xa que na escena do crime atoparonse non solo
obxetos de gran valor senon tamén unha gran cantidade de diñeiro
que ditas damas retiráran aquela mesma tarde do banco, sendo
ademáis as mesmas persoas moi ben conceptuadas polo que decían os
testigos interrogados pola policía. Aquí o analista estivo ao seu
verdadeiro gusto, xa que mirou, inspeccionou, buscou e descubriu.
Máis tarde de regreso a casa examinou detidamente cada cousa e logo
de varias voltas e cousas novas que el mesmo agregou a escena do
crime chegou a verdadeira identidade do autor de tales feitos tan
atraces. Dupin con inxenio e sagacidade, ofrece unha explicación na
que exculpa a Lebon xa que de acordo coa súa deducción, o crime
non o puidera levar a cabo un humano. En realidade o crime fora
levado a cabo por un orangutan traído da selva de Borneo, que se
escapara da custodia do seu dono. Tras estas deduccións lóxicas do
señor Dupin, o señor Lebon foi exculpado de todos os cargos que se
lle atribuían. O inspector de policía non quedaba a gusto coa
resolución do crime, xa que non lle gustara nin a maneira de
resolvelo nin tampouco a persona que o resolvera. Aínda por riba o
señor Dupin regozixabase no seu triungo alterando a tranquilidade de
este.
Ningún comentario:
Publicar un comentario