A xeración
perdida que enche as mesas do Café Rotonde ten un aspecto e porte moi curioso.
Toda ela propúxose firmemente vestir con desaliño, o que daba unha especie de
excentricidade uniforme. A primeira vez que se pasa a vista polo interior deste
establecemento, de teitoo alto e mesas abarrotadas de concurrentes, causa a
impresión de haber posto os pés dentro dunha xaula de paxaros de variado plumaxe
no zoo. Alí hai unha tremenda, ronca e polífona vocingleiría, que acrecenta e confunde, dos camareiros que, coa
chaquetilla branca e pantalón negro, parecen urracas indo dun lado a outro pola
densa nube de fume de tabaco. As mesas están cheas de circunstantes; que están
continuamente; un agáchase e aprietase aos demais; un obxeto é levantado do
chan; máis xente entra pola porta xiratoria; outro camareiro ábrese paso por
entre as mesas dirixíndose cara a porta e, despois de pedirlle a voces un servicio,
volve desaparecer.
O París que
Ernest Hemingway lembra neste pequeno libro é esa cidade tan fascinante que
tiña de todo, as dúas guerras,moitos cafés,escritores e sobre todo pintores, os
seus largos bulevares coruscantes nas mañás de bonita primavera, as carreiras
de cabalos que se facían en Auteil e máis que nada as emocionantes probas
ciclistas daquela época; é a cidade da mocidade deste narrador e sobre todo da
súa aprendizaxe como tal, a do seu feliz primeiro matrimonio(con Hadley nese París
feliz) e,ó mesmo tempo, a cidade de precariedade e a penuria,el recórdao todo
cunha frase “eramos moi pobres e moi felices” así o di el.París foi o lugar das
vivencias deste xoven despois da Gran Guerra,ali sufreu moitas historias que el
separa en capítulos na súa obra.
Nun dos pasaxes deste libro o xoven
Hemingway fai un gran recorrido para esquecer que ten ganas de comer, e que se
saltou unha comida, camiña na procurade xente que traballara ó igual que él,
ata que consigue atopar ao pintor Pascin no Dôme, xunto a dous modelos co
acompañan.
Este autor
desenrola a historia cunha descrición das rúas de París nas que se basea a
historia.Nesta narración sitúase moi ben París e os itinerarios son moi
importantes nesa novela.Estas descricións de lugares da capital do país galo
móstrannos que o autor coñecía a perfección esta cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario