En Orgullo e prexuízo, Jane
Austen trata sobre unha realidade común en Inglaterra a principios do século
XIX: que as mujeres que non son ricas se teñan que casar con un home que si que
o sexa. A súa frase inicial é unha das máis famosas de toda a literatura
inglesa: “It is a truth universally acknowledged, that a single man in
possession of a good fortune, must be in want of a wife.” (É unha verdade universalmente aceptada,
que un home solteiro en posesión dunha boa fortuna debe estar á procura dunha
esposa).
A señora Bennet ten cinco fillas entre 15
e 23 anos, ás que busca casar cun home, para que poidan vivir ben. Nesta
situación, múdase ao vecindario un mozo que cumpre con esta característica, e
que ademais, é que ademais é atractivo, intelixente e amábel, o Sr Bingley, que
vai acompañado das súas irmáns e dun amigo chamado Mr Darcy, despectivo e
desprezativo co pobo. Compórtase especialmente mal con Elizabeth, unha das
fillas da señora Bennet, negándose a bailar con ela, considerándoa dunha clase
inferior, ao que ela responde con ironía. Mentres o señor Bingley e a filla
maior da señora Bennet, chamada Jane namóranse.
A maioría do pobo da por feito o seu
matrimonio, porén, Bingley marcha a Londres, por culpa da influenza de Darcy.
Jane viaxa a Londres para buscar a Bingley, pero non atopa noticias sobre el, e
descubre que o responsábel é Darcy, que cría que ela non quería realmente a
Bingley. Darcy chégase a namorar de Elizabeth e pídelle matrimonio, pero esta
rexéitao pola súa actitude, polo orgullo e vaidade e o desprezo constante cara
ela e as súa familia, dille que xamais casaría co home que esnaquizou a
felicidade de Jane. Mr Collins, primo do home da señora Bennet tamén é
rexeitado por Elizabeth, polo que casa coa súa mellor amiga, Charlotte Lucas.
Tras unha visita á vinca de Darcy,
Elizabeth cambia un pouco a súa opinión del, xa que se amosa máis amábel, coa
súa tía, Mrs Gardiner, e con ela mesma. Este acercamento interrómpese cando
outra das irmás, Lydia Bennet, foxe con George Wickham, un
cabaleiro que semella moi encantador, pero que realmente é un embaucador,
mentireiro e manipulador, que ademais non ten intención de casar con ela, o que
pode ser unha deshonra para a familia, se chega a ter un fillo ilexítimo, porén
isto non chega a suceder, grazás á intervención de Darcy, que os atopa e obliga
a Wickham a casar con Lydia, correndo Darcy cos gastos da boda, e tamén
entregándolle a Wickham unha dote. Elisabeth entérase desta intervención de
Darcy que salvou a honra da familia, o que a fai cambiar de forma definitiva a
maneira en que o vía.
Finalmente o señor Bingley regresa de
Londres e proponlle matrimonio a Jane, que acepta. Tamén fan o mesmo Darcy e
Elizabeth, aínda que ao principio este matrimonio non foi ben recibido por Lady
Catherine, tía de Bingley, finalmente aceptouno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario