venres, 7 de xuño de 2013

o monstro metálico, resumo e comentario


O monstro metálico é un clásico do xénero de ciencia ficción pulp. Está escrito nunha prosa florida é rica, condúcenos até un mundo descoñecido dentro do noso propio planeta, que garda algúns secretos estarrecedores.

A aventura épica empeza cun prefacio onde a Merritt se lle asigna a obriga para transmitir o conto incrible do  encontro nas montañas Himalaia  do Dr. Walter T. Goodwin cun monstro e para , deixar a todo o mundo coñecer a  terrible sorte  do grupo de Goodwin que apenas deu escapado e a posibilidade da existencia doutros monstros por alí.

O doutor Goodwin está nunha expedición botánica no Trans-Himalaia. Alí coñece a Dick Drake, o fillo de un dos seus vellos coñecidos da ciencia. Son testemuñas dun estraño efecto de aurora co, pero ao parecer é intencionado.A medida que van investigando, encóntranse con vellos amigos de Martin Goodwin e Ruth Ventnor, irmán e irmá científicos.Este grupo de científicos perdidos entre os picos do Trans- Himalaia descobre que estas terras case nunca vistas polo home agochan algúns dos segredos mellor gardados da Terra. Despois de ver cos seus propios ollos unha poboación viva de antigos persas asentados nas montañas após fuxir das conquistas de Alexandre Magno.

O grupo é salvado por unha muller magnífica que chegan a coñecer como Norhala. Ela ten o poder do raio e controla cousas estrañas de metais animados,  vivos, formas xeométricas e toda unha cidade de cubos intelixentes, globos  e tetaedros, capades de unir e formar colosais figuras, utilizando raios de morte e outros armamentos de destrución.

Eles son levados a unha chaira ocupada polo que eles chaman “O monstro metálico” unha cidade de metal estraño que ocupan as cousas animadas de Norhala. Esta cidade é gobernada polo que eles chamado Emperador metálico, asistido polo Gardián dos Cornos.

Ruth lentamente convértese en Norhala e chega a ser como ela, a súa irmá pequena. Martín seu irmán trata de disparar ao Emperador metálico, que se vinga cunha ráfaga de raios, deixando a Martín nun estado de coma.

Cerrado entre o monstro metálico e os persas,el posase entre  Goodwin e Drake para  encontrar unha forma de escapar da súa situación.


texto baseado na información contida na wikipedia (inglés)

Ningún comentario:

Publicar un comentario