martes, 18 de xuño de 2013

matilda, comentario crítico

www.effigymagazine.com
Matilda é unha nena doce, comprensiva e amable... Pero algo a diferencia das demáis: a súa intelixencia. Vive no seo dunha familia ca única preocupación de ver a tele, e os cartos. O seu pai é un estafador, que se adica a vender coches de segunda man en mal estado. A pequena é ignorada pola súa familia, que descoñece o seu alto coeficiente intelectual e despréciana por non ter as mesmas aspiracións. A rapaza atopa un apoio na súa mestra, a señorita Honey, e intenta facer xustiza por medio duns superpoderes que posee.

En primeiro lugar, na obra hai moitas mostras de machismo, por exemplo, Matilda tivo que empezar a escola moito máis tarde que o seu irmán. Tamén se fai unha clara referencia á difícil situación familiar que ten a rapaza na casa, por sentirse completamente incomprendida no seo dunha familia ignorante que vive unha realidade basada en enganos e que non tratan de educar aos seus fillos correctamente, se non que mostran unha clara desidia deica a eles, no canto de preocuparse polos seus estudos e o seu benestar.

En segundo lugar, móstrase a relación de complicidade que teñen a señorita Honey e Matilda, xa que a señorita viviu unha infancia tormentosa ao lado da súa tía, a señorita Trunchbull, que quedou ao seu coidado cando o seu pai morreu. Síntese identificada cos ideais de Matilda e fará todo o posible por motivar a rapaza e axudala.

En terceiro lugar, debido á rabia que lle dan as inxustizas, Matilda, por medio duns superpoderes que posee, ten a capacidade de impartir a súa propia xustiza, aplicándolles castigos ás persoas que cometen malos actos. Cando o pai de Matilda foi descuberto pola policía, a nena tivo a oportunidade de quedarse coa sua adorada mestra, mentres a súa familia escapaba da xustiza, o que demostra a pouca importancia que ten a rapariga para a súa familia.

Por outra banda, esta historia ten elementos comparables con outras, nas que a protagonista se ve nunha familia que non a comprende porque non teñen os mesmos ideais, ou porque é demasiado  abusiva. Tal é o caso da “Cinsenta” que ten que ver ca historia da señorita Honey, ou o famoso personaxe de Lisa Simpson na serie de debuxos animados “Os Simpsons”, que se corresponde con Matilda.

Tamén hai que facer un pequeno inciso para comparar o comportamento da señorita Truchbull co da señorita Honey. Son completamente opostas. Mentres a señorita Truchbull se mostra como unha directora tirana, bruta e autoritaria, á que todos os alumnos teñen pavor, a señorita Honey, como ben indica o seu nome, é a dozura personificada. Unha mestra á que todos os alumnos adoran, que os fai aprender as leccións de forma divertida.

En conclusión, Matilda é unha historia que defende e fomenta a lectura, e que se toma como modelo de outras moitas, que se serven de elementos desta, para incrustalos nas súas historias. É unha obra entrañable, que merece a pena ler e que remata cun doce final feliz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario