martes, 18 de xuño de 2013

crónicas marcianas, comentario persoal

En xeneral pareceume un libro interesante pero un pouco tedioso para lectores como nós que estamos acostumbrados a libros máis dinámicos, xa que constan de moitos detalles, está moi revolto e é moi difícil levar unha secuencia lóxica, xa que as historias son moi confusas, e os cambios de tempo son moi constantes.

A pesar diso creemos que sí se lle pode considerar como un libro bastante atraente, xa que é entretenido e fainos pensar no cerca que podemos estar de conquistar outros planetas, así como o cerca que podemos estar dunha guerra nuclear, a cal acabaría con todos os seres de este planeta pouco a pouco.

En canto aos personaxes, ambientación, acontecementos, entre outros, a obra tene moita ciencia ficción e unha visión prospectiva por parte do autor,o que o fai ser un libro moi atractivo .


Este libro ten unha gran importanciana actualidade, xa que nos fai reflexionar sobre a actitude irresponsable que temos co noso planeta, e dinos como podemos acabar se seguimos tratándoo así, así como a nós mismos e a toda a xente que o habita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario