Amosando publicacións coa etiqueta Arne Worren. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arne Worren. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de marzo de 2012

Arne Worren

Arne Worren (Alesund, 1924 - Oslo, 2011) é o tradutor de referencia de O Quixote dende o castelán ao noruegués (premio Bastian e Premio da Academia de Noruega).
En 1974 defendeu a súa tese sobre Góngora e posteriormente ingresou no Departamento de Linguas Europeas da Universidade de Oslo, onde se xubilou en 1994.
O Século de Ouro español e o barroco literario foron polos da súa actividade académica, publicando traballos sobre Calderón de la Barca, Góngora e Lope de Vega. Seica realizou un rexistro das antergas bibliotecas nobiliarias norueguesas en busca de edicións dos autores do período cumio da literatura en castelán, podendo comprobar a extensión que adquiriu o castelán coma lingua franca no XVII. Ademais da obra de Cervantes, Worren tamén traduciu a Clarín, Javier Marías ou Álvaro Pombo.

REFERENCIAS:
Arne Worren, traductor de 'El Quijote' al noruego