Amosando publicacións coa etiqueta Oscar Wilde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oscar Wilde. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de xuño de 2013

o retrato de dorian gray, resumo e comentario

culturayanarquismo.blogspot
O retrato de Dorian Gray é unha xoia da literatura clásica, xa que se trata dunha das últimas novelas de terror gótico. O seu título é controvertido polo que envolve no seu interior, xa que  na súa época, no século XIX, levantou moitísimas pelucas empolvadas e faldóns de señores moi remilgados e tamén moi despostas e hipócritas.

E é que Dorian Gray é unha verdadeira crítica á sociedade británica; que se revolcaba na decadencia de luxo.

O Retrato de Dorian Gray trata sobre un aposto xove, con fermosos cabelos dourados e meixelas avermelladas. Un festín para xente como Lord Harry, pecador desmedido, e gran manipulador, que despertará ao xove cos máis pecaminosos pensamentos.

Todo isto ocorre ao principio da novela, cando sir Basil, un pintor marabillado polo seu modelo, está pintando un fermoso cadro de Dorian, do cal, está realmente satisfeito. Na súa pequena terraza, pronto sucederá unha reunión inesperada, e é que Harry aparecerá de imprevisto, e conocerá a Dorian Gray, marabillándose tamén pola súa beleza e pureza.

Cando o retrato estivo terminado, Dorian chegou a envidiar aquel  cadro, que permanecería fermoso e xove, mentres él, debería soportar o paso do tempo.

Sen pensalo, susurra unha horrible maldición que caerá sobre a súa alma, vinculándoo eternamente ao seu retrato.

Cando Dorian se encapricha da xove actriz do teatro de mala morte, empezamos a somerxer realmente no personaxe principal, xa que comezaremos a desentrañar os seus máis baixos instintos, permitíndonos inmiscuirnos en situacións tan íntimas como cando a actriz, cansada e triste polos desaires egoístas do seu galán, decide quitarse a vida, unha noite de soidade.

Máis alá de sentirse culpable, a consciencia de Dorian permanece implacable, avanzando con él a maldade que comeza a manar polos seus ollos e sorrisos aristócratas.

Á súa vez, os ideais de Harry son inculcados por Dorian, xa que , no fondo, o xove terno e inocente que unha vez foi, nunca existiu realmente.

A historia metafórica, chea de símiles e preguntas retóricas, tórnase aditiva e trepidante. Un verdadeiro cúmulo de acción e misterio  abalánzase sobre ti cando o lees.

Esta é unha obra cimbre, sobra a decadencia da beleza, e do fermoso do ser humano, que sempre acabará sendo tan velenoso e perfecto, como un verdadeiro artista.

O final é inmellorable. O retrato é máis importante do que un pode imaxinarse, e por suposto, o desenlace, aínda que é realmente satisfactorio.

o retrato de dorian gray


The studio was filled with the rich odour of roses, and when the light summer wind stirred amidst the trees of the garden, there came through the open door the heavy scent of the lilac, or the more delicate perfume of the pink-flowering thorn.

From the corner of the divan of Persian saddle-bags on which he was lying, smoking, as was his custom, innumerable cigarettes, Lord Henry Wotton could just catch the gleam of the hone-sweet and honey-coloured blossoms of a laburnum, whose tremulous branches seemed hardly able to bear  the burden of a beauty so flamelike as theirs; and now and then the fantastic shadows of birds in flitted across the long tussore-silk curtains that were stretched in front of the huge window, producing a kind of momentary, Japanese effect, and making him think of those pallid, jade-faced painters of Tokyo who, through the medium of an art that is necessarily immobile, seek to convery the sense of swiftness and motion. The sullen murmur of the straggling woodbine, seemed to make the stillness more oppressive. The dim roar of London was like the bourdon note of a distant organ.In the centre of the bourdon note of a distant organ.

In the centre of the room, clamped to an upright easel, stood the full-length portrait of a young man of extraordinary personal beauty, and in front of it, some little distance away, was sitting the artist himself, Basil Hallward, whose sudden disappearance some years ago caused, at the time, such public excitement and gave rise to do many strange conjectures.

As the painter looks at the gracious and comely form he had so skifully mirrored in his art, a smile of pleasure passed across his face, and seemed about to linger there. But he suddenly started you, and closing his eyes, placed his fingers upon the lids, as though he sought to imprison within his brain some curious dream from which he feared he might awake.

“It is your best work, Basil, the best thing you have ever done, “said Lord Henry languidly. “You must certainly send it next year to the Grosvenor. The Academy is too large and too vulgar. Whenever I have gone there, there have been either so many people that I have not been able to see the pictures, which was dreadful, or so many pictures that I have not been able to see the people, which was worse. The Grosvenor is really the only place.”

“I don`t think I shall send it anywhere,” he answered, tossing his head back in that odd way that used to make his friends laugh at him at Oxford. “No, I won`t send it anywhere.”

Lord Henry elevated his eyebrows and looked  at him in amazement through the thin blue wreaths of smoke that curled you in such fanciful whorls from his heavy, opium-tainted cigarette.

“Not send it anywhere? My dear fellow, why? Have you any reason? What odd chaps you painters are!  You do anything in the world to gain a reputation. As soon as you have one, you seem to want to throw it away. It is silly of you, for there is only one thing in the world worse than being talked about, and that is not being talked about. A portrait like this would set you far above all the young men in England, and make the old men quite jealous, if old men are ever capable of any emotion.”
  
The Picture of Dorian Gray
Oscar Wilde
publicada por primeira vez o 20 de xuño de 1890

traducida ao galego por Cristina Felpeto e publicada como

 O retrato de Dorian Gray
Santiago de Compostela, Urco Editora, 2008.

O intenso perfume das rosas enchía o estudio e, cando a lixeira brisa axitaba as árbores do xardín, entraba, pola porta aberta, u intenso arrecendo a lilas ou o aroma máis delicado das flores rosadas dos espiños.
Lord Henry Wotton, que consumirá xa, segundo o seu costume, innumerábeis cigarros, albiscaba, desde o extremo do sofá onde estaba tombado –tapizado ao estilo das algombras persas-, o replandor das floracións dun codeso, de dozura e cor de mel, cuxas ramas estremecidas apenas parecían capaces de soportar o pesa dunha beleza tan cegadora como a súa e, de cando en cando, as sombras  fantásticas de paxaros en voo deslizábanse sobre as longas cortinas de seda india colgadas diante das inmensas fiestras, producindo algo así como un efecto xaponés, o que lle facía pensar nos pintores de Tokyo, de rostros tan pálidos coma o xade, que, por medio dunha arte necesariamente inmóvil, tratan de transmitir a sensación de velocidade e de movemento. O zuñido tenaz das abellas, abríndose camino entre o alto céspedes en segar, ou dando voltas con monótona insistencia ao redor dos poeirentos cornos dourados das desordenadas madreselvas, semellaban facer máis opresiva a quietude, mentes os ruídos confusos de Londres eran como as notas graves dun órganos afastado.

No centro da peza, sobre un soporte recto, descansaba o retrato de corpo enteiro dun mozo de extraordinaria beleza e, diante, a certa distancia, estaba sentado o artista en persoa, o Basil Hallward cuxa repentina desaparición, hai algún anos, tanoo conmoverá a sociedade e dera orixe a tan estrañas suposicións.

Ao contemplar a figura aposta e elegante que ocn tanta habilidade reflectira grazas á súa arte, un sorriso de satisfacción, que quizá puidese prolongarse, ilumilou o seu rostro. Pero o artista incorporouse bruscamente e, pechando os ollos, cubriu as pálpebras cos dedos, coma se tratase de gardar no seu cerebro algún estraño soño do que temese espertar.

-É a túa mellor obra, Basil –dixo lord Henry con ton canso-, o mellor que fixeches. Non deixes  de mandala o ano que  vén á galería Grosvenor. A Academia é demasiado vulgar. Cada vez que vou alí, ou hai tanta xente que non podo ver os cadros, o que é horríbel, ou hai tantos cadros que non podo ver a xente, o que aínda é peor. A falería Grosvenor é o sitio indicado.

-Non creo que o mande a sitio ningún –repondeu o artista, botando a cabeza cara a atrás do curiosoxeito que sempre facía rir aos seus amigos de Oxford-. Non; non mandarei o retrato a ningures.

Lord Henry alzou as cellas e mirouno con asombro a través das delgadas nubes de fume que, ao saír do seu cigarro con mestura de opio, se retorcían adoptando estrañas formas.

-Non o vas enviar a ningún sitio? Por que, meu querido amigo? Que razón poderías aducir? Por que sodes unas xentes tan raras os pintores? Facedes calquera cousa para gañar unha reputación pero, axiña que a tedes diríase que cos sobra. É unha parvada, porque no mundosó hai algo peor que ser a persoa da que se fala e é ser alguén de quen non se falañ. Un retrato como ese situaríate moi por enriba de todos os novos pintores ingleses e espertaría os celos dos vellos, se é que os vellos son aínda susceptíbeis de emocións.

mércores, 29 de maio de 2013

a pantasma de Canterville


When MR. Hiram B. Otis, the American Minister, bought Canterville Chase, every one told him he was doing a very foolish thing, as there was no doubt at all that the place was haunted. Indeed, Lord Canterville himself, who was a man of the most punctilious honour, had felt it his duty to mention the fact to Mr. Otis when they came to discuss terms.

"We have not cared to live in the place ourselves," said Lord Canterville, "since my grandaunt, the Dowager Duch ess of Bolton, was frightened into a fit, from which she never really recovered, by two skeleton hands being placed on her shoulders as she was dressing for dinner, and I feel bound to tell you, Mr. Otis, that the ghost has been seen by severa l iving members of my family, as well as by the rector of the parish, the Rev. Augustus Dampier, who is a Fellow of King's College, Cambridge. After the unfortunate accident to the Duchess, none of our younger servants would stay with us, and Lady Canterville often got very little sleep at night, in consequence of the mysterious noises that came from the
corridor and the library."

My Lord," answered the Minister, "I will take the furni ture and the ghost at a valuation. I have come from a mod ern country, where we have everything that money can buy; and with all our spry young fellows painting the Old World red, and carrying off your best actors and prima-donnas, I reckon that if there were such a thing as a ghost in Europe, we'd have it at home in a very short time in one of our pub lic museums, or on the road as a show."

"I fear that the ghost exists," said Lord Canterville, smiling, "though it may have resisted the overtures of your enterprising impresarios. It has been well known for three centuries, since 1584 in fact, and always makes its appearance before the death of any member of our family."

"Well, so does the family doctor for that matter, Lord Canterville. But there is no such thing, sir, as a ghost, and I guess the laws of Nature are not going to be suspended for the British aristocracy."

"You are certainly very natural in America," answered Lord Canterville, who did not quite understand Mr. Otis's last observation, "and if you don't mind a ghost in the house, it is all right. Only you must remember I warned you."

A few weeks after this, the purchase was concluded, and at the close of the season the Minister and his family went down to Canterville Chase. Mrs. Otis, who, as Miss Lucretia R. Tappan, of West 53rd Street, had been a celebrated New York belle, was now a very handsome, middle-aged woman, with fine eyes, and a superb profile. Many American ladies on leaving their native land adopt an appearance of chronic ill-health, under the impression that it is a form of European refinement, but Mrs. Otis had never fallen into this error. She had a magnificent constitution, and a really wonderful amount of animal spirits. Indeed, in many respects, she was quite English, and was an excellent example of the fact that we have really everything in common with America nowadays, except, of course, language. Her eldest son, christened Washington by his parents in a moment of patriotism, which he never ceased to regret, was a fair-haired, rather good-looking young man, who had qualified himself for American diplomacy by leading the German at the Newport Casino for three successive seasons, and even in London was well known as an excellent dancer. Gardenias and the peerage were his only weaknesses. Otherwise he was extremely sensible. Miss Virginia E. Otis was a little girl of fifteen, lithe and lovely as a fawn, and with a fine freedom in her large blue eyes. She was a wonderful Amazon, and had once raced old Lord Bilton on her pony twice round the park, winning by a length and a half, just in front of the Achilles statue, to the huge delight of the young Duke of Cheshire, who proposed for her on the spot, and was sent back to Eton that very night by his guardians, in floods of tears.

The Canterville ghost
Oscar Wilde
foi publicado en 1887 pola revista The Court and Society Review

traducido ao galego por Gustavo Luca de Tena
e publicado como:

A pantasma de Canterville
 Vigo, Edicións Xerais de Galicia S.A., 1983


Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu compra-lo pazo de Carteville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo cando foi cerra-lo trato con Mr. Otis.

-Dende que a miña tía avoa, a duquesa viúva de Bolton, estaba a peitearse denantes da cea e sentiu que as mans dun esquelete lle pousaban nos lombos, xa nin pensamos ir a vivir alá -platicou Lord Canteville-. Ela pasmara de tal xeito, que xa nunca se repuxo completamente e eu teño que advertirlle, Mr.Otis, que a pantasma apareceulle a familiares meus que aínda non llo poden contar, amais do mesmo abade, o reverendo Augustus Dampier, que foi profesor no King's College de Cambridge. Despois da desgracia da miña tía, as doncellas despedíranse, e Lady Canterville pasaba noites sen durmir, con aqueles bruídos tan raros que se sentían ó final do corrector da biblioteca.

-Milord -respostoulle o embaixador-, a pantasma e os mobles non lle son para min nin máis nin menos que unha parte do lote que quero mercar. Eu veño dun país moi adiantado onde non hai cousa que non se poida mercar tendo cartos. Con esta modalidade bulideira que temos hoxe, que non respeta nada do Vello Mundo, e á que non se lle resisten nin as mellores artistas do teatro nin da ópera, se houbese unha pantasma en Europa, tal como me está a contar, xa estaría nalgún museo americano ou mesmo nas rúas, como títere de pago.

-Tómeo como queira, pero a pantasma existe -dixo Lord Canterville cun sorriso-, aínda que non se deixe engardar por eses empresarios tan ousados que vostedes gastan. Existe dende hai trescentos anos, ou dende 1584 se prefire, e non hai véspera de morte na nosa familia na que non se presente.

-Case que coma o médico de cabeceira, Lord Canterville. Para min non hai pantasma nin penso que se poidan suspende-las leis da natureza por mor da aristocracia británica.

-En Norteamérica sonlle ben destemidos -dixo Lord Canterville sen entender completamente a derradeira observación de Mr. Otis-. E se tanto lle ten vivir cunha pantasma na casa, eu nada lle digo pero non me veña conque non avisei.

Pasadas algunhas semanas, o trato quedou cerrado e, ó remate da tempada, o embaixador mudouse coa súa familia oara o pazo Canterville. A señora Otis, de solteira Lucrecia R.Tappan, do número 53 da rúa Oeste, fora unha beleza de sona en Nova Iorque e aínda agora, na metade da súa vida, era unha muller de bandeira, con bonitos ollos e un precioso perfil. Entre as mulleres norteamericanas que veñen vivir a Europa, non é raro o finximento dalgunha doenza crónica, segundo a crenza de que a fasquía enfermiza é un refinamento do vello continente. Pero a señora Otis non cometeu esta torpeza. A súa saúde era das que dan envexa, e sobráballe vitalidade para regalar. En moitos aspectos parecía ben inglesa, e era unha boa proba de que ó lado dos norteamericanos somos coma dous grans de millo en case todo, non sendo na lingua. O fillo maior, ó que, nunha debilidade patriótica moitas veces lamentada, lle puxera Washington na pila, era un rapazote loiro e ben parecido que pasara a reválida diplomática de organizar por tres anos consecutivos o cotillón do casino de Newport, e ata en Londres tiña sona de bailarín. As gardenias e os asuntos relativos á nobreza eran as súas únicas teimas, pero, polo demais, era persoa de moito siso. Miss Virginia E. Otis era unha rapaza de quince, lanzal e graciosa coma un cerviño, cuns ollos azuis grandes de mirar firme e tranquilo. Montaba acabalo ás mil maravillas e nunha ocasión gañoulle co seu ponei ó vello Lord Bilton por largo e medio nunha carreira a dúas voltas arredor do parque, o qie espertou tal arrebatamento no duque de Cheshire que, xusto ó pé da estatua de Aquiles onde estaba a meta, o rapaz propúxolle casamento, e os seus tutores mandárono de volta e Entón aquela mesma noite afogado en bágoas.

Resumen : 

Unha familia de americanos composta polo señor (ministro de América) , a señora Otis, o seu fillo maior Washington, Virxinia de 15 anos e dous xemelgos trasládanse a pasar o verán a Inglaterra, despois de comprar Canterville Chase, malia as advertencias de todo o mundo incluída a do propio Lord Canterville de que se trataba dunha propiedade enmeigada. Un fantasma habitaba a casa dende había 300 anos, tratábase da alma culpable de Sir Simón de Canterville. Vagaba pola casa tras desaparecer en circunstancias misteriosas nove anos despois de asasinar a súa propia esposa xunto á cheminea do salón, en cuxo sitio aparecía unha e outra vez unha curiosa mancha de sangue. Pero os Otis unha familia moderna republicana, non fará caso a esas historias. Non obstante, nada máis chegar á casa, Mis Otis descubrirá con desagrado a suposta mancha de sangue, que manda inmediatamente limpar (malia iso a mancha aparecerá repetidamente cada mañá) e esa mesma noite, o fantasma fai a súa aparición, espertando co renxer das súas cadeas a sir Otis, que el ofrece unha botellita de ensagrador, e aos xemelgos que lle lanzan unha almofada. A impasividad e o descaro dos Otis indígnalle e séntese obrigado a fuxir. Cheo de ira prepara a súa vinganza, pero os seus continuos plans fracasan ante o sangue frío dos meus Otis, o enxeño de Washington e os delitos dos xemelgos.
A pantasma burlada e sen forzas encontrará o apoio da doce Virxinia. A nena axudaralle a encontrar o descanso profundo, acompañarao ao "xardín da morte", chorando e rezando xunto a el. Así logra que a súa alma sexa perdoada e poida descansar en paz para sempre, ao igual que a casa que queda tranquila e libre de pantasmas.
Compre destacar o singular personaxe da pantasma que indignada e ferida polo comportamento impasible dos Otis, resígnase a recordar fazañas pasadas, cando causaba verdadeiro terror e a anhelar o descanso que lle foi prohibido.
Arrepentido polos seus pecados, a pantasma impensablemente vólvese tenra e consegue o perdón e o repouso eterno no "xardín da Morte".