luns, 17 de xuño de 2013

o can dos baskerville, resumo

O narrador é o Doutor Watson que é a man dereita de Sherlock Holmes el acompaña a Sherlock Holmes durante toda a historia e axúdalle a buscar ao culpable que matou a Sir Charles Baskerville. Cando Sherlock Holmes e o seu compañeiro o Doutor Watson encontran o bastón tirado no chan Sherlock Holmes desvélanos pouco a pouco o seu método de traballo e non é outro que o de ir paso a paso sen facer moito ruído ata descubrir quen é o culpable que non se sabe con certeza quen é.


A raíz de todo o que estaba a acontecer o Doctor Mortimer é o primeiro en pedir axuda a Sherlock Holmes pídelle axuda para descubrir que lle pasou a Sir Charles Baskerville ensínalle o libro da historia do sabuxo.


A lenda que pesa sobre a familia Baskerville comézaa Hugo Baskerville porque un sabuxo xigante mata a Hugo Baskerville.


Sherlock Holmes e Watson chegan ao lugar do crime o lugar: a mansión é grande, escura e moi tenebrosa.

Pouco a pouco Sherlock Holmes vai descubrindo quen podería ser o culpable e o principal sospeitoso durante case toda a novela ese é o señor Barrymorre.

O Doctor Watson vai ver a señora L.L (Laura Lyons) que dicía ser a irmá do naturista Stapleton era a súa esposa. Logo Watson foi a ver o pai de Laura Lyons e o seu pai viu unha persoa que se escondía entre as cabanas, era Sherlome Colmes.

Sherlome cre que o asasino é Stapleton. Pero cando lle deu a volta ao corpo viron que non era Sir Henry o morto senón o criminal.

Selden é o preso fuxido de Princetown e é o irmán de Eliza Barrymore, a esposa do mordomo. Está escondido no páramo e sobrevive grazas ás axudas e provisións que lle dá o matrimonio Barrymore as devanditas axudas esta familia dánllelas ás agachadas para que a xente non saiba que Selden se fuxiu da prisión. Selden é o famoso asasino de Nottig Hill. Selden ao final muere.Watson tivo o desagradable deber de dicir a Selden, Barrymore e á súa esposa. Ela chorou amargamente sobre o seu mandil. Para todo o mundo era un home violento metade home metade animal, pero para ela nunca deixara de ser o pequeno rapaz testán da súa infancia, o neno que ela levara da man.
A Mistress Lyons puxéranselle as súas vermellas uñas quedaban brancas a causa da presión dos dedos.


Sherlock Holmes oculta a todo o mundo a súa estanza en Devonshire para poder descubrir mais cousas sobre o que estaba a pasar nese lugar. A Sherlock Holmes non lle gusta traballar sabendo que a xente sabe que está alí.


O lamazal de Grimpen localízase nun gran páramo nese mesmo páramo encóntrase L.L(Laura Lyons) esposa de Sir Charles. Alí só encontraron restos de ósos, unha cadea de can e o zapato que perdera en Londres Sir Henry.

texto tirado de "apuntes de lengua"

Ningún comentario:

Publicar un comentario