Marlow chega á Estación Central de compañía, e
alí observa en primeira persoa os crueis tratos que os nativos reciben na
explotación, sendo obrigados a traballar como escravos do día á noite. Marlow
fai amizade co xefe da compañía e con frecuencia pasa os ratos na súa cabana
mentres o xefe realiza as contas do negocio. Despois de pasar dez días con el,
Marlow parte para a súa viaxe de duascentas millas cara o interior o Congo,
onde traballará para un home chamado Kurtz.
Marlow viaxa no barco vendo vivendas deshabitadas
e escravos todos os días ata que chega a unha estación secundaria. Alí atópase
co director, quen supervisará o seu traballo.
Despois diso, o navío no que Marlow quere
zarpar está roto e mentres agarda polas pezas necesarias para a súa reparación,
pasa o tempo en pequenas tarefas. Á xente óeselle falar de Kurtz o seu xefe
futuro e de rumores sobre que este personaxe está enfermo. Marlow parte para a
estación na que está Kurtz. O tío do director chega ao barco xunto co seu grupo
de expedicionistas. Marlow escóitalles dicir que lles gustaría ver a Kurtz e ao
seu asistente aforcados, para así eliminar a competencia. Máis tarde, cando só
faltaban uns oito quilómetros para chegar á estación, deciden parar durante a
noite. Algúns dos expedicionistas baixan á terra a investigar porque ademais do
que tiveron falado sobre Kurtz, sospeitan que este podería estar morto. En
terra, son atacados con frechas e cando volven ao barco á procura de rifles
para defenderse, atópanse que o timonel estaba morto a carón do barco. Este
feito crea en Marlow unha sensación de inquietude e de ganas por coñecer dunha
vez por todas a Kurtz, xa que para el os rumores sobre a súa morte son falsos.
O buque continúa cara ao seu destino despois do ataque e máis adiante atópanse
na beira do río un home que afirma terse
perdido. Di que Kurtz está vivo, pero adoecido. Tamén di que Kurtz non se quere
marchar porque pretende facerse parte da tribo que explota.
Marlow chega á estación e ve a Kurtz, que
efectivamente está vivo pero enfermo. Fala con el e establecen unha forte
relación de confianza. Finalmente conseguen que Kurtz se marche da estación e
suba a bordo onde posteriormente morrerá.
Marlow volta a Inglaterra e lembra ao seu
compañeiro Kurtz con tristeza. Kurtz déralle antes de morrer unha foto da súa
noiva a Marlow, quen se poñerá a buscar a muller da foto ata que a atopa e lle
conta o sucedido. Marlow dille, aínda que mentindo, que a última palabra que
pronunciara o seu marido antes de morrer fora o seu nome.
Así conclúe esta obra mestra de Conrad, que foi na súa época un verdadeiro tratado de denuncia das inxustizas sociais que sufrían certos colectivos da época.
Así conclúe esta obra mestra de Conrad, que foi na súa época un verdadeiro tratado de denuncia das inxustizas sociais que sufrían certos colectivos da época.
Ningún comentario:
Publicar un comentario