martes, 11 de xuño de 2013

o neno do pixama a raias, comentario

Na historia contada no libro O neno do pixama a raias pódese coñecer claramente como era a situación da poboación xudía naquela época. Dende o meu punto de vista, neste libro cóntanse dúas historias, a principal é a amizade que une a Bruno, un neno alemán que debido ó traballo de seu pai, que é un xeneral do exercito nazi, debe abandonar Berlín, a súa cidade querida onde ten os seus amigos, os seus avós e onde ten a súa vida, para marchar a Ouvichs onde nos primeiros días non terá ninguén para pasar o tempo pero que co paso dos días debido ás súas ansias de ser explorador atopará un cercado no que descubrira “un punto, que se converteu nunha pinga, que se converteu nunha mancha, que se converteu nunha figura que se converteu no neno do pixama a raias”, ese neno é Shumel, un neno xudío e o seu único amigo en Ouvichs. Dende ese novo descubrimento, Bruno acudía tódolos días a súa cita con Shumel sempre cos petos cheos de comida para levarlle ó seu novo amigo. Os dous nenos conversaban das súas vidas antes de coñecérense: Bruno faláballe da súa vida en Berlín dos seus antigos amigos, dos seus avós… mentres Shumel non contaba nada do seu pasado, so falaba da súa vida dentro dese aramado ata que un día Bruno lle decidiu preguntarlle e Shumel contoulle como vivía antes de estares encerrado naquel campo de traballo e como chegou ata alí. Dende a súa descuberta Bruno sempre tivo a curiosidade de saberes o que había dentro daquel aramado por iso convenceu a Shumel para que lle conseguise un pixama coma o del para que cando entrase pasara desapercibido, e así foi unha tarde durante a súa cita Bruno fixo un oco suficientemente grande como para pasar por debaixo do aramado e logo co pixama posto entrou. Nese mesmo día, a historia deses dous amigos rematará para sempre.

A historia móstranos que durante a Segunda Guerra Mundial o odio sembrado polos alemáns hacía os xudíos foi tal que moitos deles foron exterminados como se fosen animais extraños ou seres vivos que non se merecían vivir polo mero feito de ser xudíos. O libro intenta contarnos mediante a historia destes dous rapaces, que o mesmo tempo eran iguais pero a vez tamén eran moi diferentes segundo as ideoloxías nazis, móstrasenos que ningunha raza é mellor que outra e que polo tanto ninguén é mellor por pertencer a unha raza ou a outra porque podemos observar que na obra Bruno é ario e Shumel é xudío pero a pesares de teren diferente relixón e diferentes crenzas, chegan a ser grandes amigos e a compartir todo tipo de experiencias, como por exemplo a morte.


A historia secundaria trata de mostrarnos a forma na que os alemáns (os nazis) trataban ós xudeos durante estes anos e como abusaban deles forzandoos a traballos moi duros sen darlles apenas comida e que logo cando xa non podían realizar eses traballos eran exterminados de forma cruel nunhas cámaras de gas, nunha delas morreron os protagonistas desta historia, os amigos Bruno e Shumel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario