"The earth shows up those of value and those who are good for nothing." A peasant judgement quoted by Jean Pierre Vernant in Mythe et Pensée Chez les Grecs (vol. 2, Paris 1971)
"The peasantry consists of small agricultural producers who with the help of simple equipement and the labour of their families produce mainly for their on consuption and for the fulfillment of obligations to the holders of political and economic power." Theodor Shanin in Peasants and Peasant Societies. (London, 1976)
PEASANT LIFE is a life commited completely to survival. Perhaps this is the only characteristic fully shared by peasants everywhere. Their implements, their crops, their earth, their masters may be different. But whether they labour within a capitalist society, a feudal one or others which can not be so easily defined, whether they grow rice in Java, wheat in Scandinavia or maize in South America, whatever the differences of climate, religion and social history, the peasantry everywhere can be defined as a class of survivors. For a century and a half now the tenacious ability of peasants to survivors has confounded administrators and theorists. Today it can still be said that the majority in the world are peasants. Yet this fact masks a more significant one. For the first time ever it is possible that the class of survivors may not survive. Within a century there may be no more pesants. In Western Europe, if the plans work out as the economic planners have foreseen, there will be no more peasants within twenty-five years.
Until recently, the peasant economy was always an economy within an economy. This is what has enabled it to survive global transformations of the larger economy -feudal, capitalist, even socialist. With these trasformations the peasant's mode of struggle for survival often altered but the decisive changes were wrought in the methods used for extracting a surplus from him: compulsory labour services, tithes, rents, taxes, sharecropping, interests on loands, production norms, etc.
Unlike any other working and exploited class, the peasantry has always supported itself and this made it, to some degree, a class apart. In so far as it produced the necesary surplus, it was integrated into the historical economic-cultural system. In so far as it supported itself, it was on the frontier of that system. And I think one can say this, even where and when peasants make up the majority of the population.
If one thinks of the hierarchical structure of feudal or Asian societies as being roughly pyramidal, the peasantry were on the base frontier of the triangle. This meant, as with all frontier populations, that the political and social system offered them the minimun of protection. For this they had to look to themselves -within the village community and the extended family. They maintained or developed their own unwritten laws and codes of behaviour, their own rituals and beliefs, their own orally transmitted body of wisdom and knowledge, their own medicine, their own techniques and sometimes their own language. It would be wrong to suppose that all this constituted an independent culture, unaffected by the dominant one and by its economic, social or technical developments.
Pig Earth
John Berger
traductor: Xoán Abeleira
Porca terra
John Berger
primeira edición: Writers and Readers, London (1979) & edición para esta tradución: Bloonsbury, London (1999)
traductor: Xoán Abeleira
Porca terra
Rinoceronte Editora SL (2007)
A terra amosa quen serven pra algo e quen non serven para nada.
Opinión dun labrego citada por Jean Pierre Vernant en Mythe et Pen
sée chez les Grecs (vol.2, Paris, 1971)
Os labregos son pequenos produtores agrícolas que, coa axuda duns sinxelos aveños e o labor das súas familias, producen principalmente para o seu propio consumo e para cumpri-las súas obrigas con aquiles que deteñen o poder político e económico.
THEODOR SHANIN, Peasants and peasant societies, Londres, 1976
A vida labrega é unha vida dedicada enteiramente á supervivencia. Se cadra, esa é a única característica que comparten plenamente os labregos de todo o mundo. Os seus aveños, as súas colleitas, a súa terra, os seus amos poden ser diferentes, mais, ora traballen nunha sociedade capitalista, feudal ou calquera outra difícil de definir, ora colleiten arroz en Xava, trigo en Escandinavia ou millo en Latinoamérica, por moi distintos que sexan os seus climas, as súas relixions e as súas historias sociais, os labregos de todo o mundo poden ser definidos como unha clase de superviventes. Durante o último século e medio, a teimosa habelencia dos labregos para sobreviviren confundiu os administradores e os teóricos. Aínda arestora pode dicirse que a maioría dos habitantes do planeta son labregos. Mais este feito enmascara outro mais significativo, xa que, por vez primeira na hisoria, é posible que a clase dos superviventes non sobreviva.
Quizais dentro dun século xa non existan os labregos. Se os plans se cumpren tal e como os economistas previron, dentro de vinte e cinco anos xa non haberá labregos na Europa Occidental.
Ata hai moi pouco tempo, a economía labrega era unha economía dentro doutra economía. Por iso puido sobrevivir ás transformacións globais desoutra economía maior -feudal, capitalista e mesmo socialista-. Esas transformacións alteraron con frecuencia o modelo de loita pola supervivencia do campesiñado, mais os cambios decisivos déronse nos métodos empregados para quitarlle unha parte do seu: servizos laborais obrigatorios, décimos eclesiásticos, rendas, trabucos, parcerías, xuros sobre os préstamos, normas de producción, etc.
A diferenza de calquera outra clase traballadora e explotada, a labrega sempre se sustentou a si mesma, o cal a converteu, ata certo punto, nunha clase á parte. Na medida en que producía o excedente necesario, a clase labrega integrábase no sistema económico e cultural dese momento histórico. Na medida en que se sustentaba a si mesma achábase sempre na fronteira dese sistema. E eu coido que se pode afirmar isto mesmo das épocas e dos lugares nos que os labregos conforman a maioría da poboación.
Se imaxinámo-la estrutura xerárquica das sociedades feudais ou asiáticas coma unha estrutura máis ou menos piramidal, o campesiñado estaba na base limítrofe do triángulo. Coma no caso de calquera poboación arraiana, iso significaba que o sistema político e social do momento non lle ofrecía mais ca unha mínima protección. De aí que os labregos tivesen que mirar por si mesmos dentro da súa comunidade e da súa extensa familia. Os labregos mantiñan ou desenvolvían as súas propias leis e as súas propias normas de conduta non escritas, os seus propios rituais e as súas propias crenzas, o seu propio cúmulo de sabedoría e coñecemento transmitido oralmente, a súa propia medicina, as súas propias técnicas e, ás veces, a súa propia lingua. Sería erróneo supoñer que todo iso constituía unha cultura independente, á que non lle afectaban nin a cultura dominante nin os desenvovementos económicos, sociais ou técnicos que se producían nesta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario