venres, 21 de xuño de 2013

porca terra, resumo

www.themanbookerprize.com
nota do tradutor

Pig Earth (Porca Terra) é o volume da xa moi célebre triloxía Into Theirs Labours (Do seu labor). Os outros dous volumes que a conforman son Once in Europa  (Outrora en Europa) e Lilac and flag (Lilac e Flag). Porca terra é o primeiro libro de John Berger que se traduce ó galego.

No tocante ó texto orixinal, seguimos a edición de petopublicada por Bloomsbury Publishing, aínda que, por expreso desexo do autor, vovemos a transforma-la "Introdución" desa edición no "Epílogo histórico" que xa fora nun principio.

Como axiña se decatará o/a lector/a, esta versión de Porca terra tenta reproducir, ata certo punto, a fala dos labregos do interior oriental de Galiza. Esta decisión, que se cadra estrañará a alguén, tomámola por trs motivos. Primeiro, porque o propio John Berger, malia escribir directamente en inglés, alude cadora no seu libro ó patois ou dialecto rexional dos labregos da Alta Savoia cos que convive dende 1962-ás veces mesmo empregando termos que nin sequera figuran nos dicionarios "académicos" franceses-. É máis: istes "contos labregos" están narrados, case que sempre, por un diles, cousa que esta versión galega evidencia aínda máis, se cadra. Segundo, porque cremos que o uso desta fala non só non resta credibilidade a estas historias e a istes poemas, senón que, ben ó contrario, reforza as abraiantes semellanzas existentes, a tódolos niveis, entre os labregos galos e galegos. E terceiro, porque coidamos que era moito mellor que polo menos unha parte dos labregos da Galiza sentise eiquí unha fala na que puidese recoñecerse que empregar outra "neutra" coa que ningún diles puidese identificarse.
análise da obra

Que é Porca terra
É un ensaio sobre o papel económico dos campesiños ao longo da historia visto dende unha perspectiva marxista. Tamén é unha colección de contos xunto con varios poemas e unha serie de debuxos. É unha descrición da vida dos labregos franceses escrita en (1979) trata como a súa forma de vida chega ao seu fin.

Que encerra Porca terra?
Esta obra trata a experiencia e a perspectiva dos labregos, é bastante rebolucionario en canto que plantéxaos coma unha especie de grupo que so pode presenciar a historia. Berger emprega diferentes formas ( o ensaio, a poesía, os contos, os debuxos) para levar a cabo a propia voz do labrego.
O ensaio e moi importante, establece o escenario e explica cómo e por qué o pensamento dos labregos é diferente do do resto das clases. Esto explica por qué o pensamento dos labregos " non é o dos burgueses ou o dos comerciantes".

Plantexa a situación de explotación que padece este grupo, segundo a seguinte análise: na maioría das sociedades o estado extrae un excedente dos labregos co fin de alimentar aos señoríos , pobos e cidades sin que necesariamente, o cantidade nomeada excedente o sexa realmente. dito doutro xeito, o Estado adquire o que necesita, e o que necesita considérao superhávit aínda se eso na realidade está deixando aos labregos sen recursos suficientes para sobrevivir.

Esto forma a percepción dos labregos do tempo e da xustiza. a súa meta é a supervivencia, pero vese obstaculizada pola extracción dun superhavit irreal imposto dende o exterior.

O ensaio axuda ao lector a comprender os aspectos socioeconómicos máis amplios que forman o mundo dos campesinos. O resto do libro explora ese mundo. Tamén explora como ese mundo está chegando ao seu fin, como a industrialización e a urbanización desprazan lentamente ao labrego cara fora e as fai innecesarias. Despois de literalmente miles de anos sufrindo a estracción dun excedente a meudo ficticio, o labrego comeza a convertirse en superhávit.

Berger plantexa todos estes conceptos dun xeito moi preciso, e con unha economía da linguaxe que fai identificar ao lector coa trama.

Chama a atención que a maioría das persoas sexan vellos, a miudo sobre os setenta anos de idade, plantexa desta maneira o fin deste grupo xa que, os mozos emigrarón ás cidade buscando traballo e solo se achegan ao campo de visita.

A temática da obra vai sufrindo unha metamorfose, ao principio as historias describen a vida típica da granxa, posteriormente avanzan cara aos impostos e a chegada da maquinaria, e no último trío de historias expon a importancia adquirida polo diñeiro na economía labrega para a cal era algo sen valor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario