Dous
nenos pequenos Flora e Miles, recentemente orfos, quedan a cargo do
seu tío, quen non quere saber nada deles, polo que se ocupa de
mantelos afastados del, a cargo do persoal de servizo.
A historia empeza cando lles busca unha institutriz pois a anterior falecera, ao parecer en estrañas ou descoñecidas circunstancias. Tamén morrera de xeito non moi claro, outra persoa que estaba a cargo do seu coidado.
Estas estrañas mortes, o despego do seu tío e as condicións do contrato que a nova institutriz debe asinar, crea un clima de intriga que nos fai supoñer que hai "algo máis" que non nos contan.
Por suposto, toda novela de terror que se precie, ten que ter os seus fantasmas. Estes fan que o terror non sexa por motivos físicos e tanxibles, senón psicolóxicos. Non hai nada peor que o terror psicolóxico pois podemolo vivir en primeira persoa sexan cales sexan as nosas circunstancias.
Os fantasmas que aparecen son, os dos serventes mortos que parecen ter unha conexión sobrenatural cos dous nenos pequenos, o que os fai cómplices no angustioso acoso á protagonista. Para que o desasosego sexa maior, estes nenos son extremadamente guapos, extremadamente ben educados e extremadamente cariñosos coa neneira e con todo o mundo. Xa sabemos todo o incriblemente terrorífico que poden chegar a ser os nenos nunha historia deste tipo.
Por suposto os dous irmáns nunca falan destas persoas, o que fai que sexa inaccesible calquera coñecemento sobre o que pasou cando aínda vivían. O resto dos serventes, como debe ser nunha sociedade como aquela de finais do século XIX, nunca falan de nada. Soamente a ama de chaves, a señora Grose, fala coa institutriz do tema, aínda que non consegue aclararlle nada, mesmo ás veces, a lía máis, quizais pola súa evidente falta de cultura que a leva a non se expresar con claridade, quizais polo seu terrible medo a "non" se sabe moi ben que".
Outro efecto de suspense é o escenario en que se desenvolve a acción: Unha marabillosa e illada mansión da campiña inglesa. Unha paisaxe marabillosa, un xardín excepcional e un lago.
E por último, outro intrigante detalle que pasa desapercibido ao principio, e que non se descobre ata que reflexionas sobre a lectura: Como se chama a protagonista?. Non o di. Nin tampouco se deixa ver que ningún personaxe da novela o saiba. É un xeito de dar relevancia aos fantasmas, dos que si coñecemos os seus nomes e aos que se fai referencia constante.
O final, rápido e brusco, fai que quedes durante un momento algo atónito xa que non sabes moi ben o que pasou.
Nesta edición que lin, que está adaptada a un público xuvenil, o tradutor, M.A. Laxe Freire emprega un vocabulario un tanto difícil xa que na miña opinión caeu un pouco en desuso na fala cotiá do galego.
En definitiva, é unha novela interesante, de suspense, pero de discorrer bastante, moi entretida e que se le con bastante fluidez.

Resumo feito por IVÁN GARCÍA FUENTES
Ningún comentario:
Publicar un comentario