sábado, 22 de xuño de 2013

1984, comentario

www.todoporhacer.org
A novela, en xeral, pareceume unha grande obra maestra, xa que resume maxistralmente a vida de aquelas persoas sometidas a un poder totalitario, a súa maneira de vivir, a que temían, a súa situación económica, como vivían a situación... Comento especialmente que o espacio no que se desarrollan as accións, os feitos, posto que, pareceume increíble a transformación do mesmo ao longo de toda a historia. Todo son detalles o cal lle aporta un gran valor a toda a trama. Por outro lado, todo o conxunto da novela aportoume unha nova visión da sociedade, tanto desa época como da actual, axudoume a poder facer comparacións en que cambiou todo o que tiñamos e temos agora. Quizais agora, valoro ou desprecio certos aspectos que antes pasaban desapercibidos, é decir, que coñecía a súa existencia pero que non pensaba en eles, que nunca lle prestaría nin lle adicaría o meu tempo a saber máis sobre eles. En consecuencia, axudoume a comprender os peligros que conleva o ser manipulado constantemente, o ter que acatar ordes.

comentario tirado de "el rincón del vago"

Ningún comentario:

Publicar un comentario