luns, 17 de xuño de 2013

alicia no país das marabillas, resumo


É a historia dun máxico soño. Mentras permanece sentada coa súa irmá no monte, Alicia levántase e persegue a un coello que se lle apareceu. De pronto cae, na madrigueira, no medio dun montón de follas secas. Comeza a camiñar por unha sala subterránea e encontra alimentos e bebidas, que consome.

Comeza a cambiar de dimensión extraordinariamente. Máis tarde coñece ao gato de Cheshire, ve aparecer e desaparecer calquera parte do seu corpo, deixando ás veces no aire, soamente un sorriso.

Tras varias aventuras chega a un xardín donde o escenario se transforma completamente a cada parpadeo e unha multitude de personaxes manteñen absurdos diálogos que no fondo poseen unha lóxica bastante erudita.

Alicia desperta e entón culmina a fantasía que corresponde á primera parte do conto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario