traballando e aprendendo linguas e os camiños dunhas a outras; coa pretensión de non pretender nada máis que ao pasar o tempo pensar que o perdimos ben perdido para que outr@s nos atopen
venres, 21 de xuño de 2013
cara ó faro, comentario crítico
milecturadelasemana.blogspot
O complexo mundo interior de Virginia Woolf refléxase nesta novela autobiográfica de maneira clara e, literariamente falando, xenial. A través do monólogo interior, fotografía milimetricamente a personalidade, as loitas, os desexos de todos e cada un dos personaxes; pero, tamén, fai unha radiografía da sociedade, do pensamento predominante, da época. A excursión ó faro non só é a excusa, o símbolo, das necesidades, das querenzas, as metas que se queren acadar, senón tamén do destino, a morte, do tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario