venres, 7 de xuño de 2013

o bosque de alén do mundo, comentario e resumo


O bosque de alén do mundo é unha novela de fantasía que une un mundo imaxinario cos elementos sobrenaturais polo que se considera a precursora de gran parte da literatura fantástica actual.

Esta é a historia de Walter o Dourado. Cando a súa esposa o traizoa con outro home este decide marcharse da casa nun viaxe en barco para evitar disputas coa familia. Pero os seus esforzos foron en vano xa que  na metade da súa viaxe fanlle saber que a súa muller matou a seu pai. Tras unha treboada acaba co seu barco nas costas dun país estraño gobernado por unha gran señora de incríbel beleza e maldade, isto termina por romper  todos os lazos que lle quedaban coa súa terra natal. Walter chega ó castelo dunha feiticeira onde rescata a unha doncela cativa nunha forte loita (ou máis ben, rescátao ela). Foxen a través dunha rexión habitada por mini-xigantes chegando finalmente a unha cidade que ten como costume que cando o trono está vacante este sexa para o primeiro forasteiro en chegar. Despois de enfrontarse a innumerables perigos e abrirse camiño nas paraxes cheas de misterios do Bosque de alén do Mundo, a través do país dos homes-oso e da Terra Escarpada, como o rei morrera,  Walter e o seu novo amor son proclamados como os novos monarcas e viven felices para sempre.

información tirada da wikipedia e da  contracapa

Ningún comentario:

Publicar un comentario