venres, 7 de xuño de 2013

a revolta dos animais, análise

Os animais estaban fartos do trato que recibían por parte do señor Jones, polo que inician unha revolta liderada por Maior. Gañan e establecen os sete mandamentos que dixera  Maior, séntense máis felices porque agora teñen máis liberdade. Os porcos convértense nos líderes pola súa intelixencia e comezan a abusar do seu poder. Pero comeza a haber problemas entre dous destes porcos, Napoleón e Snowball, ata o punto de que Napoleón lanza os cans contra Snowball, pero este consegue fuxir. A partir deste momento, Napoleón eríxese como único líder, e os porcos pasan a ser a clase de élite. O resto dos animais están baixo a ditadura de Napoleón, ameazados polos cans deste. Pouco a pouco os animais van adoptando os defectos do propio humano, polos cales decidiran facer unha revolución. Os porcos van cambiando os mandamentos a partir dos cales se baseaba a granxa para poder xustificar o seu comportamento e actos. Finalmente, os porcos comezan a utilizar roupas vellas do señor Jones e aprenden a camiñar sobre dúas patas. 

Os granxeiros das granxas veciñas deciden establecer relacións amistosas coa granxa dos animais e felicitan a Napoleón polo éxito económico de la finca: os animais dirixidos por Napoleón traballan longuísimas xornadas, alcanzando elevados niveis de produtividade, alégranse coasminúsculas racións de comida, y nunca se queixan ante os porcos. Un día, Napoleón e os porcos invitan aos humanos a comer na granxa, dándose conta os animais da granxa que os seus líderes son coma os humanos xa que adoptaron completamente a súa conduta.Ao final a ditadura de Napoleón conságrase quedando un único mandamento, que todos os animais son iguais, pero algúns son máis iguais que outros.

Nesta obra, George Orwell realiza unha sátira do réxime soviético de Stalin, polo que algúns animais teñen a súa correspondencia con personaxes históricos reais. O señor Jones sería o zar de Rusia, Maior correspondería con Lenin por ser o ideólogo da revolución. Napoleón representaría Stalin, pola súa política de restricción de liberdades e porque adopta medidas que só melloran a súa propia vida e a do resto dos animais. Snowball sería Trotski, xa que o principio era un dos líderes pero que posteriormente veuse obrigado a exiliar da granxa. O resto dos animais da granxa que se atopan baixo a ditadura de Napoleón e traballan para el representan o proletariado e campesiñado. Con estas personificacións, o autor a parte de facer unha crítica sobre a corrupción do socialismo soviético na época de Stalin, tamén mostra a relación entre seres humanos e animais, dándolles a estes unha personalidade, e poñéndoos ao mesmo nivel intelectual e racional co home, representando así a brutalidade sufrida por eles.


texto tirado do artigo correspondente da galipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario