mércores, 29 de maio de 2013

o neno do pixama a raias, resumo e comentario

a. resumo:

O neno co pixama de raias conta a historia dun rapaz de nove anos, Bruno, que se ten que mudar de cidade debido ao traballo do seu pai. En realidade, o rapaz, non sabe moi ben cal é o traballo de seu pai pero o que ten claro e que non lle gusta a idea de ter que marchar.

Bruno é un rapaz moi explorador, ao que lle encanta facer amigos, polo que cando se trasladan a nova casa, vaise polos arredores da casa de paseo e a buscar novas aventuras. Alí ve unha valla e acércase a ela. De repente ve a un rapaz, Shmuel, que curiosamente vai vestido con un pixama a raias, igual que todas as persoas que habitan ao outro lado da valla. Bruno cre que o que hai ao outro lado da valla non é máis que unha cidade na que todos visten igual.Bruno e Shmuel fanse amigos, comparten moitas tardes falando, xogando e comentando o estilo de vida de cada un.

Un día, Shmuel pídelle ao seu amigo que pase ao outro lado da valla porque non atopa a seu pai. Bruno pasa e axúdalle, pero mentres o buscan sona unha sirena que os chama pa irse. Bruno tiña que irse a súa casa pero xa non pode, é tarde. Levaron aos dous rapaces a unha cámara de gas onde, antes de morrer, se abrazaron.

Despois da morte de Bruno, súa nai deixou a seu pai, e el sufriu moito dado que perdera a toda a súa familia por facer esas cousas tan horribles durante a súa vida.

b. comentario:


Este é un libro moi interesante que trata sobre o nazismo, os campos de concentración e o holocausto pero, dende unha perspectiva curiosa, a duns nenos. A pesar disto, a historia non deixa de ser asombrosa e ao mesmo tempo dolorosa, dado que se pode ver como era a vida dun neno xudeu e dun neno cuxa familia era nazi que se fan amigos, e como, por inxustizas que se cometeron, morreu tanta xente inocente, por exemplo dous simples nenos.

Ademais, o libro tamén fai reflexionar  porque nos damos de conta da catástrofe que se cometeu e de que se debe evitar por todos os medios. Mesmo o pai de Bruno se deu de conta, un pouco tarde iso si, do que fixera ao ver que o perdera todo, a súa familia, e mesmo que o seu propio fillo morrera por un accidente pero que, moitos outros nenos morreran sen ter motivo, polo simple feito de ser xudeus.

En resumo, é un libro que conta unha historia moi triste pero que contén unha realidade que pasou non fai tantos anos en Europa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario