os membros da editora Catro Ventos foto XOÁN CARLOS GIL, lavozdegalicia |
hai proxectos que falan por si sos das persoas que os poñen a andar.
iniciativas que fan calar a aqueles que apuntan a que o futuro está en mans de
persoas pouco comprometidas. hainos que arriscan e se involucran, que pretenden
que o seu traballo teña unha relaicón directa cos seus principios éticos. é o
caso de 'Catro Ventos', a editora creada por Isidro Dozo, Alicia R.
Malga, Miguel Braña, María Mediero, e Patricia Buxán. Logo dun intenso ano de
traballo, teñen xa dous libros traducidos e publicados por toda Galiza. hai
outros catro de camiño. mais, antes de que o primeiro deles se pousase sobre os
andeis das librarías, tiveron que reorganizar as súas axendas para continuar
cos seus traballos ao tempo que se lanzaban á aventura. comecemos polo inicio.
un foro de tradutores serviu a Miguel Braña e a unha compañeira, que
pouco despois abandonou o barco, para buscas apoios que fixesen viábel a
iniciaiva que lles rondaba pola cabeza. coñeceron así a María Mediero, que nom
tardaría en contactar coa súa ex-profesora Patricia Buxán. o espazo de
coworking Nido, en Vigo, serviríalles para atopar as persoas encargadas da
comunicación, o deseño e a loxística. "Gustoume o concepto en si, os eidos
que se tratan. Dalgunha forma, tamén o vexo como un motor de cambio. A
directriz é elixir obras que axuden ás persoas a decidir?", relata Isidro
Dozo sobre os motivos que os levaron a él e a Alicia R. Malga a sumarse a Catro
Ventos. nom son novatos nisto de emprender, xuntos crearon hai sete anos ATDP
comunicación.
coas ideas claras, tocou porse a traballar. inda que se diron de alta en
xullo e comezaron coa venda en outubro, levan desde o pasado Nadal
"investigando diversos libros". diso, encárganse todos. "Cando
atopamos algún que nos ten boa pinta, o le a persoa que sabe ese idioma. En
caso de que lle guste fai unha ficha sobre o libro para compartir a súa
valoración cos demais e decidir coxuntamente", explica María Mediero. este
segundo filtro é moito máis doado de pasar. "acostumamos a
coincidir", sinala. sen embargo, nom todos pasan o cribo do que se encarga
de lelos. dos catros que leu ela en portugués, nom chegou a facer a ficha de
ningún. no caso dos de italiano, fíxoa de catro de dez.
o seguinte paso é conseguir os dereitos de autor e comezar coa tradución
e a maquetación. salvo da impresión, que delegaron nunha empresa de Mos, e a
distribución, que se encarga Arnoia, todo o proceso repárteno entre os cinco.
consumo responsable, economía social, educación e crianza alternativa,
ecoloxía e dereitos humanos son as cinco categorías nas que se agrupan os
libros que publican desde Catro Ventos. un símbolo na parte posterior de cada
texto os identifica. "Sabemos que nom teñen tanto éxito como temáticas
como a novela romántica mais consideramos que o interese da sociedade por estas
cuestións vai en aumento", afirma Isidro Dozo. fala tamén dun baleiro.
"Coincidimos en que non atopábamos a documentación que buscabamos. Existe
si, pero noutros idiomas", engade. por iso, inda que traducen ao galego,
apostan (normalmente) por libros que tampouco están dispoñibles en castelá.
transición ecolóxica, cunha tirada de 500 exemplares, e a ruta dos refuxiados, con 300 copias, son
os dous títulos que xa teñen á venda. pronto se sumarán outros dous e, outros
tantos, están á espera da revisión final. ademais, puxeron subtítulos en galego
ao documental francés Demain (Mañá). "Tivo bastante repercusión
en Francia e a nós gustounos moito, por iso nos
animamos", sinala María Mediero. inda que queren centrarse nos textos,
afirma que "nom estamos pechados a nada. Imos experimentando".
tirado e
traducido de "La editorial de los libros olvidados"
publicado en La Voz de Galicia, escrito por MARINA SANTALÓ, o seis de xaneiro
de 2016
estas son as verbas coas que se presenta a editora na súa páxina web
Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
xorde da
combinación de dous elementos igual de importantes: o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa
viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas
socias que participamos no proxecto; e a constatación de que existe un baleiro
no mundo editorial galego nos eidos da economía social e da ecoloxía, malia o crecente interese da
sociedade en xeral por estas cuestións.
miguel braña: "nacemos para satisfacer a
demanda de libros de economía social en galego" (entrevista publicada
en eusumo)
a aventura de editar
divulgación científica e social en galego en galiciaconfidencial
Ningún comentario:
Publicar un comentario