Amosando publicacións coa etiqueta Emily Dickinson. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emily Dickinson. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de marzo de 2020

sobre traducir os poemas de Emily Dickinson, notas breves

Emily Dickison
por Sciammarella
publicado en El País
poemas 601-1200. soldar un abismo con aire
Emily Dickinson.
tradución de Ana Mañeru e Milagros Rivera Garretas
Edición bilingüe. Sabina. Madrid, 2013
773 páginas.

poesías completas
Emily Dickinson
tradución de José Luis Rey
Edición bilingüe. Visor. Madrid, 2013
1528 páxinas.

REFERENCIAS:
ÁNGEL RUPÉREZ devotos de Dickinson

segundo Ángel Rupérez a poesía de Dickinson atesoura un 'hermetismo máxico con abismos insondábeis, cheos de luz e sombra'. é poesía pola poesía da que a súa autora nom obtivo nada fóra do pracer e o consolo de escribila.

os seus poemas publicáronse postumamente, despois de que a súa irmá Lavinia os descubrira reunidos en fascículos confeccionados pola propia Emily a man.

Rupérez sinala algúns dos elementos que máis lle chaman a atención nos diversos modos de traballar cos poemas de Dickinson por parte de tradutores distintos.

segundo Rupérez, Ana Mañeru e Milagros Rivera mostran fundamentalmente dúas tendencias:

1/ o seu feminismo, que marca gramaticalmente, e inda lexicamente, as decisións á hora de traducir.

sempre empregan 'anfitriona', 'petirroja', 'mendiga', ou 'as amantes' -e tantos outros casos-, porque queren erradicar da gramática e o léxico da lingua castelá a preponderancia que posúe o masculino sobre o feminino.

ao mesmo tempo defenden que Dickinson era lesbiana, un feito evidenciado na -suxestionan- súa relación coa súa cuñada Susan Huntington, Sue. tanto é así que na capa do libro -neste e no que lle precedeu en 2012-, xunto ao retrato de Dickinson, aparece tamén o da súa cuñada. sen dúbida coa intención de subliñar de xeito icónico a súa relación amorosa.

iso tamén as leva a indicar cales foron os poemas expresamente enviados por Dickinson a Sue, probabelmente como proba de amor.

2/ móstranse en estremo literais, Ángel Ruperez di que 'en exceso', optando por opcións como

'la noche era ancha, y surtida escasa
con sino una única Estrella'

el optaría por algo menos estremo como

‘la noche era ancha (o vasta) y apenas amueblada
con una única Estrella'

que, segundo el, nom traizoaría en esencia o orixinal e si é perfectamente posíbel na lingua castelá.

en canto a José Luis Rey, Ángel Rupérez menciona que as súas eleccións xiran en torno a tres eixos:

1/ acostuma preferir encher os 'ocos' de Dickinson, explicitando, engadindo, explicando. comparemos posibilidades:

una noche -en medio yacen días- ...

sucumbe á tentación máis difícil de evitar: apuntalar ese descolgado e solitario substantivo (a concisión de Dickinson) ...

en medio de una noche, yacen días ...

2/ acostuma suprimir alí onde o estilo Dickinson repite algún elemento -unha conxunción, un substantivo ...-. pero ao evitar as repeticións erradícase tamén a estrañeza. Rey traduce ...

¿Qué les importa a los Muertos el Gallo?
¿Qué les importa el Día?

cando o orixinal repite 'muertos' tamén no segundo verso.

3/ en canto ao xénero, acata a conformación gramatical da lingua castelá, pero -iso si- subliñando a referencia feminina cando se trata de sinalar a voz que fala nos poemas. quen escribe é muller, logo os poemas teñen unha voz feminina.

Ángel Rupérez remata o seu breve informe dicindo que polo resto, fronte a vellas tendencias 'allanadoras', ambas traducións respectan as xa coñecidas rarezas de Emily Dickinson: os guións, o gran número de maiúsculas, a ausencia de puntuación, …

o volume da editora Sabina ten a vantaxe de enumerar os poemas seguindo as dúas edicións canónicas, a de Franklin (seguida por Mañeru e Rivera) e a de Johnson (seguida por Rey), por iso as numeracións dos poemas nom coinciden entre as dúas traducións e, en ocasións, hai diferenzas textuais considerábeis nalgúns dos poemas recollidos nelas.

adaptación feita por @xindiriz

xoves, 2 de xaneiro de 2014

Carlos Coira Nieto: "As boas traducións permiten que un sistema literario medre"

carlos coira na librería Trama (Lugo)
www.editorialgalaxia.es
na rede
(de balde)

Carlos Coira Nieto (Rábade, 1969) socio ou promotor de proxectos e empresas culturais de diversa índole (Librería Trama, Matapiollos Teatro, TrisTram Editora, …) ten feito, entre outras moitas cousas, unha tradución dos poemas de Emily Dickinson e é nesa faceta na que amablemente responde ás preguntas de ‘laxastraducidas’.

P: No seu caso, por que traduce?

R: Traduzo para poder editar en galego algúns autores que son do meu gusto e que penso que teñen un oco dentro do noso panorama editorial. Chego a tradución dende unha pequena editora.

P: Que formación, relevante para a tradución, ten vostede? Que outros elementos cre que lle farían falta?

R: A formación académica é a de filoloxía inglesa. As eivas no meu caso son moitas posto que non teño ningunha formación específica sobre tradución, aínda que intento compensalo coa lectura de traducións das que aprendo moito.

P: Cales son as súas linguas de traballo? Que ferramentas emprega? Como escolleu o autor ou autora? Con que obra ou obras está vostede a traballar na actualidade?

R: As miñas linguas de traballo son o galego e o inglés. Traballo con programas de tratamento de texto, dicionarios, enciclopedias e páxinas de referencia de tradución.

Para escoller autores fíome moito polo meu gusto persoal e por se creo que algún autor debe ser editado na nosa lingua.

Na actualidade non estou traballando en ningunha tradución.

P: En que está a traballar agora?

R: Agora mesmo non sigo traducindo por falta de tempo e porque a editorial que temos non está nestes momentos sacando novas traducións.

P: Como valora a súa experiencia como tradutor@?

R: A miña experiencia como tradutor foi, sen dúbida boa; non dende un punto de vista económico.

P: Que nos pode dicir sobre as condicións de traballo dunh@ tradutor@ na actualidade? Tamén desde o punto de vista económico.

R: Aínda que agora xa non traduzo supoño que as condicións non mellorarían porque lamentablemente estamos nun momento en que nada do que ten que ver coa cultura vai ben. Dende o punto de vista económico, e referíndome sempre á tradución literaria, que é a que coñezo, supoño que é un momento moi malo pola falta de subvencións á tradución, pola tremenda baixada en edición e pola baixada de vendas de libros.

P: Que tarefas ou proxectos lle gustaría afrontar e inda non fixo? Por que?

R: A tradución ao galego de Tristram Shandy, sen dúbida unha das miñas novelas favoritas e que deu nome á nosa editorial. Tamén me gustaría traducir obras infantís.

P: Que papel deberían cumprir as iniciativas privadas e as públicas en relación á tradución?

R: Deberían ser as que consigan o orzamento e mellorasen as condicións de traballo para que os tradutores traballen nas mellores condicións posibles; tanto as institucións como a empresa editorial.

P: Debería existir un consenso sobre un ‘canon’ de obras a traducir?

R: Creo que polo ben da diversidade a decisión de que traducir ou non debería partir sempre do gusto de editores, tradutores …,

P: Onde radican os problemas da actividade tradutora, de habelos, dentro do panorama cultural en lingua galega?

R: Non creo que sexa un problema especifico da tradución senón de toda a actividade cultural galega que está atravesando un momento moi difícil.

P: Cales son os proxectos galegos que teñen que ver coa tradución que lle parecen máis interesantes?

R: Hai moitos proxectos ben interesantes e para min, como xa comentei antes, hai algúns infantís como os que está facendo ‘patasdepeixe editora’, ou dalgúns autores que me parecen moi bos, como os que están traducindo en ‘Rinoceronte editora’.

P: Que opina sobre os premios de tradución que coñece?

R: Aínda que non sei moito sobre isto os premios sempre on importantes para facer visible algo.

P: Que función podería cumprir a tradución no conxunto do sistema lingüístico (e literario) galego? A súa proxección exterior, por exemplo.

R: Para unha persoa coma min que ven de filoloxía inglesa sempre é importante a tradución para poder compartir autores con xente que non é quen de ler no idioma orixinal; penso que as boas traducións permiten que un sistema literario medre.

P: Tanto no eido das iniciativas públicas coma no das privadas, que pasos deberían darse na actualidade para mellorar a tradución en lingua galega?

R: Para mellorar unha tradución sempre é necesario ter tempo e iso non é de balde. É necesario que a posta económica sexa clara para que os tradutores poidan dedicar o tempo que cada tradución necesita.

xoves, 7 de novembro de 2013

roubeille aos bosques


I robbed the woods
The trusting Woods.
The unsuspecting Trees
Brought out their burs and mosses
My fantasy to please.
I scanned their trinkets curious I grasped – I bore away
What will the solemn Hemlock What will the Oak tree say?

Papa above!
Regard a Mouse
O'erpowered by the Cat! Reserve within the kingdom A «Mansion» for the Rat! .
Snug in seraphic Cupboards To nibble all the day, While unsuspecting Cycles Wheel solemnly away!

To fight aloud, is very brave But ga/lanter, I know
Who charge within the bosom The Cavalry of Woe

Who win, and nations do not see Who fall-and none observe Whose dying eyes, no Country Regards with patriot love

We trust, in plumed procession For such, the Angels go
Rank after Rank, with even feet
And Uniforms of Snow.

Water, is taught by thirst. Land -by the Oceans passed. Transport -by throe Peace -by its battles told Lave, by Memorial Mold Birds, by the Snow.

If I shouldn't be alive When the Robins come, Give the one in Red Cravat, A Memorial crumb.

If I couldn't thank you, Being fast asleep,
You will know I'm trying With my Granite lip!

A slash of Blue
A sweep of Gray
Some scarlet patches on the way, Compose an evening Sky
A little purple -slipped between Some Ruby Trousers hurried on A Wave of Gold
A Bank of Day
This just makes out the Morning Sky.

poema de Emily Dickinson traducido por Carlos Coira

Roubeille ós Bosques
Ós fiados Bosques.
As incautas Árbores
Botan os seus abrollos e carrizas Para pracer da miña fantasía. Escudriñei as súas lilainas curiosa Agarreinas -saqueillas
¿Que vai dicir o solemne Abeto Que vai dicir o Carballo?

¡Pai do ceo!
¡Mira un Rato
Agoniado polo Gato! ¡Reserva no teu reino
Unha «Mansión» para a Rata!
Anicado en seráficos Armarios Rillando o día todo,
Mentres os incautos Ciclos ¡Marchan rodando solemnes!

A auga, apréndese pala sede
A terra -polos Océanos navegados. O éxtase -pala agonía
A paz -palas batallas contadas
O Amor, polo Mofo Conmemorativo .
Os paxaros, pala Neve.

Se non estivese viva
Cando cheguen os Paporrubios, Dálle ó que leva Garabata Vermella, Unha faragulla conmemorativa.
Se non puidese agradecercho, Por estar fondamente durmida, ¡Saberás que o intento
Co meu beizo de Granito!

Unha coitelada de Azul
Un trazo de Gris
Algúns parches escarlata no camiño, Compoñen un Ceo Nocturno
Un pouco de púrpura -solto por aí Algúns Pantalóns Rubí postos ás carreiras Unha Onda de Ouro
Unha Beira do Día
Só con isto se fai o Ceo Matinal.

Loitar en alto, é moi valente Pero máis aguerridos son, ben o sei Os que cargan contra o peito
A Cabalería do Sufrimento

Os que gañan, e as nacións non os ven.
Os que caen, e ninguén os obserba.
Os que con ollos agónicos, ningún país contempal con amor patrio.

Confiamos, en procesións empenachaadas
Pois así, van os Anxos, Fila tras fila, cos pes aliñados.

E uniformes de Neve.

se puidera subornal@s cunha Rosa

webtaj.com
179

Se puidera subornal@s cunha Rosa
Traeríalles cada flor que medra
Desde Amherst a Cachemira!
Non me deterían noite, tronada
xeada, morte, ninguén
tan prezado sería o meu mandado!

Se se detiveran por un Paxaro
Meu tamboril axiña se oiría
Nos Bosques en Abril!
Inesgotable, todo o verán
Só para romper a cantar máis brava
Cando o Inverno axitara as ramas!

E se me oíran!
Quen dirá
Que semellante inoportunidade
Non puidera ao final prevalecer?

Que, esgotad@s da súa face de Mendigo
Non dixeran finalmente, Si
A apartala do Salón?
179

If I could bribe them by a Rose
I’d bring them every flower that grows
From Amherst to Cashmere!
I would not stop for night, or storm
Or frost, or death, or anyone
My business were so dear!

If they would linger for a Bird
My Tambourin were soonest heard
Among the April Woods!
Unwearied, all the summer long
Only to break in wilder song
When Winter shook the boughs!

What if they hear me!
Who shall say
That such an importunity
May not at last avail?

That, weary of this Beggar’s face
They may not finally say, Yes
To drive her from the Hall?

dous excerptos tirados da reseña (deturpados e traducidos) de Ángel Rupérez “Nova luz, a mesma Emily Dickinson” (Babelia, 22 – dec – 2012, p. 5) sobre a antoloxía Poemas 1-600. Foi culpa do paradiso. Emily Dickinson. Tradución ao castelán e prólogo de Ana Mañeru e Milagros Rivera. Sabina Editorial. Madrid, 2012.

1
as autoras tiran por terra a presunta paixón de Dickinson polo predicador Wadsworth. Non acreditan nesta hipótese e, pola contra, sospeitan unha relación lésbica de base coa súa amiga e cuñada Susan Huntington Gilbert. Incluso aventuran unha especie de trío, no que tamén habería unha relación incestuosa entre Dickinson e seu irmán Austin, o home de Susan

2
criterios seguidos polas tradutoras: fronte a unha posible Dickinson dulcificada e desnaturalizada, esta é unha réplica que arrostra con todos os perigos da idiosincrasia da autora. Respectan a extravagante puntuación, ata o escrúpulo; respectan a súa quebrada sintaxe, tan rara e intrigante; respectan as peculiares e caprichosas (¿?) maiúsculas, evitan as dozuras inexistentes no orixinal e sométense ao ditado da lingua da escritora: "Así son, gústevos ou non, e vós, tradutor@s, debedes seguirme, ata o precipicio”

pexas, algunhas, pero non serias. Quizás a máis notoria procede do medo á traizón, facendo gala dun estremo escrúpulo que da resultados ás veces inviables ao seguir o orixinal literalmente:

Non me detería por noite, nin tronada,
nin xeada, nin morte, nin ninguén ...

unha leve traizón farían máis cribles e poderosos eses versos:

"Non me deterían a noite, nin a tronada
nin a xeada, nin a morte, nin ninguén ...

NOTA: esta tradución non soubo reproducir, novamente, o esquema rítmico no orixinal. @xindiriz

venres, 1 de novembro de 2013

vivo na posibilidade

commons.wikipedia.org
un tellado 'gambrelo'
657
Vivo na posibilidade


Vivo na Posibilidade –
Casa máis fermosa  que a Prosa –
Máis abondosa en Ventás –
Superior – en canto a Portas –

De  Cuartos coma Cedros –
Inexpugnables para o ollo –
E durante un eterno Tellado
Os “Gambrelos” do Ceo –

De Visitantes – os máis fermosos –
Como Ocupación – Isto –
As miñas estreitas e despregadas Mans
Para reunir o Paradiso –

657
I dwell in Possibility

I dwell in Possibility –
A fairer House than Prose –
More numerous of Windows –
Superior – for Doors –

Of Chambers as the Cedars –
Impregnable of eye –
And for an everlasting Roof
The Gambrels of the Sky –

Of Visitors – the fairest –
For Occupation – This –
The spreading wide my narrow Hands
To gather Paradise –

Possibility – Posibilidade:
1. é o símbolo da poesía; a súa casa proporciona oportunidades suficientes para a observación e para viaxes a través das vistas percibidas desde ela (Weisbuch, 1)
2. é un concepto: é a idea da propia imaxinación, onde o que non ten acontecido na realidade pode ser considerado como ocorrendo. A posibilidade é espazo mental (Juhasz, “I Dwell in Possibility”, 105)
3. esta casa é ‘Posibilidade’, a imaxinación. Vivindo alí, a dona da mansión non fai doces senón poesía. A posibilidade asóciase á poesía na primeira estrofa, a diferenza do seu oposto – non a imposibilidade senón a prosa (Juhasz, Undiscovered Continent 20)
4. ‘Posibilidade’ implica tanto referencias poéticas como teolóxicas; “o poema, concibido coma unha especie de Templo, admite unha ‘Posibilidade’ impregnada da confianza e graza do salmista …” (New 7, 6)

House, Windows, Doors – Casa, Ventás, Portas:
1. “o poema explica que a imaxinación pode ser tan ampla como os asuntos sobre os que especula. A linguaxe que constrúe esta casa testemuña a súa construción figurativa. Os seus cuartos non son cedros, senón como os cedros – sólidos …” (Juhasz, Undiscovered Continent 20)
2. “a suxestión de apertura á experiencia, no número de ventás e portas, é contradita polos ‘cuartos inexpugnables’. As portas, retrospectivamente, significarían tanto exclusión como admisión – só os ‘máis fermosos’ son admitidos. (‘A inferencia’, podería decirse, vive máis na casa da prosa)”. (Benfey 28)

Chambers, Impregnable of Eye – Cuartos, inexpugnables para o Ollo:
1. “este poema … fala da intimidade, como se estivese vinculada necesariamente ao que Dickinson chama ‘posibilidade’. Os cuartos deben ser ‘inexpugnables para o ollo’ se isto vai ser verdadeiramente o lugar no que viva a posibilidade. A prosa, entón, corresponderíase co ámbito público” (Benfey 28)
2. os Cuartos son un “lugar cerrado experimentado en lugar da mente, e que pode significar confinamento e loita interior … Pero esas mesmas ventás e portas poden tamén configurar a amplitude que só a imaxinación pode crear, lembrándonos outra volta do poder que se tira do uso da conciencia” (Juhasz, Undiscovered Continent 19)

spreading wide of my narrow Hands – as miñas estreitas e despregadas Mans:
1. “a ocupación da que vive na mente, as súas estreitas e despregadas mans ‘para reunir o Paradiso’, pode interpretarse como a creación da poesía. O Paradiso é o espazo máis lonxano que se poida concibir, e a mente pode expandirse para abárcalo. Cando isto sucede, a causa do poder da imaxinación, a ‘ama de casa’ pode ser unha poetisa” (Juhasz, Undiscovered Continent 20)
2. “‘as estreitas e despragadas Mans’ poderán atrapar nunha redención nin garantida nin especialmente disponible pola fe dos seus ancestros, unha redención cuxos paradoxos serán máis fondos e complexos” (New 7)

BIBLIOGRAFÍA:
. Benfey, Christopher E.G. Emily Dickinson and the Problem of Others. Amherst: U of
Massachusetts P, 1984.
. Juhasz, Suzanne. "I dwell in Possibility': ED in the Subjective [sic] Mood." Emily
Dickinson Bulletin 32 (1977): 105-109.
. Juhasz, Suzanne. The Undiscovered Continent: Emily Dickinson and the Space of Mind. Bloomington: Indiana UP, 1983.
. New, Elisa. "Difficult Writing, Difficult God: Emily Dickinson's Poems Beyond Circumference." Religion and Literature 18 (Fall 1986): 1-27.
. Walker, Julia M. "ED's Poetic of Private Liberation." Dickinson Studies 45 (1983): 17-22.
. Weisbuch, Robert. Emily Dickinson's Poetry. Chicago: U of Chicago P, 1975.

xoves, 31 de outubro de 2013

di toda a verdade mais día de esguello

www.helenheath.com
1129
Di Toda A Verdade Mais Día De Esguello


Di toda a Verdade mais día de esguello –
O Éxito no Circuíto reside
Demasiado brillante para o noso feble Deleite 
A soberbia sorpresa da Verdade

Como Clarear para acalmar as Crianzas
Con amable explicación
A Verdade debe encandear gradualmente
Ou que tod@s sexan ceg@s–






1129
Tell All The Truth But Tell It Slant

Tell all the Truth but tell it slant–
Success in Circuit lies
Too bright for our infirm Delight
The Truth's superb surprise

As Lightening to the Children eased
With explanation kind
The Truth must dazzle gradually
Or every man be blind–

 NOTAS:

. como traducir ‘lies’? – se traduces ‘reside’, pérdese ‘minte’

. como traducir ‘slant’? – ‘de esguello’ é visual …

. respectar o masculino de ‘every man’ ou adoptar unha opción menos sexista, que diría o amigo Hamlet?

. algunhas versións que inclúen ‘lightening’ e outras ‘lightning’: a primeira opción fala de esclarecer o escuro, como a verdade?; a segunda do perigo que pode esconder a verdade, o shock que pode producir

. o poema consta de dous cuartetos escritos en versos que alternan catro e tres iambos respectivamente; coa seguinte ríma a final de verso –abcb– e rima interna no verso tres. Non hai puntuación excepto as elipses ao final dos versos 1 e 8

. análise (detallada?) en lingua inglesa (http://www.voy.com/108142/34.html)

. renuncio a reproducir a rima, desisto; esta é unha tradución mala

@xindiriz

luns, 17 de xuño de 2013

emily dickinson

www.guardian.co.uk
Emily Dickinson podería considerarse como a poetisa da paradoxa. Considerando o voluminoso material biográfico, por non mencionar o extraordinario intimismo da súa poesía, parecería que podemos ter acceso a toda a información sobre ela; pero o ler o seu traballo,particularmente se lemos os poemas dun xeito secuencial, semellaranos que non sabemos nada.

Recoñeceríamos a súa inimitable voz en calquera contexto (incluso na prosa das súas “cartas”), por ser a voz de máis deliberado anonimato. Non obstante, Dickinson declara os segredos máis sutís do seu corazón, confesa os seus sentimentos abertamente. A persoa do poeta e o tentador e suxerinte “I”da súa obra, parece estar dirixíndose a nós con percepcións que son tan nosas como dela. O rexeitamento a retórica da súa poesía, o seu acovardado intimismo, suxírenos o evidente, o indescifrable, pero o verdadeiro reto poético, está no propio significado.

Calquera que lera algúns dos seus poemas, terá que recoñecer a natureza heroica da intensa busca interior da poetisa. Unha indagación enigmática, obsesiva, máxica, a miúdo frustrante, pero sobre todo heroica.: unha fascinación de proporcións épicas, e para o proxecto poético, nada menos que o intento de analizar a alma, e este intento é a posibilidade de crear unha poesía da transcendencia que faga esquecer o seu habitáculo humano e o seu propio nome.

Con frecuencia o propio “eu” (The self) sitúase como oposición a alma (“The soul”).

Unha verdadeira obra de arte é unha consecuencia da integración dos elementos conscientes e inconscientes, un equilibrio do coñecido e do descoñecido, que se mantén cunha exquisita rixidez. O arte é esforzo, e a poesía que escribiu esta autora é unha arte de tensión, compacto, denso, moi preto a dor física, como o dos corpos estelares cuxa gravidade, está tan condensada, que chega o punto da súa desaparición.

Fonte: Dr. Antonio Fernández Ferrer (Departamento de didáctica da lingua e literatura española na Universidade de Granada).