Amosando publicacións coa etiqueta Terry Eagleton. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terry Eagleton. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de outubro de 2018

Raymond Williams e por que a cultura importa. cultura e civilización

Raymond Williams
IMAXE TIRADA de 'Poemas del Alma'
Raymond Williams, e por que a cultura importa

este ano celébrase o vinte cabodano (agora o 30) da morte de Raymond Williams, un dos pensadores máis monumentais do século XX. ven de publicarse unha soberbia biografía sobre el, Raymond Williams, a vida dun loitador, a cargo de Dai Smith, considerado un dos mellores estudosos da cultura galesa e da historia do noso tempo. Smith cartografa a pasaxe de Williams desde a fronteira de Gales, onde seu pai era ‘gardagullas’, a Cambridge e máis tarde cara o ensino para adultos, unha vocación elixida por razóns políticas ao igual que os seus colegas da 'nova esquerda', Richard Hoggart e E.P. Thompson.

num dos poucos momentos de desencanto que tiña, Williams díxome que a diferenza entre ensinar a adultos e a universitarios nos 50s era 'ensinar ás fillas dos médicos e nom aos fillos'. mais nunca dubidou que un goberno laborista digno de tal nome tería que realizar fortes investimentos no que denominaba 'as institucións de cultura e educación popular' e arramplou contra todos eles, desde Clement Atlee ata Harold Wilson, por nom telo feito.

nun ensaio pioneiro escribiu que 'a cultura é ordinaria', e a súa vida foi un exemplo diso. viu a transición desde as 'Black Mountains' ata os soñadores pináculos de Cambridge como algo para nada infrecuente: a clase traballadora galesa da que proviña sempre producira escritores, mestres e activistas políticos coma el mesmo.

ata o final, considerou a comunidade rural e politicamente consciente na que se criou, coa súa afabilidade e espírito asociativo, como unha cultura moito máis xenuína que o Cambridge no que ocupaba unha cátedra, un centro de aprendizaxe que unha vez describiu acedamente como 'un dos lugares máis groseiros da terra'. a clase traballadora da illa podía nom ter producido a súa cota de 'Miltons' e 'Jane Austens'; pero desde o punto de vista de Williams permitira ver a luz a unha cultura de seu que tiña cando menos tanto valor: institucións dos traballadores duramente gañadas, os sindicatos e os movementos asociativos.

desde a súa prematura morte en 1988, a cultura, poderíase dicir, tense volto algo inda máis ordinario que nunca. nom porque Milton xa se venda nos supermercados; inda que Austen ten escapado das bibliotecas universitarias para proporcionar pracer a millóns de persoas a través do cinema e a televisión.

desafiando os profetas dominantes na cultura, Williams nunca cesou na súa defensa do potencial progresista dos medios. pero tamén cría que estes xeitos tan importantes de diálogo deberíanlle ser arrebatados aos cínicos empresarios que se aproveitaban deles para o seu beneficio. a súa receita para tratar cos Murdochs deste mundo estaba claramente lonxe da súa circunspección habitual: 'estes homes deben ser desaloxados'.

o verdadeiro sentido no que a cultura se fixo mías ordinaria que nunca desde a morte de Williams ten pouco que ver con Dante ou Mozart. un das súas propostas clave foi insistir en que a cultura significaba nom só obras de arte eminentes mais todo un xeito de vida en común.

no noso tempo, a cultura neste sentido - a linguaxe, a herdanza, a identidade, o parentesco, as raíces e a relixión - fixéronse importantes abondo como para matar por elas. algúns homes e mulleres de hoxe dan as súas vidas en nome da cultura, ou toman as doutros. Dante e Mozart pode que sexan 'elitistas', mais cando menos nunca lle arrancaron as extremidades a ningunha crianza.

cultura e civilización

as tres correntes políticas que encabezaban a axenda global a finais do s. XX - o nacionalismo revolucionario, o feminismo e a loita étnica - todas elas sitúan a cultura no corazón mesmo do seu proxecto. nos tres casos, a linguaxe, a identidade e as formas de vida son os termos nos que se configuran e formulan as demandas políticas.

neste sentido, a cultura fíxose parte do problema máis que parte da solución, como si o era para Matthew Arnold e F.R. Leavis. nas formas máis tradicionais de conflito político, as mulleres e homes traballadoras téñense mostrado moito máis inspiradas cando o que estaba en xogo nom era simplemente un soldo para vivir (como coas comunidades mineiras) e si a defensa de todo un xeito de vida. a demanda política que os nosos dirixentes atopan máis complicado derrotar é unha que é tanto cultural como material.

desde inicios do s. XIX, cultura ou civilización foron o contrario a barbarie. existe unha narración que apoia esta oposición: primeiro tiñades barbarie, e logo a civilización foi laboriosamente dragada fóra súas turbias fonduras.

os pensadores radicais, pola contra, sempre consideraron barbarie e civilización simultáneos máis que secuenciais. isto é o que o marxista alemán Walter Benjamin tiña en mente cando declarou que 'todo documento da civilización é ao mesmo tempo un rexistro do barbarie'. por cada catedral, unha sima de ósos. por cada marabillosa obra de arte, o traballo masificado que garantía ao artista os recursos para creala.

a civilización precisa ser arrancada á Natureza por medio da violencia, pero a violencia nom termina aí. sigue viva na coacción utilizada para protexer a civilización unha vez que está establecida - unha coacción que é coñecida entre outras cousas como Estado político.

na actualidade, sen embargo, o conflito entre civilización e barbarie ten cobrado unha xiro sinistro. o que agora encaramos é un conflito entre civilización e cultura, que acostumaban a estar situadas no mesmo lado do balado.

civilización significa reflexión racional, benestar material, autonomía individual e auto-cuestionamento irónico; cultura significa un xeito de vida que é costume, colectividade, paixón, espontaneidade, ímpeto e irracionalidade. xa que logo, nom sorprende comprobar que temos civilización mentres eles teñen cultura. a cultura é a nova barbarie. o contraste entre occidente e oriente estase configurando en torno a un eixo novo.

o problema, sen embargo, é que a civilización precisa da cultura inda que tamén se sinta superior a ela. precísaa porque a súa propia autoridade política nom funciona a menos que poida encaixarse nun xeito específico de vida.

os homes e as mulleres nom se someten de xeito doado a un poder que nom se funde no tecido da súa existencia diaria. e esta é unha razón pola que a cultura continúa a ser tan vital desde o punto de vista político. a civilización nom fai migas coa cultura, mais tampouco pode pasar sen ela. podemos estar seguro que Raymond Williams aportaría a súa sabedoría sobre este misterio.

Terry Eagleon
texto orixinal publicado en
ATC (Against the Current, contracorrente) 137, novembro – decembro 2008
tradución: @xindiriz

luns, 9 de abril de 2018

os que mandan acertan ao considerar o multiculturalismo unha ameaza

fonte da imaxe: Usabilla Blog
hai un problema irresolúbel con iso de introducir os inmigrantes aos valores británicos. nom hai valores británicos. tampouco valores serbios ou peruanos. ningunha nación posúe o monopolio sobre a equanimidade e a decencia, a xustiza e a humanidade. algunhas culturas teñen máis querencia por certos valores que por outros (os árabes, a hospitalidade ou os británicos, a auto-disciplina emocional, por exemplo), mais nom hai nada inherentemente árabe na hospitalidade ou inherentemente británico sobre nom poñerse histérico de súpeto. a tolerancia e a compaixón, como o sadismo e o supremacismo, atopanse en calquera sitio do mundo.

un dos moitos logros da Ilustración máis radical foi rexeitar a idea de que virtude ou vicio dependan da orixe étnica. ninguén é moralmente superior por ter nacido en Boston e nom en Bosnia. os postmodernistas que negan valores universais en nome da diferenza cultural están, de xeito inconsciente, confabulados cos populistas e os conservadores.

os valores morais básicos do dentista musulmán prototípico que emigra a Gran Bretaña coinciden en gran parte cos do típico fontaneiro nado en Inglaterra. ningún dos dous é probábel que crea que mentir ou enganar é o mellor proceder, ou que deban mallar nas súas crianzas. pode que teñan costumes e crenzas distintas, mais o sorprendente é a amplitude do terreo común entre eles a respecto de que significa para mulleres e homes vivir ben. no que respecta á moralidade, é difícil que caiba un papel de liar entre Alá e Xehová.

entón, por que tantos políticos se 'quentan' cos supostos perigos do multiculturalismo? nom deberían simplemente aceptar que os valores morais compartidos están fondamente ancorados nos seres humanos, e que as diferenzas culturais son, polo tanto, irrelevantes? nom en absoluto. desde o punto de vista do poder político, a cultura é absolutamente vital. tanto que o poder nom pode funcionar sen ela. é a cultura, no sentido dos costumes diarios e crenzas dun pobo, o que o fai semellar algo natural e inevitábel, e o transforma nun reflexo e nunha resposta espontáneas.

a menos que a autoridade se encardine nas raíces da experiencia e a identidade da xente permanecerá demasiado abstracto e distante como para gañarse a súa lealdade. se é para asegurarse a súa conformidade, o poder debe adoptar a cor invisíbel da propia vida diaria. e isto é o que coñecemos como cultura. a cultura é o que mantén o poder no seu sitio. cando aqueles para os que cultura equivale a Mansfield Park e a frauta máxica comezan a debater con avidez sobre a cultura en termos de vestimentas, linguaxe e credo relixioso, podes estar razoablemente seguro de que senten que os seus intereses políticos están ameazados.

hai trinta anos, só uns cantos disidentes de esquerda como Raymond Williams insistían en que a cultura era algo corrente. coa inmigración, sen embargo, a cultura tamén se ten feito corrente a ollos dos nosos gobernantes. hoxe, incluso as corporacións capitalistas globais nom paran de chismorrear sobre a importancia do coñecemento local e os distintos modos de vivir. case todo o mundo ten agora sensibilidade cara as diferenzas culturais. so que algúns deles sono en como o gato é sensíbel co rato.

é doado ver porque a diversidade de culturas supón un problema para o poder. se a cultura trata da pluralidade, o poder trata da unidade. como se pode vender ao mesmo tempo a unha ampla gama de formas de vida sen diluírse de xeito fatal? o multiculturalismo nom é unha ameaza porque puidera alentar aos que se inmolan con bombas. é unha ameza porque o noso tipo de estado político depende dun ríxido consenso cultural para implantar as súas políticas materialmente divisivas.

así, a cultura hoxe equivale nom só a sonetos e cuartetos de corda, mais a historia, orixes, linguaxe, parentescos e identidade. mentres todo isto sexa relativamente uniforme, o poder político pode permitirse deixalo ao seu albur. cando se fai excesivamente diverso como para servilo coa mesma culler nun conxunto ríxido de categorías é cando o estado se arrisca a ser socavado, e por iso busca neutralizar a diversidade. nese momento a cultura pasa a ser parte do problema e nom da solución. cesa como disolvente espiritual dos conflitos materiais, como nos días de Matthew Arnold e TS Eliot, e, no seu lugar, pasa a ser os propios termos nos que eses conflitos se articulan.

Tony Blair cre nunha cultura común, de igual xeito que crían os escritores da 'Nova Esquerda' como Raymond Williams e EP Thompson. Nin máis nin menos que o que define Blair como cultura común é que todos deberiamos compartir os seus valores para que nom poñan bombas nas estacións de metro. en realidade, ningún valor cultural se estende nunca a grandes grupos de recen chegados sen ser transformado no proceso. esta é a razón pola que o proxecto Blair é unha inxenuidade ademais de ser culturalmente supremacista. nom se asume en Downing Street que tales valores se poderían cuestionar ou transformar no proceso, que é o que pensadores como Williams ou Thompson tiñan en mente.

unha cultura verdadeiramente común nom é unha na que todos pensemos igual, ou na que todos creamos que a xustiza é inseparábel da devoción, mais unha na que a todos se lles permita participar nun proxecto, na configuración cooperativa dun xeito común de vida. se isto ten que incluír aos que proceden de tradicións culturais diferentes. e se a nosa sociedade actual se nutre da exclusión de certos grupos, entón a cultura que probablemente resulte dese proceso nom se parecerá en nada á actual. e isto é xusto o que a fará tan valiosa.

tradución por @xindiriz
texto orixinal: terry eagleton, 'those in power ...' the guardian, 21th february, 2007

mércores, 4 de xaneiro de 2017

a banalidade do optimismo

The University of Virginia Press
pode haber moitas e boas razóns para crer que algo vai saír ben, mais que vai ser así porque es optimista nom é unha delas. é simplemente tan irracional como crer que todo vai ir ben porque es albanés, ou porque estivo a chover tres días un detrás doutro. se nom hai ningunha boa razón pola que as cousas funcionen de xeito satisfactorio, tampouco hai unha boa razón pola que teñan que funcionar mal, polo que a crenza do optimista carece de base. é posíbel ser un optimista pragmático, no sentido de sentir a certeza de que este problema, mais nom aquel, se resolverá; mais o que un podería chamar un optimista profesional ou con carné séntese optimista sobre situacións específicas porque ten tendencia a sentirse así en xeral. atopará o ferro perdido do piercing ou herdará unha casa señorial xacobina porque a vida, no seu conxunto, tampouco é tan mala. corre así o perigo mercar nas rebaixas a súa esperanza. en efecto, nun do seus sentidos o optimismo é máis cousa de crenza que de esperanza. baséase na opinión de que as cousas teñen tendencia a acabar ben, nom no extenuante compromiso que implica a esperanza. Henry James considerou que era tan frecuente na vida coma nas letras. ‘no que respecta ás aberracións dun optimismo superficial,’ escribe en A arte da ficción, ‘o chan (da ficción inglesa en especial) está estrado tanto coas súas partículas quebradizas como con cristais xa crebados’.

o optimismo, en tanto perspectiva xeral, é autosuficiente. é difícil argumentar contra del porque é unha actitude primordial cara o mundo que, como o cinismo ou a credulidade, ilumina os feitos desde o seu ángulo particular e por iso se resiste a ser refutado por eles. de aquí deriva a trillada metáfora de ver o mundo con gafas de cor de rosa, que colorarán todo o que rete a túa visión con precisamente ese mesmo rubicundo fulgor. nunha especie de astigmatismo moral, a verdade defórmase para adaptala ás propias propensións, que xa tomaron no teu nome todas as decisións vitais. posto que o pesimismo implica moita da mesma caste de torsión espiritual, as dúas actitudes teñen máis en común do que xeralmente se cre. o psicólogo Erik Erikson fala dun 'optimismo maladaptativo' polo cal o infante nom é capaz de recoñecer os lindes do posíbel ao nom poder facerse eco dos desexos dos que o rodean, e a súa incompatibilidade cos seus. recoñecer a intransixencia da realidade é, na opinión de Erikson, vital para a formación do ego, mais isto é precisamente o que ao optimismo crónico ou profesional lle resulta difícil lograr.   

un optimista non é simplemente alguén con grandes esperanzas. incluso un pesimista pode ser positivo en relación a un asunto concreto, independentemente da súa neura habitual. pódese albergar esperanza sen sentir que sexa probábel que as cousas acaben ben. un optimista é máis ben alguén ilusionado coa vida simplemente porque é un optimista. anticipa conclusións agradábeis porque el é así. e como tal, nom ten en conta que se deben ter razóns para ser feliz. a diferenza da esperanza, polo tanto, o optimismo profesional nom é unha virtude, nom máis que ter pecas ou os pés planos resulta virtuoso. nom é unha disposición que un adquire por medio de fondas reflexións ou estudo disciplinado. é, simplemente, un capricho do temperamento. 'mira sempre o lado alegre da vida' contén tanta racionalidade como 'peitéate sempre coa a raia ao medio' ou 'saúda sempre obsequiosamente a un lobishome irlandés'.

igualmente desgastada, a imaxe do vaso medio cheo ou medio baleiro dependendo da opinión de cada un é instrutiva a este respecto. a imaxe delata o feito de que nom hai nada na propia situación que determine a resposta ante ela. pode nom representar reto algún para os nosos prexuízos habituais. nom hai nada obxectivo en xogo. verás a mesma cantidade de líquido sexas despreocupado ou taciturno. como un vexa o vaso, polo tanto, é puramente arbitrario. e é moi dubidoso que a unha conclusión puramente arbitraria se lle poida denominar valoración.

seguramente hai pouco que discutir sobre a cuestión, xa que para os modos de postmodernismo epistemoloxicamente máis inxenuos as crenzas nom se discuten. a cousa é que ti ves o mundo ao teu xeito e eu ao meu, e nom hai terreo neutral no que os dous puntos de vista entren en contenda mutua. posto que tal terreo estaría, en si mesmo, suxeito a interpretacións diferentes debido aos puntos de vista en cuestión, nom sería neutral en absoluto. ningunha posición pode ser empiricamente refutada, xa que cada unha interpretará os feitos de xeito que confirmará a súa propia validez. de xeito similar, tanto optimismo como pesimismo son modos de fatalismo. nom hai nada que facer se es optimista, de igual xeito que nom hai nada que facer se mides un metro sesenta e catro. estás encadeado á túa ledicia como un escravo ao seu remo, unha perspectiva moi sombría. todo o que é realmente posíbel, polo tanto, co relativismo epistemolóxico, é que os dous campos respecten as súas opinións respectivas dun xeito bastante inoperante de tolerancia. nom hai bases racionais para decidir entres as dúas opcións. para certa estirpe de relativismo moral nom hai bases racionais para decidirse entre convidar a cear aos teus amigos ou colgalos cabeza abaixo das vigas mentres lles rebuscas os petos. a auténtica esperanza, pola contra, precisa estar alicerzada con motivos. nisto, semella ao amor, do que é, teoloxicamente falando, unha modalidade específica. debe ser capaz de seleccionar as características dunha situación que a fai críbel. doutro modo é só instinto, como estar convencido de que hai un polbo baixo a cama. a esperanza debe ser imperfecta, de igual xeito que nom o é a ledicia temperamental.

incluso cando o optimismo recoñece que os feitos nom lle dan a razón, o seu entusiasmo permanece inmaculado. Mark Tapley, un personaxe en Martin Chuzzlewit, de Charles Dickens, ten un bo humor tan fanático que para demostrar que a súa ledicia nom se merca nas rebaixas, vai á busca da clase de situacións horríbeis que levaría a outros ao desespero. xa que Tapley desexa que as súas circunstancias sexan canto máis angustiosas mellor para sentirse satisfeito consigo mesmo, o seu optimismo é en realidade un xeito de egoísmo; igual que a maioría dos puntos de vista na novela. é da mesma caste que o sentimentalismo, outra forma de alegría que se trata, en segredo, de si mesma. o egoísmo abonda tanto en Martin Chuzzlewit que incluso a xenerosidade de espírito de Tapley se describe como unha caste de idiosincrasia ou unha extravagancia do temperamento, en absoluto un fenómeno moral. hai un sentido no que nom desexa que a súa situación mellore, xa que isto privaría de valor moral a súa cordialidade. a súa disposición xovial é así cómplice coas forzas que estenden a tristura ao seu redor. o pesimista sospeita igualmente de esforzarse por mellorar - nom porque lle privaría de oportunidades de pasalo ben, mais porque cre que é algo case condenado ao fracaso.

os optimistas tenden a crer no progreso. mais se se poder mellorar as cousas, entón dedúcese que a súa situación actual deixa algo que desexar. neste sentido, o optimismo nom é tan disparatado coma o que no século XVIII se coñeceu coma 'optimalismo'. para o optimalista xa gozamos o mellor de todos os arranxos cósmicos posíbeis; o optimista, pola contra, pode recoñecer as pexas do presente mentres mira cara un futuro lustroso. a cuestión é se a perfección xa está aquí, ou é un obxectivo cara o que nos encamiñamos. nom é difícil, sen embargo, ver como o optimalismo pode constituír unha receita para a apatía moral; o que, polo tanto, socavaría a súa afirmación de que o mundo nom se pode mellorar.

como nihilistas que son, os optimalistas carecen de toda esperanza porque nom a precisan. xa que nom ven motivo para cambiar, poderían aliarse con eses conservadores para os que tal cambio é algo deplorábel, ou para os que a nosa situación é demasiado corrupta como para permitir cambio algún. Henry James puntualiza que 'inda que un conservador nom é necesariamente un optimista, creo que un optimista é moi probabelmente un conservador'. os optimistas son conservadores porque a súa fe nun futuro benigno está enraizada na súa confianza na solvencia esencial do presente. en efecto, o optimismo é unha compoñente típica das ideoloxías gobernantes. se, por norma, os gobernantes nom animan os cidadáns a crer que hai un apocalipse espantoso axexando á volta da esquina, é, en parte, porque a alternativa á unha cidadanía entusiasta pode ser a desafección política. a desolación, pola contra, pode ser unha postura radical. so se contemplas como crítica a túa situación recoñeces a necesidade de transformala. a insatisfacción pode ser un aguillón para a reforma. ao optimista, pola contra, probabelmente se lle ocorreran solucións puramente cosméticas. a verdadeira esperanza precísase máis canto peor e crítica é a situación, un estado de emerxencia que o optimismo é xeralmente remiso a recoñecer. un preferiría nom ter esperanza, xa que necesitala é sinal de que xa aconteceu o que resulta difícil aceptar. nas escrituras hebreas, por exemplo, a esperanza ten un subtexto sombrío, implicando a confusión do impío. se un ten necesidade da virtude, é porque arredor hai moitos malvados.

Nietzsche distingue en Schopenhauer como educador dous tipos de ledicia - unha inspirada nunha tráxica confrontación co terríbel, como os antigos gregos, e unha caste superficial de cordialidade que obtén a súa solidez a expensas dunha conciencia do irreparábel. é incapaz de mirar directamente aos ollos os monstros que afirma combater. nesa medida, a esperanza e o optimismo temperamental lévanse a matar. o desenfado ou espírito verdadeiros, desde o punto de vista de Nietzsche, son arduos, rigorosos, unha cuestión de carraxe e autosuperación. desmonta a distinción entre ledicia e seriedade, que é a razón pola que pode escribir en ecce homo sobre estar 'de bo humor no medio de verdades duras'. Nietzsche tiña tamén, con total seguridade, razóns deshonestas para rexeitar o optimismo. en nacemento da traxedia prescinde del, en plan machote, por ser 'unha doutrina para frouxos', e asóciao ás perigosas aspiracións revolucionarias da 'clase escrava' do seu día.

Theodor Adorno unha vez observou que os pensadores que nos proporcionan a verdade sobria e sen edulcorar (tiña en mente a Freud) prestaban máis servizo á humanidade que os utópicos inxenuos. veremos máis adiante como o colega de Adorno, Walter Benjamin, construíu a súa visión revolucionaria sobre a desconfianza no progreso histórico, así como nunha fonda melancolía. o propio Benjamin chama a esta perspectiva 'pesimismo', mais un que tamén se podería considerar realismo, a condición moral máis difícil de acadar. num célebre ensaio sobre o surrealismo, fala da necesidade urxente de 'organizar' o pesimismo con fins políticos, contrarrestando o optimismo facilón de certos sectores da esquerda. hai, escribe, a necesidade de 'pesimismo todo o tempo'. definitivamente. desconfianza no destino da literatura, desconfianza no destino da liberdade, desconfianza no destino da humanidade europea, mais desconfianza tripla ante toda reconciliación entre clases, entre nacións, entre individuos. e confianza ilimitada só na IG Farben e na pacífica perfección da forza aérea. o testán escepticismo de Benjamin está ao servizo do benestar humano. é un intento de nom permanecer friamente perplexo en beneficio da acción construtiva. noutras mans, con seguridade, esta visión desalentada cuestionaría a posibilidade mesma da transformación política. quizás unha certa impotencia é inherente ao cataclismo xeral. de ser así, entón canto peor muda a túa situación, máis difícil é alterala. este nom é punto de vista de Benjamin. para el, a refutación do optimismo é unha condición esencial do cambio político

foto tirada de 'New Humanist'
the banality of optimism

there may be many good reasons for believing that a situation will turn out well, but to expect that it will do so because you are an optimist is not one of them. It is just as irrational as believing that all will be well because you are an Albanian, or because it has just rained for three days in a row. If there is no good reason why things should work out satisfactorily, there is no good reason why they should not turn out badly either, so that the optimist's belief is baseless. It is possible to be a pragmatic optimist, in the sense of feeling assured that this problem, but not that one, will be resolved; but what one might call a professonal or card-carrying optimist feels sanguine about specific situations because he or she tends to feel sanguine in general.  He will find his lost nose stud or inherit a Jacobean manor house because life as a whole is not so bad. He is thus in danger of buying his hope on the cheap. In fact, there is a sense in which optimism is more a matter of belief than of hope. It is based on an opinion that things tend to work out well, not on the strenuous commitment that hope involves. Henry James thought it rife in both life and letters. 'As for the aberrations of a shallow optimism,' he writes in The Art of Fiction, 'the ground (of English fiction especially) is strewn with their brittle particles as with broken glass.'

optimism as a general outlook is self-sustaining. If it is hard to argue against, it is because it is a primordial stance toward the world, like cynicism or credulity, which lights up the facts from its own peculiar angle and is thus resistant to being refuted by them. Hence the hackneyed metaphor of seeing the world through rose-tinted spectacles, which will color whatever might challenge your vision with the same ruddy glow. In a kind of moral astigmatism, one skews the truth to fit one's natural proclivities, which have already taken all the vital decisions on your behalf. Since pessimism involves much the same kind of spiritual kink, the two moods have more in common than is generally thought. The psychologist Erik Erikson speaks of a "maladaptive optimism" whereby the infant fails to acknowledge the bounds of the possible by failing to register the desires of those around it, and their incompatibility with its own. Recognizing the intransigence of reality is in Erikson's view vital to the formation of the ego, but it is just this that the chronic or professional optimism finds hard to achieve.

an optimist is not just someone with high hopes. Even a pessimist can feel positive on a particular issue, whatever his or her habitual gloom. One can have hope without feeling that things in general are likely to turn out well. An optimist is rather someone who is bullish about life simply because he is an optimist. He anticipates congenial conclusions because this is the way it is with him. As such, he fails to take the point that one must have reasons to be happy. Unlike hope, then, professional optimism is not a virtue, any more than having freckels or flat feet is a virtue. It is not a disposition one attains through deep reflection or disciplined study. It is simply a quirk of temperament. 'Always look on the bright side of life' has about as much rational force as 'always part your hair in the middle,' or 'always tip your hat obsequiously to an Irish wolfhound'.

the equally moth-eaten image of the glass which is half full or half empty depending on one's viewpoint is instructive in this respect. The image betrays the fact that there is nothing in the situation itself to determine one's response to it. It can offer no challenge to your habitual prejudices. There is nothing objectively at stake. You will see the same amount of liquid whether you are of a carefree or morose turn of mind. How one feels about the glass, then, is purely arbitrary. And whether a judgement that is purely arbitrary can be said to be a judgement at all is surely doubtful.

there can certainly be no arguing over the matter, as for the more epistemologically naive forms of postmodernism there can be no arguing over beliefs. The fact is that you see the world in your way and I see it in mine, and there is no neutral ground on which these two points of view might enter into mutual contention. Since any such ground would itself be interpreted differently by the viewpoints in question, it would not be neutral at all. Neither standpoint can be empirically disproved, since each will interpret the facts in a way that confirms its own validity. In a similar way, both optimism and pessimism are forms of fatalism. There is nothing you can do about being an optimist, rather as there is nothing you can do about being five foot four. You are chained to your cheerfulness like a slave to his oar, a glum enough prospect. All that is really possible, then, as with epistemological relativism, is for the two camps to respect each other's opinion in a rather toothless kind of tolerance. There are no rational grounds for deciding between these cases, any more than for a certain strain of moral relativism are there rational grounds for deciding between inviting your friends to dinner and hanging them upside down from the rafters while you rifle their pockets. Authentic hope, by contrast, needs to be underpinned by reasons. In this, it resembles love, of which theologically speaking it is a specific mode. It must be able to pick out the features of a situation that render it credible. Otherwise it is just a gut feeling, like being convinced that there is an octopus under your bed. Hope must be fallible, as temperalmental cheerfulness is not.

even when optimism acknowledges that the facts do not support it, its ebullience can remain undented. Mark Tapley, a character in Charles Dickens’s Martin Chuzzlewit, is so fanatically good-humoured that he seeks out the kind of dire situations that would drive others to despair, so as to demonstrate that his geniality is not bought on the cheap. Since Tapley wants his circumstances to be as distressing as possible in order to feel satisfied with himself, his optimism is actually a form of egoism, as are most points of view in the novel. It is akin to sentimentalism, another form of congeniality which is secretely about ifself. Selfishness is so rife in Martin Chuzzlewit that even Tapley’s generosity of spirit is portrayed as a kind of idiosincrasy or a quirk of temperament, scarcely a moral phenomenon at all. There is a sense in which he does not really want his situation to improve, since this would rob his heartiness of its moral worth. His jovial disposition is thus complicit with the forces that spread misery around him. The pessimist is similarly suspicious of efforts at improvement – not because they would deprive him of opportunites for jolliness, but because he believes that they are almost certain to fail.

Optimists tend to believe in progress. But if things can be improved, then it follows that their present condition leaves something to be desired. In this sense, optimism is not quite as bullish as what the eighteenth century knew as optimalism – the Leibnizian doctrine that we inhabit the best of all possible worlds. Optimism is not as optimistic as optimalism. For the optimalist, we already enjoy the best of all possible cosmic arrangements; the optimist, by contrast, may acknowledge the shortcomings of the present while looking to a more lustrous future. It is a question of whether perfection is here already, or whether it is a goal toward which we are heading. It is not hard, however, to see how optimalism can constitute a recipe for moral inertia, which might then undercut its claim that the world cannot be improved on.

optimalists are as bereft of hope as nihilists because they have no need of it. Since they see no call for change, they may find themselves in league with those conservatives for whom such change is deplorable, or for whom our condition is too corrupt to allow of it. Henry James remarks that “although a conservative is not necessarily an optimist, I think an optimist is pretty likely to be a conservative.” Optimists are conservatives because their faith in a benign future is rooted in their trust in the essential soundness of the present. Indeed, optimism is a typical component of ruling-class ideologies. If governments do not generally encourage their citizents to believe that there is some frightful apocalypse lurking around the corner, it is partly because the alternative to a bright-eyed citizenry may be political disaffection. Bleakness, by contrast, can be a radical posture. Only if you view your situation as critical do you recognize the need to transform it. Dissatisfaction can be a goad to reform. The sanguine, by contrast, are likely to come up with sheerly cosmetic solutions. True hope is needed most when the situation is at its starkest, a state of extremity that optimism is generally loath to acknowledge. One would prefer not to have to hope, since the need to do so is a sign that the unpalatable has already happened. For the Hebrew scriptures, for example, hope has a gloomy subtext, involving as it does the confounding of the ungodly. If one has need of the virtue, it is because there are a great many villains around.

Friedrich Nietzsche distinguishes in Schopenhauer as Educator between two kinds of cheerfulness – one inspired by a tragic confrontation with the terrible, as with the ancient Greeks, and a shallow brand of heartiness which buys its buoyancy at the expense of an awareness of the irreparable. It is unable to look the monsters it purports to combat squarely in the eyes. To this extent, hope and temperamental optimism are at daggers drawn. True lightness or spirit in Nietzsche’s view is arduous, exacting, a question of courage and self-overcoming. It dismantles the distinction between joy and seriousness, which is why he can write in Ecce Homo of being “cheerful among nothing but hard truths.” Nietzsche had, to be sure, disreputable reasons for rejecting optimism as well. In The Birth of Tragedy he dismisses it in macho spirit as a “weakling doctrine,” and associates it with the dangerous revolutionary aspirations of the “slave class” of his day.

Theodor Adorno once observed that those thinkers who give us the sober, unvarnished truth (he had Freud in particular in mind) were of more service to humanity than the wide-eyed utopianists. We shall be seeing later how Adorno’s colleague Walter Benjamin built his revolutionary vision on a distrut of historical progress, as well as on a profound melancholia. Benjamin himself calls this outlook "pessimism," but one might equally see it as realism, that most difficult of moral conditions to attain. In a celebrated essay on surrealism, he speaks of the urgent need to "organize" pessimism for political ends, countering the facile optimism of certain sectors of the left. There is, he writes, a need for "pessimism all along the line". Absolutely. Mistrust of the fate of literature, mistrust of the fate of freedom, mistrust of the fate of European humanity, but three times mistrust of all reconciliation between classes, between nations, between individuals. And unlimited trust only in I.G. Farben and the peaceful perfection of the air force. Benjamin’s dogged skepticism is in the service of human welfare. It is an attempt to remain coldly unmystified for the sake of constructive action. In other hands, to be sure, this despondent vision might call the very possibility of political transformation into question. Perhaps a certain impotence belongs to the general cataclysm. If this is so, then the worse your conditon grows, the harder it may be to alter. This is not Benjamin’s view. For him, the refutation of optimism is an essential condition of political change.

primeiras páxinas do primeiro capítulo de Hope Without Optimism (2015)
tradución mala por @xindiriz

venres, 1 de agosto de 2014

Terry Eagleton: “Xesús Cristo, revolucionario” excerptos da 'introdución aos evanxeos'

capa da edición orixinal
foi Xesús un revolucionario? Certamente tiña compañas políticas dubidosas. Un do seu círculo máis íntimo era coñecido como Simón o Zelota, sendo os zelotas un movemento anti-imperialista underground dedicado a expulsar os romanos de Palestina … Os zelotas querían un estado xudeu puro, tradicional e teocrático, e promovían unha ideoloxía non moi diferente da que hoxe promove al-Quaeda. Corenta anos logo da morte de Xesús embarcáronse nunha aventura disparatada contra os ocupantes que acabou co tempo de Xerusalem completamente en ruínas. Ademais do militante Simón, outros dous discípulos de Xesús, Iago e Xoán, teñen un alcume (fillos do trono) que algúns estudosos do Novo Testamento sospeitan que os vincularía tamén cos insurrectos. O apelido de Xudas, Iscariote, podería derivar do nome da súa localidade de orixe. Pero tamén pode significar ‘o home da daga’, que podería suxestionar filiacións zelotas. Quizás Xudas vendeu a Xesús porque esperaba que fose unha especie de Lenin e viuse totalmente desencantado cando se decatou que non ía dirixir o pobo contra o poder colonial. Ou quizás simplemente se decatou que o seu mestre, aparentemente masoquista, estaba sentenciado e marchouse mentres podía, obtendo unha pequena gaña no asunto.

a man dereita de Xesús, Simón Pedro, semella ter portado espada, algo infrecuente nun pescador galileo, e en certo momento Xesús mesmo comproba de que armamento dispoñen os seus camaradas (Lucas, 22). Para o espectador neutral, as súas ensinanzas poden ter soado perfectamente como propias dos zelotas. Podemos dar por suposto que tería habido zelotas e outros disidentes nas multitudes que rodeaban a Xesús, recollendo información sobre o politicamente correcto que era. Trinta anos antes, un axitador coñecido como Xudas o galileo predicara a insurrección, trinta anos despois, os zelotas lanzarían a súa propia rebelión desesperada contra Roma. O período de Xesús foi relativamente máis tranquilo que calquera destes dous puntos álxidos de resistencia política; pero as esperanzas da liberación de Israel estarían á orde do día en certos ambientes.

[semella], sen embargo, improbable que Xesús fora parte da resistencia anti imperialista …

en realidade, a razón pola que foi crucificado non deixa de ser un misterio. Non foi certamente porque asegurara ser o Fillo de Deus. Xesús non di tal no Evanxeo, excepto unha vez, de xeito pouco crible, na escena do xuízo en Marcos; e Marcos ten os seus propios obxectivos políticos. Incluso se Xesús se chamara a si mesmo Fillo de Deus con máis frecuencia, non tería sido evidente o que quería dicir con iso. Nun sentido do termo, non tería sido máis que citar o obvio. Todos os xudeus eran fillos e fillas de Deus. Non implicaba que un fora un superhome. Israel era colectivamente o Fillo de Deus. Xesús non pretendía proclamar a súa divindade a todo o mundo, e foi intelixente non facéndoo. Obrou os seus milagres non para convencer os que lle rodeaban de que era Deus (en efecto, pasa bastante do seu tempo tentando escapar das multitudes en vez de cortexalas), senón por razóns simbólicas ou por compaixón. Rexeita obrar milagres para auto lexitimarse e é claro que lle irrita que lle pidan facer tal cousa … Xesús semella, sen embargo, ter enfadado algúns xudeus devotos ao reclamar unha intimidade peculiar co deus que chama seu Pai – unha intimidade que lle proporciona unha autoridade na que non median as institución xudías, ou incluso as escrituras …

en realidade, unha das … poucas palabras ou frases no Novo Testamento da que podemos estar razoablemente seguros é, ipsissima verba (as súas propias palabras), de afecto en arameo ‘Abba,’ que Xesús usa repetidamente cara Deus, e que, xunto con ‘Pai’, significa algo así como ‘Pai querido’. Orixinalmente era máis ben un diminutivo, como ‘Papá’. Era moi infrecuente, por non dicir ofensivo, que un xudeu piadoso reclamase semellante intimidade con Yahweh, igual de ofensivo para os escribas e fariseos que Xesús reclame, de xeito implícito, semellante autoridade nas súas ensinanzas …

en xeral, Xesús deixa que outros lle poñan etiquetas, e rara vez lles di se están no certo ou se equivocan. Hai unha sensación en todo o texto de evitar formas de definición dun xeito deliberado. Ningún dos termos dos que dispoñemos semella o bastante axeitado. O feito de que cale cando o sumo sacerdote na audiencia xudicial ante o Sanedrín lle pregunta quen é case con toda seguridade tería ido na súa contra. Mostrar desprezo polos gobernantes de Israel era abondo na lei xudaica a favor da pena máxima. O termo que usa ocasionalmente para si mesmo – “O Fillo do Home” – é tamén ambiguo. Nun sentido, é simplemente un circunloquio arameo familiar para evitar a repetición excesiva da primeira persoa, máis no mesmo sentido do ‘yours truly’ inglés. Tamén pode significar unha persoa ou ser humano. E inda noutro sentido, pode referirse a unha figura apocalíptica bastante escura do Libro de Daniel; pero non sempre está claro se Xesús, ao usar o termo, fala de si mesmo ou doutra persoa …

é probable que Xesús acabara no Calvario por causa da súa enorme popularidade con algúns dos humildes, que se congregaran en masa en Xerusalem para a festa da Pascua, e que, sen dúbida, recorreron a el para algún tipo impreciso de salvación da ocupación romana … había unha expectación xeral de que Deus estaba a punto de facer algo dramático. Para a teoloxía cristián así foi – pero resultou ser unha resurrección, non unha revolución. Algunha da xente do común semella ter saudado a Xesús como o seu rei durante a súa carnavalesca entrada na cidade. Semellan confundilo co mesías davídico, o guerreiro mítico que reparará as fortunas de Israel e confundirá os seus inimigos. Isto probablemente tivera creado unha polvoreira nunha capital xa politicamente tensa que alarmou aos gobernantes xudeus de Xerusalem. Temerosos de que a presenza do predicador galileo puidera precipitar unha insurrección, e que isto á súa vez puidera provocar unha represalia militar por parte dos romanos, fixeron que o arrestaran. Xoán Bautista, o mentor de Xesús, foi executado probablemente pola mesma razón. “Quen dicides que son?” “Por que me chamades bo?” “Quen credes que son?” é o reto que implicitamente impón aos outros, que poden consideralo ou como un falso profeta ou como Fillo de Deus. Nesta dobre vertente, presenta algo da ambigüidade do chibo expiatorio tradicional, ou pharmakos, ao mesmo tempo bendito e maldito, reverenciado e vilipendiado. Canto máis se lle ‘fai pecar’ por nós, máis santo se fai. Pode que o acto violento de Xesús de intentar purificar o templo de cambiadores, que se acercou perigosamente á blasfemia, foi abondo para que os seus inimigos o denuncien … Algúns estudosos consideran que a acción foi suficiente en si mesma para xustificar o seu arresto e execución … Xa tiña causado problemas ao aparentar ameazar [con que o templo sería derrubado] – inda que foron os propios romanos os que farían iso uns corenta anos despois da morte de Xesús … Xesús semella profetizar a destrución do templo, inda que resulta que se equivocou sobre iso de non deixar pedra sobre pedra. No que poderiamos chamar criterio da vergoña, as profecías incumpridas é probable que resulten máis auténticas que as cumpridas … Caifás … tivo que confeccionar algún cargo o suficientemente alarmante para os romanos para esporealos a desfacerse del. Dicir que aseguraba ser Rei dos Xudeus, inda que non temos evidencias de que o fixo, cumpriría o expediente perfectamente. Axeitadamente exposto, podería soar como blasfemia aos Xudeus e sedición aos Romanos. Pero tamén podería ser abondo para que crucificaran a Xesús aconsellar ao funcionario romano, Poncio Pilatos, que este vagabundo revoltoso representaba unha ameaza para a lei e a orden en condicións tan politicamente volátiles.

os romanos non sempre se deixaron facer obedientemente en tales mesteres, pero Pilatos semella ter tido unha querencia especial por colgar xente. É representado nos Evanxeos como un liberal vacilante con mentalidade metafísica, pero sabemos abondo sobre a súa ficha histórica para estar seguros de nada así. Era, en realidade, un gobernante notablemente brutal, un oficial acusado de suborno, crueldade e execucións sen xuízo e que foi posteriormente apartado do seu cargo de xeito deshonroso. Semella ter ordenado crucifixións de xeito indiscriminado, o que podería contribuír a explicar por que se desfixeron tan perentoriamente de Xesús inda que non representaba ningunha ameaza obvia para o estado. Se Xesús se tivera atopado cun réxime máis liberal, pode que se tivera librado. De calquera xeito, se era realmente un axitador político perigoso, sorprende que as autoridades lle deixaran saír de Galilea vivo. Non o fixeron así con Xoán Bautista.

g0spel0fj0hn.com
se os evanxelistas minimizan a crueldade de Pilatos, mentres ao mesmo tempo subliñan a responsabilidade dos xudeus pola morte de Xesús, é en gran medida porque a incipiente igrexa tiña as súas propias razóns para estar a ben coas autoridades imperiais. Todos os Evanxeos deixan entrever un impulso para incriminar os xudeus e exculpar os romanos … Se Xesús non reclama inequivocamente ser o Mesías, por exemplo, pode ser en parte porque a noción tería sido indescifrable para os xentís. Pode ser unha idea exclusivamente xudía. A tradición mesiánica non ten que ver coa redención da humanidade senón coa liberación de Israel dos seus inimigos políticos …

quizás Xesús sentiu dalgún escuro xeito que podía cumprir o desexo de seu pai só a través da morte. A tese teolóxica que apunta o evanxelista aquí non é que Xesús quixera morrer senón que a súa morte era consecuencia lóxica da súa vida. Os que aman a outros sen reserva … causarán alarma, ansiedade e agresión, e é probable que se desfagan deles. O mundo, no sentido pexorativo de san Xoán das estruturas de poder existentes, probablemente se sinta ameazado por tal ausencia de temor. Tal e como o formulou outro teólogo: Xesús morreu por ser humano nunha orden social que crucificaba. Hai unha contradición evidente entre a súa misión e ao que os Evanxeos se refiren despectivamente como “os poderes deste mundo.” …

… nun momento altamente sensible, Xesús mesmo deixa claro no seu retrato apocalíptico da Segunda Chegada que a salvación consiste non nun ritual relixioso ou códigos de conduta senón da doazón dun anaco de pan ou unha copa de auga. O reino dos ceos resulta ser un asunto sorprendentemente materialista … Un signo da natureza material da teoloxía do novo testamento é o feito de que Xesús emprega tanto do seu tempo curando os doentes. É os corpos humanos ao que máis se dedica; e semella considerar a súa campaña contra as forzas que eivan homes e mulleres como signo da chegada do reino … En ningunha parte dos Evanxeos aconsella Xesús aos aflixidos que se reconcilien co seu sufrimento … Antes da súa morte, Xesús deixa o seu propio corpo aos seus seguidores para que o consuman sacramentalmente (é dicir, semioticamente, por medio dun signo), como un novo principio de unidade con outros máis que un principio de diferenciación.

ao inicio do seu evanxeo, o autor convencionalmente coñecido como Lucas representa unha situación case con toda certeza ficticia na que María, a nai de Xesús, atopa a Sabela, embarazada del. Lucas pon en boca de María unha canción que na Igrexa Católica se coñece como ‘Magnificat’, pero que, así o sospeitan algúns estudosos da Biblia, podería ser unha versión ou conter ecos dun canto revolucionario zelote:

a miña ánima magnifica o Señor,
e en espírito goza de Deus o meu Salvador
pois el ten apreciado a baixeza da súa serva,
pois contempla, que a partir de agora todas a xeracións me dirán bendita;
pois el que é poderoso ten feito moito por min,
e bendito sexa o seu nome
ten dispersado os orgullosos na imaxinación dos seu corazóns,
ten derrubado os poderosos dos seus tronos,
e exaltado os de humilde condición;
ten enchido os famentos con boas cousas,
e aos ricos mandounos de volta e baleiros

o motivo da inversión revolucionaria é case un clixé na teoloxía do Vello Testamento. Yahweh nin pode ser imaxinado nin recibir nome, pero coñeceralo polo que é cando vexas exaltar os pobres e desposuír os ricos. O motivo dun vínculo próximo entre o sufrimento máis fondo e a exaltación máis elevada é un tradicional no xudaísmo, como é na liñaxe occidental da traxedia. O poder verdadeiro flúe da ausencia do mesmo, unha doutrina que a crucifixión e a resurrección de Xesús queren exemplificar. Os pobres e explotados son un signo do fracaso dos poderes gobernantes, posto que ilustran a miseria que eses poderes deben quebrar para asegurar a súa influencia. Neste sentido, os desposuídos son imaxes negativas da sociedade xusta. Tamén o son no feito de que teñen moito menos que perder que aqueles que exercen o señorío sobre eles, e así teñen un maior interese en que se produza tal transformación. María mesma é un tipo desta inversión revolucionaria, unha moza galilea escollida … para ser nai de Deus. No propio momento que esta a ser elevada deste xeito, Deus está a humillarse ao facerse carne humana no seu seo. Neste sentido, Lucas instala a María como signo do que o Vello Testamento chama os anawin, e Paulo nomea de xeito bastante máis atrevido, a “inmundicia da terra” – os inútiles, vulnerables e descartados en quen o reino que se aproxima está prefigurado de maneira máis potente. Posto que teñen pouco que esperar da historia, son significante puro dunha xustiza e realización fóra do seu alcance.

… hai abundancia de imaxes nos Evanxeos que tamén lle adxudican a Xesús o papel de anawin. El é o skandalon, ou peza que desestabiliza e que os albaneis rexeitaron, pero que será a pedra angular da nova orde. A nova dispensación construirase a partir de restos e desperdicios do vello. A eses que foron rexeitados daráselles o lugar preeminente na mesa; os indixentes herdarán a terra; os que perderon a vida salvaranos. A kenosis ou auto desposesión é a condición para abundancia de vida. So coa morte da estada do poder actual podes ascender á nova vida de paz e irmandade. Para Xesús, non pode haber negociación entre o ámbito da xustiza e os poderes deste mundo. Neste sentido, confronta aos que lle rodean cunha decisión absoluta. Ou están con el ou contra el; non … se permite termo medio. O que está en xogo non é un asunto reformista consistente en verter viño novo en botellas vellas, senón un réxime inimaxinablemente novo que na opinión de Xesús xa se está abrindo violentamente ao mundo, e do que se considera a si mesmo como precursor e encarnación ... Igual que o socialismo para Marx, o ámbito da xustiza é tanto inmanente no presente como un obxectivo que se debe perseguir. Pero non pode haber unha transición fluída do vello ao novo, á maneira do socialismo evolutivo. Dada a urxencia e severidade da nosa condición – ao que os evanxeos se refiren como “o pecado do mundo” – lograr un orden social xusto implica pasar pola morte, a nada, a turbulencia, e a auto-desposesión. Este é o significado da denominada baixada aos infernos de Cristo logo da súa crucifixión. Só a través dun encontro co Real da indixencia pode a humanidade ser refeita. E isto, dado o noso estado patolóxico de auto-engano, ao final é posible pola graza de Deus.

… algúns aspectos do xeito en que Xesús é representado nestes textos teñen unha resonancia radical obvia. É representado como sen fogar, sen propiedades, peripatético, amigo de proscritos e parias, hostil ás posesións materiais, sen medo á súa propia seguridade, unha espiña no costado do sistema e azoute de ricos e poderosos. O problema de moitos cristiáns modernos ten sido como practicar este estilo de vida con dous nenos, un coche e un matrimonio. Xesús ten as calidades características do activista revolucionario, incluído o celibato … Este non é un motivo anti-sexual. O celibato é visto polo cristianismo como sacrificio, e sacrificio quere dicir renunciar ao que é considerado como precioso. San Paulo, un inimigo da carne no imaxinario popular, considera a unión sexual de dous corpos … como o signo do reino que virá. Traballar de verdade polo reino, sen embargo, supón renunciar ou suspender algúns dos bens que o caracterizarán …

o desdén de Xesús pola familia é particularmente rechamante … A súa campaña, Xesús aconsella aos seus seguidores, atravesa as estruturas tradicionais de parentesco, separando un membro da familia do outro. En efecto, a menos que os seus discípulos “odien” a seus pais, non poden ser verdadeiros para con el. A súa misión non é consensuar mais facer conflito, ven non a traer paz senón unha espada, desmembrando afinidades establecidas …

no tocante á sexualidade, que para moitos do seus devotos máis fieis hoxe ten un lugar de honra como asunto moral por riba das armas nucleares ou a pobreza global, é rechamantemente laxo. No Evanxeo de san Xoán ten unha conversa privada cunha muller promiscua de Samaria, un acontecemento excepcional por varios motivos. Un mozo santo xudeu non podía falar en privado cunha muller sen arriscarse a un grave escándalo, e certamente non cunha cun historial sexual tan deshonroso. Ademais, a muller é samaritana, un grupo étnico considerado polos xudeus particularmente vil. Cando os acompañantes de Xesús finalmente fan acto de presenza sorpréndelles o feito. El non reprende a muller polo seu proceder sexual irregular, pero trátaa con indulxencia e ofrécelle a vida da vida eterna …

na súa crucifixión e descenso aos infernos, Xesús, en opinión de san Paulo, é feito pecado,” identificándose coa escoria da terra, soportando a solidariedade co sufrimento, o mal e a desesperanza para transfigurala por medio da súa resurrección … Só se este berro desesperado na cruz (“Meu Deus, Meu Deus, por que me abandonaches?”) é tomado seriamente … podería, en realidade, haber algunha esperanza de resurrección … se xacera confiado esperando volver rexurdir, non se tería levantado de entre os mortos. Aquí non hai unha teleoloxía fluída en funcionamento. Só sendo a súa morte unha rúa sen saída podería haber un horizonte. Semella morrer desconcertado, sen saber porque seu pai lle demanda esta acción fútil, sen embargo séndolle fiel incluso así. É porque a súa acción é infrutuosa, un calella sen saída e un absurdo, que pode dar froito nas vidas dos outros.

isto entón é ao que teñen chegado todas as esperanzas efervescentes de Xesús e o seu entorno. A crucifixión proclama que a verdade da historia humana é un criminal político torturado …

… foi Xesús, entón, un revolucionario? Non en ningún sentido que recoñeceran Lenin ou Trotski, pero isto é porque era menos revolucionario do que eles eran ou porque era máis? … Quizás a resposta … non é que Xesús era máis ou menos revolucionario, senón que era tanto máis como menos.

excerptos da obra Terry Eagleton Presents Jesus Christ, the Gospels (2007) Verso Books
@xindiriz

luns, 14 de abril de 2014

igualdade e utopía en Marx

revistapolemica.wordpress.com
a verdadeira igualdade non consiste en tratar do mesmo xeito a todo o mundo, senón ocuparse por igual das necesidades diferentes de tod@s. E ese é o tipo de sociedade que Marx ambicionaba. Non todas as necesidades humanas son acordes ou proporcionais entre si. Non as podemos xulgar polo mesmo denominador. Todos debemos ter o mesmo dereito á nosa realización persoal, segundo Marx, e a participar activamente na conformación da vida social. As barreiras da desigualdade romperíanse nese sentido. Pero o resultado de tal ruptura consistiría, na medida do posible, en deixar que cada persoa floreza como o individuo singular e único que é. En última instancia, para Marx, a igualdade existe polo ben da diferenza. O socialismo non pretende que todo o mundo leve o mesmo mono de traballo. De feito, é o capitalismo de consumo o que engalana os seus cidadan@s con uniformes chamados chándales e zapatillas de deporte.

conforme á perspectiva de Marx, logo, o socialismo constituiría unha orde moito máis pluralista que o que temos na actualidade. Na sociedade de clases, o desenvolvemento persoal libre da minoría mércase a costa de encadear a maioría, que logo acaba partillando boa parte dese mesmo relato monótono. O comunismo – precisamente porque animaría a tod@s a desenvolver o seus talentos individuais – sería moito máis difuso, diverso e imprevisible. Semellaríase máis a unha novela de vangarda do máis puro modernismo anglosaxón que a unha do realismo. Quen critica a Marx pode ser que se burle disto cualificándoo de mera fantasía. Pero, entón, non poden queixarse por outro lado dicindo que a orde social preferida por Marx semella moito a 1984, de George Orwell.

a era moderna está afectada por unha virulenta forma de utopismo, pero non se chama marxismo. Trátase da crenza delirante que un único sistema global coñecido como libre mercado pode imporse nas máis diversas culturas e economías curando todos os seus males. Os provedores desta fantasía totalitaria non se ocultan con rostro desfigurado e voz sinistramente doce en búnkeres subterráneos como os malos de James Bond. Pódeselles ver ceando en restaurantes de alta categoría de Washington e paseándose por luxosas fincas de Sussex.

a resposta de Theodor Adorno á pregunta de se Marx foi un pensador utópico é un si e un non igual de contundentes. Marx foi, segundo Adorno, un inimigo da utopía polo ben da realización desta.
Terry Eagleton por que Marx estaba no certo (2011)
final do capítulo 4