Amosando publicacións coa etiqueta Ernest Hemingway. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ernest Hemingway. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de maio de 2019

eloxio da tradución

gravado sobre a destrución da Torre de Babel
Cornelisz Anthonisz Teunissen, 1547
Biblioteca Real de Bélxica
elpais.com

na semana na que celebramos o libro, ese obxecto versátil cun deseño apenas modificado ao longo do tempo, é obrigado subliñar a súa relación íntima e próspera coa tradución. a literatura, que a miúdo consumimos vertida doutra lingua, pode cumprir con dignidade tanto a función de captar a curiosidade dun lector solitario durante as horas mortas nun aeroporto como converterse nun refuxio multitudinario para os sentimentos máis complexos e desbordantes. cando inda fumegaba Notre Dame, lectores de todo o mundo botaban man de Víctor Hugo, como se a madeira queimada da súa estrutura se puidera reconstruír coa celulosa das páxinas da súa célebre novela sobre o corcovado Quasimodo. tamén se acudiu a Ernest Hemingway cando o terrorismo atacou a capital francesa ou a George Orwell despois de que Edward Snowden desvelase a rede de vixía mundial.

grazas aos tradutores podemos acceder a esas obras na nosa propia lingua, diferente daquela na que se expresaron orixinariamente. a tradución, xesto político e filosófico que fai realidade o ideal de unión e comprensión alén das fronteiras lingüísticas, é unha ferramenta de resistencia (e de reflexión) contra o pensamento homoxeneizado. nom sei se se terá escrito ou filmado xa unha distopía sobre unha realidade na que se teña erradicado a tradución, un mundo condenado á monotonía lingüística e radicalmente diferente ao noso, baseado na circulación de ideas dun idioma a outro. Orwell plasmou unha variante en 1984 imaxinando a imposición dunha neolingua simplificada ao estremo para gobernar o pensamento da poboación.

toda tradución ensancha a lingua de destino, pois integra novas maneiras de dicir e pensar. é unha viaxe cara o outro, o concepto e a persoa. segundo o editor Roberto Calasso, unha boa tradución nom se recoñece pola súa fluidez, ao contrario do que se acostuma afirmar, mais por todas as fórmulas insólitas e orixinais que o tradutor tivo o valor de conservar e defender. inda así, no noso mundo plurilingüe, a miúdo se segue a ver ao tradutor como sospeitoso de alta traizón por atreverse a verter títulos estranxeiros na súa lingua coa aspiración de reproducir os matices do orixinal. que debía pensar un dos nosos mellores tradutores, o gran Miguel Sáenz, cando trouxo ao español a contundente opinión de Thomas Bernhard acerca de que ‘un libro traducido é como un cadáver mutilado por un coche ata quedar irrecoñecíbel’?

hai outros escritores que, a diferenza do austríaco e os seus acólitos, teñen loado a arte de traducir. Borges dicía que, en realidade, é o texto orixinal o que é infiel á tradución. esta aparente ocorrencia resume unha poética deste oficio que, en lugar de priorizar a correspondencia palabra por palabra, enténdeo como un acto de creación literaria. Nabokov, pola súa banda, colocaba a súa versión ao inglés de Uxío Oneguin, de Pushkin, no cumio da súa contribución ás letras universais.

quen traduce debe arriscar e dosificar a partes iguais e entender que ser fiel nom equivale a ser servil. máis dun teórico ten observado que hai unha flagrante contradición en insistir en que o código ético ao que debe someterse o tradutor se basea na obxectividade e na nom intervención, unha concepción segundo a que se pretende converter a un participante fundamental desta transacción lingüística nunha entidade diáfana cunha existencia, de xeito paradoxal, negada. o tradutor, así entendido, sería un simple instrumento óptico que permite ‘enfocar’ unha obra escrita nunha lingua estranxeira, mais lembremos que calquera lente, incluso a máis precisa, arroxa unha aberración óptica na imaxe resultante. afirmaba Alphonse de Lamartine, ‘na miña opinión, a obra literaria máis difícil é a tradución’, e esa dificultade reside no utópico que é tratar de oír no outro a túa propia voz e, á vez, falar con esa voz allea. só cando se pretende esta quimera, o tradutor cumpre co difícil reto de ser fiel, á vez, a dous amos igual exixentes, o autor da obra e o lector da tradución.

perdemos algo ao traducir un texto dunha lingua a outra? todo acto comunicativo padece pragas de erros e confusións. di un antigo proverbio yiddish que unha persoa oe unha palabra pero comprende dúas. traducir é a arte da aproximación e, por iso, hai que saber convivir co erro. ‘fracasa mellor’, repetía Beckett, porque o fracaso é inevitábel. apuntaba Ivo Andric que é doado descubrir imperfeccións, ou incluso erros, na obra dos mellores tradutores, pero moi difícil comprender a complexidade e o valor do seu traballo. traducimos e seguiremos traducindo, porque, se queremos ampliar as nosas coordenadas e saír ao encontro doutras culturas, nom nos queda outro remedio. ao cruzar a fronteira do idioma, sempre nos confiscan algo na aduana, pero ben merece a viaxe chegar ao destino coa maleta chea. traducir é o trunfo dunha utopía, así que con ela sempre gañamos. a fin de contas, como dixo a poeta Elizabeth Bishop, a arte de perder nom é ningún desastre.

tradución por @xindiriz
texto orixinal autoría de MARTA REBÓN, titulado ‘elogio de la traducción’ en castelán
publicado en Babelia o 26 de abril de 2019

martes, 18 de xuño de 2013

unha festa móbil, resumo

Este libro narra as aventuras e desventuras do xoven estadounidense Hemingway nun continente lonxano nos anos 20, un país revolucionario e unha cidade que acompañará a todos aqueles ca visitaron, toda a súa vida.O propio protagonista é o mesmo autor,fixo un personaxe de si mesmo. O resto dos protagonistas están cheos dunha latente tristeza que pouco a pouco vai quedando e vaise instalando no lector.Unha das partes máis desoladoras é na que Hem nos fala de Scott Fitzgerald e de Zelda.A xeración perdida non é máis que un gran grupo de xente con todas as secuelas de haber “ sobrevivido” á primeira gran guerra, o gran feito desa época,deses mellores anos. Os diversos personaxes que se presentan non fan máis que confirmaron que tamén influenciaros na escritura deste narrador, e ésta acompañouno toda a súa vida, o recordo de París , Pamplona e a gran guerra do país.É así como dixo o gran autor desta obra máis dunha vez, “París é unha festa que nos segue”.

A xeración perdida que enche as mesas do Café Rotonde ten un aspecto e porte moi curioso. Toda ela propúxose firmemente vestir con desaliño, o que daba unha especie de excentricidade uniforme. A primeira vez que se pasa a vista polo interior deste establecemento, de teitoo alto e mesas abarrotadas de concurrentes, causa a impresión de haber posto os pés dentro dunha xaula de paxaros de variado plumaxe no zoo. Alí hai unha tremenda, ronca e polífona vocingleiría, que  acrecenta e confunde, dos camareiros que, coa chaquetilla branca e pantalón negro, parecen urracas indo dun lado a outro pola densa nube de fume de tabaco. As mesas están cheas de circunstantes; que están continuamente; un agáchase e aprietase aos demais; un obxeto é levantado do chan; máis xente entra pola porta xiratoria; outro camareiro ábrese paso por entre as mesas dirixíndose cara a porta e, despois de pedirlle a voces un servicio, volve  desaparecer.

O París que Ernest Hemingway lembra neste pequeno libro é esa cidade tan fascinante que tiña de todo, as dúas guerras,moitos cafés,escritores e sobre todo pintores, os seus largos bulevares coruscantes nas mañás de bonita primavera, as carreiras de cabalos que se facían en Auteil e máis que nada as emocionantes probas ciclistas daquela época; é a cidade da mocidade deste narrador e sobre todo da súa aprendizaxe como tal, a do seu feliz primeiro matrimonio(con Hadley nese París feliz) e,ó mesmo tempo, a cidade de precariedade e a penuria,el recórdao todo cunha frase “eramos moi pobres e moi felices” así o di el.París foi o lugar das vivencias deste xoven despois da Gran Guerra,ali sufreu moitas historias que el separa en capítulos na súa obra.

Nun dos pasaxes deste libro o xoven Hemingway fai un gran recorrido para esquecer que ten ganas de comer, e que se saltou unha comida, camiña na procurade xente que traballara ó igual que él, ata que consigue atopar ao pintor Pascin no Dôme, xunto a dous modelos co acompañan.

Este autor desenrola a historia cunha descrición das rúas de París nas que se basea a historia.Nesta narración sitúase moi ben París e os itinerarios son moi importantes nesa novela.Estas descricións de lugares da capital do país galo móstrannos que o autor coñecía a perfección esta cidade.

luns, 17 de xuño de 2013

unha festa móbil



Then there was the bad weather. It would come in one day when the fall was over. You would have to shut the windows in the night against the rain and the cold wind drove the rain and the cold wind would strip the leaves from the trees in the Place Contrescarpe. The leaves lay sodden in the rain and the wind droce the rain against the big green autobus at the terminal and the Café des Amateurs was crowded and the windows misted over from the heat and the smoke inside. It was a sad, evilly run café where the drunkards of the quarter crowded togethes and I kept away from it because of the smell of dirty bodies and the sour smell of drunkenness. The men and women who frequented the Amateurs stayed drunk all of the time or all of the time they could afford ir; mostly on wine which they bought by the half-liter of liter. Many strangely named apéritifs were advertised, but few people could afford them except as a foundation to build their wine drunks on. The women drunkards were called poivrottes which meant female rumies.

The Café des Amateurs was the cesspool of the rue Mouffetard, that wonderful narrow crowded market street which led into the Place Contrescarpe. The squat toilets of the old apartament,houses, one by the side of the stairs on each floor with two cleated cement shoe-shaped elevations on each side of the aperture so a locataire would not slip, emptied into cesspools which were emptied by pumping into horsedrawn tank wagons at night. In the summer time, with all windows open, you would hear the pumping and the odor was very strong. The tank wagons were painted brown and saffron color and in the moonlight when they worked the rue Cardinal Lemoine their wheeled, horse-drawn cylinders looked like Braque paintings. No one emptied the Café des Amateurs though, and its yellowed poster stating the terms and penalties of the law against public drunkenness was as flybown and disregarded as its clients were constant and ill smelling.
All of the sadness of the city came suddenly with the first cold rains of winter, and there were no more tops to the high white houses as you walked but only the wet blackness of the streer and the closed doors of the small shops,the herb sellers, the stationery and the newspaper shops, the midwife –second class- and the hotel where Verlane had died where you had a room on the top floor where you worked.

It was either six or eight flights up to the top floor and it was very cold and I knew how much it would cost for a bundle of small twigs, three wire-wrapped packets of short, half-pencil length pieces of split pine to catch fire from the twigs , and then the bundle of half-lengths of hard wood that I must buy yo make a fire that would warm the room.So I went to the far side of the streer to look up at the roof in the rain and see if any cimneys were going, and how the smoke blew. There was no smoke and I thought about how the cimney would be cold and might not draw and of the room possibly filling wuth smoke,and the fuel wasted, and the money gone with it, and I walked on in the rain.I walked down past the Lycée Henri Quatre and the ancient church of St.-Étienne-du-Mont and the windswept Place du Panthéon and cut in for shelter to the right and finally came out on the lee side of the Boulevard St.-Germain until I came to a good café that I knew on the Place St.-Michel.

 A moveable feast
Ernest Hemingway
1964, Scribners (USA) & Jonathan Cape (UK)

 Unha festa móbil

traducido por Xesús Araúxo Arias 
Editorial Sotelo Blanco
 

E, ó cabo, o mal tempo. Asaltábanos nun só día en rematado o outono. Tiñamos que pecha-las fiestras de noite pola choiva e o vento frío arrincáballe-las follas ás árbores da Place Contrescarpe. As follas quedaban estradas polo chan enchoupadas na auga e o vento facía bate-la choiva contra o grande autobús verde na terminal e o Café des Amateurs estaba ateigado e as fiestras embazábanse coa calor e o fume que había dentro. Era un café tristeiro e mal gobernado onde se xuntaban tódolos borrachos do barrio e eu evitábao por mor do cheiro a corpos sucios e do fedor acedo da embriaguez. Os homes e mulleres que frecuentaban o çamateurs estaban sempre borrachos,alomenos mentres lles daban os cartos, sobre todo de viño que mercaban en xerras de litro ou medio litro. Anunciábase moitos aperitivos con nomes estraños pero pouca xente os podía tomar salvo como cimentos sobre os que construír unha borracheira de viño. Ás mulleres borrachas chamábanlles poivrottes, que signifiva muller alcohólica.

O café des Amateurs era o pozo negro da rue Mouffetard, esa marabillosa e ateigada ruela de merdaco que desembocaba na Place Contrescarpe. Os retretes de anicarse das vellas casas de apartamentos,un a carón das escaleiras en cada andar con dúas protuberancias de cemento raiado en forma de zapato a cada lado do burato para que o locataire non escorregase,baleirábanse en pozos negros que se libraban pola noite cunha bomba a carros cisterna tirados por cabalos. No tempo estival con tódalas fiestras abertas, sentiámo-la bomba e o fedor era moi forte. Os carros cisterna estaban pintados de castaño e da cor do azafrán e cando traballaban na rue Cardinal Lemoine, baixo a luz do luar,aqueles cilindros con rodas tirados por cabalos semellaban cadros de Braque. Mais ninguén baleiraba o Café des Amateurs, e o cartel amarelecido no que figuraban as penas que dictaba a lei contra a embriaguez pública víase emporcallado e ignorado na mesma medida en que os siareiros eran fieis e fedorentos.

Toda a tristura da cidade veu de socato coas primeiras choivas frías do inverno, e ó pasar xa non se enxergaban os tellados das casas altas e brancas, só se vía a negrura mollada da rúa e as portas pechadas das pequenas tendas, as herboristerías, as papelerías e os quioscos, a comadroa Verlaine onde eu tiña un cuarto para traballar no último piso.

Había seis ou oito treitos de escaleiras ata o último andar,ía moito frío e eu sabía canto custaba un mañuzo de gamallos, tres mollos de fachicos de piñeiro atados con arames e do tamaño d emedio lapis nos que prendese o lume dos gamallos,e ademais o feixe de achas de madeira dura e medio húmida que tiña que mercar se quería facer un lume que quentase o cuarto. Así que fun á beirarrúa de en fronte para lle botar unha ollada ó tellado baixo a choiva e ver se había algunha cheminea acesa e como saía o fume. Non había fume ningún e figureime que a cheminea estaría fría e posiblemente non tiraría e que o cuarto se encería de fume, pensei no combustible malgastado e no diñeiro que desaparecería con el, e botei a andar baixo a choiva. Pasei por onda o Lycée Henri Quatre e a igrexa antiga de St-Étienne-du-Mont e atravesei a Place du Panthéon azoutada polo vento,collín cara á dereita para me gorecer e ó cabo fun saír ó lado abrigado do Boulevard St-Michel, e avancei por el pasando o Cluny e o Boulevard St.Germain ata que cheguei a un bo café que coñecía na Place St-Michel.