Amosando publicacións coa etiqueta Adrienne Rich. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adrienne Rich. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de xuño de 2012

por exemplo, no seu contexto


“For Example” publicouse en The Nation. Algunhas referencias son políticas, como o puño branco e azul, probable referencia ao sionismo moderno e a súa constante fustrigación da comunidade palestina. Outras son máis escuras.

Para ter unha visión inicial da carreira de Adrienne Rich ofrecemos un fragmento dunha descrición que se pode descargar completa aquí, tanto en inglés coma en galego.

As coleccións de prosa – Of Woman Born, On Lies, Secrets, and Silence: Selected Prose 1966-1978, e Blood, Bread, and Poetry: Selected Prose 1979-1985 – ofrecen un contexto importante para os poemas. Nestas obras trata temas da educación das mulleres e as súas tradicións literarias, a identidade xudía, e o que denomina “a eliminación da existencia lesbiana de gran cantidade de literatura feminina académica.” De nova fora conmovida polo comentario de James Baldwin: “calquera cambio real implica a ruptura do mundo como un sempre o coñecera, a perda de todo o que proporcionaba unha identidade, a fin da seguridade.” De moitas maneiras os seus ensaios, coma os poemas, rastrexan as forzas que se resisten a tal cambio, e as condicións humanas que o requiren. O seu ensaio “Compulsory Heterosexuality and Lesbian Existence”, na súa colección máis recente, é un exemplo importante de tal exame. Alí escribe que “a identificación coma muller é unha fonte de enerxía, un trampolín potencial para o poder feminino, periclitado e contido baixo a institución da heterosexualidade.”
The Norton Anthology of American Literature , volume 2 (3rd Edition). New York & London, 1989; pp. 2692.
tradución, xindiriz, 2012


martes, 12 de xuño de 2012

por exemplo

adrienne rich (1929-2012)


For Example - November 23, 1963

Sometimes you meet an old man . whose fist isn't clenched blue-white. Someone like that old poet - whose grained palm once travelled . the bodies of sick children. Back in the typed line - was room for everything: the blue . grape hyacinth patch, . the voluntary touch - of cheek on breast, the ear . alert for a changed heartbeat . and for other sounds too - that live in a typed line: . the breath of animals, stopping . and starting up of busses, - trashfires in empty lots. Attention once given . returned again as power. - An old man's last few evenings . might be inhabited . not by a public— fountains of applause off . auditorium benches, . tributes read at hotel banquets— but by reverberations . the ear had long desired, . accepted and absorbed. - The late poem might be written . in a night suddenly awake . with quiet new sounds - as when a searchlight plays . against the dark bush-tangle . and birds speak in reply.


por exemplo - 23 de novembro, 1963

ás veces atopas un vello
cuxo puño non está fechado azul e branco.
alguén coma aquel vello poeta

cuxa palma engurrada viaxou unha vez
os corpos de nenos doentes.
alá na letra impresa

había sitio para todo: o terrado
de nazarenos azuis,
o contacto voluntario

da meixela no peito, o oído
alerta aos cambios do latexo do corazón
e a outros sons tamén

que viven na letra impresa:
a respiración de animais, buses
ao parar e volver arrancar,

lixo ardendo en solares baleiros.
atención unha vez prestada
devolta novamente feita poder.

dun vello as últimas tardes
poderían ser habitadas
non por un público -

fontes de aplauso saíndo
dos bancos do auditorio,
tributos lidos en banquetes de hotel -

mais por reverberacións
que o oído longamente desexara,
aceptara e absorbera.

o poema tardío podería escribirse
nunha noite supetamente esperta
con sons novos e calmos

como cando o reflector xoga
no enleo dos arbustos
e os paxaros falan en réplica.