Amosando publicacións coa etiqueta John Boyne. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta John Boyne. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de xuño de 2013

o neno do pixama a raias, comentario

Na historia contada no libro O neno do pixama a raias pódese coñecer claramente como era a situación da poboación xudía naquela época. Dende o meu punto de vista, neste libro cóntanse dúas historias, a principal é a amizade que une a Bruno, un neno alemán que debido ó traballo de seu pai, que é un xeneral do exercito nazi, debe abandonar Berlín, a súa cidade querida onde ten os seus amigos, os seus avós e onde ten a súa vida, para marchar a Ouvichs onde nos primeiros días non terá ninguén para pasar o tempo pero que co paso dos días debido ás súas ansias de ser explorador atopará un cercado no que descubrira “un punto, que se converteu nunha pinga, que se converteu nunha mancha, que se converteu nunha figura que se converteu no neno do pixama a raias”, ese neno é Shumel, un neno xudío e o seu único amigo en Ouvichs. Dende ese novo descubrimento, Bruno acudía tódolos días a súa cita con Shumel sempre cos petos cheos de comida para levarlle ó seu novo amigo. Os dous nenos conversaban das súas vidas antes de coñecérense: Bruno faláballe da súa vida en Berlín dos seus antigos amigos, dos seus avós… mentres Shumel non contaba nada do seu pasado, so falaba da súa vida dentro dese aramado ata que un día Bruno lle decidiu preguntarlle e Shumel contoulle como vivía antes de estares encerrado naquel campo de traballo e como chegou ata alí. Dende a súa descuberta Bruno sempre tivo a curiosidade de saberes o que había dentro daquel aramado por iso convenceu a Shumel para que lle conseguise un pixama coma o del para que cando entrase pasara desapercibido, e así foi unha tarde durante a súa cita Bruno fixo un oco suficientemente grande como para pasar por debaixo do aramado e logo co pixama posto entrou. Nese mesmo día, a historia deses dous amigos rematará para sempre.

A historia móstranos que durante a Segunda Guerra Mundial o odio sembrado polos alemáns hacía os xudíos foi tal que moitos deles foron exterminados como se fosen animais extraños ou seres vivos que non se merecían vivir polo mero feito de ser xudíos. O libro intenta contarnos mediante a historia destes dous rapaces, que o mesmo tempo eran iguais pero a vez tamén eran moi diferentes segundo as ideoloxías nazis, móstrasenos que ningunha raza é mellor que outra e que polo tanto ninguén é mellor por pertencer a unha raza ou a outra porque podemos observar que na obra Bruno é ario e Shumel é xudío pero a pesares de teren diferente relixón e diferentes crenzas, chegan a ser grandes amigos e a compartir todo tipo de experiencias, como por exemplo a morte.


A historia secundaria trata de mostrarnos a forma na que os alemáns (os nazis) trataban ós xudeos durante estes anos e como abusaban deles forzandoos a traballos moi duros sen darlles apenas comida e que logo cando xa non podían realizar eses traballos eran exterminados de forma cruel nunhas cámaras de gas, nunha delas morreron os protagonistas desta historia, os amigos Bruno e Shumel.

mércores, 29 de maio de 2013

o neno do pixama a raias, resumo e comentario

a. resumo:

O neno co pixama de raias conta a historia dun rapaz de nove anos, Bruno, que se ten que mudar de cidade debido ao traballo do seu pai. En realidade, o rapaz, non sabe moi ben cal é o traballo de seu pai pero o que ten claro e que non lle gusta a idea de ter que marchar.

Bruno é un rapaz moi explorador, ao que lle encanta facer amigos, polo que cando se trasladan a nova casa, vaise polos arredores da casa de paseo e a buscar novas aventuras. Alí ve unha valla e acércase a ela. De repente ve a un rapaz, Shmuel, que curiosamente vai vestido con un pixama a raias, igual que todas as persoas que habitan ao outro lado da valla. Bruno cre que o que hai ao outro lado da valla non é máis que unha cidade na que todos visten igual.Bruno e Shmuel fanse amigos, comparten moitas tardes falando, xogando e comentando o estilo de vida de cada un.

Un día, Shmuel pídelle ao seu amigo que pase ao outro lado da valla porque non atopa a seu pai. Bruno pasa e axúdalle, pero mentres o buscan sona unha sirena que os chama pa irse. Bruno tiña que irse a súa casa pero xa non pode, é tarde. Levaron aos dous rapaces a unha cámara de gas onde, antes de morrer, se abrazaron.

Despois da morte de Bruno, súa nai deixou a seu pai, e el sufriu moito dado que perdera a toda a súa familia por facer esas cousas tan horribles durante a súa vida.

b. comentario:


Este é un libro moi interesante que trata sobre o nazismo, os campos de concentración e o holocausto pero, dende unha perspectiva curiosa, a duns nenos. A pesar disto, a historia non deixa de ser asombrosa e ao mesmo tempo dolorosa, dado que se pode ver como era a vida dun neno xudeu e dun neno cuxa familia era nazi que se fan amigos, e como, por inxustizas que se cometeron, morreu tanta xente inocente, por exemplo dous simples nenos.

Ademais, o libro tamén fai reflexionar  porque nos damos de conta da catástrofe que se cometeu e de que se debe evitar por todos os medios. Mesmo o pai de Bruno se deu de conta, un pouco tarde iso si, do que fixera ao ver que o perdera todo, a súa familia, e mesmo que o seu propio fillo morrera por un accidente pero que, moitos outros nenos morreran sen ter motivo, polo simple feito de ser xudeus.

En resumo, é un libro que conta unha historia moi triste pero que contén unha realidade que pasou non fai tantos anos en Europa.

o neno do pixama a raias

Over the course of the next few weeks Mother seemed increasingly unhappy with life at Out-With and Bruno understood perfectly well why that might be. After all, when they’d first arrived he had hated it, due to the fact that it was nothing like home and lacked such things as three best friends for life. But that had changed for him over time, mostly due to Shmuel, who had become more important to him than Karl or Daniel or Martin had ever been. But Mother didn’t have a Shmuel of her own. There was no one for her to talk to, and the only person who she had been remotely friendly with –the young Lieutenant Kotler– had been transferred somewhere else.
Although he tried not to be one of those boys who spends his time listening at keyholes and down chimneys, Bruno was passing by Father’s office one afternoon while Mother and Father were inside having one of their conversations. He didn’t mean to eavesdrop, but they were talking quite loudly and he couldn’t help nut overhear.
“It’s horrible” Mother was saying. “Just horrible. I can’t stand it any more”
“We don’t have any choice” said Father. “This  is our assignment and…”
“No, this is your assignment” said Mother. “Your assignment, not ours. You stay if you want to.”
“And what will people think” asked Father, “if I permit you and the children to return to Berlin without me? They will ask questions about my commitment to the work here”
“Work?” shouted Mother. “You call this work?”
Bruno didn’t hear much more because the voices were getting closer to the door and there was always a chance that Mother would come storming out in search of a medicinal sherry, so he ran back upstairs instead. Still, he had heard enough to know that there was a chance they  might be returning to Berlin, and to his surprise he didn’t know how to feel about that.
There was one part of him that remembered that he had loved his own life back there, but so many things would have changed by now. Karl and the other two best friends whose names he couldn’t remember would probably have forgotten about him by now. Grandmother was dead and they almost never heard from Grandfather, who Father said had gone senile.
But on the other hand he’d grown used to life at Out-With: he didn’t mind Herr Liszt, he’d become much friendlier with Maria than he ever had been back in Berlin, Gretel was still going through a phase and keeping out of his way (and she didn’t seem to be quite so much of a Hopeless Case any more) and his afternoon conversations with Shmuel filled him with happiness.
Bruno didn’t know  how to feel and decided that whatever happened, he would accept the decision without complaint.

The Boy in the Stripped Pyjamas
John Boyne
publicada orixinalmente por David Fickling Books en Irlanda, 2006; con ilustracións de Alisia Cullens

traducida ao galego por Daniel Saavedra

e publicada como
O neno do pixama a raias
Vigo, Editorial Faktoria K de libros, 2007

Ao longo das seguintes semanas, Madre parecía que estaba cada vez menos contenta coa vida en Ouvichs e Bruno podía entender perfectamente o motivo. Cando chegaran, Bruno odiaba o lugar poque non había nada como estar na casa e ter tres mellores amigos para toda a vida. Mais iso mudou co tempo, principalmente grazas a Shmuel, quen se convertera en alguén moito máis importante que os mesmos Karl, Daniel e Martin. Madre, porén, non tiña o seu propio Shmuel. Non tiña ninguén con quen falar e a única persoa coa que parecía levarse ben (o Tenente Kotler) fora trasladado a outro sitio.
Aínda que Bruno procuraba non ser un deses rapaces que pasa o tempo escoitando polo buraco do pecho das portas nin polas chemineas, un día que pasaba por diante da oficina de Padre escoitou a Padre e Madre ter unha das súas conversas ás agochadas, mais estaban a falar tan alto que non foi quen de non escoitar.
-É horribel –dicía Madre-. Horríbel. Xa non aguanto máis.
- Non temos outra opción – dixo Padre-. É a nosa misión e…
- Non, é a “túa” misión- dixo Madre-. A “túa” misión, non a nosa. Fica ti se queres.
- E que vai pensar a xente se permito que ti e os rapaces volvades a Berlín sen min? –preguntou Padre-. Eles vanme facer preguntas sobre a miña entrega no traballo que fago aquí.
- Traballo? –berrou Madre-. Chámaslle a isto traballo?
Bruno non oíu moito máis, xa que as voces íanse achegando á porta, e sempre había a posibilidade de que Madre saíse como un lóstrego para tomar un pouco do seu xerez medicinal, así que volveu para arriba. Aínda así, Bruno oíra abondo como para saber que existía unha posibilidade de regresar a Berlín e, para a súa sorpresa, non sabía o que pensar.
Unha parte del lembraba que lle encantaba a súa antiga vida en Berlín, mais sabía que habería moitas cousas que xa terían mudado. Posiblemente Karl e os outros dous amigos dos que non lembraba os nomes xa se terían esquecido del por completo. A Avoa morrera e case non sabían nada do Avó quen, segundo Padre, se volvera senil.
Por outra parte, Bruno acostumárase a vivir en Ouvichs. Xa non lle facía caso a herr Liszt, volvérase moito máis amigo de Maria do que era en Berlín, Gretel seguía a pasar por unha fase polo que se apartaba del (e xa non parecía ser un caso perdido) e as súas tardes de conversa con Shmuel enchíano de alegría.

o neno do pixama a raias (ao día seguinte)


The day after Father told Bruno that he would be returning to Berlin soon, Shumel didn’t arrive at the fence as usual. Nor did he show up the day after that. On the third day, when Bruno arrived there was no one sitting cross-legged on the ground an he waited for ten minutes and was about to turn back for home, extremely worried that he would have to leave Out-With without seeing his friend again, when a dot in the distance became a speck and that in turn became the boy striped pyjamas.

Bruno broke into a smile when he saw the figure coming towards him and he sat down on the ground, taking the piece of bread and the apple he has smuggled with him out of his pocket to give to Shumel. But evem from a distance he could see that his friend looked even more unhappy than usual, and when he got to the fence he didn’t reach for the food with his usual eagerness.

The boy in the Striped Pyjamas 
John Boyne
publicado orixinalmente por David Fickling Books en Irlanda, 2006; con ilustracións de Alisia Cullens

Traducida ó galego por Daniel Saavedra

e publicado como 
O neno do pixama a raias
Vigo, editorial Faktoría K, 2007

O día seguinte a que Padre lle dixese a Bruno que habería de voltar pronto a Berlín, Shumel non apareceu, como sempre, onde o aramado. Nin sequera o día seguinte. O terceiro día, cando chegou, non había ninguén sentado no chan coas pernas cruzadas. Agardou dez minutos e xa estaba a pique de voltar para a casa, todo preocupado porque aínda ía marchar de Ouvichs sen volver ver o seu amigo, cando na distancia apareceu un punto, que se converteu nunha pinga, que se converteu nunha mancha, que se converteu nunha figura que se converteu no neno do pixama a raias. 

A cara de Bruno converteuse nun enorme sorriso cando viu achegarse a figura. Sentou no chan e tirou do peto un anaco de pan e unha mazá que sacara ás agochadas para darlle a Shumel. Bruno puido ver mesmo na distancia, como o seu amigo parecía aínda máis triste do habitual, tal que cando chegou ao aramado non colleu a comida co entusiasmo de sempre