Non
falei coa señora Grose ata as últimas horas do día seguinte, pois
o rigor co que mantiña ós meus pupilos baixo cella facía difícil
reunirme con ela en privado, e o que aínda era máis, que ámbalas
dúas sentiámo-la necesidade de non provocar, nin nos criados nin
nos nenos, ningunha sospeita nin sinal no tocante a discusión duns
misterios secretos; pero simplemente a suavidade de formas na señora
Grose produciume unha grande seguridade. Non había nada na súa cara
de saúde que puidese contaxiar os demais nada das miñas horrorosas
confidencias.
Ela
cría en min, diso estaba completamente segura; se non fose certo,
pois non sei o que houbese sido de min; eu soa non podería aturar
todo aquilo. Era un magnífico monumento a bendita falta de
imaxinación e se ela non puidese ver nos nosos pupilos outra cousa
máis cá súa beleza e amabilidade, a súa intelixencia e
felicidade, non sería capaz de chegar directamente as fontes do meu
problema.
Se
os nenos desen mostras de ter sido maltratados ou de estar deprimidos
ben seguro que a señora Grose o averiguaría, e a cousa non quedaría
así. Pero tal como estaban as cousas eu puiden advertir –mentres
ela os vixiaba cos brazos cruzados e coa súa habitual serenidade no
ollar- que daba gracias a Deus; porque aínda que estivesen
desfeitos, as pezas que o formaban tiñan utilidade.
A
chama da fantasía transformábase na súa mente nun apreciable
brillo do lume dun fogar; eu xa empezara a comprender, a medida que
pasaba o tempo e sen novos incidentes, como se ía convencendo de que
os rapaces xa podían valerse por si, de maneira que puxo o seu maior
interese en preocuparse polo caso que presentaba a súa triste e
pobre institutriz.
Para
min isto non era una simplificación das cousas. Eu podía
comprometerme a que a miña cara e a miña expresión non delatasen
nada de canto ocorría na casa porque naquelas condicións sería
aínda outro inmenso agobio ter que me preocupar por ela.
A
hora de que estou falando reunirase comigo na terraza porque llo
pedira eu, alí onde coa nova estación o sol era moi agradable.
Sentados
alí, mentres que os nenos, sen alonxárense moito para que nos
puidesen oír, corrían dun lado para outro, pero sempre dispostos a
obedecer.
Movíanse
lentamente, paseando de parella polo céspede; o neno lía en voz
alta un libro de contos e pasáballe o brazo a súa irmá como para
sentila máis preto del. A señora Grose observábaos cun ollar
pracenteiro, pero logo advertín unha curiosidade intelectual
disimulada cando se volveu intencionadamente cara a min para
observa-lo reverso da tapicería.
Eu
tiña convertida nun receptáculo de cousas espeluznantes, pero coa
súa paciencia e diante do meu sufrimento, amosaba un estraño
recoñecemento da miña superioridade, polos meus méritos e polo meu
cargo.
Abría
a súa mente as miñas revelacións, de xeito que se eu chegase a
ofrecerlle en confianza unha pucheirada de mexunxe das meigas, ben
seguro que enchería unha cullerada ben grande.
Así
é como se atopaba ela na súa actitude. (Refírome a os
acontecimentos daquela noite.).
No
meu relato xa chegara o punto o que refería o que me dixera Miles
cando baixei a buscalo a unha hora insólita e case no mesmo lugar
onde se atopaba agora (paseando coa súa irmá). Eu fora abaixo para
traelo, preferindo esta forma a non outra, para non facer ruído e
evitar alarmas.
A
todo isto, eu deille a entender a señora Grose –a pesar da nosa
simpatía- que non me ía deixar impresionar pola apariencia de
esplendor e fanfarria coa que Miles se defrontou como meu desafío
despois de que o trouxen para a casa.
Tan
pronto como aparecín na terraza, a luz da lúa, veu directamente o
meu encontro. Collino pola man sen decirlle unha palabra e no medio
da escuridade subimo-las escaleiras onde Quint andara langreando por
velo, despois fomos o longo do corredor onde eu estivera escoitando e
tremando , e chegamos o seu cuarto deserto.
Durante
o camiño de volta non cruzamos unha palabra, pero eu preguntábame,
¡Oh con que curiosidade!, se no seu pequeno cerebro non estaría
chocando algo que fose plausible e non demasiado grotesco.
Custaríalle traballo, desde logo, xustifica-la súa conducta; desta
vez sentín –a pesar do lío en que se metera- unha estraña
arrautada de triunfo.
¡Era
unha boa trampa na que caera o inescrutable! Xa non podería volver
pasar por inocente; pois logo, ¿cómo demo podería saír daquilo?
Esta
pregunta apaixonada facía vibrar no meu corazón outra igualmente
muda e apaixonada: ¿Cómo demos podía eu mesma saír do paso?
Por
fin teríame que enfrontar con todolos riscos que aquela terrible
situación implicaba.
Acórdame
que entramos no seu pequeno cuarto, que a cama estaba aínda coma se
non se deitase nela. A ventá estaba aberta á luz da lúa que
clarexaba o ambiente sen necesidade de acender ningún misto.
Acórdame
como de súpeto caín, fundíndome sobre a beira do seu leito
intacto, agobiada pola idea de que el debía saber ata que grao me
tiña nas súas mans.
Podería
facer de min o que quixese, axudado por toda a súa intelixencia; en
tanto que eu debería opoñerme a vella tradición de crimes que
tiñan aqueles gardiáns da infancia, que dominaban ós nenos por
medio da superstición o do medo. Si, tíñame completamente no seu
poder, nas súas mans, xa que ¿quen podería absolverme? ¿Quén
consentiría que eu saíse sen castigo, se ante a mais lixeira
insinuación, eu era a primeira en introducir elementos horribles nas
suas perfectas relacións?
Non,
non; foi inútil facerllo comprender á señora Grose, do mesmo xeito
que resultaba tan difícil explicar de que maneira Miles sacudíu a
miña admiración naquel breve encontro da escuridade.
Por
suposto que me comportei bondadosa e misericordiosamente; nunca
xamais ata daquela puxera eu sobre os seus pequenos ombreiros mans
tan tenras coma aquelas que lle puxen mentres me apoiaba na rilleria
da cama.
Alí
o agardei mentres eu ardía por dentro; pero non tiña outra
alternativa ca plantexarlle a cuestión:
- Agora
tes que decirme toda a verdade. ¿Para que saiches a fora? É ¿que
estabas facendo alí?
- Ainda
estou vendo o seu sorriso encantador, o branco dos seus ollo fermosos
e os destelos dos seus dentiños que brillaban na penumbra.
- E
se llo digo, ¿poderíame entender vostede?
Cando
oín isto o meu corazón quixo botarse fóra. ¿Chegaría a dicirme a
verdade? Non se me veu a boca ningunha resposta e só me acordo eu
lle contestei cun vago e repentino aceno de asentimento. Miles era a
mesma xentileza, e mentres facía os acenos coa miña cabeza el
estava alí semellando máis ca nunca un pequeno príncipe das fadas.
Foi precisamente o seu resplandor o que me deu un pouco de alivio;
pero ¿sería tan grande ese resplandor se realmente estivese
disposto a confesarse comigo?
- Está
ben –dixo por fin-, foi xustamente para que vostede fixese o que
fixo.
- ¿Facer
que…?
- Para
que, pois… por variar, pensase en que eu son malo.
Xamais
esquecerei a dozura e ledicia con que pronunciou aquela palabra, nin
como para cora-la súa actitude se dobregou para diante e me bicou.
Era practicamente a fin de todo. Devolvinlle o bico e mentres o
apretaba cos meus brazos tiven que facer un grande esforzo para non
berrar.
Acababa
de darme unha explicación, de xeito que xa non lle podía pedir
máis, e non fixen outra cousa máis que conformarme e resignarme
para aceptalo así cando despois de botarlle unha ollada ó cuarto
lle preguntei:
- Pero
¿ti non te espiras?
Resplandeceu
visiblemente naquelas tebras.