Amosando publicacións coa etiqueta Paul Auster. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paul Auster. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de xuño de 2013

mr. vertigo, resumo


Walt é un rapaz orfo que vive cuns tíos que non se interesan por el no máis mínimo, un rapaz como calquera outro pero no cal o mestre Yehudi (home de orixe húngara e pais xudeus que creceu en Brooklyn) ve características ocultas: se se esforza e segue as súas ensinanzas, algún día poderá levitar e mesmo voar.
En primeira persoa, Walt vai narrando os sucesos principais da súa vida. Viaxa co seu mentor a Kansas onde coñece a nai Sue, unha india síux que en diante o apoiará en todo, e a Aesop, mozo etíope que absorbeu os coñecementos do mestre e que se dispón a ingresar na universidade.
Este pequeno grupo vive baixo os seus propios e precarios medios de produción nunha illada granxa en Kansas. A condición discriminatoria advírtese no propio Walt, quen nun principio se nega a dar a man a Aesop. O longo aprendizaxe físico e moral que estaba por vir ensinaríalle, antes que a voar, a coñecer a realidade da condición humana, tan viciada no seu interior e tan representativa con respecto aos seus semellantes.
Co tempo, Walt aprendería a ver a Aesop como un ser intelixente e a súa concepción racial transformaríase, aínda que cunha comprensión escasa: ao observar detidamente ao rapaz e entender os seus razoamentos e aptitudes, decidirá que a única opción é que seguramente nacera branco.
Este preámbulo sobre a educación de Walt e as probas de valor e esforzo terribles que tivo que realizar para poder acceder ao don de poder elevarse alóngase a través dos intentos de escape do rapaz, o sufrimento e a dureza na crueldade do mestre cara a el.
Walt vai perdendo a vontade e á fin réndese aos designios do mestre Yehudi; o día soñado chega e a levitación faise efectiva. Despois virían as prácticas constantes, o debut, as viaxes a través do país e a fama. A primeira actuación dáse en 1927, con anos difíciles por vir.

Uns anos despois, Walt convértese en adolescente e con isto perde a súa prezada facultade. A castración sería a única forma -un tanto incerta- de conservala, pero el prefire preservar a virilidade que empeza a xurdir nel cunha forza indomable.

Moitos outros sucesos terían que acontecer en diante, como o reencontro coa mesquindade do tío Slim (co que viviu ao quedar orfo) e con outros personaxes ao longo de incontables vivencias tan duras como crueis.
É unha historia de vida e aprendizaxe que demostra que as repercusións traumáticas non sempre definen o camiño en forma positiva. Walt non o tivo doado, no seu sendeiro vital encontrouse con individuos excepcionais dispostos a favorecelo en todo o posible, pero non en todos os casos se logra apartar as pedras do camiño.

resumo tirado de letras en tinta

mércores, 29 de maio de 2013

mr. vertigo

I was twelve years old the first time I walked on water. The man in the back clothes taught me how to do it, and I’m not going to pretend I learned that trick overnight. Master Yehudi found me when I was nine, an orphan boy begging nickels on the streets of Saint Louis, and he worked with me steadily for three years before he let me show my stuff in public. That was in 1927, the year of Babe Ruth and Charles Lindbergh, the precise year when night began to fall on the world forever. I kept it up until a few days before the October crash, and what I did was greater than anything those two gents could have dreamed of. I did what no American had done before me, what no one has ever done since. 

Master Yehudi chose me because I was the smallest, the dirtiest, the most abject. ¨You’re not better than an animal¨, he said, ¨a piece of human nothingness.¨ That was the first sentence he spoke to me, and even though sixty-eight years have passed since that night, it’s as if I can still hear the words coming from the master’s mouth. ¨You’re no better than an animal, If you stay where you are, you’ll be dead before winter is out. If you come with me, I’ll teach you hiw to fly.¨ 

¨Ain’t nobody can fly, mister¨, I said. ¨That’s that birds do, and I sure as hell ain’t no bird.¨ 

¨You know nothing¨, Master Yehudi said. ¨You know nothing because you are nothing. If I haven’t taught you to fly your thirteenth birthday, you can chop off my head with an axe. I’ll put it in writing if you like. If I fail to deliver on my promise, my fate will be in your hands.¨ 

It was a Saturday night in early November, and we were standing in front of the Paradise Cafe, a slick downtow gin mill with a colored jazz band and cigarette girls in transparent dresses. I used to hang around there on weekends, cadging handouts and running errands and hustling cabs for the swells. At first I thought Master Yehudi was just another drunk, a rich booze hound stumbling through the night in a black tuxedo and a silk top hat. His accent was strange, so I figured him to be from out of town, but that was as far as I took it. Drunks say stupid things, and the business about flying was no stupider than most. 

¨You get too high in the air,¨I said, ¨you could break your neck when you come down´. 

¨We’ll talk about technique later,¨the master said. ¨It’s not an easy skill to learn, but if you listen to me and obey my instructions, we’ll both wind up millionaires.¨ 

¨You’re already a millionaire,¨I said. ¨What do you need me for?¨ 

¨Because, my wretched little thug, I barely have two dimes to rub together. I might look like a robber baron to you, but that’s only because you have sawdust for brains. Listen to me carefully. I’m offering you the chance of a lifetime, but you only get that chance once. I’m booked on the Blue Bird Specialat six thirty a.m., and if you don’t haul your carcass onto that train, this is the last you’ll ever see of me.¨

Mr. vertigo 
Paul Auster 
publicada orixinalmente por Viking Penguin en Nova York, 1994.

traducida ao galego por Xosé Antón L. Dobao

e publicada como:
Mr. Vertigo
Santiago de Compostela, editorial Sotelo Blanco, 1996.

Tiña doce anos a primeira vez que camiñei sobre da auga. Ensinoume a facelo o home de traxe negro, non vou eu agora pretender que aprendín o truco dun día para o outro.  O mestre Yehudi deu comigo cando eu tiña nove anos; era un orfo que andaba á esmola duns patacos polas rúas de Sant Louis. Traballou comigo arreo tres anos enteiros antes de me deixar representa-lo espectáculo en público. Foi en 1927, o ano de Babe Ruth e Charles Lindbergh, xusto o ano en que a noite empezou a caer sobre o mundo para sempre. Seguino representando ata uns días antes da crise de outubro. O que eu facía era máis grande do que aquelas dúas persoas puideran soñar nunca. Fixen o que ningún ía facer de alí en diante.

O mestre Yehudi elixiume por eu se-lo máis cativo, o máis porco, o máis abxecto.

-Non eres mellor ca un animal –dixo-, un anaco de nada humana.

Foi a primeira frase que me dixo. Malia pasaren xa sesenta e oito anos desde aquela noite, aínda é hoxe o día que podo escoita-las palabras a xurdiren da boca do mestre.

-Non es mellor ca un animal. Se quedas onde estás, morres antes de que chegue o inverno. Se vés canda min, ensínoche a voar.

-Pois é que ninguén pode voar, señor –dixen-. Iso fano os paxaros, e pois é que eu non lle son un paxaro nin nada parecido.

-Non sabes nada –dixo o mestre Yehudi-. Non sabes nada porque non es nada. Se non che dou aprendido a voar para cando fága-los trece anos pódesme arrinca-la cabeza cun machado. Se queres póñocho por escrito. Se non cumpro coa miña palabra, o meu destino  estará nas túas mans.

Foi un sábado pola noite a primeiros de novembro e estabamos diante do Café Paradise, una tasca fina do centro da cidade cunha banda de jazz con músicos negro e vendedoras de tabaco con vestidos  transparentes. Eu tiña o costume de deixarme caer por alí as fins de semana, a ripar esmolas, facer mandados e apañar taxis para a xente fina. Ó primeiro pensei que o mestre Yehudi non era máis ca outro borracho, un cheas rico que andaba ás atoutiñadas pola noite, cun frac negro e una chisteira de seda. Tiña un acento estraño, por iso imaxinei que non era da cidade, pero de aí non daba pasado. Os borrachos di estupideces, e a leria aquela de voar non era máis estúpida cás outras cousas.

-Suba alto de máis –dixen-, verá como rompe o pescozo cando caia.

-Xa falaremos da técnica máis adiante –dixo o mestre-. Non che é una habelencia doada de aprender, pero se me escoitas e obedece-las miñas instrucións hannos voa-los millóns ás mans.

-Vostede xa é un millonario –díxenlle-. ¿Para que me quere a min?

-Pois mira, meu godalliño miserable, non che teño máis ca dúas cadelas no peto. Déboche parecer un magnate atracador, pero iso é só porque tes serraduras no canto de cerebro. Escóitame ben. Estouche ofrecendo a oportunidade da túa vida, pero só a vas ter una vez. Teño una praza no Blue Bird Special para as seis e media da mañá; se non carrexas esa túa casca para o tren, esta é a derradeira vez que me ves.