Amosando publicacións coa etiqueta Ángel Ruperez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ángel Ruperez. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de marzo de 2020

sobre traducir os poemas de Emily Dickinson, notas breves

Emily Dickison
por Sciammarella
publicado en El País
poemas 601-1200. soldar un abismo con aire
Emily Dickinson.
tradución de Ana Mañeru e Milagros Rivera Garretas
Edición bilingüe. Sabina. Madrid, 2013
773 páginas.

poesías completas
Emily Dickinson
tradución de José Luis Rey
Edición bilingüe. Visor. Madrid, 2013
1528 páxinas.

REFERENCIAS:
ÁNGEL RUPÉREZ devotos de Dickinson

segundo Ángel Rupérez a poesía de Dickinson atesoura un 'hermetismo máxico con abismos insondábeis, cheos de luz e sombra'. é poesía pola poesía da que a súa autora nom obtivo nada fóra do pracer e o consolo de escribila.

os seus poemas publicáronse postumamente, despois de que a súa irmá Lavinia os descubrira reunidos en fascículos confeccionados pola propia Emily a man.

Rupérez sinala algúns dos elementos que máis lle chaman a atención nos diversos modos de traballar cos poemas de Dickinson por parte de tradutores distintos.

segundo Rupérez, Ana Mañeru e Milagros Rivera mostran fundamentalmente dúas tendencias:

1/ o seu feminismo, que marca gramaticalmente, e inda lexicamente, as decisións á hora de traducir.

sempre empregan 'anfitriona', 'petirroja', 'mendiga', ou 'as amantes' -e tantos outros casos-, porque queren erradicar da gramática e o léxico da lingua castelá a preponderancia que posúe o masculino sobre o feminino.

ao mesmo tempo defenden que Dickinson era lesbiana, un feito evidenciado na -suxestionan- súa relación coa súa cuñada Susan Huntington, Sue. tanto é así que na capa do libro -neste e no que lle precedeu en 2012-, xunto ao retrato de Dickinson, aparece tamén o da súa cuñada. sen dúbida coa intención de subliñar de xeito icónico a súa relación amorosa.

iso tamén as leva a indicar cales foron os poemas expresamente enviados por Dickinson a Sue, probabelmente como proba de amor.

2/ móstranse en estremo literais, Ángel Ruperez di que 'en exceso', optando por opcións como

'la noche era ancha, y surtida escasa
con sino una única Estrella'

el optaría por algo menos estremo como

‘la noche era ancha (o vasta) y apenas amueblada
con una única Estrella'

que, segundo el, nom traizoaría en esencia o orixinal e si é perfectamente posíbel na lingua castelá.

en canto a José Luis Rey, Ángel Rupérez menciona que as súas eleccións xiran en torno a tres eixos:

1/ acostuma preferir encher os 'ocos' de Dickinson, explicitando, engadindo, explicando. comparemos posibilidades:

una noche -en medio yacen días- ...

sucumbe á tentación máis difícil de evitar: apuntalar ese descolgado e solitario substantivo (a concisión de Dickinson) ...

en medio de una noche, yacen días ...

2/ acostuma suprimir alí onde o estilo Dickinson repite algún elemento -unha conxunción, un substantivo ...-. pero ao evitar as repeticións erradícase tamén a estrañeza. Rey traduce ...

¿Qué les importa a los Muertos el Gallo?
¿Qué les importa el Día?

cando o orixinal repite 'muertos' tamén no segundo verso.

3/ en canto ao xénero, acata a conformación gramatical da lingua castelá, pero -iso si- subliñando a referencia feminina cando se trata de sinalar a voz que fala nos poemas. quen escribe é muller, logo os poemas teñen unha voz feminina.

Ángel Rupérez remata o seu breve informe dicindo que polo resto, fronte a vellas tendencias 'allanadoras', ambas traducións respectan as xa coñecidas rarezas de Emily Dickinson: os guións, o gran número de maiúsculas, a ausencia de puntuación, …

o volume da editora Sabina ten a vantaxe de enumerar os poemas seguindo as dúas edicións canónicas, a de Franklin (seguida por Mañeru e Rivera) e a de Johnson (seguida por Rey), por iso as numeracións dos poemas nom coinciden entre as dúas traducións e, en ocasións, hai diferenzas textuais considerábeis nalgúns dos poemas recollidos nelas.

adaptación feita por @xindiriz

xoves, 7 de novembro de 2013

se puidera subornal@s cunha Rosa

webtaj.com
179

Se puidera subornal@s cunha Rosa
Traeríalles cada flor que medra
Desde Amherst a Cachemira!
Non me deterían noite, tronada
xeada, morte, ninguén
tan prezado sería o meu mandado!

Se se detiveran por un Paxaro
Meu tamboril axiña se oiría
Nos Bosques en Abril!
Inesgotable, todo o verán
Só para romper a cantar máis brava
Cando o Inverno axitara as ramas!

E se me oíran!
Quen dirá
Que semellante inoportunidade
Non puidera ao final prevalecer?

Que, esgotad@s da súa face de Mendigo
Non dixeran finalmente, Si
A apartala do Salón?
179

If I could bribe them by a Rose
I’d bring them every flower that grows
From Amherst to Cashmere!
I would not stop for night, or storm
Or frost, or death, or anyone
My business were so dear!

If they would linger for a Bird
My Tambourin were soonest heard
Among the April Woods!
Unwearied, all the summer long
Only to break in wilder song
When Winter shook the boughs!

What if they hear me!
Who shall say
That such an importunity
May not at last avail?

That, weary of this Beggar’s face
They may not finally say, Yes
To drive her from the Hall?

dous excerptos tirados da reseña (deturpados e traducidos) de Ángel Rupérez “Nova luz, a mesma Emily Dickinson” (Babelia, 22 – dec – 2012, p. 5) sobre a antoloxía Poemas 1-600. Foi culpa do paradiso. Emily Dickinson. Tradución ao castelán e prólogo de Ana Mañeru e Milagros Rivera. Sabina Editorial. Madrid, 2012.

1
as autoras tiran por terra a presunta paixón de Dickinson polo predicador Wadsworth. Non acreditan nesta hipótese e, pola contra, sospeitan unha relación lésbica de base coa súa amiga e cuñada Susan Huntington Gilbert. Incluso aventuran unha especie de trío, no que tamén habería unha relación incestuosa entre Dickinson e seu irmán Austin, o home de Susan

2
criterios seguidos polas tradutoras: fronte a unha posible Dickinson dulcificada e desnaturalizada, esta é unha réplica que arrostra con todos os perigos da idiosincrasia da autora. Respectan a extravagante puntuación, ata o escrúpulo; respectan a súa quebrada sintaxe, tan rara e intrigante; respectan as peculiares e caprichosas (¿?) maiúsculas, evitan as dozuras inexistentes no orixinal e sométense ao ditado da lingua da escritora: "Así son, gústevos ou non, e vós, tradutor@s, debedes seguirme, ata o precipicio”

pexas, algunhas, pero non serias. Quizás a máis notoria procede do medo á traizón, facendo gala dun estremo escrúpulo que da resultados ás veces inviables ao seguir o orixinal literalmente:

Non me detería por noite, nin tronada,
nin xeada, nin morte, nin ninguén ...

unha leve traizón farían máis cribles e poderosos eses versos:

"Non me deterían a noite, nin a tronada
nin a xeada, nin a morte, nin ninguén ...

NOTA: esta tradución non soubo reproducir, novamente, o esquema rítmico no orixinal. @xindiriz