Amosando publicacións coa etiqueta Fernando Moreiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fernando Moreiras. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

Fernando Moreiras: 'Esta é unha novela inusual en Dick'

Philip K. Dick é un dos grandes nomes da ciencia-ficción. de feito, da súa prolífica carreira só unha novela, Confesións dun artista de merdase escapa a este xénero. agora, da man da editora pontevedresa Kalandraka, acaba de ser traducida ao galego por primeira vez.

'sentín curiosidade porque xa traducira antes Soñan os androides con ovellas eléctricas e contaba que o seguinte encargo fora outra obra de ciencia-ficción, pero non. encargáronme algo totalmente inusual en Dick, unha novela costumista da California dos anos 50. primeiro, foi unha sorpresa e, logo, púxenme a traducir con moitísimo gusto', recoñece Fernando Moreiras, tradutor da obra.

-que foi o más difícil?

-o máis complicado, e é algo que xa me pasou con outros autores deste estilo, é tentar transmitir ese espírito, neste caso, de hai setenta anos a un público actual. hai moitos conceptos que son descoñecidos, tanto porque pertencen á cultura estadounidense, como porque son doutra época. ademais de que o contacto cultural que houbo nos 50 entre España e Estados Unidos foi moi limitado. cando Dick emprega unha expresión ou un referente cultural que probablemente sexa opaco para o 99% dos lectores galegos, tes que buscar o xeito, tes que darlle voltas, tes que mirar a maneira de explicalo sen que se perda que é un referente cultural. persoalmente, son bastante inimigo das notas de autor porque me parece que rompen a fluidez da lectura, polo que sempre tento buscar o xeito de que a aclaración dun referente cultural alleo a nós quede integrada dentro da lectura. nas de ciencia-ficción, como todo e novo, todo ven explicado na propia novela, pero nestes casos o autor presupón que é algo que coñeces. entón tira para adiante, pero o tradutor non pode facelo porque quedan mensaxes rotas no texto.

-estamos nun tempo no que o coronavirus deu pe a moitas teorías conspiratorias e curiosamente o protagonista gusta de recompilalas?

-si. é curioso porque, aínda que pasaron setenta anos, o protagonista é alguén que no ano 2020 está de plena actualidade. pero xa non so polas teorías conspiratorias do coronavirus, senón por cousas como o terraplanismo, os antivacinas, ... esas tendencias contra ciencia, pero que tentan basearse nun discurso científico, que é o que fai este home, están de plena actualidade. é algo que, por un lado, fai graza, pero, por outro, mete medo.

-como definiría esta obra dentro do contexto artístico de Philip K. Dick?

-aínda que non teña ningún elemento de evidencia científica, fóra do que hai na imaxinación do protagonista, nótase que o autor tiraba xa cara unha clase concreta de escritura. é dicir, isto non é un futuro terrible onde todo o mundo é raro e disfuncional. aínda que é un pasado real, os personaxes teñen actitudes moi semellantes ás que teñen noutras novelas de Dick. poden atoparse, mesmo, algúns paralelismos. el tiña o seu estilo e, simplemente, chegado o momento acabou dando un xiro, deixou a ciencia-ficción, pero o seu estilo xa o traía na mochila. en Confesións dun artista de merda, aínda que non ten que ver coas temáticas ás que estamos afeitos do autor, podemos recoñecer o seu estilo. é claramente unha novela de Dick con personaxes de Dick.

-a vida de Dick foi complicada, trasladase iso a esta novela?

-nom sabería dicir porque nom coñezo tanto a mocidade de Dick. na novela céntrase moito na infancia e mocidade do personaxe. case todos coñecemos a vida, que foi moi turbulenta, do Dick adulto. se o Dick adulto era como era, seguramente si que tería esas psicoses na xuventude. pero é que na xenialidade adoita haber un toque de loucura.

-á marxe de Dick, que outro autor e obra de ciencia-ficción lle gustaría traducir?

-encantaríame traducir Hyperion, de Dan Simmons. para min é a mellor novela de ciencia-ficción de todos os tempos. o que pasa é que non é un autor tan coñecido, polo que traducilo ao galego, que é un mercado máis restrinxido ten os seus riscos. bueno, digo que Dan Simmons é pouco coñecido, pero agora que fixeron unha serie dunha das súas novelas, The Terror, e que están pensando en producir Hyperion tamén como serie de televisión, pois igual cambian as tornas. esta é unha novela de 1992 e xa lle ía tocando que lle fixeran un pouco de caso, pero o que pasa é que unha obra moi complexa. ademais toca temas polémicos e é un risco para as cadeas. a pesar disto, Simmons é un autor moi meritorio.

entrevista publicada en la.voz.de.galicia (edición Pontevedra) 'se o Dick adulto era como era, seguro que si tería esas psicoses na xuventude' asinada por LÓPEZ PENIDE

martes, 18 de xuño de 2013

1984

He opened the diary. It was important to write something down. The woman on the telescreen had started a new song. Her voice seemed to stick into his brain like jagged splinters of glass. He tried to think of O’Brien, for whom, or to whom, the diary was written, but instead he began thinking of the things that would happen to him after the Thought Police took him away. It would not matter if they killed you at once. To be killed was what you expected. But before death (nobody spoke of such things, yet everybody knew of them) there was the routine of confession that had to be gone through: the grovelling on the floor and screaming for mercy, the crack of broken bones, the smashed teeth, and bloody clots of hair.

Why did you have to endure it, since the end was always the same? Why was it not possible to cut a few days or weeks out of your life? Nobody ever escaped detection, and nobody ever failed to confess. When once you had succumbed to thoughtcrime it was certain that by a given date you would be dead. Why then did that horror, which altered nothing, have to lie embedded in future time?

He tried with a little more success than before to summon up the image of O’Brien. ‘We shall meet in the place where there is no darkness,’ O’Brien had said to him. He knew what it meant, or thought he knew. The place where there is no darkness was the imagined future, which one would never see, but which, by foreknowledge, one could mystically share in. But with the voice from the telescreen nagging at his ears he could not follow the train of thought further. He put a cigarette in his mouth. Half the tobacco promptly fell out on to his tongue, a bitter dust which was difficult to spit out again. The face of Big Brother swam into his mind, displacing that of O’Brien. Just as he had done a few days earlier, he slid a coin out of his pocket and looked at it. The face gazed up at him, heavy, calm, protecting: but what kind of smile was hidden beneath the dark moustache?
Like a leaden knell the words came back at him:

WAR IS PEACE
FREEDOM IS SLAVERY
IGNORANCE IS STRENGTH

 Nineteen eighty-four
 George Orwell
Penguin Readers, 1949

traducido ao galego por Fernando Moreiras
e publicado como 1984 pola editorial Kalandraka, 2011

Abriu o diario. Era importante escribir algo. A muller da telepantalla comezara con outra canción, e a súa voz parecía cravárselle no cerebro como rachas de vidro afiadas. Procurou pensar en O´Brien, por quen ou para quen escribía o diario, mais no canto diso acabou pensando no que lle pasaría cando o levase a Policía do Pensar. Que te matasen de inmediato era o de menos, pois era de esperar que te matasen; mais antes da morte ( e ninguén falaba disto, aínda que todo o mundo o sabía) cumplía pasar pola rutina da confesión: as súplicas de clemencia arrastrándose polo chan, o son dos ósos ao partir, os dentes rotos, os cabelos pegañentos de sangue… Por que non prescindir duns poucos días ou semanas de vida? Ninguén pasaba inadvertido, e ninguén evitaba a confesión.

Cando sucumbías ao pesacrime, tiñas a certeza de que morrerías nun momento dado. Por que reservar aquel horror para o futuro se nada ía cambiar? Tentou evocar, con máis éxito ca antes, a imaxe de O´Brien. "Encontrarémonos no lugar onde non hai escuridade", dixéralle O´Brien. Sabía, ou cría saber, a que se refería: o lugar onde non hai escuridade era o futuro imaginado, o que nunca vería pero no cal podía participar misticamente sabendo como sería. Con todo, a voz da telepantalla amolábao tanto que non foi quen de proseguir o razoamento. Levou un pito aos beizos, e ao instante caeulle na lingua a metade do tabaco, un amargo po que logo custaba cuspir. Veulle á mente o rostro do Irmán Grande, que desprazou o de O´Brien . Igual que fixera uns días antes, sacou unha moeda do peto e observouna. O rostro devolveulle unha mirada intensa, calma, protectora; mais que clase de sorriso se ocultaba tras aquel mostacho negro? As palabras resoaron coma un lúgubre dobrar de campás:

A GUERRA É PAZ
A IGNORANCIA É FORZA
A LIBERDADE É ESCRAVITUDE