Amosando publicacións coa etiqueta aprender linguas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aprender linguas. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de xullo de 2014

aprender alemán: recursos

www.face2image.de
aprender unha lingua como o alemán pode resultar complexo ao inicio debido á súa orixe xermánica e as súas complicadas construcións gramaticais. Para facelo existen algún recursos que che axudarán a formarte nesta lingua dun xeito gradual, online e totalmente de balde.

1/ ‘el alemanista’ – todo tipo de recursos e artigos interesantes. Ademais, poderás coñecer máis sobre a cultura alemá con curiosidades, vídeos e música

2/ ‘aprender-aleman-online.es’ – neste web terás oportunidade de aprender de xeito práctico e doado, con ferramentas que che facilitan desde pasar unha entrevista de traballo ata dicíndoche como reservar un cuarto nun hotel

3/ ‘deutschweb.net’ – un dos mellores blogs para aprender gramática de xeito dinámico e sistemático, facendo fincapé no coaching en alemán para avanzar o máis rápido posible

4/ ‘aprendealeman.com’ – con acceso a un curso de balde con 37 leccións, ademais de moitisima información sobre expresións, números e gramática, entre outras cousas

5/ ‘gramática-alemana’ – unha páxina perfecta para aprender, con todo tipo de recursos e leccións e algunhas curiosidade como, por exemplo, máis de mil palabras semellantes ao castelán e o galego

6/ ‘alemanadas.com’ – curioso blog con artigos sobre o idioma e certos recursos moi útiles para saber máis sobre o alemán

martes, 18 de setembro de 2012

(algunh)as linguas europeas

linguas en Europa (in English)
anacos de lingua tirados da “vida real” (texto escrito e gravación dos mesmos)
linguas e sistemas de escritura de todo o mundo


albanés
alemán (166 millóns)

azarí (21 millóns)
bielorruso (7,6 millóns)

castelán (500 millóns falantes)

checo (10 millóns)

francés (200 millóns)

grego (12 millóns)
húngaro (13 millóns)

inglés (1500 millóns falantes)
italiano (62 millóns)


neerlandés (21 millóns)
polaco (46 millóns)
portugués (240 millóns)

romanés (26 millons)
ruso (277 millóns)
serbio (cirílico) (19 millóns, sumando serbio, croata e montenegrino) & serbio (latino)
sueco (8,7 millóns)

turco (75 millóns)
ucraíno (39 millóns)

NOTA: os datos do número de falantes están tomados desta páxina (número de hablandes nativos) e destoutra (número de falantes) e máis esta (list of languages by number of native speakers)

REFERENCIA à Field Guide to the Main Languages of Europe (fifth edition, 2011) “Appendix – Text samples online”, pp. 23-24.

mércores, 4 de xaneiro de 2012

proposta de traballo "the gift of tongues"

existen persoas realmente plurilingües? canto de normal ten unha persoa que fala moitas linguas? como é a súa vida diaria?  ... podemos empezar a reflexionar sobre estas cuestións tentando traducir "The Gift of Tongues", un artigo aparecido en The Economist que aporta unhas pinceladas sobre os contidos do libro Babel No More: The Search for the World's Most Extraordinary Language Learners, escrito por Michael Erard.