Amosando publicacións coa etiqueta Alejandro Tobar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alejandro Tobar. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de decembro de 2016

o verán sen homes

trafegando ronseis
Sometime after he said the word pause, I went mad and landed in the hospital. He did not say I don’t ever want to see you again or It’s over, but after thirty years of marriage pause was enough to turn me into a lunatic whose thoughts burst, ricocheted, and careened into one another like popcorn kernels in a microwave bag. I made this sorry observation as I lay on my bed in the South Unit, so heavy with Haldol I hated to move. The nasty rhythmical voices had grown softer, but they hadn’t disappeared, and when I closed my eyes I saw cartoon characters racing across pink hills and disappearing into blue forests. In the end, Dr. P. diagnosed me with Brief Psychotic Disorder, also known as Brief Reactive Psychosis, which means that you are genuinely crazy but not for long. If it goes on for more than one month, you need another label. Apparently, there’s often a trigger or, in psychiatric parlance, “a stressor,” for this particular form of derangement. In my case, it was Boris or, rather, the fact that there was no Boris, that Boris having his pause. They kept me locked up for a week and a half, and then they let me go. I was an outpatient for a while before I found Dr. S., with her low musical voice, restrained smile, and goodear for poetry. She propped me up – still props me up, in fact.

The Summer without Men: A Novel
Siri Hustvedt
2011

traducida ao galego por Alejandro Tobar e corrixida por Benxamín Constante e Isabel Soto e publicada como

O verán sen homes
Hugin e Munin, 2016
  

siri hustvedt
i.blogs.es
Pouco tempo despois de que el dixese a palabra "pausa", toleei e fun directa para o hospital. Non dixo "Non quero volver a verte máis" ou "Acabouse", pero tras trinta anos de casados, esa "pausa" abondou para me converter nunha lunática coa cabeza a piques de estourar, coas matinacións a rebotar e a bater entre si coma flocos de millo que choutan na bolsa dentro do microondas. Concibín esta lamentable observación namentres xacía na miña cama do Pavillón Sur, tan saturada de antipsicóticos Haldol que apenas me daba movido. As repulsivas e compasadas voces foran esmorecendo, mais non desapareceran de vez, e cando pechaba os ollos vía personaxes de debuxos animados que avanzaban á carreira por cuíñas rosas para deseguido desaparecer entre bosques azuis. Ao cabo, o doutor P. diagnosticoume un Trastorno Psicótico Transitorio, coñecido tamén como Psicose Reactiva Transitoria, o cal significa que a tolemia é real, por máis que temporal. No caso de que o trastorno dura máis dun mes, cómpre buscarlle unha nova etiqueta. Seica existe un aliciente –na xerga psiquiátrica, un “factor de estrés” – que dispara este tipo de psicoses. No meu caso desencadeouna Boris, ou máis ben a falla de Boris, quen quixera facer a súa pausa. Encerráronme por espazo dunha semana e media e a continuación deixáronme marchar. Mantiven o status de paciente externa durante algún tempo, antes de dar coa doutora S., coa súa voz avelaíña e melodiosa, co seu lene sorriso e o seu bo oído para a poesía. Ela deume azos; de feito, segue a darmos.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

Alejandro Tobar Salazar: “O problema radica no reducido número de lectores na nosa lingua”

gl.wikipedia.org/wiki/Alejandro Tobar
na rede
(de balde)


Alejandro Tobar Salazar (Lugo, 1983) creou en 2011 a editora Hugin e Munin, que leva xa editados case unha vintena de títulos, todos traducións ao galego. A súa traxectoria inclúe tamén a súas propias traducións e unha novela, Cremalleiras (2008), entre outras cousas.

Se tivese que escribir algo que o defina dalgún xeito en poucas palabras, que escribiría?

No traballo fago por ser unha persoa seria.

Por que traduce ou traduciu?

Porque me gusta e porque tiven a sorte de o converter na miña ocupación profesional.

Que formación, relevante para a tradución, ten vostede? Que outros elementos cre que lle farían falta?

Traduzo preferentemente do inglés; estou formado en filoloxía inglesa. Vertín ocasionalmente textos ao galego dende o francés e dende o dinamarqués. A respecto dos outros elementos que me farían falla, só se me ocorre insistir na idea de que un está continuamente a se formar.

Cales son as súas linguas de traballo? Que ferramentas emprega? Como escolleu o autor ou autora? Con que obra ou obras está vostede a traballar na actualidade?

Se a tradución é unha encarga, o autor e a obra veñen dados; se é unha escolla persoal, os motivos son múltiples —e excesivos para os expor nun cuestionario coma este. As ferramentas de traballo supoño que son as habituais: gramáticas e dicionarios tanto en papel coma virtuais. Traballo sempre cara ao galego, e fágoo polo xeral dende o inglés; móvome sen problema pero non coa mesma soltura co francés.

Que nos pode dicir sobre as condicións de traballo dunh@ tradutor@ na actualidade? Tamén desde o punto de vista económico.

A resposta a unha pregunta así, se un pretende deitala cun mínimo de rigor, non é posible reducila a un parágrafo. Direi, con todo, que no económico depende en gran medida da empresa coa que cada tradutor ten a posibilidade de traballar, pero non só. Así, cando cobramos por páxina, o abano de prezos para, poñamos, cada páxina de 2000 caracteres é, polo que eu vin e vivín, moi amplo: dos 3-4 aos 18-20 euros.

Que tarefas ou proxectos lle gustaría afrontar e inda non fixo? Por que?

Moitos. Xa haberá tempo de enfrontalos. Escritores tan dispares como Bill Bryson e Apsley Cherry-Garrard teñen obras vastísimas ás que nalgún momento tratarei de lles fincar o dente.

Como ve vostede a relación entre tradutores e industria editorial galega?

Complicada e inxusta, tanto para os tradutores como para algúns editores. Na fin de contas, creo que o problema radica no reducido número de lectores na nosa lingua. É tan triste coma real.

Que papel deberían cumprir as iniciativas privadas e as públicas en relación á tradución?

Canto á miña iniciativa, a posta en marcha en 2011 da editorial Hugin e Munin, que hoxe conta con 18 títulos publicados de narrativa de ficción en tradución ao galego e que depende en esencia dunha base de subscritores, direi que o  seu papel consiste en achegar libros de alto nivel literario ao lector en galego. Son novelas para lectores que se saben lectores, isto é, obras non sempre fáciles pero con seguridade de recoñecido prestixio literario.

Debería existir un consenso sobre unha especie de ‘canon’ de obras a traducir?

Non vexo por que. Cada editor ten o seu criterio.

Cales son os proxectos galegos que teñen que ver coa tradución que lle parecen máis interesantes?

Interésame en especial a narrativa, e dentro desta atopo cadora e cando obras concretas de editoriais diversas que logran atraparme. Todos os libros que se producen á marxe da administración debo dicir que me merecen un respecto enorme. E cadaquén que entenda.

Que opina sobre os premios de tradución que coñece? E sobre os premios en xeral.

En tradución, se non ando enganado, só temos o Plácido Castro, e este ano foi declarado deserto, así que nada. O que a AELG outorga á mellor obra traducida creo que ten uns criterios e un sistema de votación pouco fiables -coma no resto de categorías en concurso. Xa que logo, no tocante aos premios, a cousa non anda aló moi ben.

Que función podería cumprir a tradución no conxunto do sistema lingüístico (e literario) galego? A súa proxección exterior, por exemplo.

A tradución é un xeito de normalización, iso está fóra de todo debate. Confío en que as boas traducións sexan cada vez máis habituais no mercado do libro en galego nos vindeiros anos. A valoración da proxección exterior déixollela a aqueles que traballan co galego cara a outras linguas e non coas outras linguas cara ao galego, como é o meu caso.

luns, 17 de xuño de 2013

servizo de correos

The subs themselves made Jonstone posible by obeying his imposible orders. I couldn´t see how a man of such obvious cruelty could be allowed to have his position. The regulars didn´t care, the union man was worthless, so I filled out a thirty page report on one of my days off, mailed one copy to Jonstone and took the other down to the Federal Building. The clerk told me to wait. I waited and waited and waited. I waited an hour and thirty minutes, then was taken in to see a little grey-haired man with eyes like cigarette ash. He didn´t even ask me to sit down. He began screaming at me as I entered the door.

“You´re a wise son of a bitch, aren't you?”
“I´d rather you didn´t curse me, sir!”
“Wise son of a bitch, you´re one of those sons of bitches with a vocabulary and you like to lay it around!”

He waved my papers at me. And screamed: “MR. JONSTONE IS A FINE MAN!”
“Don´t be silly. He´s an obvious sadist, “ I said.
“How long have you been in the Post Office?”
“3 weeks”
“MR. JONSTONE HAS BEEN WITH THE POST OFFICE FOR 30 YEARS!”
“What does that have to do with it?”
“I said, MR. JONSTONE IS A FINE MAN!”

I believe the poor fellow actually wanted to kill me. He and Jonstone must have slept together.
“Al right,” I said, “ Jonstone is a fine man. Forget the whole fucking thing. “ Then I walked out and took the next day off. Without pay, of course.

When Jonstone saw me the next 5 a.m. he spun in his swivel and his face and his shirt were the same color. But he said nothing. I didn´t care. I had been up to 2 a.m. drinking and screwing with Betty. I leaned back and closed my eyes. At 7 a.m. Jonstone swiveled again. All the other subs had been assigned jobs or been sent to other stations that needed help.

“That´s all, Chinaski. Nothing for you today.”
He watched my face. Hell, I didn´t care. All I wanted to do was to go to bed and get some sleep.
“O.K Stone,” I said. Among the carriers he was known as “ The Stone ,” but I was the only one who addressed him that way. I walked out, the old car started and soon I was back in bed with Betty.
“Oh, Hank! How nice!”
“Damn right, baby!” I pushed up against her warm tail and was sleep in 45 seconds.

But the next morning it was the same thing: “That´s all, Chinaski. Nothing for you today.” It went on for a week. I sat there each morning from 5 a.m. to 7 a.m. and didn´t get paid. My name was even taken off the night collection run.

Post Office
Charles Bukowski
Black Sparrow Books, 1971

traducida ao galego por Alejandro Tobar e publicada como

Servizo de Correos
Editorial Hugin e Munin

Os propios auxiliares eran os culpables de que Jonstone estivese onde estaba, por obedeceren as súas ordes imposibles. Eu non acababa de comprender como a un home dunha crueldade tan evidente se lle permitía ter un cargo como aquel. Aos fixos aquilo tanto lles tiña e o representante sindical era coma se non existise; isto foi o que me levou a escribir un informe de trinta páxinas aproveitando un dos meus días libres; enviei unha das copias a Jonstone e a outra ao Edifico Federal. Un tipo que traballaba alí díxome que agardase, e carallo se agardei. Agardei unha hora e media. Despois leváronme onda un  homiño de pelo cano cos ollos coma a cinza de cigarro. Nin tan sequera me pediu que sentase. Falou a berros en canto traspasei o limiar da porta.
-Así que é vostede un fillo de puta resabido, eh!
-Sería un detalle que non me insultase, señor!
-Fillo de puta resabido, é vostede un deses fillos de puta con certo vocabulario que goza indo por aí dando leccións!
Axitou os meus papeis diante miña. Berrou:
-          O SEÑOR JONSTONE É UN BO TIPO!
-          Déixese de parvadas. Resulta obvio que se trata dun sádico- dixen.
-          Canto tempo leva vostede traballando para o Servizo de Correos?
-          3 semanas.
-          O SEÑOR JONSTONE LEVA 30 ANOS NO SERVIZO DE CORREOS!
-          Iso que ten que ver?
-          Dixen que O SEÑOR JONSTONE É UN BO TIPO! Coido que aquel pobre home quería liquidarme. Seica durmira co Jonstone…
-          De acordo – dixen -, Jonstone é un bo tipo. Esqueza todo este puto asunto.Marchei e pedín para min o día o seguinte.  Sen paga, por suposto.

Cando ao día seguinte Jonstone me viu aparecer alí ás cinco da maña, fixo virar a súa cadeira e, malia que a súa cara era da mesma cor ca súa camisa, non dixo ren. A min importábame tres carallos. Non me deitara até as dúas da madrugada, estivera bebendo e fodendo con Betty. Recosteime pechando os ollos.
Ás sete da maña fixo virar novamente a súa cadeira. O resto de auxiliares tiñan asignadas tarefas ou foran enviados a outras estafetas para prestar axuda.
-Iso é todo, Chinaski. Hoxe non hai nada para ti. Ollou para min. Que hostias, tanto me tiña. O único que quería era irme deitar e durmir un pouco.
-Moi ben, Pedra – dixen. Entre os carteiros coñecíano como "A Pedra", pero eu era o único que me dirixía a el desa maneira.
Saín, puxen en marcha o meu vello coche e pouco despois volvía  estar de volta no leito, canda Betty.
-Ai, Hank!, que ben!
- Aí falaches! – Arrimeime ao seu cu morno e 45 segundos despois xa estaba durmido.
Pero á maña seguinte, de novo a mesma cantilema.
-Iso é todo, Chinaski. Hoxe non hai nada para ti.
E con estas pasou unha semana. Sentaba alí cada mañá de cinco a sete sen recibir un peso. Mesmo borraran o meu nome do frenético reparto nocturno.