Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Coira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Coira. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de xaneiro de 2014

Carlos Coira Nieto: "As boas traducións permiten que un sistema literario medre"

carlos coira na librería Trama (Lugo)
www.editorialgalaxia.es
na rede
(de balde)

Carlos Coira Nieto (Rábade, 1969) socio ou promotor de proxectos e empresas culturais de diversa índole (Librería Trama, Matapiollos Teatro, TrisTram Editora, …) ten feito, entre outras moitas cousas, unha tradución dos poemas de Emily Dickinson e é nesa faceta na que amablemente responde ás preguntas de ‘laxastraducidas’.

P: No seu caso, por que traduce?

R: Traduzo para poder editar en galego algúns autores que son do meu gusto e que penso que teñen un oco dentro do noso panorama editorial. Chego a tradución dende unha pequena editora.

P: Que formación, relevante para a tradución, ten vostede? Que outros elementos cre que lle farían falta?

R: A formación académica é a de filoloxía inglesa. As eivas no meu caso son moitas posto que non teño ningunha formación específica sobre tradución, aínda que intento compensalo coa lectura de traducións das que aprendo moito.

P: Cales son as súas linguas de traballo? Que ferramentas emprega? Como escolleu o autor ou autora? Con que obra ou obras está vostede a traballar na actualidade?

R: As miñas linguas de traballo son o galego e o inglés. Traballo con programas de tratamento de texto, dicionarios, enciclopedias e páxinas de referencia de tradución.

Para escoller autores fíome moito polo meu gusto persoal e por se creo que algún autor debe ser editado na nosa lingua.

Na actualidade non estou traballando en ningunha tradución.

P: En que está a traballar agora?

R: Agora mesmo non sigo traducindo por falta de tempo e porque a editorial que temos non está nestes momentos sacando novas traducións.

P: Como valora a súa experiencia como tradutor@?

R: A miña experiencia como tradutor foi, sen dúbida boa; non dende un punto de vista económico.

P: Que nos pode dicir sobre as condicións de traballo dunh@ tradutor@ na actualidade? Tamén desde o punto de vista económico.

R: Aínda que agora xa non traduzo supoño que as condicións non mellorarían porque lamentablemente estamos nun momento en que nada do que ten que ver coa cultura vai ben. Dende o punto de vista económico, e referíndome sempre á tradución literaria, que é a que coñezo, supoño que é un momento moi malo pola falta de subvencións á tradución, pola tremenda baixada en edición e pola baixada de vendas de libros.

P: Que tarefas ou proxectos lle gustaría afrontar e inda non fixo? Por que?

R: A tradución ao galego de Tristram Shandy, sen dúbida unha das miñas novelas favoritas e que deu nome á nosa editorial. Tamén me gustaría traducir obras infantís.

P: Que papel deberían cumprir as iniciativas privadas e as públicas en relación á tradución?

R: Deberían ser as que consigan o orzamento e mellorasen as condicións de traballo para que os tradutores traballen nas mellores condicións posibles; tanto as institucións como a empresa editorial.

P: Debería existir un consenso sobre un ‘canon’ de obras a traducir?

R: Creo que polo ben da diversidade a decisión de que traducir ou non debería partir sempre do gusto de editores, tradutores …,

P: Onde radican os problemas da actividade tradutora, de habelos, dentro do panorama cultural en lingua galega?

R: Non creo que sexa un problema especifico da tradución senón de toda a actividade cultural galega que está atravesando un momento moi difícil.

P: Cales son os proxectos galegos que teñen que ver coa tradución que lle parecen máis interesantes?

R: Hai moitos proxectos ben interesantes e para min, como xa comentei antes, hai algúns infantís como os que está facendo ‘patasdepeixe editora’, ou dalgúns autores que me parecen moi bos, como os que están traducindo en ‘Rinoceronte editora’.

P: Que opina sobre os premios de tradución que coñece?

R: Aínda que non sei moito sobre isto os premios sempre on importantes para facer visible algo.

P: Que función podería cumprir a tradución no conxunto do sistema lingüístico (e literario) galego? A súa proxección exterior, por exemplo.

R: Para unha persoa coma min que ven de filoloxía inglesa sempre é importante a tradución para poder compartir autores con xente que non é quen de ler no idioma orixinal; penso que as boas traducións permiten que un sistema literario medre.

P: Tanto no eido das iniciativas públicas coma no das privadas, que pasos deberían darse na actualidade para mellorar a tradución en lingua galega?

R: Para mellorar unha tradución sempre é necesario ter tempo e iso non é de balde. É necesario que a posta económica sexa clara para que os tradutores poidan dedicar o tempo que cada tradución necesita.

xoves, 7 de novembro de 2013

roubeille aos bosques


I robbed the woods
The trusting Woods.
The unsuspecting Trees
Brought out their burs and mosses
My fantasy to please.
I scanned their trinkets curious I grasped – I bore away
What will the solemn Hemlock What will the Oak tree say?

Papa above!
Regard a Mouse
O'erpowered by the Cat! Reserve within the kingdom A «Mansion» for the Rat! .
Snug in seraphic Cupboards To nibble all the day, While unsuspecting Cycles Wheel solemnly away!

To fight aloud, is very brave But ga/lanter, I know
Who charge within the bosom The Cavalry of Woe

Who win, and nations do not see Who fall-and none observe Whose dying eyes, no Country Regards with patriot love

We trust, in plumed procession For such, the Angels go
Rank after Rank, with even feet
And Uniforms of Snow.

Water, is taught by thirst. Land -by the Oceans passed. Transport -by throe Peace -by its battles told Lave, by Memorial Mold Birds, by the Snow.

If I shouldn't be alive When the Robins come, Give the one in Red Cravat, A Memorial crumb.

If I couldn't thank you, Being fast asleep,
You will know I'm trying With my Granite lip!

A slash of Blue
A sweep of Gray
Some scarlet patches on the way, Compose an evening Sky
A little purple -slipped between Some Ruby Trousers hurried on A Wave of Gold
A Bank of Day
This just makes out the Morning Sky.

poema de Emily Dickinson traducido por Carlos Coira

Roubeille ós Bosques
Ós fiados Bosques.
As incautas Árbores
Botan os seus abrollos e carrizas Para pracer da miña fantasía. Escudriñei as súas lilainas curiosa Agarreinas -saqueillas
¿Que vai dicir o solemne Abeto Que vai dicir o Carballo?

¡Pai do ceo!
¡Mira un Rato
Agoniado polo Gato! ¡Reserva no teu reino
Unha «Mansión» para a Rata!
Anicado en seráficos Armarios Rillando o día todo,
Mentres os incautos Ciclos ¡Marchan rodando solemnes!

A auga, apréndese pala sede
A terra -polos Océanos navegados. O éxtase -pala agonía
A paz -palas batallas contadas
O Amor, polo Mofo Conmemorativo .
Os paxaros, pala Neve.

Se non estivese viva
Cando cheguen os Paporrubios, Dálle ó que leva Garabata Vermella, Unha faragulla conmemorativa.
Se non puidese agradecercho, Por estar fondamente durmida, ¡Saberás que o intento
Co meu beizo de Granito!

Unha coitelada de Azul
Un trazo de Gris
Algúns parches escarlata no camiño, Compoñen un Ceo Nocturno
Un pouco de púrpura -solto por aí Algúns Pantalóns Rubí postos ás carreiras Unha Onda de Ouro
Unha Beira do Día
Só con isto se fai o Ceo Matinal.

Loitar en alto, é moi valente Pero máis aguerridos son, ben o sei Os que cargan contra o peito
A Cabalería do Sufrimento

Os que gañan, e as nacións non os ven.
Os que caen, e ninguén os obserba.
Os que con ollos agónicos, ningún país contempal con amor patrio.

Confiamos, en procesións empenachaadas
Pois así, van os Anxos, Fila tras fila, cos pes aliñados.

E uniformes de Neve.