Amosando publicacións coa etiqueta Jane Austen. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jane Austen. Amosar todas as publicacións

domingo, 23 de xuño de 2013

orgullo e prexuízo, contextos

En Orgullo e prexuízo, Jane Austen trata sobre unha realidade común en Inglaterra a principios do século XIX: que as mujeres que non son ricas se teñan que casar con un home que si que o sexa. A súa frase inicial é unha das máis famosas de toda a literatura inglesa: “It is a truth universally acknowledged, that a single man in possession of a good fortune, must be in want of a wife.” (É unha verdade universalmente aceptada, que un home solteiro en posesión dunha boa fortuna debe estar á procura dunha esposa).

A señora Bennet ten cinco fillas entre 15 e 23 anos, ás que busca casar cun home, para que poidan vivir ben. Nesta situación, múdase ao vecindario un mozo que cumpre con esta característica, e que ademais, é que ademais é atractivo, intelixente e amábel, o Sr Bingley, que vai acompañado das súas irmáns e dun amigo chamado Mr Darcy, despectivo e desprezativo co pobo. Compórtase especialmente mal con Elizabeth, unha das fillas da señora Bennet, negándose a bailar con ela, considerándoa dunha clase inferior, ao que ela responde con ironía. Mentres o señor Bingley e a filla maior da señora Bennet, chamada Jane namóranse.

A maioría do pobo da por feito o seu matrimonio, porén, Bingley marcha a Londres, por culpa da influenza de Darcy. Jane viaxa a Londres para buscar a Bingley, pero non atopa noticias sobre el, e descubre que o responsábel é Darcy, que cría que ela non quería realmente a Bingley. Darcy chégase a namorar de Elizabeth e pídelle matrimonio, pero esta rexéitao pola súa actitude, polo orgullo e vaidade e o desprezo constante cara ela e as súa familia, dille que xamais casaría co home que esnaquizou a felicidade de Jane. Mr Collins, primo do home da señora Bennet tamén é rexeitado por Elizabeth, polo que casa coa súa mellor amiga, Charlotte Lucas.

Tras unha visita á vinca de Darcy, Elizabeth cambia un pouco a súa opinión del, xa que se amosa máis amábel, coa súa tía, Mrs Gardiner, e con ela mesma. Este acercamento interrómpese cando outra das irmás, Lydia Bennet, foxe con George Wickham, un cabaleiro que semella moi encantador, pero que realmente é un embaucador, mentireiro e manipulador, que ademais non ten intención de casar con ela, o que pode ser unha deshonra para a familia, se chega a ter un fillo ilexítimo, porén isto non chega a suceder, grazás á intervención de Darcy, que os atopa e obliga a Wickham a casar con Lydia, correndo Darcy cos gastos da boda, e tamén entregándolle a Wickham unha dote. Elisabeth entérase desta intervención de Darcy que salvou a honra da familia, o que a fai cambiar de forma definitiva a maneira en que o vía.


Finalmente o señor Bingley regresa de Londres e proponlle matrimonio a Jane, que acepta. Tamén fan o mesmo Darcy e Elizabeth, aínda que ao principio este matrimonio non foi ben recibido por Lady Catherine, tía de Bingley, finalmente aceptouno.

mércores, 29 de maio de 2013

orgullo e prexuízo

 In consequence of an agreement between the sisters, Elizabeth wrote the next morning to their mother, to beg that the carriage might be sent for them in the course of the day. But Mrs. Bennet, who had calculated on her daughters remaining at Netherfield till the following Tuesday, which would exactly finish Jane's week, could not bring herself to receive them with pleasure before. Her answer, therefore, was not propitious, at least not to Elizabeth's wishes, for she was impatient to get home. Mrs. Bennet sent them word that they could not possibly have the carriage before Tuesday; and in her postscript it was added, that if Mr. Bingley and his sister pressed them to stay longer, she could spare them very well. Against staying longer, however, Elizabeth was positively resolved—nor did she much expect it would be asked; and fearful, on the contrary, as being considered as intruding themselves needlessly long, she urged Jane to borrow Mr. Bingley's carriage immediately, and at length it was settled that their original design of leaving Netherfield that morning should be mentioned, and the request made.

The communication excited many professions of concern; and enough was said of wishing them to stay at least till the following day to work on Jane; and till the morrow their going was deferred. Miss Bingley was then sorry that she had proposed the delay, for her jealousy and dislike of one sister much exceeded her affection for the other.

The master of the house heard with real sorrow that they were to go so soon, and repeatedly tried to persuade Miss Bennet that it would not be safe for her—that she was not enough recovered; but Jane was firm where she felt herself to be right.

To Mr. Darcy it was welcome intelligence—Elizabeth had been at Netherfield long enough. She attracted him more than he liked—and Miss Bingley was uncivil to her, and more teasing than usual to himself. He wisely resolved to be particularly careful that no sign of admiration should now escape him, nothing that could elevate her with the hope of influencing his felicity; sensible that if such an idea had been suggested, his behaviour during the last day must have material weight in confirming or crushing it. Steady to his purpose, he scarcely spoke ten words to her through the whole of Saturday, and though they were at one time left by themselves for half-an-hour, he adhered most conscientiously to his book, and would not even look at her.

On Sunday, after morning service, the separation, so agreeable to almost all, took place. Miss Bingley's civility to Elizabeth increased at last very rapidly, as well as her affection for Jane; and when they parted, after assuring the latter of the pleasure it would always give her to see her either at Longbourn or Netherfield, and embracing her most tenderly, she even shook hands with the former. Elizabeth took leave of the whole party in the liveliest of spirits.

They were not welcomed home very cordially by their mother. Mrs. Bennet wondered at their coming, and thought them very wrong to give so much trouble, and was sure Jane would have caught cold again. But their father, though very laconic in his expressions of pleasure, was really glad to see them; he had felt their importance in the family circle. The evening conversation, when they were all assembled, had lost much of its animation, and almost all its sense by the absence of Jane and Elizabeth.

They found Mary, as usual, deep in the study of thorough-bass and human nature; and had some extracts to admire, and some new observations of threadbare morality to listen to. Catherine and Lydia had information for them of a different sort. Much had been done and much had been said in the regiment since the preceding Wednesday; several of the officers had dined lately with their uncle, a private had been flogged, and it had actually been hinted that Colonel Forster was going to be married.

Pride and Prejudice
Jane Austen
Reino Unido, T. Egerton, Whitehall, 1813

traducido ao galego por José Díaz Lage

e publicado como
Orgullo e prexuízo
Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións, 2005


Como consecuencia dun acordo entre as irmás, Elizabeth escribiulle á mañá seguinte á súa nai para rogarlle que nalgún momento do día enviasen a carruaxe; máis a señora Bennet calculara que as súas fillas quedasen en Netherfield ata o seguinte martes, que faría unha semana para Jane, e non estaba preparada para recibilas de bo grado antes desa data. Polo tanto, a súa resposta non foi propicia, polo menos para os desexos de Elizabeth, que devecía por chegar á casa: a señora Bennet mandoulles recado de que antes do martes non poderían dispoñer da carruaxe, e engadía nunha posdata que se o señor Bingley e a súa irmá insistían en que quedasen máis tempo, ela podía pasar moi ben sen elas. Porén, Elizabeth estaba decidida a non quedar máis tempo, aínda que non esperaba que llo pedisen; e como, pola contra tiña medo de que considerasen que ficaban demasiado, pediulle a Jane que tomasen de inmediato a carruaxe do señor Bingley. Ao cabo acordaron que cumpría mencionar o seu plan de deixar Netherfield esa mañá e facer a petición. A noticia que produciu moitas mostras de preocupación, e tanto se falou de que quedasen polo menos un día máis que tivo efecto sobre Jane, e a súa partida foi adiada ata a mañá seguinte. A señorita Bingley arrepentiuse entón de ter proposto o atraso, pois os seus celos e fastío dunha irmá excedían con moito o seu afecto pola outra.

O señor da casa escoitou con verdadeira mágoa que ían partir pronto, e tentou repetidamente convencer á señorita Bennet de que non era seguro para ela e de que non estaba recuperada de abondo; máis Jane era firme cando sabía que tiña razón. O señor Darcy recibiu esa información con agrado: Elizabeth xa estivera tempo bastante en Netherfield. Atraíao máis do que a el lle gustaría, e a señorita Bingley era descortés con ela e máis brincadora do habitual con el. Decidiu sabiamente ter máis coidado de que se lle escapara ningún signo de admiración, nada que puidese darlle a ela a impresión de influír no seu benestar, ao decatarse de que, se esa idea se manifestase, o seu comportamento durante o derradeiro día tería un peso crucial á hora de confirmala ou suprimila. Con este fin, apenas lle dirixiu dez palabras en todo o sábado e, malia estar sós os dous durante media hora, centrouse con determinación no seu libro e nin sequera a mirou.

O domingo, tras o servizo, tivo lugar a separación, tan agradábel para case todos: a cortesía da, señorita Bingley con Elizabeth incrementouse moi rápido no último momento, así como o seu afecto por Jane; cando se separaron, tras insistirlle esta última no pracer que lle daría vela, ben en Longbourn, ben en Netherfield, e abrazala con agarimo, mesmo lle deu a man á primeira. Elizabeth deixou todo o grupo do mellor dos humores.

Ao chegar á casa non foron moi ben recibidas pola súa nai: a señora Bennet sorprendeuse do seu regreso, díxolles que estaba moi mal que desen tantos problemas e que estaba segura de que Jane collera frío outra vez. Pero o seu pai, aínda que moi lacónico na expresión da súa delicia, estaba verdadeiramente contento de velas. Notara a súa importancia no círculo familiar: a conversación das veladas, cando estaban todos xuntos, perdera moita da súa animación e case todo o seu sentido na ausencia de Jane e Elizabeth.

Atoparon a Mary, como era habitual embebida no estudo da harmonía e da natureza humana; tiña algúns novos extractos para que admirasen e algunhas novas observacións de moralidade de saldo para que escoitasen. Catherine e Lydia tiñan outro tipo de información para elas: no rexemento dixérase e fixérase moito dende o martes anterior; algúns oficiais xantaran co seu tío, un soldado fora azoutado e insinuábase que o coronel Foster ía casar.