Amosando publicacións coa etiqueta Joseph Conrad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Joseph Conrad. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de xuño de 2013

corazón de escuridade, resumo

Corazón da escuridade é unha historia que se centra arredor  de Marlow, un mariñeiro que acepta un emprego como capitán de barco nunha compañía belga que traballa en África, concretamente no Congo. A compañía dedícase á explotación de marfil
Marlow chega á Estación Central de compañía, e alí observa en primeira persoa os crueis tratos que os nativos reciben na explotación, sendo obrigados a traballar como escravos do día á noite. Marlow fai amizade co xefe da compañía e con frecuencia pasa os ratos na súa cabana mentres o xefe realiza as contas do negocio. Despois de pasar dez días con el, Marlow parte para a súa viaxe de duascentas millas cara o interior o Congo, onde traballará para un home chamado Kurtz.

Marlow viaxa no barco vendo vivendas deshabitadas e escravos todos os días ata que chega a unha estación secundaria. Alí atópase co director, quen supervisará o seu traballo.

Despois diso, o navío no que Marlow quere zarpar está roto e mentres agarda polas pezas necesarias para a súa reparación, pasa o tempo en pequenas tarefas. Á xente óeselle falar de Kurtz o seu xefe futuro e de rumores sobre que este personaxe está enfermo. Marlow parte para a estación na que está Kurtz. O tío do director chega ao barco xunto co seu grupo de expedicionistas. Marlow escóitalles dicir que lles gustaría ver a Kurtz e ao seu asistente aforcados, para así eliminar a competencia. Máis tarde, cando só faltaban uns oito quilómetros para chegar á estación, deciden parar durante a noite. Algúns dos expedicionistas baixan á terra a investigar porque ademais do que tiveron falado sobre Kurtz, sospeitan que este podería estar morto. En terra, son atacados con frechas e cando volven ao barco á procura de rifles para defenderse, atópanse que o timonel estaba morto a carón do barco. Este feito crea en Marlow unha sensación de inquietude e de ganas por coñecer dunha vez por todas a Kurtz, xa que para el os rumores sobre a súa morte son falsos. O buque continúa cara ao seu destino despois do ataque e máis adiante atópanse na beira  do río un home que afirma terse perdido. Di que Kurtz está vivo, pero adoecido. Tamén di que Kurtz non se quere marchar porque pretende facerse parte da tribo que explota.

Marlow chega á estación e ve a Kurtz, que efectivamente está vivo pero enfermo. Fala con el e establecen unha forte relación de confianza. Finalmente conseguen que Kurtz se marche da estación e suba a bordo onde posteriormente morrerá.

Marlow volta a Inglaterra e lembra ao seu compañeiro Kurtz con tristeza. Kurtz déralle antes de morrer unha foto da súa noiva a Marlow, quen se poñerá a buscar a muller da foto ata que a atopa e lle conta o sucedido. Marlow dille, aínda que mentindo, que a última palabra que pronunciara o seu marido antes de morrer fora o seu nome.

Así conclúe esta obra mestra de Conrad, que foi na súa época  un verdadeiro tratado de denuncia das inxustizas sociais que sufrían certos colectivos da época.

luns, 17 de xuño de 2013

corazón da escuridade

www.fdungan.com
"I shook hands with this miracle, and I learned he was the Company's chief accountant, and that all the bookkeeping was done at this station. He had come out for a moment, he said, 'to get a breath of fresh air.' The expression sounded wonderfully odd, with its suggestion of sedentary desk-life. I wouldn't have mentioned the fellow to you at all, only it was from his lips that I first heard the name of the man who is so indissolubly connected with the memories of that time. Moreover, I respected the fellow. Yes; I respected his collars, his vast cuffs, his brushed hair. His appearance was certainly that of a hairdresser's dummy; but in the great demoralization of the land he kept up his appearance. That's backbone. His starched collars and got-up shirt-fronts were achievements of character. He had been out nearly three years; and, later on, I could not help asking him how he managed to sport such linen. He had just the faintest blush, and said modestly, 'I've been teaching one of the native women about the station. It was difficult. She had a distaste for the work.' This man had verily accomplished something. And he was devoted to his books, which were in apple-pie order.

"Everything else in the station was in a muddle,—heads, things, buildings. Strings of dusty niggers with splay feet arrived and departed; a stream of manufactured goods, rubbishy cottons, beads, and brass-wire set into the depths of darkness, and in return came a precious trickle of ivory.

"I had to wait in the station for ten days—an eternity. I lived in a hut in the yard, but to be out of the chaos I would sometimes get into the accountant's office. It was built of horizontal planks, and so badly put together that, as he bent over his high desk, he was barred from neck to heels with narrow strips of sunlight. There was no need to open the big shutter to see. It was hot there too; big flies buzzed fiendishly, and did not sting, but stabbed. I sat generally on the floor, while, of faultless appearance (and even slightly scented), perching on a high stool, he wrote, he wrote. Sometimes he stood up for exercise. When a truckle-bed with a sick man (some invalided agent from up-country) was put in there, he exhibited a gentle annoyance. 'The groans of this sick person,' he said, distract my attention. And without that it is extremely difficult to guard against clerical errors in this climate.'

"One day he remarked, without lifting his head, 'In the interior you will no doubt meet Mr. Kurtz.' On my asking who Mr. Kurtz was, he said he was a first-class agent; and seeing my disappointment at this information, he added slowly, laying down his pen, 'He is a very remarkable person.' Further questions elicited from him that Mr. Kurtz was at present in charge of a trading post, a very important one, in the true ivory-country, at 'the very bottom of there. Sends in as much ivory as all the others put together. . . .' He began to write again. The sick man was too ill to groan. The flies buzzed in a great peace.


 Heart of darkness
Joseph Conrad
publicado orixinalmente na revista Blackwoods magazine en 1899 e
publicado como libro por Sun Dial en 1902

e posteriormente  traducido ao galego como
 Corazón da escuridade
 por Manuel Outeiriño
Edicións positivas, 1997

www.edicionspositivas.com
Deille a man ó milagre aquel e souben que era o intendente xeral da compañía e que toda a contabilidade se facía na estación. Saíra un intre, dixo, « por respirar un pouco de aire fresco». A súa expresión soaba marabillosamente estraña, pola súa suxerencia de vida sedentaria de oficina. A este tipo nin volo mencionaría, de non ser porque dos seus labios escoitei o nome do home que está para min tan indisolublemente unido ás lembranzas daqueles tempos. Amais, respectaba a ese tipo. Respectábao, si. Respectaba os seus colares, os seus puños inmensos, o seu pelo cepillado. Abofé que o seu aspecto era o dun manequín de perruquería, pero en medio da desmoralización do país el mantiña a apariencia.Iso é ter costas. Os seus colares almidonados e as súas pecheiras tesas eran signos de carácter. Levaba alí case tres anos e, máis adiante, non me dei contido para non lle preguntar como se arranxaba para lucir aquela roupa branca. Arrubiou, só o mínimo, e dixo con modestia:« Ensineille a unha das nativas dos arredores da estación. Foi difícil. Disgustáballe face-lo traballo». Logo este home acadara verdadeiramente algo. E vivía dedicado aos seus libros, que estaban en perfecta orde.

“Todo o resto da estación estaba ensarillado –cabezas,cousas,edificios. Chegaban e volvían marchar cordas de negros poeirentos cos pés desfeitos, unha chea de obxectos manufacturados, refugallos de algodón, doas e arames de latón pechábanse na escuridade e, a cambio, chegaba un precioso pingoteo de marfil.

“Tiven que esperar na estación dez días –unha eternidade-. Vivía nunha cabana dentro do cercado, mais para saír do caos ía por veces á oficina do intendente. Estaba feita de táboas horizontais, pero tan mal xuntas que cando se inclinaba sobre o escritorio cruzábano do pescozo ós calcaños tiras estreitas de sol. Para ver non cumpría abri-la grande contraventá. Alí tamén ía calor, zoaban coma o demo moscas grandes e non picaban, acoitelaban. Eu adoitaba sentar no chan mentres, con aspecto impecable (e mesmo suavemente perfumado), el escribía e volvía escribir empoleirado nun tallo alto. Ás veces levantábase por facer exercicio. Cando lle meteron alí un catre cun doente (algún axente inválido que traballaba máis arriba) amosou certa discreta contrariedade. « Os laios deste enfermo », dixo, « distráenme. E sen atención élle estremadamente difícil evita-los erros propios dos oficinistas neste clima».

“Un día comentoume, sen ergue-la cabeza: « No interior ha atopar ó señor Kurtz, sen dúbida ». Ó preguntarlle quen era Mr. Kurtz, díxome que era un axente de primeira e, vendo a miña decepción por tal información, engadiu de vagar, deixando descansa-la pluma: « Élle unha persoa extraordinaria ». Con preguntas posteriores saqueille que Mr. Kurtz estaba naquel momento a cargo dun posto de comercio, dun moi importante, na verdadeira zona do marfil,     « alí, no mesmo fondo.Manda tanto marfil coma tódolos outros xuntos...» Volveu empezar escribir. O enfermo estaba adoecido de máis para laiarse. As moscas zoaban nunha grande paz.

xoves, 6 de xuño de 2013

o corazón do negror, resumo

A novela céntrase nun mariñeiro chamado Marlow, o cal narra unha travesía que realizou anos atrás polo río Congo, en busca de Kurtz, o xefe dunha explotación de marfil, e que ao longo da novela adquire un carácter simbólico e ambiguo.

Os dous primeiros terzos da novela narran a viaxe de Marlow dende Londres a África, e remontando o río Congo, ata alcanzar a base de recolección de marfil na que se encontra un empregado da empresa belga que o contratou. Ese empregado, chamado Kurtz, tivo un enorme éxito no tráfico de marfil, pero iso granxeoulle a envexa doutros colegas. Marlow intúe que Kurtz rompeu con todos os límites da vida social tal e como se coñece en Europa, o que lle repele e atrae ao mesmo tempo.
No camiño, Marlow será testemuña da situación extrema en que viven os colonos europeos, a súa brutalidade cara aos nativos africanos, e deberá superar todo tipo de obstáculos -atrasos, enfermidades, ataques de indíxenas, ...- ata alcanzar o seu destino. Cando finalmente se encontra con Kurtz, cuxa imaxe foi agrandándose e mitificándose durante o proceso, descobre que se trata dun personaxe misterioso, ao que os nativos idolatran coma se fose un deus, pero que parece ter caído nunha loucura bestial. Como legado deixa un panfleto no que detalla como civilizar os nativos, e que inclúe unha anotación brutal: " Exterminade a todas esas bestas!". Marlow e os seus compañeiros de viaxe logran cargar a Kurtz, xa gravemente enfermo, no pequeno barco de vapor que debe sacalo da selva, pero este morre no traxecto, pronunciando ante Marlow as súas últimas e enigmáticas palabras: «O horror! O horror!». A viaxe de Marlow ao corazón do continente africano transfórmase así nun descenso aos infernos, pero tamén nunha crítica ao imperialismo occidental e unha investigación acerca da loucura.

o corazón do negror

The Nellie, a cruising yawl, swung to her anchor without a flutter of the sails, and was at rest. The flood had made, the wind was nearly calm, and being bound down the river, the only thing for it was to come to and wait for the turn of the tide.

The sea-reach of the Thames stretched before us like the beginning of an interminable waterway. In the offing the sea and the sky were welded together without a joint, and in the luminous space the tanned sails of the barges drifting up with the tide seemed to stand still in red clusters of canvas sharply peaked, with gleams of varnished sprits. A haze rested on the low shores that ran out to sea in vanishing flatness. The air was dark above Gravesend, and farther back still seemed condensed into a mournful gloom, brooding motionless over the biggest, and the greatest, town on earth.


The Director of Companies was our captain and our host. We four affectionately watched his back as he stood in the bows looking to seaward. On the whole river there was nothing that looked half so nautical. He resembled a pilot, which to a seaman is trustworthiness personified. It was difficult to realize his work was not out there in the luminous estuary, but behind him, within the brooding gloom.

Between us there was, as I have already said somewhere, the bond of the sea. Besides holding our hearts together through long periods of separation, it had the effect of making us tolerant of each other’s yarns—and even convictions. The Lawyer—the best of old fellows—had, because of his many years and many virtues, the only cushion on deck, The Accountant and was lying on the only rug. The Accountant had brought out already a box of dominoes, and was toying architecturally with the bones. Marlow sat cross-legged right aft, leaning against the mizzen-mast. He had sunken cheeks, a yellow complexion, a straight back, an ascetic aspect, and, with his arms dropped, the palms of hands outwards, resembled an idol. The director, satisfied the anchor had good hold, made his way aft and sat down amongst us. We exchanged a few words lazily. Afterwards there was silence on board the yacht. For some reason or other we did not begin that game of dominoes. We felt meditative, and fit for nothing but placid staring. The day was ending in a serenity of still and exquisite brilliance. The water shone pacifically; the sky, without a speck, was a benign immensity of unstained light; the very mist on the Essex marsh was like a gauzy and radiant fabric, hung from the wooded rises inland, and draping the low shores in diaphanous folds. Only the gloom to the west, brooding over the upper reaches, became more sombre every minute, as if angered by the approach of the sun.

And at last, in its curved and imperceptible fall, the sun sank low, and from glowing white changed to a dull red without rays and without heat, as if about to go out suddenly, stricken to death by the touch of that gloom brooding over a crowd of men.

Heart of darkness
Joseph Conrad
(1899)

traducido por Eva Almazán
O corazón do negror
Faktoría K (Vigo, 009)

A Nellie, unha iola de cruceiro, borneou sobre a áncora sen o menor tremor das velas e quedouse. A marea abalara, o único que podía facer era seguir onde estaba e agardar polo devalo.


A foz do Támesis abríase ante nós tal que o principio dun canal interminable. No horizonte o mar e o ceo soldábanse sen xuntura, e no espazo luminoso as velas bronceadas das gabarras movidas pola marea parecía conformar encarnados acios inmóbiles de lonas agudas, con escintileos de espichas vernizadas. Unha bruma pousábase nas marxes baixas que escapaban cara ao mar en planura fuxidía. O aire era escuro por riba de Gravesend, e aínda máis atrás parecía condensado nunha penumbra melancólica que pendía, inmóbil, sobre a cidade máis grande, e máis grandiosa, do mundo.

O director de tripulacións éranos capitán e anfitrión. Os catro contemplabamos con afecto o seu lombo mentres el perdía a vista no mar, de pé na proa. Nada daba en todo o río para a metade de estampa náutica ca el. Parecía un práctico, que para home de mar é a confianza personificada. Custaba comprender que o seu facer non se desenvolvía no esteiro luminoso, senón ás súas costas, dentro da penumbra que sobre alí pendía.

Entre nós tendíase, como xa contei nalgures, o vencello do mar. Amais de manter ligados os nosos corazóns durante as separacións longas, obraba que tolerásemos os contos –e mesmo as conviccións- dos outros. O avogado, o mellor dos vellos compañeiros, gozaba, en razón dos seus moitos anos e das súas moitas virtudes, do único farrapo. O contable xa sacara un xogo de dominó e enredaba arquitectonicamente cos ósos. Marlow estaba sentado na popa, coas pernas cruzadas, apoiado contra o mastro de mesana. Tiña as fazulas afundidas, a cute amarelecida, o lombo dereito, a fasquía ascética, e cos brazos caídos, as palmas das mans por fóra, parecía un ídolo. O director verificou que a áncora enganchara ben, dirixiuse á popa e sentou canda nós. Intercambiamos un par de palabras preguizosas. Despois fíxose o silencio a bordo do veleiro. Por un ou outro motivo non emprendemos a partida de dominó. Sentiámonos meditabundos e sen ánimo para nada que non fose a plácida contemplación. O día acababa nunha serenidade de brillantez queda e exquisita. A auga refulxía pacífica, o ceo sen mácula era unha inmensidade benigna de luz impoluta, a mesma néboa da marisma essexiana semellaba unha tea vaporosa e radiante, colgada das elevacións boscosas do interior para pregarse nas beiras baixas en dobras diáfanas. Só a penumbra que no poñente se pousaba sobre os treitos máis altos sombreaba por momentos, coma se a enfurecese a aproximación do sol.

E por fin, no seu descenso curvo e imperceptible, púxose o sol, e de refulxente branco pasou a un vermello mate sen raios nin calor, coma se estivese a piques de se apagar de repente, aniquilado polo contacto con aquela penumbra que pendía sobre unha aglomeración de homes.