martes, 18 de xuño de 2013

corazón de escuridade, resumo

Corazón da escuridade é unha historia que se centra arredor  de Marlow, un mariñeiro que acepta un emprego como capitán de barco nunha compañía belga que traballa en África, concretamente no Congo. A compañía dedícase á explotación de marfil
Marlow chega á Estación Central de compañía, e alí observa en primeira persoa os crueis tratos que os nativos reciben na explotación, sendo obrigados a traballar como escravos do día á noite. Marlow fai amizade co xefe da compañía e con frecuencia pasa os ratos na súa cabana mentres o xefe realiza as contas do negocio. Despois de pasar dez días con el, Marlow parte para a súa viaxe de duascentas millas cara o interior o Congo, onde traballará para un home chamado Kurtz.

Marlow viaxa no barco vendo vivendas deshabitadas e escravos todos os días ata que chega a unha estación secundaria. Alí atópase co director, quen supervisará o seu traballo.

Despois diso, o navío no que Marlow quere zarpar está roto e mentres agarda polas pezas necesarias para a súa reparación, pasa o tempo en pequenas tarefas. Á xente óeselle falar de Kurtz o seu xefe futuro e de rumores sobre que este personaxe está enfermo. Marlow parte para a estación na que está Kurtz. O tío do director chega ao barco xunto co seu grupo de expedicionistas. Marlow escóitalles dicir que lles gustaría ver a Kurtz e ao seu asistente aforcados, para así eliminar a competencia. Máis tarde, cando só faltaban uns oito quilómetros para chegar á estación, deciden parar durante a noite. Algúns dos expedicionistas baixan á terra a investigar porque ademais do que tiveron falado sobre Kurtz, sospeitan que este podería estar morto. En terra, son atacados con frechas e cando volven ao barco á procura de rifles para defenderse, atópanse que o timonel estaba morto a carón do barco. Este feito crea en Marlow unha sensación de inquietude e de ganas por coñecer dunha vez por todas a Kurtz, xa que para el os rumores sobre a súa morte son falsos. O buque continúa cara ao seu destino despois do ataque e máis adiante atópanse na beira  do río un home que afirma terse perdido. Di que Kurtz está vivo, pero adoecido. Tamén di que Kurtz non se quere marchar porque pretende facerse parte da tribo que explota.

Marlow chega á estación e ve a Kurtz, que efectivamente está vivo pero enfermo. Fala con el e establecen unha forte relación de confianza. Finalmente conseguen que Kurtz se marche da estación e suba a bordo onde posteriormente morrerá.

Marlow volta a Inglaterra e lembra ao seu compañeiro Kurtz con tristeza. Kurtz déralle antes de morrer unha foto da súa noiva a Marlow, quen se poñerá a buscar a muller da foto ata que a atopa e lle conta o sucedido. Marlow dille, aínda que mentindo, que a última palabra que pronunciara o seu marido antes de morrer fora o seu nome.

Así conclúe esta obra mestra de Conrad, que foi na súa época  un verdadeiro tratado de denuncia das inxustizas sociais que sufrían certos colectivos da época.

Ningún comentario:

Publicar un comentario