Amosando publicacións coa etiqueta coleccións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coleccións. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de marzo de 2014

'curiosas' traducións de títulos de pelis

se viaxades pódevos pasar que vos poñades a falar cun estranxeiro dunha peli e non saibades de que película se trata ata que comentades o título; a culpa é dos que traducen as pelis

en todo caso hai que recoñecer que é un labor complexo, o título dunha peli é moi visible e os erros magnifícanse. Ademais, tamén inflúen estratexias publicitarias; inda así, que pode explicar estes ‘resultados’ dun xeito coherente?


1. GREASE
en Latinoamérica – Vaselina
picantón?


2. FREE WILLY
en China – Unha balea moi poderosa corre cara ao ceo
a idiosincrasia chinesa?


3. PINEAPPLE EXPRESS
en España – Superfumados


4. THERE'S SOMETHING ABOUT MARY
en Tailandia – Meu amor verdadeiro soportará calquera situación indignante


5. ALIEN
en Hungría – O octavo pasaxeiro é a morte


6. LEAVING LAS VEGAS
en Xapón – Estou borracho e ti es unha puta


7. SIXTH SENSE
en China – Vaia pantasma


8. LOST IN TRANSLATION
en Latinoamérica – Perdido en Tokio




9. HAROLD & KUMAR GO TO WHITE CASTLE
en España – Dous ‘colgaos’ moi ‘fumaos’


0. GEORGE OF THE JUNGLE
en China – O gran home mono idiota van dándose nos c****** nas árbores

deturpado de aquí