Amosando publicacións coa etiqueta John Berger. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta John Berger. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de xuño de 2013

porca terra, resumo

www.themanbookerprize.com
nota do tradutor

Pig Earth (Porca Terra) é o volume da xa moi célebre triloxía Into Theirs Labours (Do seu labor). Os outros dous volumes que a conforman son Once in Europa  (Outrora en Europa) e Lilac and flag (Lilac e Flag). Porca terra é o primeiro libro de John Berger que se traduce ó galego.

No tocante ó texto orixinal, seguimos a edición de petopublicada por Bloomsbury Publishing, aínda que, por expreso desexo do autor, vovemos a transforma-la "Introdución" desa edición no "Epílogo histórico" que xa fora nun principio.

Como axiña se decatará o/a lector/a, esta versión de Porca terra tenta reproducir, ata certo punto, a fala dos labregos do interior oriental de Galiza. Esta decisión, que se cadra estrañará a alguén, tomámola por trs motivos. Primeiro, porque o propio John Berger, malia escribir directamente en inglés, alude cadora no seu libro ó patois ou dialecto rexional dos labregos da Alta Savoia cos que convive dende 1962-ás veces mesmo empregando termos que nin sequera figuran nos dicionarios "académicos" franceses-. É máis: istes "contos labregos" están narrados, case que sempre, por un diles, cousa que esta versión galega evidencia aínda máis, se cadra. Segundo, porque cremos que o uso desta fala non só non resta credibilidade a estas historias e a istes poemas, senón que, ben ó contrario, reforza as abraiantes semellanzas existentes, a tódolos niveis, entre os labregos galos e galegos. E terceiro, porque coidamos que era moito mellor que polo menos unha parte dos labregos da Galiza sentise eiquí unha fala na que puidese recoñecerse que empregar outra "neutra" coa que ningún diles puidese identificarse.
análise da obra

Que é Porca terra? 
É un ensaio sobre o papel económico dos campesiños ao longo da historia visto dende unha perspectiva marxista. Tamén é unha colección de contos xunto con varios poemas e unha serie de debuxos. É unha descrición da vida dos labregos franceses escrita en (1979) trata como a súa forma de vida chega ao seu fin.

Que encerra Porca terra?
Esta obra trata a experiencia e a perspectiva dos labregos, é bastante rebolucionario en canto que plantéxaos coma unha especie de grupo que so pode presenciar a historia. Berger emprega diferentes formas ( o ensaio, a poesía, os contos, os debuxos) para levar a cabo a propia voz do labrego.
O ensaio e moi importante, establece o escenario e explica cómo e por qué o pensamento dos labregos é diferente do do resto das clases. Esto explica por qué o pensamento dos labregos " non é o dos burgueses ou o dos comerciantes".

Plantexa a situación de explotación que padece este grupo, segundo a seguinte análise: na maioría das sociedades o estado extrae un excedente dos labregos co fin de alimentar aos señoríos , pobos e cidades sin que necesariamente, o cantidade nomeada excedente o sexa realmente. dito doutro xeito, o Estado adquire o que necesita, e o que necesita considérao superhávit aínda se eso na realidade está deixando aos labregos sen recursos suficientes para sobrevivir.

Esto forma a percepción dos labregos do tempo e da xustiza. a súa meta é a supervivencia, pero vese obstaculizada pola extracción dun superhavit irreal imposto dende o exterior.

O ensaio axuda ao lector a comprender os aspectos socioeconómicos máis amplios que forman o mundo dos campesinos. O resto do libro explora ese mundo. Tamén explora como ese mundo está chegando ao seu fin, como a industrialización e a urbanización desprazan lentamente ao labrego cara fora e as fai innecesarias. Despois de literalmente miles de anos sufrindo a estracción dun excedente a meudo ficticio, o labrego comeza a convertirse en superhávit.

Berger plantexa todos estes conceptos dun xeito moi preciso, e con unha economía da linguaxe que fai identificar ao lector coa trama.

Chama a atención que a maioría das persoas sexan vellos, a miudo sobre os setenta anos de idade, plantexa desta maneira o fin deste grupo xa que, os mozos emigrarón ás cidade buscando traballo e solo se achegan ao campo de visita.

A temática da obra vai sufrindo unha metamorfose, ao principio as historias describen a vida típica da granxa, posteriormente avanzan cara aos impostos e a chegada da maquinaria, e no último trío de historias expon a importancia adquirida polo diñeiro na economía labrega para a cal era algo sen valor.

xoves, 20 de xuño de 2013

porca terra

"The earth shows up those of value and those who are good for nothing." A peasant judgement quoted by Jean Pierre Vernant in Mythe et Pensée Chez les Grecs (vol. 2, Paris 1971)

"The peasantry consists of small agricultural producers who with the help of simple equipement and the labour of their families produce mainly for their on consuption and for the fulfillment of obligations to the holders of political and economic power." Theodor Shanin in Peasants and Peasant Societies. (London, 1976)

PEASANT LIFE is a life commited completely to survival. Perhaps this is the only characteristic fully shared by peasants everywhere. Their implements, their crops, their earth, their masters may be different. But whether they labour within a capitalist society, a feudal one or others which can not be so easily defined, whether they grow rice in Java, wheat in Scandinavia or maize in South America, whatever the differences of climate, religion and social history, the peasantry everywhere can be defined as a class of survivors. For a century and a half now the tenacious ability of peasants to survivors has confounded administrators and theorists. Today it can still be said that the majority in the world are peasants. Yet this fact masks a more significant one. For the first time ever it is possible that the class of survivors may not survive. Within a century there may be no more pesants. In Western Europe, if the plans work out as the economic planners have foreseen, there will be no more peasants within twenty-five years.

Until recently, the peasant economy was always an economy within an economy. This is what has enabled it to survive global transformations of the larger economy -feudal, capitalist, even socialist. With these trasformations the peasant's mode of struggle for survival often altered but the decisive changes were wrought in the methods used for extracting a surplus from him: compulsory labour services, tithes, rents, taxes, sharecropping, interests on loands, production norms, etc.

Unlike any other working and exploited class, the peasantry has always supported itself and this made it, to some degree, a class apart. In so far as it produced the necesary surplus, it was integrated into the historical economic-cultural system. In so far as it supported itself, it was on the frontier of that system. And I think one can say this, even where and when peasants make up the majority of the population.

If one thinks of the hierarchical structure of feudal or Asian societies as being roughly pyramidal, the peasantry were on the base frontier of the triangle. This meant, as with all frontier populations, that the political and social system offered them the minimun of protection. For this they had to look to themselves -within the village community and the extended family. They maintained or developed their own unwritten laws and codes of behaviour, their own rituals and beliefs, their own orally transmitted body of wisdom and knowledge, their own medicine, their own techniques and sometimes their own language. It would be wrong to suppose that all this constituted an independent culture, unaffected by the dominant one and by its economic, social or technical developments.

Pig Earth
John Berger
primeira edición: Writers and Readers, London (1979) & edición para esta tradución: Bloonsbury, London (1999)

 traductor: Xoán Abeleira

Porca terra
Rinoceronte Editora SL (2007)

A terra amosa quen serven pra algo e quen non serven para nada.
Opinión dun labrego citada por  Jean Pierre Vernant en Mythe et Pen
sée chez les Grecs (vol.2, Paris, 1971)

  Os labregos son pequenos produtores agrícolas que, coa axuda duns sinxelos aveños e o labor das súas familias, producen principalmente para o seu propio consumo e para cumpri-las súas obrigas con aquiles que deteñen o poder político e económico.
THEODOR SHANIN, Peasants and peasant societies, Londres, 1976

A vida labrega é unha vida dedicada enteiramente á supervivencia. Se cadra, esa é a única característica que comparten plenamente os labregos de todo o mundo. Os seus aveños, as súas colleitas, a súa terra, os seus amos poden ser diferentes, mais, ora traballen nunha sociedade capitalista, feudal ou calquera outra difícil de definir, ora colleiten arroz en Xava, trigo en Escandinavia ou millo en Latinoamérica, por moi distintos que sexan os seus climas, as súas relixions e as súas historias sociais, os labregos  de todo o mundo poden ser definidos como unha clase de superviventes. Durante o último século e medio, a teimosa habelencia dos labregos para sobreviviren confundiu os administradores e os teóricos. Aínda arestora pode dicirse que a maioría dos habitantes do planeta son labregos. Mais este feito enmascara outro mais significativo, xa que, por vez primeira na hisoria, é posible que a clase dos superviventes non sobreviva.
Quizais dentro dun século xa non existan os labregos. Se os plans se cumpren tal e como os economistas previron, dentro de vinte e cinco anos xa non haberá labregos na Europa Occidental.

Ata hai moi pouco tempo, a economía labrega era unha economía dentro doutra economía. Por iso puido sobrevivir ás transformacións globais desoutra economía maior -feudal, capitalista e mesmo socialista-. Esas transformacións alteraron con frecuencia o modelo de loita pola supervivencia do campesiñado, mais os cambios decisivos déronse nos métodos empregados para quitarlle unha parte do seu: servizos laborais obrigatorios, décimos eclesiásticos, rendas, trabucos, parcerías, xuros sobre os préstamos, normas de producción, etc.

A diferenza de calquera outra clase traballadora e explotada, a labrega sempre se sustentou a si mesma, o cal a converteu, ata certo punto, nunha clase á parte. Na medida en que producía o excedente necesario, a clase labrega integrábase no sistema económico  e cultural dese momento histórico. Na medida en que se sustentaba a si mesma achábase sempre na fronteira dese sistema. E eu coido que se pode afirmar isto mesmo das épocas e dos lugares nos que os labregos conforman a maioría da poboación.

Se imaxinámo-la estrutura xerárquica das sociedades feudais ou asiáticas coma unha estrutura máis ou menos piramidal, o campesiñado estaba na base limítrofe do triángulo. Coma no caso de calquera poboación arraiana, iso significaba que o sistema político e social do momento non lle ofrecía mais ca unha mínima protección. De aí que os labregos tivesen que mirar por si mesmos dentro da súa comunidade e da súa extensa familia. Os labregos mantiñan ou desenvolvían as súas propias leis e as súas propias normas de conduta non escritas, os seus propios rituais e as súas propias crenzas, o seu propio cúmulo de sabedoría e coñecemento transmitido oralmente, a súa propia medicina, as súas propias técnicas e, ás veces, a súa propia lingua. Sería erróneo supoñer que todo iso constituía unha cultura independente, á que non lle afectaban nin a cultura dominante nin os desenvovementos económicos, sociais ou técnicos que se producían nesta.