Amosando publicacións coa etiqueta Angela Carter. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Angela Carter. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de xuño de 2013

venus negra

en.wikipedia.org
No!” she said. “Not the bloody parrot forest! Don’t take me on the slavers” route back to the West Indies, for godsake!

And let the bloody cat out, before it craps on your precious Bokhara!”

They have this in common, neither has a native land, although he likes to pretend she has a fabulous home in the bosom of the blue ocean, he will force a home on her whether she’s got one or not, he cannot believe she is as dispossessed as he… Yet they are only at home together when contemplating flight; they are both waiting for the wind to blow that will take them to a miraculous elsewhere, a happy land, far, far away, the land of delighted ease and pleasure.

After she’s got a drink or two inside her, however, she stops coughing, grows a bit more friendly, will consent to unpin her hair and let him play with it, the way he likes to. And, if her native indolence does not prove too much for her – she is capable of sprawling, as in a vegetable trance, for hours, for days, in the dim room by the smoky fire – nevertheless, she will sometimes lob the butt of her cheroot in the fire and be persuade to take off her clothes and dance for Daddy, buys her pretties, allocates her the occasional lump of hashish, keeps her off the streets.

Nights of October, of frail, sickle moons, when the earth conceals the shining accomplice of assassins in its shadow, to make everything all the more mysterious- on such a night, you could say the moon was black.

This dance, which he wanted her to perform so much and had especially devised for her, consisted of a series of voluptuous poses one following another; private-room-in-a-bordello stuff but tasteful, he preferred her to undulate rhythmically rather than jump about and shale a leg. He liked her to put on all her bangles and beads when she did her dance, she dressed up in the set of clanking jewellery he’d given her, paste, nothing she could sell or she’d have sold it. Meanwhile, she hummed a Creole melody, she liked the ones with ribald words about what the shoemaker’s wife did at Mardi Gras or the size of some fisherman’s legendary tool but Daddy paid no attention to what song his siren sang, he fixed his quick, bright, darl eyes upon her decorated skin as if, sucker, authentically antranced.

“Sucker!” she said, almost tenderly, but he did not hear her.

She cast a long shadow in the firelight. She was a woman of immense height, the type of those beautiful giantesses who, a hundred years later, would grace the stages of the Crazy Horse or the Casino de Paris in sequin cache-sexe and tinsel pasties, divinely tall, the colour and texture of suede. Josephine Baker! But vivacity, exuberance were never Jeanne’s qualities. A slumberous resentment of anything you could not eat, drink or smoke, i.e. burn, was her salient characteristic.

Black Venus
Angela Carter
Chatto and Windus, 1985

traducido por Xela Arias

e publicado como
Venus negra
Edicións Xerais (Peto), 2001

-Non!- dixo ela-. Á maldita fraga dos papagaios non! Por Deus, non me leves de volta pola ruta dos escravos da India!

E deixa que saia o maldito gato, antes de que cague na túa valiosa Bokhara!

Teñen iso en común, ningún dos dous ten patria, aínda que a el lle gusta finxir que ela posúe un fogar fabuloso no seo dun océano azul. El imponlle un fogar téñao ela ou non, non pode crer que estea tan desposuída coma el... Están sós na casa e mais sábense moi xuntos cando matinan nunha fuxida; os dous agardan que sopre o vento que os ha levar a un lugar milagreiro, unha terra feliz, lonxe, moi lonxe, a terra do magnífico repouso e mailo pracer.

Despois de beber unha ou dúas copas, ela para de tusir, vira un pouco mais amigable, permite que ela lle solte o cabelo e déixalle xogar con el, como a el lle gusta. E, se non a domina a súa indolencia natural- pois é quen de ennovelarse, coma nun transo vexetal, durante horas, durante días, no escuro cuarto cabo do lume fumegante-, malia todo, ás veces, bota a cabicha do seu cigarro ó lume e déixase persuadir de sacar a roupa e bailar para Papaíño, quen, admite ela a contragusto canf¡do está en apuros, é un bo Papaíño, mércalle cousas lindas, colócalle a ocasional pedra de haxix, mantena afastada da rúa.

Noites de outubro, de fráxiles lúas coma fouces, cando a terra encobre o resplandor cómplice dos asasinos na súa sombra, para facer todo aínda máis misterioso; nunha noite así, poderíase dicir que a lúa é negra.

Este baile, que el quería tanto que ela representase e que ideara especialmente para ela, consistía nunha serie de poses orxiásticas, unha atrás doutra; material perfecto para cuarto-privado-nun-bordel, pero de bo gusto, el prefería vela ondularse ritmicamente no canto de saltar e estarricar unha perna. Gustáballe poñerse todas as súas pulseiras e abelorios para o baile, ela cubríase co conxunto de xoias tintinantes que el lle dera, bixutería, nada que ela non puidese mercar ou vender. Mentres tanto, ela cantaruxaba unha melodía crioula, gustábanlle aquelas cantigas con letras obscenas tocante ó que facía a muller do zapateiro ou o tamaño da ferramenta do pescador, pero Papaíño nunca prestaba atención ó que a súa serea cantaba, el fixaba os rápidos ollos brillantes e escuros sobre a súa pel adornada coma se, apampado, de veras entrase en transo.

-Mamón!- dixo ela, case agarimosa, pero el non a escoitaba.

Producía unha sombra longa á luz do lume. Era unha muller de inconmensurable altura, do tipo desas fermosas xigantes que, cen anos despois, habían encantar os escenarios do Crazy Horse ou do Casino de París, envoltas en sensuais abelorios e grilandas brillantes, divinamente altas, coa cor e maila textura do ante. Josephine Baker! Pero a vivacidade e maila exuberancia non foron nunca calidades de Jeanne. A súa característica máis notable era un lánguido resentimento ante todo o que non se puidese comer, beber ou fumar, isto é, queimar.

martes, 18 de xuño de 2013

venus negra, resumo e comentario


http://www.angelacartersite.co.uk/angelacarter.jpg
http://www.angelacartersite.co.uk/angelacarter.jpg
Nesta colección extraordinaria e variada de historias viven moitas persoas. Algunhas son persoas reais: Jeanne Duval, musa reacia de Baudelaire, que nunca pediu ser chamada Venus Negra, prendida no aburrimento terminal da paixón do poeta ... Edgar Allan Poe, co rostro do actor tráxico, que mostra en todo o que facemos e pensamos canta razón teñen os seus amigos cando din que "O home que bebe antes do xantar é imposible" ... E Lizzie Borden, deitada na cama nunha noite quente de verán soñando cun parricídio ... Outras personaxes son totalmente imaxinarias, como a prostituta do século XVII que, a pesar de si mesma,  transfórmase entre os indios nunha boa muller e tamén se observa o efecto que teñen as intrusións doutras culturas nos poboados indíxenas que saen, en todos os casos perxudicados ou a nena, criada por lobos, indiferente e estraña, que non tolera a compañía dos seres humanos.

"O neno prodixio das olas" é un neno que aprende francés a partir das receitas dun  libro de cociña que lle empresta o chef , e na apertura e música incidental para o Soño dunha Noite de verán, examínase a natureza ambigua do príncipe, o que causou moitos problemas entre Oberon e Titânia.Tratase de obras de temática variada e con carácter claramente feminista o que fixo deste libro unha auténtica revolución para a época.

O libro foi escrito por Angela Carter e foi publicado na súa versión orixinal en inglés pola editorial "Next Editions" no ano 1980 e foi traducido por Xela Arias en colaboración con Xabier Muguerza Martínez no ano 2001 pola editorial "Xerais Peto".

domingo, 20 de novembro de 2011

a lobamuller


juliancallos.blogspot.com


É país norteño; tempo frío, corazóns fríos.
Frío; tempestade; bestas salvaxes no bosque. Unha vida dura. Casas feitas con leños, escuras e afumadas dentro. Haberá unha icona basta da virxe detrás dunha candea que se consome, a pata dun porco colgada a curar, unha restra de champiñóns que se seca. Unha cama, un banco, unha mesa. Vidas ásperas, breves, pobres.
Para estes leñadores das terras altas, o demo é tan real coma ti ou coma min. Incluso máis; non nos viron, nin sequera saben que existimos, pero ao demo albíscano nos camposantos, esas moradas de mortos lóbregas e conmovedoras onde as sepulturas están sinaladas con retratos dos defuntos ao estilo naif e non hai flores que pórlle diante, alí non medran flores, por iso poñen pequenos exvotos, petadiñas de pan, ás veces unha torta que veñen os osos, torpes, dende as marxes do bosque a roubar. A medianoite, especialmente na Walpurgisnacht, o demo celebra merendas nos camposantos e invita as meigas; logo desenterran os cadáveres frescos, e cómenos. Calquera cho pode contar.
Restras de allos nas portas afastan os vampiros. Un neno de ollos azuis nado cos pes por diante na noite de san xoán será clarividente. Cando descobren unha meiga - algunha vella á que lle maduran os queixos mentres que os das veciñas se estragan, outra vella cun gato negro que oh sinistro! a segue a todos os lados e a todas as horas, ispen a bruxa, búscanlle os estigmas, o pezón supernumeral do que lamben o seus. Non tardan en atopalo. Logo apedréana ata matala.
Inverno e tempo frío.
Vai visitar a avoa, que ten estado doente. Lévalle as tortas de avea que fixen para ela na lareira e unnha potiña de manteiga.
A rapaza, boa, fai o que lle di súa nai - unha difícil andaina de cinco millas, polo bosque; non te desvíes do camiño por causa dos osos, o xabarín, os lobos famentos. Toma, colle o coitelo de caza de teu pai; sabes usalo.
A nena tiña unha chaqueta costrosa de pel de ovella para gardarse do frío, coñecía o bosque demasiado ben para temelo pero debe estar sempre alerta. Cando oíu o espantoso ouleo dun lobo, deixou caer os agasallos, botou man do coitelo e enfrontouse á besta.
Era enorme, ollos vermellos e fociños grisallos e babeantes; calquera que non fora fillo de montañeiro tería morto do susto ao velo. Foille á gorxa, como fan os lobos, pero ela tiroulle co coitelo de seu pai e cercenoulle a man dereita.
O lobo arfou, case laiou ao ver o que lle pasara; os lobos son menos varudos do que semellan. Marchou desconsolado dando tombos entre as árbores como ben puido sobre as tres pernas, deixando un rastro de sangue detrás del. A rapaza limpou o fío do coitelo sobre o mandil, envolveu a gadoupa no pano no que súa nai envolvera as tortas e seguiu cara á casa da avoa. Ao pouco resulta que nevou tanto que o camiño e calquera pegada, rastro ou pisada que puidera haber nel se varreron.
Atopou que a avoa estaba tan doente que encamara e durmía inqueda, xemendo e tremendo tanto que a rapaza deduciu que tiña temperatura. Tentoulle a fronte, ardía. Sacudiu o pano da cesta para pórllo á vella a xeito de compresa fría, e a gadoupa do lobo caeu no chan.
Pero xa non era a gadoupa dun lobo. Era unha man, seccionada polo pulso, unha man curtida polo traballo e coas penchas da vellez. Tiña un anel de voda no anular e unha verruga no índice. Pola verruga soubo que era a man da avoa.
Tirou das sabas pero a vella espertou, e niso, comezou a baterse, con berros e urros coma un ser posuído. Pero a rapaza era forte, e armada co coitelo de seu pai; foi quen de suxeitar á avoa tempo abondo para ver que lle causaba a temperatura. Había un toco sanguinoso onde tería que estar a man dereita, xa purulento.
A rapaza persignouse e berrou tanto que os veciños oírona e entraron ás carreiras. Pola verruga na man recoñeceron o pezón dunha bruxa; levaron a vella, co que tiña posto, fóra, á neve e con paus, bateron na vella ata a linde do bosque, e guindáronlle pedras ata que caeu morta.
Agora a rapaza vive na casa da avoa; prosperou.

ORIXINAL:  "The Werewolf"
CARTER, AngelaThe Bloody Chamber and Other Stories (1979)
grazas á chinesa