é unha historia de terror psicolóxico que trata temas como a identidade, a pertenza, a fondura emocional ou o tránsito cara a idade adulta.
foi orixinalmente publicada en 2021 no sitio web 'young ace up' e a adaptación do anime foi producida por Cygames Pictures, con guión e dirección a cargo de Ryōhei Takeshita. desde o 21 de xullo (2025) os capítulos están a transmitirse en Netflix (están programados 12).
a tradución dos subtítulos ao español quedou a cargo de María Victoria Rodil, fortemente criticada en RRSS por censurar os diálogos orixinais, cambiando así o sentido da historia, segundo fans e páxinas especializadas en anime.a tradución dos subtítulos ao español quedou a cargo de María Victoria Rodil, fortemente criticada en RRSS por censurar os diálogos orixinais, cambiando así o sentido da historia, segundo fans e páxinas especializadas en anime.
Rodil é unha tradutora independente (free-lancer), graduada como tradutora pública en inglés pola Universidade de Bos Aires, segundo o seu perfil de LinkedIn. ten traballado durante 25 anos en Deluxe Entertainment Services Group.
no manga escrito polo mangaka Mokumokuren, a relación entre os mozos ten un ton romántico. nom obstante, na tradución ao español, frases que no orixinal se traducirían como nom podo deixar de quererte ou gústasme teñen sido traducidas nos subtítulos como cáesme bem. a serie nom ten momentos sentimentais explícitos, pero si implícitos, e a tradución ten diluído os matices afectivos máis fondos.
en catalán (no pue evitar que m’agradis) ou en inglés (I can’t stop myself from liking you!) si se respecta a tradución literal que outorga á relación unha densidade que enriquece a obra. semellan frases simples, pero en realidade son fíos de tensión que o manga va despregando e que dotan a toda a historia de capas extra de significado.
as redes teñen ardido dun xeito difícil de imaxinar (a idade dos fans axuda) e María Victoria Rodil ten sufrido durante estes días un tornado de ataques e descualificacións. falamos de miles e miles de mensaxes.
a tradutora defendeuse dicindo que ela nom é homófoba nin nada parecido e que a súa é unha interpretación das moitas que se poden facer do cómic orixinal.
expuxo que se ben había diferenzas entre o manga e a tradución en español considerou que tiña feito unha adaptación e nom unha copia do material orixinal, a tradución do manga foi unha interpretación, e esta é a miña. nom se trata de copiar o traballo dun compañeiro tradutor, mais ofrecer unha lectura propia que funcione dentro do medio audiovisual.
logo diso, a conta oficial de Rodil en X xa nom está dispoñíbel (21xullo).
respecto á tradución do anime algúns, ademais de denunciar os erros nos subtítulos, teñen escrito directamente a Netflix por correo e na propia conta oficial latinoamericana en X para expresar a súa preocupación por un posíbel caso de homofobia nos subtítulos, exixindo unha resposta inmediata ante as acusacións.
días antes, o mesmo erro de tradución en portugués foi sinalado por un grupo de persoas queer afeccionados ao anime, que tamén consideraban o erro un caso de homofobia; pouco despois, a conta de Netflix Brasil ofreceu unha desculpa pola situación e fixo axustes.
nunha entrevista para Anime News Network en 2024, Mokumokuren explica que a historia desenvólvese nun pobo rural de Xapón porque ditas poboacións son escenarios clásicos de historias de terror, que era o que quería lograr con este manga.
sobre a conexión romántica entres Hikaru e Yoshiki, explicou unha escena onde interactúan e dixo que pode interpretarse a connotación homoerótica entre ambos, quero que os sentimentos da xente cara o 'descoñecido' nom só sexan 'aterradores', mais tamén ás veces sexuais, ou desagradábeis e moi complexos. en realidade, canto máis nos custa aceptar algo, máis sexualizado ou aterrador se volve e esperta algo en nós.
para el era importante plasmar unha historia de terror, os prexuízos cara o descoñecido e as preocupacións adolescentes relacionadas coa identidade e facerse adulto, chega un momento que case todos os adolescentes, sen importar onde vivan, deben enfrontarse a si mesmos. precisan revisar as partes que nom queren recoñecer e as contradicións internas. estou seguro que aos adultos tamén lles acontece o mesmo.
inda que a historia nom é como tal un BL (boys' love, ou amor entre homes), o resultado si é unha historia queer ... de terror.
e as redes, por agora, nom teñen absolto a Rodil; case por unanimidade téñenlle dito que se multiplique por cero. que, por certo, é unha frase que Bart Simpson nunca pronunciou no seu inglés orixinal, nos que dicía, cómeme os calzóns, sen matiz erótico. que se saiba.
Jorge Morla, ‘Netflix e a homofobia
a través da tradución’ – elpaís,
5ago2025
'me
caes bien: por que critican a Netflix por la traducción del anime el verano en que Hikaru murió?' - elfinanciero, 21xul2025
Ningún comentario:
Publicar un comentario