Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de xaneiro de 2011

e que importará que dean medo, que importará?

hoxe no xornal el país podedes ler un artigo estupendamente escrito sobre unha panda de tolos que se adica a facer o que lles gusta, traducen e/ou editan libros que dan medo, algúns moito; inda por riba algúns seica se poden descargar de balde na súa páxina web, editora urco

sábado, 18 de decembro de 2010

un resultado final

esta é a portada da tradución ao galego dunha fantástica novela do americano Cormac McCarthy, traballo feito por Eva Almazán, e editada por Kalandraka. hai unha peli para estómagos fortes sobre o libro protagonizada por Charlize Theron, Viggo Mortensen e o neno Kodi Smit-McPhee. un resultado final do traballo dunha tradutora galega e unha recomendación nosa. se a les dinos se che gustou