Amosando publicacións coa etiqueta T. S. Eliot. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta T. S. Eliot. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de xuño de 2013

a terra baldía, comentario

T.SEliot naceu en EUA, pero era descendente de puritanos ingleses, e ao rematar os seus estudos de literatura francesa e de filosofía na universidade de Harvard, veu a Europa, estivo en París e instalouse definitivamente en Londres. Alí coñeceu a Ezra Pound, teórico do Imaxinismo inglés, que foi o seu mestre e o seu amigo.

A súa obra máis vangardista The Waste Land (A terra baldía) está dedicada a Ezra Pound, e publicouse en 1922. O verso máis famoso de Eliot- Abril é o mes máis cruel- é o comezo dun dos cinco fragmentos que compoñen a obra.

É un longo poema, escrito nun ton metade elexíaco e metade épico, que a min me recorda a tres grandes escritores. Por unha parte, aínda que pareza estraño, recorda a Baudelaire: mentres Baudelaire canta o triunfo da nova beleza que hai na civilización industrial e nas grandes cidades... Eliot lamenta o fin da civilización tras a I Guerra Mundial, á que converte, metaforicamente, nunha terra devastada e erma. Como podedes ver, o simbolismo continúa.
Por outra parte, o libro (publicado en 1922) ten unha característica común a dous autores do Modernismo inglés (Yeats e Joyce); esa característica é a composición mítica. Yeats é o poeta irlandés que se inspirou en mitos celtas (acordádesvos?), e Joyce constrúe o Ulises en clave mítica, parodiando a Odisea. Sábese que Eliot foi lendo e seguindo con moito interese a publicación por entregas do Ulises, case coetáneo de A terra baldía.

O argumento central do libro, malia o seu fragmentarismo, está inspirado no personaxe do Rei Pescador, que aparece nunha lenda celta que contara (alá polo século XII) Crétien de Troyes en Percival ou o conto do Grial. A terra baldía é a do Rei Pescador; un rei estéril que "contaxiou" a súa enfermidade á súa terra. Situado agora (superposición de planos temporais e espaciais, como no cubismo) fronte ao Támese, o Rei verá como as súas terras se volveron infecundas. No castelo do Rei, Percival vira pasar a unha doncela levando un vaso (o Grial), seguida dun cortexo de paxes, uns dos cales traía unha lanza ensanguentada. A renovación da vida na terra baldía dependerá da lanza (o fálico, o masculino, o solar) e o vaso (o feminino, o terrestre). O adiviño Tiresias (personaxe extraído de Las metamorfose de Ovidio), un ser andróxino que une os dous sexos, comtempla a devastación.


É unha obra erudita que expresa vivamente a idea da esterilidade da sociedade moderna (Eliot era un moi conservador) en contraste coas sociedades do pasado. Como indica o título, os humanos son seres derrotados, condenados a habitar a terra estéril da civilización moderna, na que ningún froito se pode cultivar. Ese famoso verso co que empeza o libro Abril é o mes máis cruel significa o dolorosa que é a chegada desa "simbólica primavera" a unha terra estéril. O libro suxire a devastación na que quedou Europa e o ocaso da civilización occidental, tras a Primeira Guerra Mundial. Eliot sempre foi, en certo sentido, un místico e un cristián conservador. Nesta obra fala da crise da modernidade, e da morriña dun mundo/ paraíso perdido.


información tirada de literatura universal

a terra baldía

April is the cruellest month, breeding
Lilacs out of the deal land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Winter kept uks warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.
Summer surprised us, coming over  the Starnbergersee
With a shower of rain; we stopped in the colonnade,
And went  on in sunlight, into the Hofgarten,
And drank coffee, and talked for an hour.
Bin gar keine Russin, stamm aus Litauen,, echt deutsch.
And when we were children, staying at the arch-duke´s,
My cousin´s, he took me  out on a sled,
And I was frightened. He said, Marie,
Marie, hold on tight. And down we went.
In the mountains, there you feel free.
I read, much of the night, and go south in the winter.
What are the roots that clutch, what branches grow
Out of this stony rubbish? Son of man,
You cannot say, or guess, for you know only
A heap of broken images, where the sun beats,
And the dead tree gives no shelter, the cricket no relief,
And the dry stone no sound of water. Only
There is shadow under this red rock,
(come in under the shadow of this red rock),
And I will show you something different from either
Your shadow at morning striding behind you
Or  your shadow at evening rising to meet you;
I will show you fear in a handful of dust.
“You gave me hyacinths first a year ago”
“The called me the hyacinth girl”.
Yet when we came back, late, from the hyacinth garden,
Speak, and my eyes failed, I was neither
Living nor dead, and I knew nothing,
Looking into the  heart of light, the silence.
Had a bad cold, nevertheless
Is known to be the wisest woman in Europe,
With a wicked pack of cards. Here, said she,
Is your card, the drowned Phoenician  Sailor,
(Those are pearls that were his eyes. Look!)
Here is Belladonna, the Lady of the Rocks,
The lady of situations.
Here is the man with three staves, and here the Wheel,
And here is the one-eyed merchant, and this card,
Which is black, is something he carries on his back,
Which I am forbidden to see. I do not find
The Hanged Man. Fear death by water.
I see the crowds of people, walking round in a ring.
Thank you. If you see dear Mrs. Equitone,
Tell her I bring the horoscope myself:
One must be so careful these days.
Unreal City,
Under de brown fog of winter dawn,
A crowd flowed over London Bridge, so many,
I had not thought death had undone so many.
Sighs, short and infrequent, were exhaled.
And each man fixed his eyes before his feet.
Flowed up the hill and down King William Street,
To where Saint Mary  Woolnoth kept the hours
With a dead sount on the final stroke of nine.
There I saw one I knew, and stoppep him crying: “Stetson!
You who were with me in the ships at Mylae!
That corpse you planted last year in your garden,
Has it begun to sprout? Will it bloom this year?
Or has the sudden frost disturbed its bed?
Oh keep the Dog dar hence, that´s friend to men,
Or with his nails he´ll dig it up again!
You! Hypocrite lecteur? –mon semblade, -mon frère!


The Waste Land
T.S. Eliot
1922


traducido ao galego por Armando Requeixo e María Fé González

A terra baldía

Abril é o mes máis cruel, alimentando
Lilas da tera mortam, mesturado
memorias e desexo, remexendo
escukras raíces con choeva de primavera
o inversno mantiñamos quentes, cubrindo
terra con neve esquecediza, nutrindo
unha miga de vida con secos tubérculos.
O verán sorprendeunos, invadindo o ¨Starnbergersee,
Cun ballón de choeva; nós detivémonos nba columna,
E avanzamos ó sol, ata o Hofgarten,
E bebemos café e conversamos por espacio dunha hora.
Bin gar keine Russin, stamm aus Litauenm, echt deutsch.
E cando eramos nenos, estando en cas do arquiduque,
Meu curmán, levoume nunha zorra
E eu collín medo. E descendemos.
Nas montañas, unha séntese ceibe.
Eu leo, grande parte da noite, e vou ó sur polo inverno.
¿Qué raíces prenden, que ponlas abrollan
Deste lixo pétreo? Fillo de home,
Ti non podes dicilo, nin adiviñalo, pois ti só coñeces
Unha morea de imaxes crebadas, onde o sol bate
E a árbore morta non dá abrigo, nin o grilo dá alivio,
E a pedra seca non dá ruído de auga. Só
Hai sombra baixo esta rocha vermella,
(vente baixo a sombra desta rocha vermella),
E amosareiche algo diferente tanto da
Túa sombra á mañá alancando tras de ti
Coma da túa sombra ó serán subindo a te atopar;
Amosarei o medo nunha presada de po.
“dechesme xacintos por vez primeira hai un ano;
Chamábanme a rapaza dos xacintos”.
- Pero cando volvemos, tarde, do xardín dos xacintos,
Os teus brazos cheos e o teu cabelo húmido, non podía
Falar e os ollos toldábenseme, non estaba nin
Vivo nin morto e non sabía nada,
Ollando no corazón da luz, o silencio.
Madame Sosostris, clarividente famosa,
Tiña un severo catarro, nembargantes,
É coñecida por se-la máis sabia muller de Europa,
Cunha perversa baralla. Aquí, dixo,
Está a súa carta, o Mariñeiro Fenicio afogado,
(esas que son perlas antes foron ollos seus. Ollade!)
Valaquí Belladonna, a Señora das Rochas
A dama das situación.
Velaquí o Home dos TGres Bastos e aquí a Roda,
E aquí está o Clomerciante Vesgo e esta carta,
Que está en branco, é algo que leva el ás costas,
 Que me está prohibido ver. Non atopo
O Home Aforcado. Tema a norte por quga.
Vexo multitudes de xente, camiñando ó redor dun círculo.
Gracias. Se ve  á miña querida Mrs Equitone
Informea de que lle hai de leva-lo horóscopo eu mesma:
Unha debe ser prudente nestes tempos.
Ciudade irreal,
Baixo a parda néboa dunha amencida de inverno,
Unha multitude desbórdase pola ponte de Londres, tantos
Non imaxinei que a norte tivese desfeito a tantos.
Exhalábanse suspiros, curtos e pouco frecuentes,
E cadaquén cravaba os ollos diante dos seus pés.
Fluían costa arriba e baixando King ¨William Street,
Cara a onde Saint Mary Woolnoth daba as horas
Cun son esmorecente na badalada final das nove.
Alí vin a un que coñecía e detíveno berrándolle: “Stetson!
Ti que estabas canda min nas naves de Milas!
Ese cadáver que plantáche-lo o ano pasado no teu xardín,
Comenzou a agromar? Florecerá este ano?
Ou a xeada imprevista lle estragou o leito?
Ei! Mantén o Can lonxe de aquí, que é amigo do home
Ou coas súas unllas volverá de novo desenterralo!

sábado, 10 de novembro de 2012

o sorralleiro, william blake

cando miña nai morreu era moi novo,
e meu pai vendeume podendo a miña lingua
apenas berrar "sorralleiro! sorralleiro!"
así que limpo as vosas chemineas e durmo no sorrallo.

aí anda o pequeno Tom Dacre, que chorou cando a cabeza,
rizada coma costas de cordeiro, lle raparon: así que lle dixen
"cala, Tom!, non che importe, pois cando teñas a cabeza rapada
sabes que o sorrallo non che estragará eses cabelos brancos."

e así calou e esa mesma noite
cando durmía, tivo unha visión!
miles de sorralleiros, Dick, Joe, Ned e Jack
todos eles pechados en cadaleitos de negro.

e veu un Anxo cunha chave brillante,
e abriu os cadaleitos e liberounos;
brincan por unha planicie verde abaixo, rin, corren,
e lávanse nun río, e brilan ao Sol.

logo, espidos e brancos, cos sacos por aí,
suben ás nubes e xogan no vento;
e o Anxo díxolle a Tom, que se era un neno bo,
tería a Deus coma pai seu, e nunca lle faltaría ledicia.

e así espertou Tom; e erguémonos na noite,
e fomos traballar coas nosas bolsas e vasoiras.
inda que ía frío na mañá, Tom estaba ledo e non o sentía;
así que, se todos fan o seu traballo escusan temer mal.

nenos da rúa na época na que apareceu o poema
When my mother died I was very young,
And my Father sold me while yet my tongue
Could scarcely cry " 'weep! 'weep! 'weep! 'weep!"
So your chimneys I sweep, & in soot I sleep.

There's little Tom Dacre, who cried when his head,
That curl'd like a lamb's back, was shav'd: so I said
"Hush, Tom! never mind it, for when your head's bare
You know that the soot cannot spoil your white hair."

And so he was quiet, & that very night
As Tom was a-sleeping, he had such a sight!
That thousands of sweepers, Dick, Joe, Ned, & Jack,
Were all of them lock'd up in coffins of black.

And by came an angel who had a bright key,
And he open'd the coffins & set them all free;
Then down a green plain leaping, laughing, they run,
And wash in a river, and shine in the Sun.

Then naked & white, all their bags left behind,
They rise upon clouds and sport in the wind;
And the Angel told Tom, if he'd be a good boy,
He'd have God for his father, & never want joy.

And so Tom awoke; and we rose in the dark,
And got with our bags & our brushes to work.
Tho' the morning was cold, Tom was happy & warm;
So if all do their duty they need not fear harm.

unha pequena cousa negra entre neve,
berrando "sorralleiro!" en clave de penar!
"onde están teu pai e túa nai? dime
"ambos subiron á igrexa a rezar."

"como estaba feliz sobre o páramo,
e sorría entre neve de inverno,
puxéronme roupa de morte
e ensináronme a cantar as notas de penar."

"e como son ledo e bailo e canto
pensan que non me fixeron mal
e foron cumprimentar Deus, o seu Crego e o Rei,
que da nosa miseria fan Ceo."


William Blake
A little black thing among the snow,
Crying " 'weep! 'weep!" in notes of woe!
"Where are thy father & mother? say?"
"They are both gone up to the church to pray."

"Because I was happy upon the heath,
And smil'd among the winter's snow,
They clothed me in the clothes of death,
And taught me to sing the notes of woe."

"And because I am happy and dance and sing,
They think they have done me no injury,
And are gone to praise God and his priest and king,
Who make up a heaven of our misery."

1. William Blake (1757-1827) publicou estes poemas (ambos chamados "The Chimney Sweeper") en 1789 (Songs of Innocence) e 1794 (Songs of Experience), respectivamente.

2. "sorralleiro" é unha variante dialectal empregada na provincia de Ourense, onde se preservan cousas xa desaparecidas noutras latitudes galegas. o termo sería "desenfeluxador." aquí non se utiliza porque en Cusanca falaban sempre do "sorrallo", non de "feluxe." ademais acábase antes.

3. os poemas fan referencia a un costume da época (socialmente aceptado) consistente na venda de nenos de catro ou cinco anos para limpar as chimineas. eran pequenos abondo para poder colarse polo oco abaixo e limpar o sorrallo que obturaba os condutos. nin que dicir ten que as súas condicións de traballo e vida eran absolutamente precarias.

4. a forma lírica empregada é o "couplet": pentámetros iámbicos con rima aa bb ... esta tradución non consigue respectar este aspecto do orixinal.

5. en vista da temática claramente social destes dous poemas, chámame a atención que se describa a William Blake coma poeta "romántico" e agora teñamos un concepto tan deturpado do que significa ser tal cousa. xa sabedes, aquelo de "e que eu son moi romántic@." ou o romanticismo era outra cousa ou o deturpamos ata facelo inservible.

6. T. S. Eliot (1888-1965), outro grande, pero noutra póla totalmente distinta, describiu a arte de Blake coma "desacougante." estes dous poemas, cada un por si e os dous conxuntamnete, explican de xeito gráfico como hai momentos e lugares onde se alían a relixión, a clase política dominante, e a "sensatez" para consolidar feitos absolutamente crueis e inxustificados para algúns en beneficio doutros; neste caso, neniños pequenos limpando chimineas para que outr@s poidan estar ao quente no inverno. isto pasou, non foi conto. William Blake.

7. o canto da "experiencia" é explícito e acusatorio mentres que o da "inocencia" é implítico e irónico; por exemplo, a figura do Anxo poría en cuestión a relixión oficial, contribuínte neto á explotación de nenos crédulos en vez de protexelos e rescatalos da inxustiza.