venres, 13 de decembro de 2013

Belén Poutón Reboredo: "Hai que seguir a investigar a propia riqueza da nosa lingua"

Belén na praia das Catedrais
Cafetería A Barra, Lalín
decembro de 2013
zume de laranxa natural e unha torrada

Belén Poutón Reboredo (Lalín, 13 de marzo de 1990) rematou en maio os seus estudos de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo (inglés – galego), onde tamén traballa como bolseira (correctora) no Servizo de Normalización Lingüística. Tamén vén de gañar o Premio de Tradución convocado anualmente por dita institución coa súa tradución dunha historia de Zadie Smith, Hamwell o vellopublicada en lingua inglesa en 2007.

Di que sempre lle gustaron as linguas e quixo facer xirar a súa vida en torno a elas; polo tanto, estudar tradución foi algo non discutible. Logo de superada unha crise que lle fixo preguntarse se estaría a traballar no eido correcto, se non tería sido mellor estudar galego e non inglés, resolveu que non, que podía contribuír á estender o sistema literario e lingüístico galego dende a súa perspectiva de tradutora literaria, porque iso é o que Belén quere ser nun futuro non moi distante.

P. Desde a túa altura, recén rematados os seus estudos, como albiscas a situación da tradución literaria ao galego?

R. Para unha persoa coma min a situación non é doada porque, tendo en conta o tamaño da profesión e a súa capacidade de admitir novos traballos, xa hai moit@s tradutor@s no sistema e as posibilidades de traballar profesionalmente non son moitas. Ademais, dáme a impresión de que as grandes editoras galegas non apostan abondo pola tradución.

P. Polo tanto, cres que te vas poder dedicar só a isto?

R. Non o creo, é máis que probable que teña que compaxinar o que máis me gusta (a tradución literaria) con outras cousas; como a tradución técnica (manuais e folletos) e a audiovisual.

P. Por que decidiches participar neste premio?

R. Hai varias razóns, non só unha. Por probarme a min mesma e porque se saía ben podería ser algo moi positivo para o meu futuro profesional. Nunca sabes o que che pode abrir portas. E eu quero abrilas.

P. Como foi o proceso para a escolla deste texto e non outro?

R. Tamén hai varias razóns. A verdade é que revisei varios textos que me interesaban antes de optar por este. Ao final pesaron máis dúas razóns: a historia gustábame moito e supuña un reto, era complicada de traducir.

P. Que complicacións sinalarías, por exemplo?

R. Hai unha cantidade impresionante de xogos de palabras que é complicado reflectir en galego mantendo un mínimo de corrección e posibilidades de comprensión por parte d@ lector@.

En ocasións, Hanwell usa e recrea linguaxe que provén de seu pai, Hamwell o Vello, que á súa vez é amigo do uso e abuso de frases feitas. En concreto, cando Hanwell improvisa recitando uns versos que toman palabras dos consellos de Hanwell o Vello.

E hai que tomar decisións na vida (risas), coma fish’n’chips, que pasa a ser ‘fritada de peixe e patacas’.

P. Que dificultades, na túa curta experiencia, atopaches, fóra das propias dificultades do texto en si?

R. Creo que non hai moitos recursos en galego. Teriamos que ter máis. Algúns dicionarios e glosarios que hai en galego mesmamente deixan moito que desexar. Por exemplo, creo que o dicionario da RAG está incompleto, incluso palabras de uso cotián non figuran nel.

Por outra banda, a norma lingüística ten que avanzar máis no camiño da flexibilidade. Hai algunha incerteza terminolóxica que habería que emendar. E inda hai que seguir a investigar a propia riqueza da nosa lingua para que, ás veces, non caiamos nos castelanismos. Por exemplo, ‘facer o pino’ é un deles que quedou no meu texto, e non por falta de investigación. Estou segura de que hai unha expresión equivalente na nosa lingua pero non a atopei. E así quedou.

P. E logo disto, que pasos vas dar para converterte nunha tradutora profesional?

R. O primeiro será a cuestión dos currículos e pensar nalgún proxecto que presentar a algunha editora. De non haber resposta, haberá que ver.

P. Hai algunha cousa sobre a que che gustaría traballar?

R. A verdade é que de momento non. Gústame moito a narrativa contemporánea. Por aí supoño que tirarei. Gústanme autores como Auster ou Murakami. Admiro, por exemplo, a capacidade que ten Murakami de recrear mundos e universos propios, cercanos ou non @s lector@s. Pero claro, aí xa tería que continuar aprendendo o xaponés para defenderme mellor.

P. Como ves a oferta de textos traducidos en galego?

R. En principio, a pesar da crise tan fonda que existe, a oferta é bastante boa e variada. Hai oferta de tradución de textos clásicos e tamén de textos actuais. Hai casos incluso nos que as traducións de certos autores teñen saído antes en galego que en castelán, por exemplo. Sería un caso no que globalmente se está a facer moito con poucos recursos. E logo están editoras como Rinoceronte, que cobre baleiros que as ‘grandes’ non poderían facer, con textos procedentes de linguas non tan potentes coma o inglés. E en literatura infantil tamén hai moita oferta.

sábado, 7 de decembro de 2013

proposta de traballo "10 strategies of manipulation by the media, Noam Chomsky"

www.siasat.pk
renowned critic and MIT linguist Noam Chomsky, one of the classic voices of intellectual dissent in the last decade, has compiled a list of the ten most common and effective strategies resorted to by the agendas “hidden” to establish a manipulation of the population through the media. Historically, media have proven highly efficient to mold public opinion. Thanks to media paraphernalia and propaganda, they have been created or destroyed social movements, justified wars, tempered financial crisis, spurred on some other ideological currents, and even created the phenomenon of media as producers of reality within the collective psyche. But how to detect the most common strategies for understanding these psychosocial tools which, surely, affect our lives deeply? Fortunately, Chomsky has been given the task of synthesizing and expose these practices, some more obvious and more sophisticated, but apparently all equally effective and, from a certain point of view, demeaning.

1. the strategy of distraction

the primary element of social control is the strategy of distraction which is to divert public attention from important issues and changes determined by the political and economic elites, by the technique of flood or flooding continuous distractions and insignificant information. Distraction strategy is also essential to prevent the public interest in the essential knowledge in the area of the science, economics, psychology, neurobiology and cybernetics.

“maintaining public attention diverted away from the real social problems, captivated by matters of no real importance. Keep the public busy, busy, busy, no time to think, back to farm and other animals” (Silent Weapons for Quiet War)

2. create problems, then offer solutions

this is also called “problem – reaction – solution”. They create a problem, a “situation” referred to cause some reaction in the audience, so this is the principal of the steps that you want to accept. For example: let it unfold and intensify urban violence, or arrange for bloody attacks in order that the public is the applicant’s security laws and policies to the detriment of freedom. Or: create an economic crisis to accept as a necessary evil retreat of social rights and the dismantling of public services.

3. the gradual strategy

acceptance to an unacceptable degree, just apply it gradually for consecutive years. That is how their radically new socioeconomic conditions (neoliberalism) were imposed during the 1980s and 1990s: the minimal state, privatization, precariousness, flexibility, massive unemployment, wages; they do not guarantee a decent income; so many changes that would have brought about a revolution if they had been applied once.

theinternationalcoalition.blogspot.com
4. the strategy of deferring

Another way to accept an unpopular decision is to present it as “painful and necessary”, gaining public acceptance, at the time for future application. It is easier to accept that a future sacrifice of immediate slaughter. First, because the effort is not used immediately. Then, because the public, masses, is always the tendency to expect naively that “everything will be better tomorrow” and that the sacrifice required may be avoided. This gives the public more time to get used to the idea of change and accept it with resignation when the time comes.

5. go to the public as a little child

most of the advertising to the general public uses speech, argument, people and particularly children’s intonation, often close to weakness, as if the viewer were a little child or a mentally deficient. The harder one tries to deceive the viewer look, the more it tends to adopt an infantilising tone.

“if one goes to a person as if she had the age of 12 years or less, then, because of suggestion, she tends with a certain probability that a response or reaction also devoid of a critical sense as a person 12 years or younger” (Silent Weapons for Quiet War)

6. use the emotional side more than the reflection

making use of the emotional aspect is a classic technique for causing a short circuit on rational analysis, and finally to the critical sense of the individual. Furthermore, the use of emotional registers to open the door to the unconscious for implantation or grafting ideas, desires, fears and anxieties, compulsions, or induce behaviors, …

7. keep the public in ignorance and mediocrity

making the public incapable of understanding the technologies and methods used to control and enslavement. “The quality of education given to the lower social classes must be the poor and mediocre as possible so that the gap of ignorance it plans among the lower classes and upper classes is and remains impossible to attain for the lower classes (See Silent Weapons for Quiet War).

athenianvoice.wordpress.com
8. to encourage the public to be complacent with mediocrity

promote the public to believe the fact that it is fashionable to be stupid, vulgar, and uneducated …

9. self-blaming strengthening

let individuals blame for their misfortune, because of the failure of their intelligence, their abilities, or their efforts. So, instead of rebelling against the economic system, the individual feeling of guilt creates depression, one of whose effects is to inhibit action. And, without action, there is no revolution!

10. getting to know individuals better than they know themselves

over the past 50 years, accelerated advances of science have generated a growing gap between public knowledge and that owned and operated by dominant elites. Thanks to biology, neurobiology and applied psychology, the “system” has enjoyed a sophisticated understanding of human beings, both physically and psychologically. The system has gotten better acquainted with the common man more than he knows himself. This means that, in most cases, the system exerts greater control and great power over individuals, greater than that of individuals about themselves.

mércores, 27 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (06): sobre política no mundo contemporáneo

laporongoteca.blogspot.com
polo que atinxe a ‘o político’, calquera definición simplificadora ou que lle confira unha única función é peor que enganosa, é paralizante. Somos, despois de todo, seres fragmentados, vivindo simultaneamente en parcelamentos da realidade separados; en cada un deles é posible un certo tipo de política, e se temos enerxía abondo, sería desexable encarrilar todas esas formas de actividade política simultaneamente. Polo tanto, a cuestión ‘metafísica’: que é a política – a toma do poder? tomar as rúas? organizarse? falar de socialismo? resistir a xerarquía e a autoridade? manifestarse a favor do desarmamento ou tentar salvar a túa veciñanza? combater o concello? – esta cuestión só paga a pena cando nos leva á enumeración de todas as posibles opcións, e non cando nos tenta a seguir a miraxe dunha idea estratéxica grandiosa e única. Inda así, temos que falar de cada unha desas formas de intervención política por separado, para que haxa unha confusión suprema que evitar: a saber, a idea errónea de que cando se delinea modestamente unha certa forma de actividade política – como aquela na que se poden involucrar os intelectuais na universidade – este ‘programa’ suxestionaría un certo tipo de intervención política no ensino da literatura. Quería dicir que isto era todo o que deberiamos facer sempre.

Diacritics, v. 12 Fall 1982, p. 75.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

diegonietoicesi.wordpress.com
como gran narrativa, o marxismo compensa o feito de que, como individuos biolóxicos, a duración das nosas vidas non se corresponde a ritmos históricos. Os movementos históricos máis amplos son sempre sorprendentes e inesperados, e, sen embargo, contemplados desde unha perspectiva sistémica máis ampla, volven facer sentido a partir do que sabemos da maneira en que funciona a historia do capitalismo. Estou convencido de esta nova forma de capitalismo posmoderna e global se deberá a unha nova lóxica de clase, pero isto inda non ten emerxido completamente porque o traballo inda non se reconstituíu a escala global, e por iso hai unha crise en relación ao que son clases e conciencia de clase. Está moi claro que a capacidade de actuar desde a esquerda non é inherente a esas vellas formas pero a narración marxista asegúranos que algunha forma de capacidade de actuar se reconstituirá e ese é o sentido no que inda me atopo comprometido coa lóxica marxista.

Marxism Today, September 1990, p. 30

“aferrarse aos danos: unha conversa con Stuart Hall”

luns, 25 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (05): diversidade cultural vs. diferenza, e acción colectiva

www.class.ufl.edu
sen dúbida, o que se experimenta e se constrúe ideoloxicamente, como a liberdade, non ten porque ser para nada liberdade. Pero si que conduce a unha sensación de diferenza. É como se a era da produción en masa e a cultura de masas tiveran xa xerado, non estandarización, mais unha proliferación de diferenza, de outredade. As corporacións xa non fan publicidade para un público masivo. Agora diríxense a obxectivos concretos – concéntranse nas sutís diferenzas entre diferentes grupos de consumidores, explotando a fragmentación cultural. Obviamente, precísase acadar certo nivel de masificación antes de que isto sexa posible. Esta é a diferenza despois da masificación, en vez do vello estilo do individualismo do dezanove; e a diferenza que sorprende a xente sobre o posmodernismo é a súa colectivización, anonimato, e calidade sistémica … Hai un problema lingüístico con este concepto da diferenza. A conceptualización de diferenza non tería sido posible en situacións de diferenza real. Nun sistema imperial, onde os pobos colonizados son real e radicalmente distintos dos seus señores metropolitanos, non hai gran mérito político en afirmar esas diferenzas. O concepto político e cultural de diferenza baséase, paradoxalmente, na conquista dunha certa igualdade e identidade nos subgrupos sociais. Non tería sido posible ata o momento onde houbo menos diferenza … A estandarización, novamente, é algo tanto malo como bo. E fai que me pregunte cantas ilusións están presentes cando, incluso se a lóxica do sistema é a diferenciación, ao producir diferenza se produce unha nova forma de estandarización. En efecto, toda a lóxica do posmodernismo é esa: un novo xeito de ver a identidade como diferenza, o que non teriamos sido quen de pensar ou expresar moi ben nun período anterior … O aspecto politicamente positivo sobre o que se foi describindo é o feito de que os subgrupos teñen sido quen de acadar unha certa existencia colectiva que non tiñan realmente con anterioridade. Isto encaixa claramente nunha caste de comunicación cultural por parte das industrias que agora teñen un novo submercado e producen novos produtos para el. Pero o asunto crucial non serían eses emblemas de diferenza cultural, sería o feito da colectividade.

Marxism Today, setembro 1990, p. 30
“aferrarse aos danos: unha conversa con Stuart Hall”

internacionalsur.blogspot.com
sempre insisto nunha terceira posibilidade alén do vello ego burgués e o suxeito esquizofrénico da nosa organización en sociedade hoxe en día: un suxeito colectivo, decentrado pero non esquizofrénico. Emerxe en certas formas de narración que se poden atopar na literatura do terceiro mundo, en literatura testemuñal, en chismes e rumores, … É un xeito de contar que nin é persoal no sentido modernista, nin despersonalizado no sentido patolóxico do texto esquizofrénico. Está decentrado posto que as historias que contas alí como suxeito individual non che pertencen xa que non as controlas do xeito que faría o suxeito mestre do modernismo. Pero non é que simplemente as sufras coma no illamento esquizofrénico do suxeito do primeiro mundo de hoxe en día.

FlashArt, #131, decembro 1986 – xaneiro 1987, pp. 70-71
entrevista con Fredric Jameson por Anders Stephanson

domingo, 24 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (04): sobre marxismo e outros códigos interpretativos

www.flickr.com
creo sería un erro defender o lugar do marxismo no sistema universitario americano sobre a base da tolerancia e o pluralismo liberais (por outro lado admirables). Hai unha xustificación moito máis poderosa que esta para o papel intelectual do marxismo, e ten que ver co que ten sido denominado reificación; a saber, a maior especialización e fragmentación das disciplinas. Moitos intelectuais deploran este desenvolvemento irreversible, mediante o que segmentos cada vez menores da realidade mudan nas provincias de códigos especializados ou linguaxes privadas (dos cales a xerga e o léxico nin sequera son quizás tan prohibitivos como a sedimentación en cada un deles de tradicións disciplinarias voluminosas – tanto textos chave como unha historia de problemas chave – que ningún leigo ten tempo de aprender ben). A ‘solución’ académica establecida a esta crise ten sido, baixo sexa cal sexa o slogan, a noción de programas ‘interdisciplinarios’, dos que os resultados teñen sido, ata o de agora, una notable decepción. En contraposición a isto, creo que é crucial insistir no feito que o marxismo é a única filosofía viva hoxe cunha concepción da unidade de coñecemento e a unificación de campos ‘disciplinarios’ que transcende as antigas divisións en departamentos e institucións e restaura a noción dun obxecto universal de estudo subxacente ás pescudas aparentemente diferenciadas no económico, o político, o cultural, o psicanalítico, … Esta non é unha opinión dogmática senón simplemente un feito empírico.

Diacritics, v. 12, Fall 1982, p. 89.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

mielylangostas.blogspot.com
todos, desde os distintos lugares que ocupamos na sociedade, e o tipo de cousas que sabemos, facemos interpretacións distintas. E temos códigos e métodos diferentes cos que facelo. O menos interesante que se pode facer nunha disputa é decidir que unha interpretación é correcta e a outra errada … Unha vez que un recibe interpretacións flamantes en base a algún tipo de texto, a continuación o máis interesante é investigar as zonas de validez destas interpretacións distintas. Ningunha interpretación obtida deste xeito pode ser completamente errada. Algo no texto debe ter posibilitado incluso a lectura máis aberrante que se poida imaxinar. Por conseguinte, hai unha zona local de validez que se pode atribuír a esa lectura. A miña pregunta ten que ver coa coordinación de todas esas lecturas e de ver finalmente como se conxuntan. Desde o meu punto de vista tamén hai horizontes implicados en cada lectura; hai abanos de validez na interpretación máis e máis amplos. Posto que o que é ao final concreto é a vida en sociedade da xente e a súa visión da vida colectiva, esas preguntas sobre o social e a clase son, dalgún xeito, as definitivas. En realidade non teño que defender esa posición con moita violencia; todo o que teño que facer é sinalar que a maioría de interpretacións deixan fóra eses niveis, inda que sempre hai moitas outras cousas que sempre se interpoñen. Se certas castes de cuestións sociais non son xeralmente cuestionadas nas interpretacións, entón cando menos é minimamente válido insistir que logo de acabar co resto de asuntos – os teus asuntos freudianos e existenciais – poderías desexar examinar finalmente a cuestión da túa clase social, posto que ninguén semella facer iso. Polo tanto, iso pesa na xerarquía desas interpretacións. O máis interesante é ver o que son todas as interpretacións, e logo ver como se poden conxuntar, o que é bastante distinto de rebaterlle á xente.

Semeia, #59, 1992, pp. 233-234.
unha conversa con Fredric Jameson

excerptos de Jameson (03): sobre ideoloxía e utopía

www.filmlinc.com
a ‘crise do marxismo’ non é, deste xeito, unha cuestión de perda ou descrédito dos seus instrumentos de análise e do seu poder único de explicación; é máis ben unha cuestión de crise na ideoloxía marxista, unha crise no propio concepto utópico do que debería ser unha sociedade radicalmente diferente e da natureza das novas relacións sociais que poderían imaxinarse en dito sistema. Este é o esforzo polo cal teño reservado o termo ‘utópico’, non no sentido orixinal de desprestixio que lle deron Marx e Engels, mais no sentido dun esforzo propiamente marxiano por debater formas alternativas de vida social – algo que se está a facer con moito máis vigor entre feministas ou no movemento ecoloxista que entre nós; entre outras cousas a causa dun excesivo nerviosismo sobre o ‘socialismo realmente existente’ e unha excesiva intimidación da industria do Gulag e o posmarxismo en xeral.

Diacritics, v. 12, Fall 1982, p. 85.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

lacomunidad.elpais.com
os temas de interpretación de clase vs. validez universal son inevitablemente os que teñen que ver coa oposición entre ideoloxía e utopía – é dicir, como un texto que está mutilado e deformado e ten marcas e trazas desagradables da súa propia clase e xénero e raza e outros tipos de condicionantes – como un texto así pode entón conter un atractivo utópico. E creo que a resposta é que un texto pode ser tanto ideolóxico como utópico, e a nosa tarefa é chegar a entender como se desenvolve a dialéctica nestas instancias concretas … O misterio de cómo funciona a clase ten que ver … non só coa ideoloxía e a utopía senón co xeito en que a ideoloxía ten que ser utópica. O misterio radica en que o é por medio desta retórica a miúdo espuria, hipócrita, de fronte popular e que aspira a ser universal que un grupo tenta facer aliados servíndose das outras clases e asegurarse o poder para si mesmo. Por medio da retórica transmítense visións utópicas auténticas. Porque sexa cal sexa o grupo e sexa o que sexa o que signifique o seu papel último para a xente en realidade, a propia demanda de universalidade é en si mesma unha cuestión utópica. Habermas describiu as revolucións francesa e americana en termos de promesas incumpridas – é dicir, que son cheques que ninguén cobrou. Un non debe perder ningunha faceta deste misterio; é dicir, un non debe permitir que a desmitificación do asunto vaia a parar nun simple desprestixio e a transformación destas visións en simple retórica, no mal sentido. Pola outra banda, un non debe pasar por alto todos os motivos sociolóxicos concretos, porque entón zarpa cara o xeito máis baleiro e idealista de utopismo visionario.

Semeia, #59, 1992, pp. 228 – 229.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

venres, 22 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (02): o posmodernismo

hmonghot.com
ao falar de posmodernismo, é moi importante preguntar que eran exactamente ‘modernismo clásico’ e ‘alto modernismo’. Tenme resultado útil explorar a idea de que o modernismo era unha resposta á modernización en occidente desde, digamos, a última metade do s. XIX ata a Segunda Guerra Mundial. Era unha resposta ante unha modernización incompleta na que os propios enclaves e forzas modernizadas inda traballan no contexto das anteriores clases sociais, antigos usos agrícolas e, nalgunhas partes de Europa, incluso os antigos estratos aristocráticos, dos que finalmente se desfixo a Segunda Guerra Mundial. Polo tanto, a diferenza real entre posmodernismo e modernismo é que o posmodernismo é unha situación de modernización que tende a ser completa e na que as rémoras do pasado teñen sido eliminadas. … O modernismo, coa súa defensa da autonomía da arte e a súa ideoloxía da xenialidade, por por dous exemplos, inda reflectía unha situación na que había posibilidades emprendedoras seguras. Algunhas formas culturais de oposición ou crítica so emerxen cando a economía inda non está demasiado estandarizada e hai inda espazo tanto para o emprendemento individual como para os axentes correspondentes a nivel cultural … Ese é moito menos o caso agora. Estamos nun período no que hai unha colectivización xenuína das vidas da xente a cada extremo do espectro social e económico: as grandes corporacións multinacionais, por unha banda, e a colectivización dos grupos de oposición, pola outra. Por tanto, por exemplo, xa non existe o gran concepto americano do ‘rebelde solitario’ que reta a sociedade. Xa non quedan rebeldes solitarios porque todos están organizados dun ou doutro xeito. Teñen listas de correo, teñen as súas sociedades de rebeldes solitarios. Iso, en si mesmo, marca a diferenza no xeito no que se percibe a produción cultural e na autonomía relativa e a calidade sistemática deste xeito de ser atesourado polo económico en vez de ser producido na súa contra.

www.ultimahoranoticias.es
Marxism Today, September 1990, pp. 28-29.
“aferrarse aos danos: unha conversa con Stuart Hall”

o meu concepto de posmodernismo non é así algo monolítico, mais permite avaliacións doutras correntes dentro deste sistema – que non se poden medir a non ser que un saiba o que é o sistema … Desexo propor unha visión dialéctica na que nin vemos o posmodernismo como inmoral, frívolo ou censurable a causa da súa carencia de seriedade, nin tan bo como no sentido laudatorio e ‘McLuhanista’ da emerxencia dunha utopía nova e marabillosa.

FlashArt, #131, decembro 1986/ xaneiro 1987, p. 70
entrevista con Fredric Jameson de Anders Stephanson.

excerptos de Jameson (01): sobre crítica marxista e estudos universitarios

www.lucadelbaldo.com
os estudos (marxistas) de textos ‘clásicos’ deben ser considerados – por usarmos o frutífero concepto althusseriano – unha intervención no ensino universitario estándar do que se denomina ‘canon’. Polo tanto, neste punto, a cuestión lévanos ao problema máis xeral dunha pedagoxía marxista. E aquí gustaríame esbozar unha posición en termos de algo así coma unha norma práctica dobre, xa que a este respecto tendo a distinguir ben entre as funcións dun ensino para universitarios e outras para graduados … ao traballar con universitarios non se afronta realmente o “texto”; o obxecto esencial de traballo é a interpretación do texto, e é en relación a interpretacións que debe xirar a loita pedagóxica no ensino. O presuposto aquí é que os estudantes – como lectores máis inocentes e irreflexivos (cousa que somos o resto a maioría do tempo) – nunca afrontan un texto en toda a súa frescura material; máis ben, chegan a el con toda unha serie de esquemas interpretativos adquiridos e sancionados polo seu medio cultural de xeito previo; dos que non son conscientes, e mediante os que len os textos que lles son propostos. Este non é un asunto propiamente individual, e non é demasiado importante se se localizan tales estereotipos interpretativos na mente do estudante, na atmosfera cultural ou no propio texto, coma un sedimentación das súas lecturas previas e as súas interpretacións institucionais acumuladas: a tarefa é facer visibles esas interpretacións, coma obxecto, coma obstáculo máis que transparencia, e mediante iso promover a autoconciencia do estudante coma  forza operativa de semellantes esquemas involuntarios, que a nosa tradición chama ideoloxías. Polo tanto, a primeira vez dun estudante cun clásico – con Corazón de Escuridade, Jane Austen, Vonnegut, ou Hemingway – nunca será realmente contacto co propio obxecto sen mediación, senón só unha miraxe de contacto, cuxo final de percorrido resulta ser unha gama completa de opcións interpretativas, dende a existencialista (o absurdo da condición humana), pasando pola crítica baseada en mitos ou arquetipos e a súa variante máis psicolóxica (a integración do Eu) ata chegar á ética (eleccións e valores, a madureza do protagonista, a aprendizaxe de deus e o mal). Todas estas ideoloxías liberais (evidentemente non esgotan a listaxe) atopan a súa utilidade funcional na represión do social e do histórico, e na perpetuación dunha certa visión atemporal e ahistórica da vida humana e das relacións sociais. Facerlles fronte é, por conseguinte, un acto político de certa produtividade.

Diacritics, vol. 12; outono 1982, pp. 72-73.
Entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

escritoynopublicado.blogspot.com
con universitarios, e no sentido en que se está a usar a idea de liberación, o propósito é devolver á actividade de interpretación cultural propiamente dita algo da súa urxencia, e que non sexa un lugar seguro senón un lugar onde se desenvolve a loita humana. Tamén mostrar que algunhas das outras castes de interpretación nas aulas en efecto serven para esconder as cousas e harmonizar onde a harmonía é imposible. A ese nivel desexaría que a loita crítica fose máis moralizante e tomase unha postura combativa tentando devolver aos textos a presenza na loita social, algúns dos cales serían agora sumamente elitistas. Se o que dicimos é verdade, entón habería que atopar a loita de clases nos segmentos máis puros de Mallarme. E, en efecto, un iso pode facerse; Mallarme reflexionou explicitamente sobre a relación entre linguaxe e cartos e estaba moi interesado na loita de clases. Pero reincorporar esas cousas é algo moi liberador, porque volve reintegrarte á realidade e á túa propia situación.

Semeia, #59, 1992, p. 235
unha conversa con Fredric Jameson

domingo, 17 de novembro de 2013

proposta de traballo "scientists reveal ancient texts in medieval manuscripts"

www.medievalists.net
codex hyerosolymitanus sancti sepulcri 36, p. 539
Using cutting-edge technology, European scientists have uncovered new fragments by Euripides and an unknown ancient commentary on Aristotle.

The writings were on parchments that were washed off and overwritten in medieval times. Using advanced multispectral imaging methods, the Palamedes project, based out of the Universities of Göttingen and Bologna were able to see the original writings in the manuscripts, one of which is located at the library of the Greek Orthodox Patriarchate in Jerusalem, while the other can be found at the National Library of France in Paris.

The manuscript in Jerusalem originates from the famous Library of the Holy Sepulchre at Jerusalem. The uppermost text layer from the thirteenth century comprises the Prophetic Books of the Greek Old Testament, underlaid by older texts from various medieval manuscripts that contain works of Euripides and Aristotle, alongside theological tractates. “The manuscript in Jerusalem is one of the most significant witnesses to Euripides’ work”, explains the head of the research project, Felix Albrecht from Göttingen University’s Faculty of Theology. The manuscript contains the text of Euripides, surrounded by ancient annotations.

The manuscript in Paris preserves the remnants of an ancient philosophical manuscript from the late fifth century, the commentary of an unknown author on Aristotle’s work. It contains drawings of highest quality, which, due to their age, constitute important evidence for the textual tradition of philosophical commentaries. “The discovery of this work is of inestimable value for the history of philosophical education in the late antiquity”, says the discoverer of the manuscript, Dr. Chiara Faraggiana di Sarzana from Bologna University.

www.medievalists.net
palamedes project (Universität Göttingen)

martes, 12 de novembro de 2013

Premio 2013 de tradución da Universidade de Vigo

Belén Poutón Reboredo – Hanwell o Vello
1º premio

Zadie Smith & Hanwell Senior
orixinal en lingua inglesa
publicado o 14 de maio de 2007 en New Yorker, EUA
pola editora Condé Nast Publications

- Belen: "Estou especialmente satisfeita porque elixín un texto moi difícil e esta é unha boa recompensa ao traballo realizado" en DUVI

- Faro de Vigo: "Las promesas de la literatura y la traducción en lengua gallega recogen sus premios"

Antía Veres Gesto – O conto de Nadal de Auggie Wren
1º accésit

Paul Auster & Auggie Wren’s Christmas Story
orixinal en lingua inglesa
capa do libro
que recolle os traballos agasallados
publicado en 1990 en The New York Times


  Miguel Ángel Alonso García – Un libro de soños
  2º accésit

Peter Reich & A Book of Dreams
orixinal en lingua inglesa
publicado en 1974 no Reino Unido
pola editora Picador


  María Rosales Fernández – Iuvenalia
  mención

J.M. Coetzee & Youth
orixinal en lingua inglesa
publicado en 2003 en Londres
pola editora Vintage

Hanwell o Vello

www.sodahead.com
autor: Zadie Smith
título: Hanwell Senior
lingua de publicación: inglés
ano e lugar de publicación: 14 de maio de 2007, New Yorker
editorial: Condé Nast Publications

texto gañador do Premio 2013 tradución da Universidade de Vigo


Hamwell o Vello era o pai de Hanwell. Ao igual que ocorreu con Hanwell, a súa existencia deuse a pequena escala. Non no tocante á súa persoa, pois ser, era unha “gran personalidade” –dito con estas noxentas palabras–, senón no tocante á súa historia, que é parcial, case fantasmagórica. Mesmo para Hanwell semellaba unha especie de espellismo, mais nada de agradable tiña esa miraxe. Un home falto de responsabilidade e trapalleiro, peor, en moitos sentidos, ca un home cruel. Quen acostume tratar con xente desa caste entenderao ben: a crueldade pode ser, dende un punto de vista moral, todo o contrario e, ao cabo, pode quedar descartada. A indolente despreocupación por se ocupar de ti é tamén outra cousa á parte. Por forza, o ser fillo dun pai así incúlcache unha triste autosuficiencia e unha dureza de corazón demoledora. Unha desidia absoluta á hora de intentar arrancar.

Hanwell o Vello viña onde Hanwell coma un cometa, a longos intervalos. Estaba aí cando naceu Hanwell, por suposto, e seis anos despois nunha praia de Brighton, sostendo a Hanwell polos sobrazos e randeándoo desde o alto dun peirao. Ese día, Hanwello o Vello pasou o serán sen a compañía da familia, á que lle deu algo de diñeiro coa xenerosa idea de a convidar a unha fritada de peixe e patacas. A cousa non ía máis alá. Un xarelo, encantador a máis non dar. Soa a vello, pero “xarelo” é a palabra que calquera usaría daquela. O primeiro en levantar o vaso e o último en pousalo –todo un compangueiro–, a pesar que nunca foi un borracho nin un incompetente. O tipo de persoa que canta cos que van ben máis alumados ca el, con mentes de sacar tallada da súa debilidade. De volta na casa, tiña unha máquina na que metía dous peniques e lle saía un pito, coma nun bar. Ademais, caíanlle os ollos pola veciña da súa muller, unha viúva de nome Sue Boyd: Sue, Sue, I’m very much in love with you, cantaba ao son dunha famosa balada da época á vez que a collía pola cintura e valseaba con ela desde a porta de atrás ata a cancela, mentres a señora Hanwell sorría impotente desde a fiestra.

Un home de gran constitución, ben máis grande ca Hanwell. E despois, pasado un tempo, se cadra ese mesmo ano, se cadra o seguinte, aí o tes de socate o 5 de novembro na porta de atrás, envolto en sombras e cuns cantos petardos barateiros de agasallo na man. Non quedou para os acender con Hanwell. Logo volveu arrear. “Foi buscar tabaco e non volveu máis”: un retrouso moi común aquí e acolá, nos tempos de antes e nos de agora. Só que Hanwell o Vello era un deses retornados ocasionais. O que empeora as cousas, como xa se dixo antes. Deixou a Hanwell plantado naquela escuridade en pantalóns curtos e cos petardos na man. Nunca o esqueceu. Persiste. Un estigma de finais da década de 1920. Referido agora mesmo por unha persoa que descende de Hanwell o Vello, da cal é probable que non tivese coñecemento e lle resultase tan irreal coma a banda ancha ou os trasnos. Ninguén é quen de explicar o proceso mediante o que se reteñen tales cousas e en troques moitas outras se esfuman, inda que hai escrito o demo de trangalladas sentimentais sobre o tema. O propio Hanwell tíñalle moita lealdade ás explicacións científicas. Non sabía absolutamente nada de ciencias. Vagamente imaxinaba uns estalos químicos no sistema cerebral que captaban imaxes en movemento (unha analoxía feita a partir das películas fotográficas, ás que estaba acostumado), “estalos” que ocorren de xeito aleatorio e son inapreciables no momento en que suceden. Por suposto, escribir isto tamén é un tipo de “estalo”, só que dun tipo inda máis penoso, secundario e parasito.

Na década de 1930, Hanwell o Vello foi a Canadá nun intento por facer fortuna coa explotación forestal. A Hanwell mostróuselle o barco antes de que partise cun percorrido breve e cativador, inda que non foi da man do seu pai. Un membro da tripulación pousou unha candea nunha grosa varanda de bronce para demostrarlle que as incisións en forma de cruz xiran sistematicamente en círculos concéntricos ao lles aplicar luz. Tres anos despois Hanwell o Vello volveu e seguía sen diñeiro. Agora era quen de lear un cigarro cunha soa man tal e como facían os vaqueiros. Hanwell non estaba especialmente impresionado. Posteriormente, Hanwell o Vello empezou a traballar de condutor de autobuses. Despois veu a guerra, da que en realidade nunca chegou a retornar tras se namorar dunha señora de clase media que conducía unha ambulancia. Apareceu unha vez no barracón de Hanwell, cun novo nome, “Bill”, e coa afectación dun irlandés. Daba arrepíos contemplalo. Con Hanwell o Vello, as palabras non entrañaban seguridade, non servían de áncora, non mantiñan ningún tipo de relación co mundo real. Unha tendencia súa que está a un paso dunha sombra un pouco máis escura chamada “psicopatía”. Desenfundou unhas cantas fotos indecentes do Extremo Oriente e púxose a contar anécdotas que tiñan lugar no condado de Kerry e que resultaron ser verosímiles e cómicas. Isto, a ollos dun descoñecido, podería parecer que lle encaixaba ben co pelo cobreado e cos ollos engruñados. Hanwell desexou ser un descoñecido. Tal e como estaba a cousa, o único que deu feito foi estremecerse para os seus adentros perante esta segunda personalidade falsa e rir para a galería mentres Bill atopaba a carne da súa uña en cada un dos soldados novos cos que o propio Hanwell non fora quen de trabar amizade. “Éche un bo tipo, o teu vello! Arrufado, bo para botar unhas risas!” Así lle manifestaron a súa aprobación, e probablemente fose acertada (Hanwell esforzábase por afrouxar a corda coas súas valoracións), no caso de que non fose o seu fillo. No caso de que non fose o seu fillo. Bill liscou dúas horas despois, feliz coma unhas pascuas. Hanwell non lle volveu a ver o pelo ata pasados doce anos.

Era agosto de 1956. A Hanwell chegoulle aos oídos que o seu pai se establecera nunha recóndita aldea do condado de Kent e lle ía ben grazas a un pequeno negocio. Sen grandes esperanzas, ou máis ben sen ningunha –admitiría para si–, Hanwell montou na súa bicicleta. Esta vez sería el quen aparecese. Non era nada para el, naqueles tempos, ir en bicicleta desde Londres a Kent. Era novo, dependendo de como se mire, inda que el había coidar que non o era tanto, cunha familia xa ás costas. Daquela inda non sabía que había unha segunda familia a agardar por el, anoada ao seu futuro á espera de ser creada.

Un día de agosto abrasador. Hanwell deseñara un botello para a auga a partir dunha vella botella de queroseno e atárao cunha correa ao cadro da bicicleta: un invento un pouco adiantado ao seu tempo. Dirixíase a escape polo novo treito da A20 que acabaran de construír, e en canto lle era posible desviábase e collía polas pistas a través das aldeas para sentir que alí o aire era máis puro. Espero que quede claro que se digo “silveira” non pretendo darlle a isto un toque poético, tan só axustarme á historia. Unha silveira, mesta, espiñenta, prendeulle a camisa dúas veces e esfarrapoulla arredor do cóbado. Tiña metido na cabeza, ao igual que eu o teño na miña e con idéntica fixación cando me poño a escribir de corrido, non se deter ata chegar a un punto determinado: comería unha vez alcanzado o seu destino e non antes. Outra milla, outro capítulo, outra milla, outro capítulo. A aldea estaba nun pequeno val. A Hanwell viróuselle o sentido e pedaleou cara ao interior do lugar ata se deter nunha especie de parque, que era todo o que había na aldea. Nas proximidades erguíanse dous establecementos: un bar de ladrillo vermello que tiña a ventá ateigada de testos cunhas fermosas matas de lavanda e, do outro lado do dito parque, unha camioneta que vendía fritada de peixe e patacas pintadas cunhas cores moi rechamangueiras. Hanwell sabía que era mellor non ter esperanzas. Baixou da bicicleta e empuxouna cun pulso firme ao redor do perímetro, cunha lixeirísima presión da man esquerda sobre a sela. Eran as catro, a camioneta estaba pechada. Apoiou a bicicleta contra as letras coloreadas dun vermello rechamangueiro e deliñadas con dourado que dicían: “FRITADA DE PEIXE E PATACAS. HANWELL CALIDADE”. Foise sentar na herba, debaixo dunha árbore, mentres observaba o campo de crícket e a pantanosa terra próxima aos estanques. Non era quen de asimilar as distintas manifestacións da cor verde. En cambio, el era de olores: rosas descoidadas deixadas a secar, as últimas do verán. Recólleas, dállas á túa irmá, 1931.

          Receita para o perfume de muller de Irene Hanwell:
          Seis rosas (roubadas, pétalos arrancados).
          Auga da billa.
          Unha botella de leite baleira.
          Estrullar os pétalos coa man para liberar o ulido. Metelos na botella. Encher con auga.

www.openlettersmonthly.com
Apestábanlle os pés. Desfíxose dos zapatos. Na casa agardábao unha esposa que tiña un mal, un mal a respecto do que el nada podía facer nin entender, mais mentres estaba alí sentado ao sol, a ríxida e persistente protuberancia que tiña nas costas desartellóuselle por primeira vez en meses. Deitouse. A súa columna vertebral gravou de vez un suco no chan e desatouno. Boca abaixo había todo un mundo de pernas de muller. Gustábanlle esas saias acampanadas modernas, o suficientemente anchas como para agatuñar por debaixo e poñerse a cuberto, e desexou volver atrás para esperar máis a casar ou casar con outra muller. Pensou: E se quedase aquí? Que me engula o sol e que o fulgor laranxa que vexo so as pálpebras se converta non só no que vexo, senón tamén no que son, e que a margarida do talo retorto e o aroma da rosa, así como a rapaza que está boca abaixo sentada no banco do bar a comer un aperitivo boca abaixo coa súa amiga boca abaixo, sexan todo o que regule e limite o mundo. Non era acaso o momento ideal para unha man de pintura e cambiar iso de “HANWELL CALIDADE” por “HANWELL E FILLO”?

Nota: reconstruín os pensamentos de Hanwell para o lector como me parecía a min que serían e como mellor me soaban. Na novela Middlemarch, de George Eliot, podemos atopar o vello adaxio sobre a caridade dun home que é directamente proporcional á distancia que o separa da súa propia porta. Esta é unha reminiscencia deses dilixentes netos e bisnetos que andan a roldar leitos de morte con gravadoras ou que perseguen obsesivamente os seus devanceiros a través dos portais de xenealoxía ás tres da mañá, ansiosos por reconstruír as vidas e os pensamentos dos mortos e dos que pouco lles falta, a pesar de que probablemente adoiten dubidar se coller ou non o teléfono cando quen chama é a súa propia nai. Eu pertenzo a esa xeración. Son capaz de facer calquera cousa pola familia agás vela diante.

Era 1956, como xa se mencionou antes. Todo o que había era o sol, Hanwell e mais o sol. Deitado nun gueto de herba alta, Hanwell imaxinou unha conversa:

HANWELL O VELLO: (Deitado xunto a Hanwell)
Así que deches comigo, logo.
HANWELL: Dei, Alf. Non se supoñía que era o que tiña que facer?
HANWELL O VELLO: Mira, fúmalle isto. Non poñas o carro antes ca os bois.
HANWELL: (Rípalle un Senior Service do paquete)
Grazas.
HANWELL O VELLO: Logo como andas, rapaz? A min non me pode ir mellor, como podes ver.
HANWELL: Xa vexo, xa, pero inda así … É coma na gran novela de George Eliot …
HANWELL O VELLO: Non digas parvadas, rapaz. Sempre fas o mesmo: pretender ser algo que non es e que nunca fuches. Se nunca liches nada diso! Calquera pensaría que fuches á universidade ao falares así coma un non sei que.
HANWELL: (Apenado)
Non puidemos custear a escola secundaria. Aprobei a reválida pero non a puidemos custear.
HANWELL O VELLO: (Bota unha gargallada e berra)
Mira que xa choveu desde esas e inda segues. Ai, amigo! É un pouco vello ese conto, non che parece? É mellor falar en prata e ver todo de cor rosa. Bah, o que a ti che pida o corpo, Hanwell, por suposto.
HANWELL: (Recita)
Choveu … Refulxía coma a prata … O seu corpo mollado … Coma as rosas ao abrente, mollado.
HANWELL O VELLO: Que romántico te pos.
          - De quen é esta bicicleta?

Hanwell incorporouse e recibiu un saúdo que non evidenciaba especial sorpresa, inda que si apoucamento, e mais as primeiras patacas que saíron da máquina de fritir, as cales aceptou.

- Teño unha mesa encartable nalgures …

Hanwell observou como Hanwell o Vello lidaba coas antigallas familiares e cos cascados mobles que se amoreaban na parte de atrás da camioneta. No chan, un colgadoiro e mais unha espigada lámpada, que remataba nunha pantalla adobiada con pompóns, xacían atravesados: era o escudo de armas da casa dos Hanwell. A condutora da ambulancia, Bunty, que probablemente o mantiña todo decente para el, morrera o pasado ano e os seus cartos foran os que compraran este pequeno negocio. Quizás tamén venceu os seus amoríos e observou como se daba á bebida, e foi nese preciso momento cando se lle prendeu no corpo esa grotesca inchazón do ventre, cando lle rebentaron os vasos sanguíneos e se lle espallaron baixo a pel do nariz e das meixelas, e cando as patillas lle comezaron a medrar salvaxes, adornadas de gris. Foi unha conmoción. Desde sempre, Hanwell o Vello fora fisicamente superior a Hanwell: Séntateme no lombo! Veña, senta! Que non rompo! Palabras que a miúdo ían dirixidas a unha muller e, unha vez que ela estivese acomodada na posición do Buda, ían seguidas unha ou dúas flexións, ás veces cinco. Agora que se deu a volta, sostendo a pequena mesa boca abaixo contra esa voluminosa barriga, este simple feito, máis ca todos os demais, delatouno como un home abandonado polas mulleres.

- Aí está –apertou o enorme traseiro contra a superficie da mesa e as patas de ferro afundíronse no céspede–. Non comungo con iso de comer de pé.

capa do libro que recolle @s gañador@s
do Premio 2013 da
Universidade de Vigo
Sacou dous tallos pequenos e Hanwell sentou non que el lle entregou. Durante un anaco, Hanwel o Vello conseguiu que a súa reticencia a sentar parecese bastante natural, mentres atendía o aceite quente e tiraba algunhas patacas como se non fosen axeitadas para fritir se era o seu único fillo quen as ía comer. Cando rematou o boureo que montaba ao fritir, Hanwell decatouse do que era obvio: o seu pai non era quen de sosterlle a mirada. Permaneceron mirando cara aos campos que había alén do parque, Hanwell o Vello apoiado contra a camioneta, a pesar das súas conviccións, co seu suorento cornete de papel de periódico, mastigando cada pataca unha morea de tempo. Se Hanwell falaba, miraba cara a el, pero nunca o miraba directamente.

Da súa conversa, Hanwell non puido reter practicamente nada, parecíalle case tan irreal coma a charla que imaxinara antes. Mentres Hanwell perseguía ás caladas unha serie de improbables pero ansiadas confesións (Mira, fillo, o caso é que … Se che son sincero, arrepíntome moitísimo …), na densa atmosfera exterior Hanwell o Vello estaba a suar e divagar sobre o caso de Suez, os malnacidos dos árabes e outros asuntos do mundo incomprensibles para Hanwell, o home menos interesado na política que poidas atopar, un home para o que o mundo, mesmo se todo o demais chegase a desaparecer, non era máis que as persoas que vía e coas que falaba todos os días, que alimentaba, que lavaba ou que lles facía o amor. Ao final o tema de conversación virou cara á xente que lle interesaba a Hanwell: a esposa de Hanwell e as fillas de Hanwell. Hanwell describiu azorado o momento que estaba a atravesar, para o seu se serviu das coidadas e arrogantes frases do doutor (“trastorno mental” e “tendencia á histeria”). Hanwell o Vello sacou o pano do peto de atrás, pasouno pola roña que lle cubría a caluga. Tomou o seu tempo mentres o foi pregando en cuarteis. Hanwell notou de inmediato que o seu pai consideraba típico de Hanwell casar cunha muller que estivese desfeita dalgún modo e, nese momento, sentiu de novo aquel irónico desgusto que o pai exteriorizara aquela vez que estivera a randear a Hanwell, inda un rapaz, desde o alto do peirao e este, no canto de se rir, dera en chorar.

- Mira, eu dígoche unha cousa –dixo para finalizar a súa conferencia sobre a ineptitude de Hanwell á hora de escoller o correcto de dar de conta de como son as cousas, e a continuación seguir falando sobre o tema máis xenérico das “mulleres”, o que polo menos concedía que o problema de Hanwell non tiña porque ser só culpa del.

“Elas reescriben a historia, non dan deixado que un home sexa el mesmo. Sempre a dicir o que habías ser, o que debes ser e o que podes ser, en vez do que es. E o que ofrecen a cambio de todo iso non é nin a metade de bo do que elas pensan que é, ou polo menos a min nunca mo pareceu. Pero se cadra ti fixéchelo mellor. Quen sabe, as condenadas estanche de mellor ver hoxe en día ca nos meus tempos …

A unhas vinte iardas de onde estaban eles sentados, dúas mozas aviadas cuns lixeiros vestidos de verán axudábanse unha á outra para conseguir facer o pino. Hanwell o Vello deulle co cóbado no bandullo a Hanwell e Hanwell percibiu claramente a implícita ofensa á súa propia nai, a cal inda vivía e inda lucía uns axitados rizos –xa brancos– acaroados á fronte, mais os pesados  sombreiros de campá de sempre e as lentes ao estilo de Harold Lloyd, redondas á perfección e de montura grosa. El non dixo palabra. Foi comendo as patacas mentres a loura paliducha poñía o corpo todo teso coa intención de recibir os fermosos nocellos repoludos da morena, ben mantida a diferenza do que acontecería dez anos antes, e cando esta morena fallou o tiro, cos peitos apertados contra a tea do vestido amarelo, as pernas voltas do revés e o saiote escorado por riba dos estreitos ombreiros da compañeira, Hanwell e Hanwell observaron como rían e cambaleaban ata que, ao cabo, caeron ao chan nun barullo de brazos e pernas. Pouco despois, Hanwell o Vello xuntou os dous cornetes baleiros e esmagounos ata formar unha bola compacta coas mans, e dixo que mellor sería que erguese a persiana, xa que era a hora do té e a xente estaría devecendo por comer. Hanwell non o volveu ver nunca máis.


Un día de 1986, día que hogano só se había conservar na memoria dos arquivos, soou o teléfono na cociña de Hanwell mentres preparaba algo de comer. Estaba facendo unha pizza caseira para os nenos da súa segunda familia e os ingredientes eran unha salsa de tomate fresco solta e augada, adornada con anchoas e olivas negras, tan picante e delicioso todo que o que poderías comer a culleradas sen tan sequera tocar a codia. Tamén é posible que eu fose a única persoa á que lle gustaba facer tal cousa. Adoito excederme ao extrapolar as miñas sensacións.

- Xa vexo, si. Graciñas. É de apreciar que nolo contaraa –dixo Hanwell nun ton algo máis artificioso ca o seu. Colgou o teléfono e saíu da peza. Tras rematarmos a pizza, volveu entrar, descolorido pero composto. Dixo que lle morrera o pai, unha frase que nos requiriu á miña nai, ao meu irmán e mais a min, inventar unha persoa nun segundo e matala ó seguinte. Hanwell non dixera nada para nos ir afacendo á idea. El xa soubera unhas cantas semanas antes que a morte do seu pai era inminente; non foi onda el. Vinte anos despois, o fillo de Hanwell tampouco iría onda Hanwell cando lle chegase a hora. Hai veces que, no transcurso das miñas obrigas profesionais, se me dá por afirmar: “Non creo nos padróns”. A bolboreta que xace cravada no alfinete non ten nin idea da fermosa sombra que traza.


- Nunca asentou –dixo Hanwell–, e agora chegou ao final do camiño–. Unha metáfora curiosa, tal e coma as que lle gustan a Borges, e nós interpretámola ao pé da letra igualmente, coa lembranza do peirao de Brighton en mentes, un Brighton que para nós era a patria de Hanwell e o lugar onde os Hanwell morrían, polo xeral. Cando inda contaba cuns poucos anos de idade, unha vez tiven un soño –nunca o esquecín!– no que alguén ía deixando, encima do meu corpo, seixos deses que hai en Brighton, fríos e lisos, da mesma maneira que os xudeus deixan pedras sobre os seus mortos. Íanse amoreando pouco e pouco sobre o meu cadáver, ata que quedei completamente baixo terra e as familias viñan a merendar sobre min sen elas o saberen, posto que eu xa me convertera en rocha firme ao igual que lles pasara ao resto dos Hanwell (segundo a lóxica do meu soño) desde que houbo Hanwells en Inglaterra. Non obstante, eu son unha Hanwell e renunciei ao apelido cando casei.