venres, 11 de novembro de 2011

proposta de traballo "slavery footprint"

xa sabes cant@s escrav@s traballan para ti?; claro, non sabías que tiñas escrav@s ao teu servizo; nós tampouco pero agora non podemos ignoralo.

"the slavery footprint" (a pegada da escravitude) combina un estupendo deseño cun fin loable: a pretensión é que tod@s nos decatemos das consecuencias para persoas reais de cousas das que inicialmente podemos non ser conscientes.

mercar e usar un smartphone ou lucir roupa que nos senta estupendisimamente ou facer voar unhas zapatillas flipantes mentres machacas o aro. eh!, non, non se trata de non gozar do que nos gusta, trátase máis ben de que quen fabrica e pon no mercado o que mercamos trate @s s@s traballador@s e proveedor@s co respecto que deben.

contribuímos traducindo para a nosa xente o preámbulo (what? slaves work for me?) e a enquisa (find out, take the survey) que contén a páxina desta organización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario