xoves, 16 de xaneiro de 2014

Alejandro Tobar Salazar: “O problema radica no reducido número de lectores na nosa lingua”

gl.wikipedia.org/wiki/Alejandro Tobar
na rede
(de balde)


Alejandro Tobar Salazar (Lugo, 1983) creou en 2011 a editora Hugin e Munin, que leva xa editados case unha vintena de títulos, todos traducións ao galego. A súa traxectoria inclúe tamén a súas propias traducións e unha novela, Cremalleiras (2008), entre outras cousas.

Se tivese que escribir algo que o defina dalgún xeito en poucas palabras, que escribiría?

No traballo fago por ser unha persoa seria.

Por que traduce ou traduciu?

Porque me gusta e porque tiven a sorte de o converter na miña ocupación profesional.

Que formación, relevante para a tradución, ten vostede? Que outros elementos cre que lle farían falta?

Traduzo preferentemente do inglés; estou formado en filoloxía inglesa. Vertín ocasionalmente textos ao galego dende o francés e dende o dinamarqués. A respecto dos outros elementos que me farían falla, só se me ocorre insistir na idea de que un está continuamente a se formar.

Cales son as súas linguas de traballo? Que ferramentas emprega? Como escolleu o autor ou autora? Con que obra ou obras está vostede a traballar na actualidade?

Se a tradución é unha encarga, o autor e a obra veñen dados; se é unha escolla persoal, os motivos son múltiples —e excesivos para os expor nun cuestionario coma este. As ferramentas de traballo supoño que son as habituais: gramáticas e dicionarios tanto en papel coma virtuais. Traballo sempre cara ao galego, e fágoo polo xeral dende o inglés; móvome sen problema pero non coa mesma soltura co francés.

Que nos pode dicir sobre as condicións de traballo dunh@ tradutor@ na actualidade? Tamén desde o punto de vista económico.

A resposta a unha pregunta así, se un pretende deitala cun mínimo de rigor, non é posible reducila a un parágrafo. Direi, con todo, que no económico depende en gran medida da empresa coa que cada tradutor ten a posibilidade de traballar, pero non só. Así, cando cobramos por páxina, o abano de prezos para, poñamos, cada páxina de 2000 caracteres é, polo que eu vin e vivín, moi amplo: dos 3-4 aos 18-20 euros.

Que tarefas ou proxectos lle gustaría afrontar e inda non fixo? Por que?

Moitos. Xa haberá tempo de enfrontalos. Escritores tan dispares como Bill Bryson e Apsley Cherry-Garrard teñen obras vastísimas ás que nalgún momento tratarei de lles fincar o dente.

Como ve vostede a relación entre tradutores e industria editorial galega?

Complicada e inxusta, tanto para os tradutores como para algúns editores. Na fin de contas, creo que o problema radica no reducido número de lectores na nosa lingua. É tan triste coma real.

Que papel deberían cumprir as iniciativas privadas e as públicas en relación á tradución?

Canto á miña iniciativa, a posta en marcha en 2011 da editorial Hugin e Munin, que hoxe conta con 18 títulos publicados de narrativa de ficción en tradución ao galego e que depende en esencia dunha base de subscritores, direi que o  seu papel consiste en achegar libros de alto nivel literario ao lector en galego. Son novelas para lectores que se saben lectores, isto é, obras non sempre fáciles pero con seguridade de recoñecido prestixio literario.

Debería existir un consenso sobre unha especie de ‘canon’ de obras a traducir?

Non vexo por que. Cada editor ten o seu criterio.

Cales son os proxectos galegos que teñen que ver coa tradución que lle parecen máis interesantes?

Interésame en especial a narrativa, e dentro desta atopo cadora e cando obras concretas de editoriais diversas que logran atraparme. Todos os libros que se producen á marxe da administración debo dicir que me merecen un respecto enorme. E cadaquén que entenda.

Que opina sobre os premios de tradución que coñece? E sobre os premios en xeral.

En tradución, se non ando enganado, só temos o Plácido Castro, e este ano foi declarado deserto, así que nada. O que a AELG outorga á mellor obra traducida creo que ten uns criterios e un sistema de votación pouco fiables -coma no resto de categorías en concurso. Xa que logo, no tocante aos premios, a cousa non anda aló moi ben.

Que función podería cumprir a tradución no conxunto do sistema lingüístico (e literario) galego? A súa proxección exterior, por exemplo.

A tradución é un xeito de normalización, iso está fóra de todo debate. Confío en que as boas traducións sexan cada vez máis habituais no mercado do libro en galego nos vindeiros anos. A valoración da proxección exterior déixollela a aqueles que traballan co galego cara a outras linguas e non coas outras linguas cara ao galego, como é o meu caso.

xoves, 2 de xaneiro de 2014

Carlos Coira Nieto: "As boas traducións permiten que un sistema literario medre"

carlos coira na librería Trama (Lugo)
www.editorialgalaxia.es
na rede
(de balde)

Carlos Coira Nieto (Rábade, 1969) socio ou promotor de proxectos e empresas culturais de diversa índole (Librería Trama, Matapiollos Teatro, TrisTram Editora, …) ten feito, entre outras moitas cousas, unha tradución dos poemas de Emily Dickinson e é nesa faceta na que amablemente responde ás preguntas de ‘laxastraducidas’.

P: No seu caso, por que traduce?

R: Traduzo para poder editar en galego algúns autores que son do meu gusto e que penso que teñen un oco dentro do noso panorama editorial. Chego a tradución dende unha pequena editora.

P: Que formación, relevante para a tradución, ten vostede? Que outros elementos cre que lle farían falta?

R: A formación académica é a de filoloxía inglesa. As eivas no meu caso son moitas posto que non teño ningunha formación específica sobre tradución, aínda que intento compensalo coa lectura de traducións das que aprendo moito.

P: Cales son as súas linguas de traballo? Que ferramentas emprega? Como escolleu o autor ou autora? Con que obra ou obras está vostede a traballar na actualidade?

R: As miñas linguas de traballo son o galego e o inglés. Traballo con programas de tratamento de texto, dicionarios, enciclopedias e páxinas de referencia de tradución.

Para escoller autores fíome moito polo meu gusto persoal e por se creo que algún autor debe ser editado na nosa lingua.

Na actualidade non estou traballando en ningunha tradución.

P: En que está a traballar agora?

R: Agora mesmo non sigo traducindo por falta de tempo e porque a editorial que temos non está nestes momentos sacando novas traducións.

P: Como valora a súa experiencia como tradutor@?

R: A miña experiencia como tradutor foi, sen dúbida boa; non dende un punto de vista económico.

P: Que nos pode dicir sobre as condicións de traballo dunh@ tradutor@ na actualidade? Tamén desde o punto de vista económico.

R: Aínda que agora xa non traduzo supoño que as condicións non mellorarían porque lamentablemente estamos nun momento en que nada do que ten que ver coa cultura vai ben. Dende o punto de vista económico, e referíndome sempre á tradución literaria, que é a que coñezo, supoño que é un momento moi malo pola falta de subvencións á tradución, pola tremenda baixada en edición e pola baixada de vendas de libros.

P: Que tarefas ou proxectos lle gustaría afrontar e inda non fixo? Por que?

R: A tradución ao galego de Tristram Shandy, sen dúbida unha das miñas novelas favoritas e que deu nome á nosa editorial. Tamén me gustaría traducir obras infantís.

P: Que papel deberían cumprir as iniciativas privadas e as públicas en relación á tradución?

R: Deberían ser as que consigan o orzamento e mellorasen as condicións de traballo para que os tradutores traballen nas mellores condicións posibles; tanto as institucións como a empresa editorial.

P: Debería existir un consenso sobre un ‘canon’ de obras a traducir?

R: Creo que polo ben da diversidade a decisión de que traducir ou non debería partir sempre do gusto de editores, tradutores …,

P: Onde radican os problemas da actividade tradutora, de habelos, dentro do panorama cultural en lingua galega?

R: Non creo que sexa un problema especifico da tradución senón de toda a actividade cultural galega que está atravesando un momento moi difícil.

P: Cales son os proxectos galegos que teñen que ver coa tradución que lle parecen máis interesantes?

R: Hai moitos proxectos ben interesantes e para min, como xa comentei antes, hai algúns infantís como os que está facendo ‘patasdepeixe editora’, ou dalgúns autores que me parecen moi bos, como os que están traducindo en ‘Rinoceronte editora’.

P: Que opina sobre os premios de tradución que coñece?

R: Aínda que non sei moito sobre isto os premios sempre on importantes para facer visible algo.

P: Que función podería cumprir a tradución no conxunto do sistema lingüístico (e literario) galego? A súa proxección exterior, por exemplo.

R: Para unha persoa coma min que ven de filoloxía inglesa sempre é importante a tradución para poder compartir autores con xente que non é quen de ler no idioma orixinal; penso que as boas traducións permiten que un sistema literario medre.

P: Tanto no eido das iniciativas públicas coma no das privadas, que pasos deberían darse na actualidade para mellorar a tradución en lingua galega?

R: Para mellorar unha tradución sempre é necesario ter tempo e iso non é de balde. É necesario que a posta económica sexa clara para que os tradutores poidan dedicar o tempo que cada tradución necesita.

venres, 13 de decembro de 2013

Belén Poutón Reboredo: "Hai que seguir a investigar a propia riqueza da nosa lingua"

Belén na praia das Catedrais
Cafetería A Barra, Lalín
decembro de 2013
zume de laranxa natural e unha torrada

Belén Poutón Reboredo (Lalín, 13 de marzo de 1990) rematou en maio os seus estudos de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo (inglés – galego), onde tamén traballa como bolseira (correctora) no Servizo de Normalización Lingüística. Tamén vén de gañar o Premio de Tradución convocado anualmente por dita institución coa súa tradución dunha historia de Zadie Smith, Hamwell o vellopublicada en lingua inglesa en 2007.

Di que sempre lle gustaron as linguas e quixo facer xirar a súa vida en torno a elas; polo tanto, estudar tradución foi algo non discutible. Logo de superada unha crise que lle fixo preguntarse se estaría a traballar no eido correcto, se non tería sido mellor estudar galego e non inglés, resolveu que non, que podía contribuír á estender o sistema literario e lingüístico galego dende a súa perspectiva de tradutora literaria, porque iso é o que Belén quere ser nun futuro non moi distante.

P. Desde a túa altura, recén rematados os seus estudos, como albiscas a situación da tradución literaria ao galego?

R. Para unha persoa coma min a situación non é doada porque, tendo en conta o tamaño da profesión e a súa capacidade de admitir novos traballos, xa hai moit@s tradutor@s no sistema e as posibilidades de traballar profesionalmente non son moitas. Ademais, dáme a impresión de que as grandes editoras galegas non apostan abondo pola tradución.

P. Polo tanto, cres que te vas poder dedicar só a isto?

R. Non o creo, é máis que probable que teña que compaxinar o que máis me gusta (a tradución literaria) con outras cousas; como a tradución técnica (manuais e folletos) e a audiovisual.

P. Por que decidiches participar neste premio?

R. Hai varias razóns, non só unha. Por probarme a min mesma e porque se saía ben podería ser algo moi positivo para o meu futuro profesional. Nunca sabes o que che pode abrir portas. E eu quero abrilas.

P. Como foi o proceso para a escolla deste texto e non outro?

R. Tamén hai varias razóns. A verdade é que revisei varios textos que me interesaban antes de optar por este. Ao final pesaron máis dúas razóns: a historia gustábame moito e supuña un reto, era complicada de traducir.

P. Que complicacións sinalarías, por exemplo?

R. Hai unha cantidade impresionante de xogos de palabras que é complicado reflectir en galego mantendo un mínimo de corrección e posibilidades de comprensión por parte d@ lector@.

En ocasións, Hanwell usa e recrea linguaxe que provén de seu pai, Hamwell o Vello, que á súa vez é amigo do uso e abuso de frases feitas. En concreto, cando Hanwell improvisa recitando uns versos que toman palabras dos consellos de Hanwell o Vello.

E hai que tomar decisións na vida (risas), coma fish’n’chips, que pasa a ser ‘fritada de peixe e patacas’.

P. Que dificultades, na túa curta experiencia, atopaches, fóra das propias dificultades do texto en si?

R. Creo que non hai moitos recursos en galego. Teriamos que ter máis. Algúns dicionarios e glosarios que hai en galego mesmamente deixan moito que desexar. Por exemplo, creo que o dicionario da RAG está incompleto, incluso palabras de uso cotián non figuran nel.

Por outra banda, a norma lingüística ten que avanzar máis no camiño da flexibilidade. Hai algunha incerteza terminolóxica que habería que emendar. E inda hai que seguir a investigar a propia riqueza da nosa lingua para que, ás veces, non caiamos nos castelanismos. Por exemplo, ‘facer o pino’ é un deles que quedou no meu texto, e non por falta de investigación. Estou segura de que hai unha expresión equivalente na nosa lingua pero non a atopei. E así quedou.

P. E logo disto, que pasos vas dar para converterte nunha tradutora profesional?

R. O primeiro será a cuestión dos currículos e pensar nalgún proxecto que presentar a algunha editora. De non haber resposta, haberá que ver.

P. Hai algunha cousa sobre a que che gustaría traballar?

R. A verdade é que de momento non. Gústame moito a narrativa contemporánea. Por aí supoño que tirarei. Gústanme autores como Auster ou Murakami. Admiro, por exemplo, a capacidade que ten Murakami de recrear mundos e universos propios, cercanos ou non @s lector@s. Pero claro, aí xa tería que continuar aprendendo o xaponés para defenderme mellor.

P. Como ves a oferta de textos traducidos en galego?

R. En principio, a pesar da crise tan fonda que existe, a oferta é bastante boa e variada. Hai oferta de tradución de textos clásicos e tamén de textos actuais. Hai casos incluso nos que as traducións de certos autores teñen saído antes en galego que en castelán, por exemplo. Sería un caso no que globalmente se está a facer moito con poucos recursos. E logo están editoras como Rinoceronte, que cobre baleiros que as ‘grandes’ non poderían facer, con textos procedentes de linguas non tan potentes coma o inglés. E en literatura infantil tamén hai moita oferta.

sábado, 7 de decembro de 2013

proposta de traballo "10 strategies of manipulation by the media, Noam Chomsky"

www.siasat.pk
renowned critic and MIT linguist Noam Chomsky, one of the classic voices of intellectual dissent in the last decade, has compiled a list of the ten most common and effective strategies resorted to by the agendas “hidden” to establish a manipulation of the population through the media. Historically, media have proven highly efficient to mold public opinion. Thanks to media paraphernalia and propaganda, they have been created or destroyed social movements, justified wars, tempered financial crisis, spurred on some other ideological currents, and even created the phenomenon of media as producers of reality within the collective psyche. But how to detect the most common strategies for understanding these psychosocial tools which, surely, affect our lives deeply? Fortunately, Chomsky has been given the task of synthesizing and expose these practices, some more obvious and more sophisticated, but apparently all equally effective and, from a certain point of view, demeaning.

1. the strategy of distraction

the primary element of social control is the strategy of distraction which is to divert public attention from important issues and changes determined by the political and economic elites, by the technique of flood or flooding continuous distractions and insignificant information. Distraction strategy is also essential to prevent the public interest in the essential knowledge in the area of the science, economics, psychology, neurobiology and cybernetics.

“maintaining public attention diverted away from the real social problems, captivated by matters of no real importance. Keep the public busy, busy, busy, no time to think, back to farm and other animals” (Silent Weapons for Quiet War)

2. create problems, then offer solutions

this is also called “problem – reaction – solution”. They create a problem, a “situation” referred to cause some reaction in the audience, so this is the principal of the steps that you want to accept. For example: let it unfold and intensify urban violence, or arrange for bloody attacks in order that the public is the applicant’s security laws and policies to the detriment of freedom. Or: create an economic crisis to accept as a necessary evil retreat of social rights and the dismantling of public services.

3. the gradual strategy

acceptance to an unacceptable degree, just apply it gradually for consecutive years. That is how their radically new socioeconomic conditions (neoliberalism) were imposed during the 1980s and 1990s: the minimal state, privatization, precariousness, flexibility, massive unemployment, wages; they do not guarantee a decent income; so many changes that would have brought about a revolution if they had been applied once.

theinternationalcoalition.blogspot.com
4. the strategy of deferring

Another way to accept an unpopular decision is to present it as “painful and necessary”, gaining public acceptance, at the time for future application. It is easier to accept that a future sacrifice of immediate slaughter. First, because the effort is not used immediately. Then, because the public, masses, is always the tendency to expect naively that “everything will be better tomorrow” and that the sacrifice required may be avoided. This gives the public more time to get used to the idea of change and accept it with resignation when the time comes.

5. go to the public as a little child

most of the advertising to the general public uses speech, argument, people and particularly children’s intonation, often close to weakness, as if the viewer were a little child or a mentally deficient. The harder one tries to deceive the viewer look, the more it tends to adopt an infantilising tone.

“if one goes to a person as if she had the age of 12 years or less, then, because of suggestion, she tends with a certain probability that a response or reaction also devoid of a critical sense as a person 12 years or younger” (Silent Weapons for Quiet War)

6. use the emotional side more than the reflection

making use of the emotional aspect is a classic technique for causing a short circuit on rational analysis, and finally to the critical sense of the individual. Furthermore, the use of emotional registers to open the door to the unconscious for implantation or grafting ideas, desires, fears and anxieties, compulsions, or induce behaviors, …

7. keep the public in ignorance and mediocrity

making the public incapable of understanding the technologies and methods used to control and enslavement. “The quality of education given to the lower social classes must be the poor and mediocre as possible so that the gap of ignorance it plans among the lower classes and upper classes is and remains impossible to attain for the lower classes (See Silent Weapons for Quiet War).

athenianvoice.wordpress.com
8. to encourage the public to be complacent with mediocrity

promote the public to believe the fact that it is fashionable to be stupid, vulgar, and uneducated …

9. self-blaming strengthening

let individuals blame for their misfortune, because of the failure of their intelligence, their abilities, or their efforts. So, instead of rebelling against the economic system, the individual feeling of guilt creates depression, one of whose effects is to inhibit action. And, without action, there is no revolution!

10. getting to know individuals better than they know themselves

over the past 50 years, accelerated advances of science have generated a growing gap between public knowledge and that owned and operated by dominant elites. Thanks to biology, neurobiology and applied psychology, the “system” has enjoyed a sophisticated understanding of human beings, both physically and psychologically. The system has gotten better acquainted with the common man more than he knows himself. This means that, in most cases, the system exerts greater control and great power over individuals, greater than that of individuals about themselves.

mércores, 27 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (06): sobre política no mundo contemporáneo

laporongoteca.blogspot.com
polo que atinxe a ‘o político’, calquera definición simplificadora ou que lle confira unha única función é peor que enganosa, é paralizante. Somos, despois de todo, seres fragmentados, vivindo simultaneamente en parcelamentos da realidade separados; en cada un deles é posible un certo tipo de política, e se temos enerxía abondo, sería desexable encarrilar todas esas formas de actividade política simultaneamente. Polo tanto, a cuestión ‘metafísica’: que é a política – a toma do poder? tomar as rúas? organizarse? falar de socialismo? resistir a xerarquía e a autoridade? manifestarse a favor do desarmamento ou tentar salvar a túa veciñanza? combater o concello? – esta cuestión só paga a pena cando nos leva á enumeración de todas as posibles opcións, e non cando nos tenta a seguir a miraxe dunha idea estratéxica grandiosa e única. Inda así, temos que falar de cada unha desas formas de intervención política por separado, para que haxa unha confusión suprema que evitar: a saber, a idea errónea de que cando se delinea modestamente unha certa forma de actividade política – como aquela na que se poden involucrar os intelectuais na universidade – este ‘programa’ suxestionaría un certo tipo de intervención política no ensino da literatura. Quería dicir que isto era todo o que deberiamos facer sempre.

Diacritics, v. 12 Fall 1982, p. 75.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

diegonietoicesi.wordpress.com
como gran narrativa, o marxismo compensa o feito de que, como individuos biolóxicos, a duración das nosas vidas non se corresponde a ritmos históricos. Os movementos históricos máis amplos son sempre sorprendentes e inesperados, e, sen embargo, contemplados desde unha perspectiva sistémica máis ampla, volven facer sentido a partir do que sabemos da maneira en que funciona a historia do capitalismo. Estou convencido de esta nova forma de capitalismo posmoderna e global se deberá a unha nova lóxica de clase, pero isto inda non ten emerxido completamente porque o traballo inda non se reconstituíu a escala global, e por iso hai unha crise en relación ao que son clases e conciencia de clase. Está moi claro que a capacidade de actuar desde a esquerda non é inherente a esas vellas formas pero a narración marxista asegúranos que algunha forma de capacidade de actuar se reconstituirá e ese é o sentido no que inda me atopo comprometido coa lóxica marxista.

Marxism Today, September 1990, p. 30

“aferrarse aos danos: unha conversa con Stuart Hall”

luns, 25 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (05): diversidade cultural vs. diferenza, e acción colectiva

www.class.ufl.edu
sen dúbida, o que se experimenta e se constrúe ideoloxicamente, como a liberdade, non ten porque ser para nada liberdade. Pero si que conduce a unha sensación de diferenza. É como se a era da produción en masa e a cultura de masas tiveran xa xerado, non estandarización, mais unha proliferación de diferenza, de outredade. As corporacións xa non fan publicidade para un público masivo. Agora diríxense a obxectivos concretos – concéntranse nas sutís diferenzas entre diferentes grupos de consumidores, explotando a fragmentación cultural. Obviamente, precísase acadar certo nivel de masificación antes de que isto sexa posible. Esta é a diferenza despois da masificación, en vez do vello estilo do individualismo do dezanove; e a diferenza que sorprende a xente sobre o posmodernismo é a súa colectivización, anonimato, e calidade sistémica … Hai un problema lingüístico con este concepto da diferenza. A conceptualización de diferenza non tería sido posible en situacións de diferenza real. Nun sistema imperial, onde os pobos colonizados son real e radicalmente distintos dos seus señores metropolitanos, non hai gran mérito político en afirmar esas diferenzas. O concepto político e cultural de diferenza baséase, paradoxalmente, na conquista dunha certa igualdade e identidade nos subgrupos sociais. Non tería sido posible ata o momento onde houbo menos diferenza … A estandarización, novamente, é algo tanto malo como bo. E fai que me pregunte cantas ilusións están presentes cando, incluso se a lóxica do sistema é a diferenciación, ao producir diferenza se produce unha nova forma de estandarización. En efecto, toda a lóxica do posmodernismo é esa: un novo xeito de ver a identidade como diferenza, o que non teriamos sido quen de pensar ou expresar moi ben nun período anterior … O aspecto politicamente positivo sobre o que se foi describindo é o feito de que os subgrupos teñen sido quen de acadar unha certa existencia colectiva que non tiñan realmente con anterioridade. Isto encaixa claramente nunha caste de comunicación cultural por parte das industrias que agora teñen un novo submercado e producen novos produtos para el. Pero o asunto crucial non serían eses emblemas de diferenza cultural, sería o feito da colectividade.

Marxism Today, setembro 1990, p. 30
“aferrarse aos danos: unha conversa con Stuart Hall”

internacionalsur.blogspot.com
sempre insisto nunha terceira posibilidade alén do vello ego burgués e o suxeito esquizofrénico da nosa organización en sociedade hoxe en día: un suxeito colectivo, decentrado pero non esquizofrénico. Emerxe en certas formas de narración que se poden atopar na literatura do terceiro mundo, en literatura testemuñal, en chismes e rumores, … É un xeito de contar que nin é persoal no sentido modernista, nin despersonalizado no sentido patolóxico do texto esquizofrénico. Está decentrado posto que as historias que contas alí como suxeito individual non che pertencen xa que non as controlas do xeito que faría o suxeito mestre do modernismo. Pero non é que simplemente as sufras coma no illamento esquizofrénico do suxeito do primeiro mundo de hoxe en día.

FlashArt, #131, decembro 1986 – xaneiro 1987, pp. 70-71
entrevista con Fredric Jameson por Anders Stephanson

domingo, 24 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (04): sobre marxismo e outros códigos interpretativos

www.flickr.com
creo sería un erro defender o lugar do marxismo no sistema universitario americano sobre a base da tolerancia e o pluralismo liberais (por outro lado admirables). Hai unha xustificación moito máis poderosa que esta para o papel intelectual do marxismo, e ten que ver co que ten sido denominado reificación; a saber, a maior especialización e fragmentación das disciplinas. Moitos intelectuais deploran este desenvolvemento irreversible, mediante o que segmentos cada vez menores da realidade mudan nas provincias de códigos especializados ou linguaxes privadas (dos cales a xerga e o léxico nin sequera son quizás tan prohibitivos como a sedimentación en cada un deles de tradicións disciplinarias voluminosas – tanto textos chave como unha historia de problemas chave – que ningún leigo ten tempo de aprender ben). A ‘solución’ académica establecida a esta crise ten sido, baixo sexa cal sexa o slogan, a noción de programas ‘interdisciplinarios’, dos que os resultados teñen sido, ata o de agora, una notable decepción. En contraposición a isto, creo que é crucial insistir no feito que o marxismo é a única filosofía viva hoxe cunha concepción da unidade de coñecemento e a unificación de campos ‘disciplinarios’ que transcende as antigas divisións en departamentos e institucións e restaura a noción dun obxecto universal de estudo subxacente ás pescudas aparentemente diferenciadas no económico, o político, o cultural, o psicanalítico, … Esta non é unha opinión dogmática senón simplemente un feito empírico.

Diacritics, v. 12, Fall 1982, p. 89.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

mielylangostas.blogspot.com
todos, desde os distintos lugares que ocupamos na sociedade, e o tipo de cousas que sabemos, facemos interpretacións distintas. E temos códigos e métodos diferentes cos que facelo. O menos interesante que se pode facer nunha disputa é decidir que unha interpretación é correcta e a outra errada … Unha vez que un recibe interpretacións flamantes en base a algún tipo de texto, a continuación o máis interesante é investigar as zonas de validez destas interpretacións distintas. Ningunha interpretación obtida deste xeito pode ser completamente errada. Algo no texto debe ter posibilitado incluso a lectura máis aberrante que se poida imaxinar. Por conseguinte, hai unha zona local de validez que se pode atribuír a esa lectura. A miña pregunta ten que ver coa coordinación de todas esas lecturas e de ver finalmente como se conxuntan. Desde o meu punto de vista tamén hai horizontes implicados en cada lectura; hai abanos de validez na interpretación máis e máis amplos. Posto que o que é ao final concreto é a vida en sociedade da xente e a súa visión da vida colectiva, esas preguntas sobre o social e a clase son, dalgún xeito, as definitivas. En realidade non teño que defender esa posición con moita violencia; todo o que teño que facer é sinalar que a maioría de interpretacións deixan fóra eses niveis, inda que sempre hai moitas outras cousas que sempre se interpoñen. Se certas castes de cuestións sociais non son xeralmente cuestionadas nas interpretacións, entón cando menos é minimamente válido insistir que logo de acabar co resto de asuntos – os teus asuntos freudianos e existenciais – poderías desexar examinar finalmente a cuestión da túa clase social, posto que ninguén semella facer iso. Polo tanto, iso pesa na xerarquía desas interpretacións. O máis interesante é ver o que son todas as interpretacións, e logo ver como se poden conxuntar, o que é bastante distinto de rebaterlle á xente.

Semeia, #59, 1992, pp. 233-234.
unha conversa con Fredric Jameson