domingo, 12 de abril de 2020

botaporelas: unha teoría

capa do libro orixinal
goodreads.com
no verán de 2010, Stanley McChrystal, comandante en xefe en Afganistán mofouse de que nos EEUU os civís mandaran sobre os militares EEUU e, como consecuencia, o presidente Barack Obama pediulle que dimitira. tal mostra de insolencia causou estrañeza. pero resultou clarificador saber como McChrystal acostumaba xestionar outros asuntos menores. dise que nunha ocasión, o seu xefe de gabinete informouno que debía asistir a unha cea en París cos aliados da OTAN - nom por que fraqueasen e tivese que apuntalar o seu apoio para continuar a guerra senón porque, tal e como o expresou o xefe de gabinete, 'a cea vai co cargo, señor'. McChrystal fíxolle unha figa, contestándolle, 'e isto vai co cargo?'.

se comparamos casos de descaro, o xeneral McChrystal palidece en comparanza con outro xeneral, Douglas MacArthur. durante a guerra de Korea, MacArthur era a lei, en cuestións importantes e en cuestións menores. desafiou e rifou en público co presidente Truman defendendo a guerra nuclear. cando logo se reuniron na Illa Wake, MacArthur chegou ao extremo de chegar primeiro  e logo tardar un chisco en permitir aterrar o avión presidencial. así o comandante en xefe de MacArthur aterrou semellando ser o seu subordinado.

cando explicou máis tarde o relevo de MacArthur Truman dixo: 'despedino por nom respectar a autoridade presidencial, nom o despedín por ser un maldito fillo de puta, inda que o é, porque iso nom contravén a lei no tocante a xenerais'. Truman aproveitou para meter, comprensibelmente, as súas pullas. perfectamente podía ter dito tamén que MacArthur era un auténtico botaporela.

mais iso nom é unha acusación exótica: os botaporelas abundan na historia e na vida pública. ademais de xenerais botaporfóra, pensemos en figuras contemporáneas como o ex-presidente italiano Silvio Berlusconi, o venezolano Hugo Chávez ou o iraniano Mahmoud Ahmadinejad. pensemos en Donald Trump, o exixente crítico de música pop Simon Cowell, ou o narcisista Mel Gibson. atopamos botaporelas todos os días nas novas por cable, onde os locutores nom paran de interromper aos convidados, e tamén na radio, onde se desperdicia tempo con comentaristas que nom fan máis que mentir e insultar. isto deteriora o debate público, tan vital para unha sociedade democrática saudábel, pero para máis inri os comentaristas que se sobreexcitan nas ondas fanse ricos e famosos, e tamén o pasan bomba.

todo isto formula un asunto filosófico máis amplo: en que consiste ser un botaporela? a resposta nom é obvia, a pesar de que a miúdo, nas nosas vidas persoais, vémonos atrapados entre xente para a que nom existe mellor definición. os botaporelas nom simplemente se atopan na historia ou nos altos cargos mais en case todas partes - no traballo, no bar que nos gusta, no deporte, no instituto, no noso grupo relixioso, ou no noso círculo de amizades; e incluso, para os máis desafortunados, na propia casa ou na familia máis próxima.

fagamos como fagamos para librarnos deles, a miúdo a verdade é que temos que soportar reunións que, para a maioría de nós, representan grandes dificultades e esforzo persoal. o botaporela nom só é unha persoa irritante máis, é unha persoa absolutamente molesta - molesta abondo para provocar que se desencadee en nós a impotencia, o medo, ou a ira. para empeorar as cousas, poderiamos nom ser quen de entender exactamente porque alguén nos pode chegar a perturbar tanto. pode que o único do que esteamos seguros é que 'botaporela' é a palabra repugnante e tamén apropiada para esta persoa en concreto.

mentres que á maioría de nós lle viría ben algún consello no tocante ao manexo dos botaporelas, nom chegamos moi lonxe sen ter respondido á pregunta inicial: en que consiste ser un botaporela?. de nom haber máis opcións, unha boa resposta - unha boa teoría do 'botaporela' - sería intelectualmente útil. proporcionaríanos os conceptos que precisamos para acabar pensando ou dicindo a razón pola que algunha xente nos chega a molestar tanto.

iso, á súa vez, e esa é a idea, abriría unha ventá pola que mirar aspectos máis fondos da nosa moral e da nosa vida social. comprobariamos o que revelan os botaporelas sobre a condición social humana e a razón da súa ubicuidade, en todas as sociedades. a idea é que unha boa teoría sería útil no día a día. entender os botaporelas que nos deteñen podería axudarnos a pensar dun xeito construtivo sobre a mellor maneira de manexalos. poderíamos ter máis claro cando é mellor plantarse ou cando é mellor ignoralos - paga a pena loitar por ter iso máis claro.

a nosa teoría defende que o botaporela exhibe unha característica da moral que os filósofos tratan de comprender desde os tempos de Jean-Jacques Rousseau. o botaporela rexeita escoitar as nosas queixas, lexítimas, e por iso representa un reto á idea de que todos e cada un de nós temos dereito a ser recoñecidos como iguais desde o punto de vista moral. isto explica por que o botaporela é tan irritante, ao revelar a grande importancia que concedemos ao recoñecemento dos demais en ámbitos sorprendentes das nosas vidas. comprender ben isto contribúe a manexar mellor os botaporelas.

a clave é comprender porque estamos tan tentados a loitar nos termos que eles propoñen: loitamos polo noso propio recoñecemento moral. tamén exploraremos con máis fondura cuestións máis básicas sobre a vida social humana: por que os botaporelas son basicamente homes? teñen realmente a culpa de ser botaporelas? por que unhas sociedades producen máis botaporelas que outras? son certos estilos de capitalismo especialmente propensos á produción de botaporelas e, consecuentemente, ao declive social? e, finalmente, podemos, en último termo, facer as paces nom só co botaporela que nos toca en sorte e tamén coa condición humana, na os botaporelas nom fan máis que florecer?

en que consiste ser un botaporela?

a nosa teoría é basicamente esta: unha persoa conta como botaporela cando, e só cando, sistematicamente se permite gozar de privilexios especiais nas relacións interpersoais en base a un arraigado sentido de ter dereito a facer o que lle pete que o inmuniza contra as queixas do resto (ao ser os botaporelas, nunha enorme proporción homes, usamos o masculino a propósito. consideramos que as mulleres tamén poder ser botaporelas. pensemos en Ann Coulter). a nosa teoría, polo tanto, ten tres elementos básicos: en termos interpersonais e cooperativos, o botaporela:

1, crese co luxo de gozar de privilexios especiais e abusa deles de xeito sistemático;
2, faino por crer que ten dereito a facelo; e
3, é inmune, por crerse con dereito, ás queixas do resto.

así, por exemplo, o botaporela é a persoa que habitualmente nom garda a fila. ou que frecuentemente interrompe unha conversa. ou que saca a man pola ventá para cambiar de carril ao conducir. ou que insistentemente subliña os defectos doutra persoa. ou que é extremadamente sensíbel a sentirse ofendido mentres nom se decata de que el é borde co resto. unha persoa insensíbel - un simple 'cretino' - podería sentirse chamado a gozar de 'privilexios especiais' en tales relacións interpersonais. o que distingue ao botaporela é o xeito de actuar, as razóns que o impulsan a actuar dun xeito arrogante e abusivo. o botaporela actúa convencido de que é especial, que as normas xerais de conduta nom se lle aplican (...)

Aaron James
Knopf Doubleday Publishing (2012)
tradución por @xindiriz
xindiriz@gmail.com

1 a theory

in the summer of 2010, Stanley McChrystal, US army general and Afghan war commander, reportedly trashed the US civilian military leadership, in effect forcing President Barack Obama to ask him to resign. the display of disrespect was striking, but more telling were the details about MacChrystal's handling of smaller matter. according to one story, McChrystal was once apprised by his chief of staff that he was obliged to attend a dinner in Paris with NATO allies -if not to shore up flagging support for the war, then simply because, as the chief of staff put it, 'the dinner comes with the position, sir'. McChrystal held up his middle finger, retorting, 'does this come with the position?'.

for brazen disregard, General McChrystal pales in comparison to another general, Douglas MacArthur. during the Korean War, MacArthur was a law unto himself, in matters both big and small. he quarreled defiantly in public with President Turman, agitating for nuclear war. in their eventual confrontation at Wake Island, MacArthur went so far as to arrive first and then order the president's approaching plane into a holding pattern. MacArthur's commander in chief would thus arrive on the landing strip appearing to be MacArthur's supplicant.

in explaining why he subsequently relieved MacArthur of his command, Truman said, 'I fired him because he wouldn't respect the authority of the president. I didn't fire him because he was a dumb son of a bitch, although he was, but that's not against the law for generals'. Truman was arguably pulling his punches. he could easily have called MacArthur an asshole.

that would not be an exotic charge: assholes abound in history and public life. aside from runaway generals, we might think of such contemporary figures as former Italian president Silvio Berlusconi, Venezuelan president Hugo Chávez, or Iranian president Mahmoud Ahmadinejad. we might think of the self-important developer-entertainer Donald Trump, the harsh pop music critic Simon Cowell, or the narcissist actor Mel Gibson. assholes are found daily on cable news, where hosts repeatedly interrupt their guests, and also on talk radio, where airtime is given to commentators who thrive on falsehood and invective. even as this demonstrably degrades the public debate so vital for a healthy democratic society, overheated commentators get rich and famous, while clearly having a really great time.

all of this poses a larger philosophical question: what is it for someone to be an asshole? the answer is not obvious, despite the fact that wer are often personally struck dealing with people for whom there is no better name. assholes can be found not simply in history and high public office but almost anywhere -at work; in our chosen club, sport, school religious group, or circle of friends; and even, for the truly unlucky, in the home or immediate family. try as we might to avoid them, we often simply have to manage encounters that come, for most of us, with great difficulty and personal strain. the asshole is not just another annoying person but a deeply bothersome person -bothersome enough to trigger feelings of powerlessness, fear, or rage. to make matters worse, we may be unable to understand why exactly someone should be so disturbing. we may feel certain only that 'asshole' is a suitably unsavory name for this particular person.

while most of us could use advice in asshole management, we cannot get far without an answer to our initial question: what is it for someone to be asshole? if nothing else, a good answer -a good theory of the asshole- would be intellectually interesting. it would give us the concepts to finally thing or say why some people disturb us so. that, in turn, would ideally open a window into deeper aspects of morality and social life. we would see what assholes reaveal about the human social condition and why assholes are everywhere, in every society. ideally, a good theory would be practically useful. understanding the asshole we are stuck with might help us think constructively about how best to handle him. we might get a better sense of when the asshole is best resisted and when he is best ignored -a better sense of what is, and what is not, worth fighting for.

according to our theory, which we will present shortly, the asshole exposes a deep feature of morality that philosophers have sought to understand from the time of Jean-Jacques Rousseau to this day. the asshole refuses to listen to our legitimate complaingts, and so he poses a challenge to the idea what we are each to be recognized as moral equals. this explains why the asshole is so bothersome, by revealing the great importance we attach to recognition in unexpected areas of our lives. in later chapters, we will suggest that a clearer understanding of this helps with asshole management. the key is understand why we are easily tempted to fight on the asshole's terms: we are fighting for moral recognition in his eyes. we will also explore larger, more basic questions about human social life. why are assholes mainly men? can assholes be properly blamed? why do some societies produce more assholes than others? are certain styles of capitalism especially prone to asshole production and thus social decline? and, finally, can we ultimately make peace not only with the given asshole but also with a human social condition in which assholes flourish?

what is it to be an asshole?

our theory is simply this: a person counts as an asshole when, and only when, he systematically allow himself to enjoy special advantages in interpersonal relations out of an entrenched sense of entitlement that immunizes him against the complaints of other people (because assholes are by and large men, we use the masculine pronoun 'he' advisedly. we will suggest that women can be assholes as well. for the time being, think of Ann Coulter). our theory thus has three main parts. in interpersonal or cooperative relations, the asshole:

1, allows himself to enjoy special advantages and does so systematically;
2, does this out of an entrenched sense of entitlement; and
3, is immunized by his sense of entitlement against the complaints of other people.

so, for example, the asshole is the person who habitually cuts in line. or who frequently interrupts in a conversation. or who weaves in and out of lanes in traffic. or who persistently emphasizes another person's faults. or who is extremely sensitive to perceived slights while being oblivious to his crasness with others. an insensitive person -a mere 'jerk'- might allow himself to so enjoy 'special advantages' in such interpersonal relations. what distinguishes the asshole is the way he acts, the reasons that motivate him to act in an abusive and arrogant way. the asshole acts out of a firm sense that he is special, that the normal rules of conduct do not apply to him (...)

domingo, 15 de marzo de 2020

Stefan Zweig, cara a e cara b

Stefan y Lotte Zweig | Acervo CSZ, Universidad de Salford
Stefan Zweig suicidouse o 22 de febreiro de 1942 en Petrópolis. inxeriu unha forte dose de veronal xunto á súa segunda muller, Lotte Altmann. ela estaba enferma, con escasa posibilidade de cura e el, con sesenta anos, deprimido e canso de deambular de país en país, sen fogar, privado da súa fabulosa biblioteca persoal e sen acougo para poder traballar.

en 1942 Hitler semellaba invencíbel e Zweig nom quería seguir vivindo coa perspectiva de que o seu vello mundo de cultura e liberdade se derrubara arrastrando con el o humanismo dos 'bos' europeos, aquelas ideas que os nazis masacraban.

Zweig era un supervendas con obras traducidas a máis de 50 idiomas diferentes. desde 1925 ningún autor vendía tantos libros coma el, nim sequera Thomas Mann. triunfara entre o público culto da época con ensaios biográficos sobre algúns dos seus autores predilectos: Nietzsche, Hölderlin, Dostoyevski ... o mesmo que coas biografías de Fouché, María Antonieta ou María Estuardo.

nom aportaba datos históricos novos pero era capaz de transmitir sentimentos, descubrir as paixóns e os arrebatos dentro de cada personalidade, así como os xiros inusitados do destino que transforman as vidas. ninguén antes ca el reflectiu con tanto detalle as perplexidades do corazón, os trastornos da ánima dos creadores ou dos personaxes políticos.

ademais de biógrafo foi tamén poeta e tradutor, iniciándose nestas tarefas durante a súa acomodada xuventude na Viena dos Habsburgo; coñeceu e admirou a grandes escritores e namorouse da literatura francesa, sobre todo de Balzac. tamén tiña devoción por Chejov e Tolstoi, rusos que probabelmente leu en francés.

cedo comezou a escribir relatos e novelas cun estilo propio, áxil, e conciso; novelas que trataban do interior do ser humano, que el consideraba máis ilimitado e enigmático. exploraba as paixóns dos seus coetáneos de igual xeito que escribía as súas biografías. sabía describir ben as paixóns dos seus personaxes femininos, esposas seducidas ou tentadas pola aventura cun descoñecido, mozas cheas de anhelos inconfesábeis, ...

na súa vida privada tiña éxito coas mulleres, rompía algún corazón que outro inda que nunca desprezaba nim era misóxino á maneira dun Arthur Schnitzler. estaba máis próximo ao feliz afeccionado aos praceres da vida que foi Casanova, de quen tamén trazou unha biografía.

das súas novelas dúas foron traducidas á lingua galega, a impaciencia do corazón (1939, traducida por Rosa María Gómez Pato e publicada pola editora 'Hugin e Munin' en 2018), e novela de xadrez, dobremente traducida ao galego, por Patricia Buxán e Saleta Fernández, en 2004 para 'Ir Indo' e en 2018 para 'Irmás Cartoné' respectivamente.

poucos meses antes de morrer, illado en Petrópolis, sen libros que consultar para terminar o seu gran estudo sobre Balzac, lía os ensaios de Montaigne e mataba o tempo xogando xadrez con Lotte. moi produtivo a pesar do seu pesimismo xa que inda xusto antes do fin escribiu o mundo de onte, e novela de xadrez.

este último é un relato considerado perfecto por moitos críticos. nel mostra a súa sutil repulsa do nazismo. un campión mundial de xadrez, romo e de ideas fixas, perde unha partida contra un misterioso personaxe, Dr B, un home culto machucado pola Gestapo que soubo conservar a súa integridade e liberdade interiores cando ao seu redor se derrubaba o mundo, como Erasmo, figura tan querida por Zweig, heroe do seu propio tempo.

FONTES:
Luis Fernando MORENO CLAROS, la vertiginosa épica del sentimiento
Braulio GARCÍA JAÉN, la mentira de Stephan Zweig, retrato de una omisión histórica

cando se inicia a IGM miles de civís son executados nas proximidades das liñas de combate, pola mera sospeita de ser espías. Zweig, xa coñecido por entón, escribía no seu diario, 'hai que cauterizar co ferro ao roxo o lixo que supura'. iso escribía o 'bo' europeo, como lle chamou Roman Rolland, un escritor francés e amigo seu, a quen Zweig tranquilizaba por carta sobre a firmeza do seu pacifismo.

a finais de 1914, dedicábase a 'peitear aos heroes', que é como os privilexiados membros do Grupo Literario do Arquivo de Guerra, creado ao efecto, denominaban a súa tarefa de propaganda. chegaban os informes dos oficiais propondo condecorar a algún soldado, e eles, os escritores, adornábanos para 'atrapar a atención do lector', segundo un alto mando.

de 9 a 15 horas, o estilo de Zweig estaba ao servizo da máquina de picar carne; 'tres historias diarias' era a frase que o resumía todo. polas tardes reuníase con outros escritores no Café Imperial, a ler os xornais, tamén acicalados polo Grupo de Prensa.

algo máis dun século despois a súa obra edítase no estado español cunha regularidade industrial: máis dun título ao mes desde 2014 a 2019 (base de datos do Ministerio). a súa autobiografía, o mundo de onte, véndese a 27€ e leva 26 edicións. sen embargo, as páxinas dedicadas á súa febre nacionalista e os seus exercicios bélicos nom 'existen'. el, directamente, nunca escribiu sobre o iso o resto da súa vida. vergoña ou omisión dun esteta?

a pregunta é interesante polas mesmas razóns que a súa aura nom para de medrar. co nacionalismo outra vez en auxe e a sombra dos anos trinta presente e alimentada por moitos, 'os forxadores da conciencia europea', Zweig sería un, son máis necesarios que nunca.

'os que cremos na liberdade debemos recoñecer onde están as feblezas dos nosos mestres. pero tamén debemos recoñecer que logo da a vida polos seus ideais, que son os ideais do vello liberalismo europeo', explica Mauricio Wisenthal, quen na súa xuventude puido coñecer algúns amigos do escritor e cuxa primeira esposa, Friderike, lle dedicou un libriño que inda conserva.

'retocaba algunhas cousas para aparecer baixo unha luz mellor', segundo Adan Kovacsis, tamén tradutor e autor de guerra e linguaxe (Acantilado) onde analiza o papel dese grupo de escritores ao servizo da causa. 'hai algo mentireiro niso, mais nom lle resta mérito ao que logo escribiu'.

Kovacsis é tradutor, entre outros, de Karl Kraus, contemporáneo de Zweig e quizás a voz que con máis se opuxo á guerra. Kraus foi máis duro que o seu tradutor ao castelán, 'Kraus criticaba que os escritores ían ao arquivo para zafarse e nom servir no exército, e ao mesmo tempo dedicábanse a escribir propaganda para mandar a outros ás liñas de combate'.

pero é difícil saber ata que punto os escritos de Zweig se contaxiaron daquel súbito entusiasmo bélico das principais capitais europeas a partir de agosto de 1914. en parte porque moitos dos seus textos nom se asinaban, tanto os do Arquivo da Guerra como os artigos que enviaba a Neue Freie Presse, e en parte porque o propio Zweig, con seu silencio posterior, e os editores das súas obras completas, expurgadas, encargáronse de borrar as trazas. sem embargo, quedan os seus diarios e a vergoña dos seus lectores.

Acantilado publicou en 2016 unha biografía de Kafka escrita po Reiner Stach. nela consta que o 2 de agosto de 2014, Kafka anotou no seu diario, 'Alemaña declara a guerra a Rusia. pola tarde, escola de natación'. as anotacións de Zweig, nom obstante, eran máis comprometidas. e, lidas hoxe, comprometedoras. 'Liexa asaltada: primeiro en van, logo con éxito polos alemáns, unha acción heroica', escribe Zweig o 7 de agosto.

cando os alemáns apresan a miles de franceses en Metz, anota: 'cun valor único, un séntese orgulloso de falar alemán'. os serbios son 'hordas'; pola conta, afundir tres cruceiros ingleses con 2000 militares a bordo 'un acto heroico de cautela e ousadía'. a censura fai estragos pero el celebra as cifras oficiais: 'vivir este día ten sido en verdade fermoso, alégrome xa pensando en mañá, fálase de cen mil prisioneiros'. os civís executados son o merecido correctivo ao 'lixo que supura'.

escritores pasaron moitos polo Arquivo da Guerra mais, incluso unha vez dentro daquel cuartel amarelo por fóra e branco por dentro situado na Stiefgasse, houbo quen se resistiu ou foi incapaz de escribir propaganda. como Rilke, que acabou separado do grupo subliñando, literalmente, balances e listaxes con nomes de soldados.

Kraus nunca lle perdoou a Zweig a súa ambivalencia. anos despois, nun artigo onde destripaba o preciosismo verbal de Zweig, describíao como 'un dos falabarato máis representativos da cultura europea'.

Edward Timms, que leu os diarios de Zweig antes de publicar unha biografía de Kraus, considerou que tamén reflectían que no fondo 'se sentiu horrorizado ante a guerra' pero critica a súa falta de valentía. 'Zweig era un pacifista que carecía da carraxe para manter as súas propias conviccións', escribiu Timms en Karl Kraus, satírico apocalíptico: cultura e catástrofe na Viena dos Habsburgo (La Balsa de la Medusa, 1986).

'a totalidade dos seus escritos propagandísticos foi camuflada polos editores das súas obra completas' segundo Timss e os diarios nom se editan en España, nim tampouco a súa correspondencia con Romain Rolland.

pero o caso é que a influencia de Zweig é tan global que xa serve para unha cousa e a contraria, para o cosmopolitismo progresista de a morte da verdade, de Michiko Katutani, mais tamén para o mal disimulado nacionalismo do columnista conservador Douglas Murray en The Strange Death of Europe, onde a que se suicida directamente é Europa, oportunamente empurrada pola tríada de inmigración, identidade, Islam, que serve de subtítulo ao libro.

@xindiriz

venres, 6 de marzo de 2020

sobre traducir os poemas de Emily Dickinson, notas breves

Emily Dickison
por Sciammarella
publicado en El País
poemas 601-1200. soldar un abismo con aire
Emily Dickinson.
tradución de Ana Mañeru e Milagros Rivera Garretas
Edición bilingüe. Sabina. Madrid, 2013
773 páginas.

poesías completas
Emily Dickinson
tradución de José Luis Rey
Edición bilingüe. Visor. Madrid, 2013
1528 páxinas.

REFERENCIAS:
ÁNGEL RUPÉREZ devotos de Dickinson

segundo Ángel Rupérez a poesía de Dickinson atesoura un 'hermetismo máxico con abismos insondábeis, cheos de luz e sombra'. é poesía pola poesía da que a súa autora nom obtivo nada fóra do pracer e o consolo de escribila.

os seus poemas publicáronse postumamente, despois de que a súa irmá Lavinia os descubrira reunidos en fascículos confeccionados pola propia Emily a man.

Rupérez sinala algúns dos elementos que máis lle chaman a atención nos diversos modos de traballar cos poemas de Dickinson por parte de tradutores distintos.

segundo Rupérez, Ana Mañeru e Milagros Rivera mostran fundamentalmente dúas tendencias:

1/ o seu feminismo, que marca gramaticalmente, e inda lexicamente, as decisións á hora de traducir.

sempre empregan 'anfitriona', 'petirroja', 'mendiga', ou 'as amantes' -e tantos outros casos-, porque queren erradicar da gramática e o léxico da lingua castelá a preponderancia que posúe o masculino sobre o feminino.

ao mesmo tempo defenden que Dickinson era lesbiana, un feito evidenciado na -suxestionan- súa relación coa súa cuñada Susan Huntington, Sue. tanto é así que na capa do libro -neste e no que lle precedeu en 2012-, xunto ao retrato de Dickinson, aparece tamén o da súa cuñada. sen dúbida coa intención de subliñar de xeito icónico a súa relación amorosa.

iso tamén as leva a indicar cales foron os poemas expresamente enviados por Dickinson a Sue, probabelmente como proba de amor.

2/ móstranse en estremo literais, Ángel Ruperez di que 'en exceso', optando por opcións como

'la noche era ancha, y surtida escasa
con sino una única Estrella'

el optaría por algo menos estremo como

‘la noche era ancha (o vasta) y apenas amueblada
con una única Estrella'

que, segundo el, nom traizoaría en esencia o orixinal e si é perfectamente posíbel na lingua castelá.

en canto a José Luis Rey, Ángel Rupérez menciona que as súas eleccións xiran en torno a tres eixos:

1/ acostuma preferir encher os 'ocos' de Dickinson, explicitando, engadindo, explicando. comparemos posibilidades:

una noche -en medio yacen días- ...

sucumbe á tentación máis difícil de evitar: apuntalar ese descolgado e solitario substantivo (a concisión de Dickinson) ...

en medio de una noche, yacen días ...

2/ acostuma suprimir alí onde o estilo Dickinson repite algún elemento -unha conxunción, un substantivo ...-. pero ao evitar as repeticións erradícase tamén a estrañeza. Rey traduce ...

¿Qué les importa a los Muertos el Gallo?
¿Qué les importa el Día?

cando o orixinal repite 'muertos' tamén no segundo verso.

3/ en canto ao xénero, acata a conformación gramatical da lingua castelá, pero -iso si- subliñando a referencia feminina cando se trata de sinalar a voz que fala nos poemas. quen escribe é muller, logo os poemas teñen unha voz feminina.

Ángel Rupérez remata o seu breve informe dicindo que polo resto, fronte a vellas tendencias 'allanadoras', ambas traducións respectan as xa coñecidas rarezas de Emily Dickinson: os guións, o gran número de maiúsculas, a ausencia de puntuación, …

o volume da editora Sabina ten a vantaxe de enumerar os poemas seguindo as dúas edicións canónicas, a de Franklin (seguida por Mañeru e Rivera) e a de Johnson (seguida por Rey), por iso as numeracións dos poemas nom coinciden entre as dúas traducións e, en ocasións, hai diferenzas textuais considerábeis nalgúns dos poemas recollidos nelas.

adaptación feita por @xindiriz

martes, 28 de maio de 2019

XT, revolución e mulleres en política

Polygon

Xogo de Tronos aprovéitase do medo á revolución e as mulleres en política – e nom nos deixa mellor do que estabamos

a última tempada de XT provocou protestas públicas que culminaron nunha petición formal asinada por case un millón de espectadores indignados que renegan da tempada completa e desexan que se filme unha distinta. a ferocidade dos debates é en si mesma proba de hai en xogo algo realmente importante desde o punto de vista ideolóxico.

as queixas xiran en torno a un par de asuntos: por mor da presión por rematar a serie simplificouse a complexidade da narración e o desenvolvemento previo do personaxe nom xustifica o xiro que fai de Daenerys unha ‘reina tola’.

unha das escasas voces intelixentes no debate foi a de Stephen King, que subliñou que as queixas nom se producen porque a cousa acabe mal senón polo propio feito de acabar. na nosa época, a das series, que por principio nom teñen final, a idea do peche narrativo resulta intolerábel.

é certo que, no apresurado desenlace da serie imponse unha lóxica estraña, unha lóxica que nom viola procesos psicolóxicos críbeis senón que máis ben viola os presupostos dunha serie de televisión. a última tempada é simplemente preparación para unha batalla, o loito e a destrución despois desa batalla, e a conciencia que adquire o propio loitador da súa propia carencia de significado – algo moito máis realista para min que as tramas melodramáticas e góticas ao uso.

a tempada oito pon en escena tres conflitos consecutivos. o primeiro entre a humanidade e os ‘outros’ inhumanos (o Exército da Noite do Norte dirixido polo Rei da Noite); entre os dous grupos de humanos (os malvados Lannister e a coalición contra eles dirixida por Daenerys e os Stark); e o conflito interno entre Daenerys e os Stark.

esta é a razón pola que as batallas da tempada oito seguen un transcurso lóxico desde unha posición externa á ruptura interna: a derrota do inhumano Exército da Noite, a derrota dos Lannister e a destrución de Desembarco de el-Rei; o último conflito entre os Stark e Daenerys – en último termo entre a ‘bondadosa’ nobreza tradicional que cumpre protexendo os seus súbditos (Stark) ante tiranos ‘malvados’, e Daenerys como novo tipo de líder forte, unha especia de bonapartista progresista que actúa a favor dos que carecen de privilexios.

as opcións no conflito final xiran en torno a se a revolta contra a tirana é simplemente a loita polo retorno dunha versión máis amábel do vello orde xerárquico ou se se debería explorar a posibilidade dun novo orde necesario.

o desenlace final combina o rexeitamento dun cambio radical cun vello motivo anti-feminista presente en Wagner. para Wagner, nom hai nada peor que unha muller intervindo na vida política, movida polo desexo de poder. ao contrario que a ambición masculina, unha muller quere o poder para promover os seus estreitos intereses familiares ou, inda peor, o seu capricho persoal, incapaz como é de percibir a dimensión universal da política de estado.

a mesma feminidade que, no círculo pechado da vida familiar, é o poder do amor protector transfórmase nun frenesí obsceno cando se mostra ao nivel dos asuntos públicos e de estado. lembremos cando Daenerys lle di a Jon que se nom a pode amar como raíña entón imperará o terror – o tópico embarazoso e vulgar da muller sexualmente insatisfeita que deixa que se libere toda a súa furia destrutiva.

mais – e pasemos agora o mal transo – que facer dos estralos asasinos de Daenerys? pódese xustificar realmente a matanza sen piedade de miles de persoas normais en Desembarco de el-Rei como un paso necesario cara a liberdade universal? neste punto, fariamos ben en lembrar que a escena escribírona dous homes.

elviejotopo.com
Daenerys como a Raíña Tola é estritamente unha fantasía masculina, polo que os críticos acertan cando sinalan que a súa demencia súbita nom se xustifica desde o punto de vista psicolóxico. a imaxe de Daenerys cunha expresión entolecida e furiosa voando sobre un dragón e queimando casas e xente expresa a ideoloxía patriarcal co seu medo á muller con poder político.

o destino final das mulleres con poder en XT encaixa nestas coordinadas. incluso se a Daenerys bondadosa derrota e destrúe á Cersei malvada, o poder corrómpea. Arya, que os salvou a todos ela soa ao matar ao Rei da Noite, tamén desaparece, navegando en dirección ao oeste do oeste, como se fose colonizar América.

Sansa é a única que permanece, como raíña do reino autónomo do Norte. un tipo de muller adorado polo capitalismo actual: combina dozura feminina e boas 'entendedeiras' cunha boa dose de capacidade para a intriga, encaixando así perfectamente nas novas relacións de poder. esta marxinación das mulleres constitúe un momento clave da lección liberal-conservadora do final: as revolucións deben saír mal, nom orixinan máis que novos tiranos, ou, como Jon lle di a Daenerys:

‘os que te seguen saben que fixeches que o imposíbel acontecera. quizás iso lles axude a crer que tamén podes conseguir que outros imposíbeis acontezan: construír un mundo diferente da merda que sempre coñecemos. pero se usas os dragóns para derruír castelos e queimar cidades, nom es diferente’.

a consecuencia é que Jon obedece a vella fórmula machista e mata por amor, salvando á muller maldita de si mesma; ao único axente social na serie que realmente loitou por algo novo, por un mundo novo que acabase coas vellas inxustizas.

polo tanto prevaleceu a xustiza – mais, que tipo de xustiza? o novo rei é Bran, impedido, omnisciente, que nom quere nada – evocando a insípida sabedoría de que os mellores gobernantes son aqueles que nom queren o poder. a risa despectiva que provoca un membro da elite cando propón unha elección máis democrática é totalmente reveladora.

e un nom pode evitar decatarse que os máis diferentes son os que permanecen fieis a Daenerys ata o final – o seu comandante militar é negro – mentres que os novos dirixentes son claramente brancos e do Norte. a raíña radical que desexaba máis liberdade para todos sen importarlle a súa condición social e a súa raza é suprimida, e as cousas volven ao normal.

así que prevalece a xustiza, pero que caste de xustiza?

texto orixinal:
Slavoj Žižek, ‘Game of Thrones tapped into fears of revolution and political women – and left us no better of than before’ The Independent
tradución e adaptación:
@xindiriz

martes, 21 de maio de 2019

eloxio da tradución

gravado sobre a destrución da Torre de Babel
Cornelisz Anthonisz Teunissen, 1547
Biblioteca Real de Bélxica
elpais.com

na semana na que celebramos o libro, ese obxecto versátil cun deseño apenas modificado ao longo do tempo, é obrigado subliñar a súa relación íntima e próspera coa tradución. a literatura, que a miúdo consumimos vertida doutra lingua, pode cumprir con dignidade tanto a función de captar a curiosidade dun lector solitario durante as horas mortas nun aeroporto como converterse nun refuxio multitudinario para os sentimentos máis complexos e desbordantes. cando inda fumegaba Notre Dame, lectores de todo o mundo botaban man de Víctor Hugo, como se a madeira queimada da súa estrutura se puidera reconstruír coa celulosa das páxinas da súa célebre novela sobre o corcovado Quasimodo. tamén se acudiu a Ernest Hemingway cando o terrorismo atacou a capital francesa ou a George Orwell despois de que Edward Snowden desvelase a rede de vixía mundial.

grazas aos tradutores podemos acceder a esas obras na nosa propia lingua, diferente daquela na que se expresaron orixinariamente. a tradución, xesto político e filosófico que fai realidade o ideal de unión e comprensión alén das fronteiras lingüísticas, é unha ferramenta de resistencia (e de reflexión) contra o pensamento homoxeneizado. nom sei se se terá escrito ou filmado xa unha distopía sobre unha realidade na que se teña erradicado a tradución, un mundo condenado á monotonía lingüística e radicalmente diferente ao noso, baseado na circulación de ideas dun idioma a outro. Orwell plasmou unha variante en 1984 imaxinando a imposición dunha neolingua simplificada ao estremo para gobernar o pensamento da poboación.

toda tradución ensancha a lingua de destino, pois integra novas maneiras de dicir e pensar. é unha viaxe cara o outro, o concepto e a persoa. segundo o editor Roberto Calasso, unha boa tradución nom se recoñece pola súa fluidez, ao contrario do que se acostuma afirmar, mais por todas as fórmulas insólitas e orixinais que o tradutor tivo o valor de conservar e defender. inda así, no noso mundo plurilingüe, a miúdo se segue a ver ao tradutor como sospeitoso de alta traizón por atreverse a verter títulos estranxeiros na súa lingua coa aspiración de reproducir os matices do orixinal. que debía pensar un dos nosos mellores tradutores, o gran Miguel Sáenz, cando trouxo ao español a contundente opinión de Thomas Bernhard acerca de que ‘un libro traducido é como un cadáver mutilado por un coche ata quedar irrecoñecíbel’?

hai outros escritores que, a diferenza do austríaco e os seus acólitos, teñen loado a arte de traducir. Borges dicía que, en realidade, é o texto orixinal o que é infiel á tradución. esta aparente ocorrencia resume unha poética deste oficio que, en lugar de priorizar a correspondencia palabra por palabra, enténdeo como un acto de creación literaria. Nabokov, pola súa banda, colocaba a súa versión ao inglés de Uxío Oneguin, de Pushkin, no cumio da súa contribución ás letras universais.

quen traduce debe arriscar e dosificar a partes iguais e entender que ser fiel nom equivale a ser servil. máis dun teórico ten observado que hai unha flagrante contradición en insistir en que o código ético ao que debe someterse o tradutor se basea na obxectividade e na nom intervención, unha concepción segundo a que se pretende converter a un participante fundamental desta transacción lingüística nunha entidade diáfana cunha existencia, de xeito paradoxal, negada. o tradutor, así entendido, sería un simple instrumento óptico que permite ‘enfocar’ unha obra escrita nunha lingua estranxeira, mais lembremos que calquera lente, incluso a máis precisa, arroxa unha aberración óptica na imaxe resultante. afirmaba Alphonse de Lamartine, ‘na miña opinión, a obra literaria máis difícil é a tradución’, e esa dificultade reside no utópico que é tratar de oír no outro a túa propia voz e, á vez, falar con esa voz allea. só cando se pretende esta quimera, o tradutor cumpre co difícil reto de ser fiel, á vez, a dous amos igual exixentes, o autor da obra e o lector da tradución.

perdemos algo ao traducir un texto dunha lingua a outra? todo acto comunicativo padece pragas de erros e confusións. di un antigo proverbio yiddish que unha persoa oe unha palabra pero comprende dúas. traducir é a arte da aproximación e, por iso, hai que saber convivir co erro. ‘fracasa mellor’, repetía Beckett, porque o fracaso é inevitábel. apuntaba Ivo Andric que é doado descubrir imperfeccións, ou incluso erros, na obra dos mellores tradutores, pero moi difícil comprender a complexidade e o valor do seu traballo. traducimos e seguiremos traducindo, porque, se queremos ampliar as nosas coordenadas e saír ao encontro doutras culturas, nom nos queda outro remedio. ao cruzar a fronteira do idioma, sempre nos confiscan algo na aduana, pero ben merece a viaxe chegar ao destino coa maleta chea. traducir é o trunfo dunha utopía, así que con ela sempre gañamos. a fin de contas, como dixo a poeta Elizabeth Bishop, a arte de perder nom é ningún desastre.

tradución por @xindiriz
texto orixinal autoría de MARTA REBÓN, titulado ‘elogio de la traducción’ en castelán
publicado en Babelia o 26 de abril de 2019

sábado, 8 de decembro de 2018

Eugene Nida, ama ao Sr con todo o teu fígado

Eugene Nida
durante unha conferencia
Vic, Catalunya, 1996
wikipedia.es

a tradución ten oscilado sempre entre a literalidade e a interpretación ad sensum, segundo o seu sentido. os textos relixiosos case sempre se teñen traducido ad verbum, pois, por definición, a 'palabra de Deus' nom pode someterse a interpretación. Tyndale, Dolet, Encinas e moitos outros pagaron coa vida a ousadía de traducir os textos bíblicos de xeito que se entenderan.

desde mediados do XX tense producido unha verdadeira revolución, pois nom só nom se queima a ninguén por traducir a Biblia, senón tampouco por facelo de xeito que o vulgo poida entender o seu discurso (inda que nom os seus arcanos). centos e ata miles de millóns de habitantes do planeta poden ler hoxe ese libro na súa propia lingua, inda que ignoren que é, en gran parte, grazas ao empeño dun home do que seguramente nunca oíron falar, Eugene Nida (Oklahoma, 1914 - Madrid, 2011).

formado en linguas clásicas, teoloxía e lingüística e ordenado sacerdote baptista, pronto se cuestionou por que, se o Novo Testamento se escribiu en koiné, a lingua común grega, a súa versión nas linguas contemporáneas se envolvía nunha linguaxe rancia, huera e a miúdo inintelixíbel.

estivo a cargo das traducións da Bible Society of America, durante medio século e formou a tradutores nativos de case 200 linguas, sobre todo do III Mundo, para ofrecer traducións adaptadas ás súas culturas.

entrelazando disciplinas (lingüística, sociosemiótica, antropoloxía, lexicoloxía, teoría da comunicación), Nida establece o principio da 'equivalencia dinámica (ou funcional)', é dicir, o equilibrio entre a comprensión do contexto do orixinal e o seu correlato na lingua traducida, tendo sempre en conta os parámetros culturais do lector.

segundo este principio, a tradución correcta nalgunhas linguas africanas de 'ama ao Sr con todo o teu corazón' sería 'ama ao Sr con todo o teu fígado', xa que os seus falantes sitúan neste órgano a sé dos sentimentos. para algúns fundamentalistas isto é anatema e teñen tachado a Nida ata de herexe.

a puxanza das teorías de Nida e o seu intenso labor de campo nom só beneficiaron as linguas indíxenas ou minoritarias, algunhas das cales se alfabetizaron ou puideron forxar certas identidades (como o fenómeno da teoloxía da liberación), senón que marcaron tamén a tradución da Good News Bible (1976), realizada en inglés para lectores nom nativos, que ten superado os 200 millóns de exemplares.

propiciou a edición dos textos hebreo e grego de ambos Testamentos (publicados polas Sociedades Bíblicas Unidas), inigualábeis polas súas exhaustivas exexeses e imprescindíbeis hoxe para calquera tradutor da Biblia. como é o dicionario bíblico semántico que deseñou co mesmo fin.

durante medio século visitou 80 países, impartindo conferencias e seminarios, escribiu 40 libros (entre eles obras capitais como towards a Science of Translating e, con Charles Taber, the Theory and Practice of Translation) e numerosos artigos, sempre nun estilo claro, simple e conciso. fundou dúas revistas, Practical Anthropology e the Bible Translator.

pronto se viu que a súa idea de tradución era aplicábel a calquera tipo de textos e por iso foi adaptada de mil maneiras. pero por encima de todas as teorías da tradución destaca a súa, inconfundíbel e clara.

escribiu que 'aos mellores tradutores sóbranlle todas as teorías'. para el a tradución nom era unha teoría, mais si oficio, artesanía. contaba que, cando o seu equipo estaba a traducir a Biblia en Xapón, preguntáronlle: 'e se agora se entende, que farán os predicadores?'.

era un gran pensador da tradución mais tamén un home moi xeneroso, bondadoso, sinxelo, cortés, que cultivaba rosas no seu xardín e amizades por onde ía. falaba castelán, que aprendeu en México, e outra media ducia de linguas. morreu horas antes de recibir as probas do seu último libro.

tradución e adaptación por @xindiriz
texto orixinal publicado por POLLUX HERNÚÑEZ en el país, 2011

venres, 7 de decembro de 2018

Hernán Sabaté, o tradutor pianista

google +
Hernán Sabaté Vargas (Barcelona, 1953-2011) finou logo de loitar durante anos contra un cancro, só sete días antes de recibir o VI premio Esther Benítez, concedido polos seus propios colegas e do que, precisamente por ese feito, estaba especialmente orgulloso.

os seus compañeiros e compañeiras de profesión consideraron que a súa tradución da novela de James Ellroy sangre vagabunda, realizada conxuntamente con Montserrat Gurguí, merecía galardón.

comezara a traducir libros en 1976 porque 'gustábame ler e dábaseme ben o inglés, así que me pareceu boa idea'. desde aquela traduciu autores como Stephen King, Anne Rice, Arthur C. Clarke, Nadine Gordimer, Ken Follet, Patricia Cornwell, Ursula K. Le Guin, Isaac Asimov ou John Connolly.

en 1996 decidiu dar un lixeiro cambio de rumbo á súa carreira e propúxolle a Montserrat traducir un libro a catro mans. compartir dúbidas e solucións de tradución resultoulles tan estimulante aos dous que continuaron facéndoo.

Hernán, quizás unha excepción á norma, conseguiu chegar a vivir exclusivamente da tradución. no portal do ISBN hai case 500 entradas ao seu nome, todas traducións.

dicía de si mesmo que era un pianista que se puña diante dos libros como se fosen partituras e ía tocándoas. para Hernán, os tradutores debemos ser obreiros, albaneis, os xornaleiros da literatura, mensaxeiros anónimos das letras alleas. para el, ser invisíbeis era un don que hai que devolver con esforzo, honestidade e paciencia. o mesmo tiña que se tratara da peor das novelas de serie rosa que fose o jamesellroy máis difícil. todo era traballo, todo se tiña que facer ben.

el dicía que traducía para paliar a fame de comida, nom a sede de trascendencia.

@xindiriz

FONTES:
Teresa SOLANA Hernán Sabaté, la voz de James Ellroy en español
Andrés EHRENHAUS un recuerdo para Hernán Sabaté - club de traductores literarios de Buenos Aires
Hernán Sabaté Vargas - malapartiana.wordpress