venres, 7 de outubro de 2011

Tomas Tranströmer en galego?

Liliana Valado, profesora da Universidade de Vigo, tradutora e especialista en literatura sueca, realizou para Edicións Xerais a primeira tradución do sueco ao galego: Os irmáns corazón de león (2003), unha obra de Astrid Lindgren, a creadora de Pipi Calzaslargas. «Realicei un intercambio en Suecia e Lindgren era unha obsesión persoal. Ten sido traducida a máis de oitenta linguas, pero nunca antes ao galego». Valado tamén é responsable de que Casa de bonecas (2007) de Ibsen se poida ler na nosa lingua.

Sobre a concesión do Nobel de Literatura a Tomas Tranströmer (1931, Estocolmo) Valado comenta que «é un galardón merecido. Se sorprende é porque é un poeta e a poesía é un xénero minoritario, pero o realmente curioso é que non llo concederan antes». O poeta sueco «supuxo un punto de inflexión e modernizou a poesía, tanto nos temas coma no xeito de escribir. La literatura sueca, tanto poesía coma narrativa, é moi descritiva e intimista. Emprega un sintaxe moi condensada».

«Tormenta»

DE súpeto, o que camiña atopa aquí o vello,
enorme carballo, coma un alce petrificado coa súa interminable
cornamenta, fronte á fortaleza verdenegra
do mar de setembro.
Tormenta nórdica. É o tempo no que
os acios de serbas maduran. Desperto na oscuridade,
oigo as constelacións piafar nas súas cortes,
nas alturas, sobre as árbores.
 O ceo a medio facer

Non hai absolutamente nada traducido deste autor na nosa lingua. A primeira tradución ao castelán data de 1991, cando Hiperión publicou a antoloxía Para vivos y muertos, a cargo de Francisco Uriz, case medio século dende que Tranströmer empezara a escribir, con dezasete anos. Logo apareceron El cielo a medio hacer (2010), con prólogo de Carlos Pardo e Deshielo a mediodía (2010), tamén en Nórdica, unha edición bilingüe a cargo de Roberto Mascaró. Escaso bagaxe para un autor que leva publicado unha ducia de libros dende 1954 ata 2004.

«Apuntes de lume»

CANDO os meses tristes, escintilou miña vida só cando fixen amor contigo
como luciérnaga que acende e apaga, acende e apaga - a medias pode un seguir camiño na noite escura do olivar.
Cando os meses tristes, estaba a ánima desesperada e sen vida
pero o corpo camiño direito cara ti.
O ceo da noite ruxiu.
Silandeiramente ordeñabamos cosmos e sobrevivimos.

A súa tradución ao galego será inda máis complicada; sobre a situación en castelán comenta Valado que «as editoriais non apostan pola poesía porque é un xénero que ten un baixo índice de lectura, especialmente en España, onde o índice lector en xeral xa é baixo. A poesía chega a un público restrinxido; non é como a industria de novela urbana norteamericana, da que todos nos enteramos». Estas traducións malas e bastante libres (de traducións ao castelán, nin sequera do sueco) non van resolver nada, pero testemuñan a situación. Un poeta estupendo sen voz galega.

«Reino da Inseguridade»

XEFA de oficina inclínase e traza unha cruz
e oscilan pendentes como espada de Damocles.

Así como volvoreta fráxil se invisibiliza no chan
conflúe o demo co diario aberto.

Un casco que ninguén leva toma o poder.
Tartaruga nai fuxe voando baixo auga.

Góndola fúnebre

FONTES:
DE SANTOS, Ágatha: "El sueco Tomas Tranströmer gana el Nobel de Literatura por su poesía austera", Faro de Vigo, 07 outubro 2011.
FRANCO, Camilo: "El Nobel salda su deuda con la poesía premiando a Tranströmer", La Voz de Galicia, 07 outubro 2011.
PENELAS, Sandra: "Los secundarios de la literatura", Faro de Vigo, 11 febreiro 2007.
S., R.: "El traductor tiene que negociar sus tarifas, pero nadie discute la minuta de un abogado", Atlántico Diario, 04 outubro 2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario