read this information carefully, including all responses - translate into Galician
sábado, 9 de novembro de 2013
venres, 8 de novembro de 2013
proposta de traballo "Six Benefits of Human Translation"
| www.lingua-world.co.za/six-benefits-of-human-translation |
1
Human
translators manipulate language in such a way that they mimic the design and
purpose of the supply text. For example, if the supply text is an upbeat
promotional piece, a human translator will reproduce that to make effective
materials in the target language.
2
Effective
and correct translations need somebody who understands the context of the
supply text to detect and appreciate the nuances of each language.
3
While
machine translators will quickly churn out target text from input supply text,
the machine doesn’t acknowledge nor translate idioms, slang or terms that aren’t
pre programmed within the machine’s memory.
4
Machine
translations are typically very literal, hence the errors and strange language
that is often easily identifiable by a native reader.
5
Only
humans will perceive and effectively translate the cultural elements of supply
text.
6
The
end product from human translation appears less like the results of a
translation service and a lot like that of a creative document.
pre-activity
what is 'machine translation'?
what is 'supply text', 'target text'?
post-activity
find a text in English you would like to translate and translate into Galician/Spanish. When you finish, use google.translator. Compare the results
write your conclusion on this topic
Etiquetas:
propostas de traballo,
teoría da tradución
xoves, 7 de novembro de 2013
roubeille aos bosques
The trusting Woods.
The unsuspecting
Trees
Brought out their
burs and mosses
My fantasy to please.
I scanned their
trinkets curious I grasped – I bore away
What will the solemn
Hemlock What will the Oak tree say?
Papa above!
Regard a Mouse
O'erpowered by the
Cat! Reserve within the kingdom A «Mansion» for the Rat! .
Snug in seraphic
Cupboards To nibble all the day, While unsuspecting Cycles Wheel solemnly away!
To fight aloud, is
very brave But ga/lanter, I know
Who charge within the
bosom The Cavalry of Woe
Who win, and nations
do not see Who fall-and none observe Whose dying eyes, no Country Regards with
patriot love
We trust, in plumed
procession For such, the Angels go
Rank after Rank, with
even feet
And Uniforms of Snow.
Water, is taught by
thirst. Land -by the Oceans passed. Transport -by throe Peace -by its battles
told Lave, by Memorial Mold Birds, by the Snow.
If I shouldn't
be alive When the Robins come, Give the one in Red Cravat, A Memorial crumb.
If I couldn't
thank you, Being fast asleep,
You will know I'm
trying With my Granite lip!
A slash of Blue
A sweep of Gray
Some scarlet patches
on the way, Compose an evening Sky
A little purple
-slipped between Some Ruby Trousers hurried on A Wave of Gold
A Bank of Day
This just makes out
the Morning Sky.
poema de Emily Dickinson
traducido por Carlos Coira
Roubeille ós Bosques
Ós fiados Bosques.
As incautas Árbores
Botan os seus abrollos e
carrizas Para pracer da miña fantasía. Escudriñei as súas lilainas curiosa
Agarreinas -saqueillas
¿Que vai dicir o solemne
Abeto Que vai dicir o Carballo?
¡Pai do ceo!
¡Mira un Rato
Agoniado polo Gato!
¡Reserva no teu reino
Unha «Mansión» para a
Rata!
Anicado en seráficos
Armarios Rillando o día todo,
Mentres os incautos Ciclos
¡Marchan rodando solemnes!
A auga, apréndese pala
sede
A terra -polos Océanos
navegados. O éxtase -pala agonía
A paz -palas batallas
contadas
O Amor, polo Mofo
Conmemorativo .
Os paxaros, pala Neve.
Se non estivese viva
Cando cheguen os
Paporrubios, Dálle ó que leva Garabata Vermella, Unha faragulla conmemorativa.
Se non puidese
agradecercho, Por estar fondamente durmida, ¡Saberás que o intento
Co meu beizo de Granito!
Unha coitelada de Azul
Un trazo de Gris
Algúns parches escarlata
no camiño, Compoñen un Ceo Nocturno
Un pouco de púrpura -solto
por aí Algúns Pantalóns Rubí postos ás carreiras Unha Onda de Ouro
Unha Beira do Día
Só con isto se fai o Ceo
Matinal.
Loitar en alto, é moi
valente Pero máis aguerridos son, ben o sei Os que cargan
contra o peito
A Cabalería do Sufrimento
Os que gañan, e as nacións
non os ven.
Os que caen, e ninguén os
obserba.
Os que con ollos agónicos,
ningún país contempal con amor patrio.
Confiamos, en procesións
empenachaadas
Pois así, van os Anxos,
Fila tras fila, cos pes aliñados.
E uniformes de Neve.
se puidera subornal@s cunha Rosa
| webtaj.com |
179
Se puidera subornal@s cunha
Rosa
Traeríalles cada flor que medra
Desde Amherst a Cachemira!
Non me deterían noite,
tronada
xeada, morte, ninguén
tan prezado sería o meu
mandado!
Se se detiveran por un
Paxaro
Meu tamboril axiña se oiría
Nos Bosques en Abril!
Inesgotable, todo o verán
Só para romper a cantar máis
brava
Cando o Inverno axitara as
ramas!
E se me oíran!
Quen dirá
Que semellante inoportunidade
Non puidera ao final prevalecer?
Que, esgotad@s da súa face
de Mendigo
Non dixeran finalmente, Si
A apartala do Salón?
179
If I could bribe them by a Rose
I’d bring them every flower that grows
From Amherst to Cashmere!
I would not stop for night, or storm
Or frost, or death, or anyone
My business were so dear!
If they would linger for a Bird
My Tambourin were soonest heard
Among the April Woods!
Unwearied, all the summer long
Only to break in wilder song
When Winter shook the boughs!
What if they hear me!
Who shall say
That such an importunity
May not at last avail?
That, weary of this Beggar’s face
They may not finally say, Yes
To drive her from the Hall?
dous excerptos tirados da
reseña (deturpados e traducidos) de Ángel Rupérez “Nova luz, a mesma Emily Dickinson” (Babelia, 22 – dec – 2012, p. 5) sobre a
antoloxía Poemas 1-600. Foi culpa do paradiso.
Emily Dickinson. Tradución ao castelán e prólogo de Ana Mañeru e Milagros
Rivera. Sabina Editorial. Madrid, 2012.
1
as autoras tiran por terra a
presunta paixón de Dickinson polo predicador Wadsworth. Non acreditan nesta
hipótese e, pola contra, sospeitan unha relación lésbica de base coa súa amiga
e cuñada Susan Huntington Gilbert. Incluso aventuran unha especie de trío, no
que tamén habería unha relación incestuosa entre Dickinson e seu irmán Austin, o
home de Susan
2
criterios seguidos polas
tradutoras: fronte a unha posible Dickinson dulcificada e desnaturalizada, esta
é unha réplica que arrostra con todos os perigos da idiosincrasia da autora.
Respectan a extravagante puntuación, ata o escrúpulo; respectan a súa quebrada
sintaxe, tan rara e intrigante; respectan as peculiares e caprichosas (¿?) maiúsculas,
evitan as dozuras inexistentes no orixinal e sométense ao ditado da lingua da
escritora: "Así son, gústevos ou non, e vós, tradutor@s, debedes seguirme,
ata o precipicio”
pexas, algunhas, pero non
serias. Quizás a máis notoria procede do medo á traizón, facendo gala dun
estremo escrúpulo que da resultados ás veces inviables ao seguir o orixinal
literalmente:
Non me detería por noite, nin
tronada,
nin xeada, nin morte, nin ninguén
...
unha leve traizón farían máis
cribles e poderosos eses versos:
"Non me deterían a noite,
nin a tronada
nin a xeada, nin a morte, nin
ninguén ...
NOTA: esta tradución non soubo reproducir, novamente, o esquema rítmico no
orixinal. @xindiriz
mércores, 6 de novembro de 2013
1992: Stuart Hall, Basildon e a 'ética das aspiracións'
| www.amazon.com |
as
leccións (1) que se deben extraer da derrota do laborismo son precisamente as contrarias
ás expostas por Stuart Hall e outros comentaristas próximos ao movemento ‘Tempos
Novos’ (2) ou ao posmodernismo. Unha ten que ver coas limitacións inherentes
(ou carácter auto-destrutivo) dun enfoque pragmático que o aposta todo a ser electoralmente
atractivo, incluso deixando atrás os valores máis elementais de razón,
consistencia, e verdade. Neste sentido, a acusación feita ao laborismo estaba
xustificada –explotada con excelentes resultados na prensa tory–; o seu xiro radical no tema do desarmamento nuclear era
simplemente unha argucia táctica, en absoluto relacionado con cambios de
convición ou (inda menos) con calquera valoración realista dos cambios
xeopolíticos. Ao optar pola liña da mínima resistencia (en total consonancia cos
ditados dos ‘Tempos Novos’) o laborismo renunciou non só a unha instancia moral
suprema senón á súa oportunidade de defender as súas razóns dun xeito moito
máis consistente co que estaba a suceder no mundo real. De feito, a súa
estratexia foi inda máis absurda ao comparala cos beneficios que obviamente se
derivarían de adherirse á tese unilateral por
razóns tanto pragmáticas como por principios e así sinalar unha dirección
de futuro sensata que rachase co inmobilismo derivado da Guerra Fría. Pola
contra, a estratexia fiscal do laborismo articulou unha argumentación
xustificada (completamente factible e razoable) a pesar dos sabios consellos
dos estudosos de enquisas, gurús dos medios, e todos os que recomendaban unha
aproximación máis ‘pragmática’, ‘realista’ ou baseada no consenso. É bastante
posible que isto lles custara caro nas eleccións, inda que o asunto non está
nin moito menos probado. O que semella máis probable é que se combinaran varias
cousas para influír o sentido do voto no último momento, entre elas a cobertura
terxiversada da prensa, o factor das ‘aspiracións’ (tal e como o define Stuart
Hall), e, sen dúbida, a cobiza e o egoísmo dos asalariados de rendas altas aos
que só lles preocupou protexer os seus propios petos. Pero nada disto afecta a cuestión
central; é dicir, a disxuntiva de se o laborismo fixo ben adoptando esa
estratexia, ou se –nunha valoración máis ‘realista’– debería ter variado o
rumbo e ter adaptado a súa mensaxe aos sinais que emitía cada nova enquisa ou
sondaxe dos medios. Xa que o correcto (eficaz pragmaticamente) nun contexto
dado é precisamente o que produce os
resultados desexados apelando ao espectro máis amplo posible de valores e
crenzas asentadas. Que os votantes puideran realmente trabucarse –e que unha
estratexia ‘errada’ puidera, sen embargo, estar xustificada por razóns e principios– é simplemente inconcibible, como
tamén é esa xerga propia da vella ilustración que usa ‘ideoloxía’, ‘falsa
conciencia’, e conceptos semellantes.
un
pasaxe de Hall exemplifica algunhas das contorsións morais e intelectuais
producidas por este afán por analizar a derrota do laborismo desde un punto de
vista post-ideolóxico.
poder elixir, poder medrar, poder ascender [na escala social] no lapso das
súas vidas, poder decidir o teu propio destino, onde calquera, sexan cales sexan
as túas orixes, pode mudar en calquera cousa, con tal que traballe abondo [para
conseguilo]; isto é o que ten na cabeza o sr. Major co de ‘sen-clases’ e ‘unha
sociedade a gusto consigo mesma’. Esta pretensión soa ridícula para xente partidaria
da equidade. Pero é exactamente a caste de ‘sen-clases accesible’ que millóns
xulgan desexable e realista, e exactamente o tipo de motor de baixa potencia
que transporta o ‘majorismo’ alén de áreas tradicionalmente tories a arenas onde se poden gañar novos electorados. Esta é a voz que se
oíu en Basildon e nun milleiro de novas comunidades urbanas de clase
traballadora ‘sen-clases’ por todo o país, o corazón da nova ‘socioloxía das
aspiracións’. (Hall, p. 15)
Stuart
Hall sabe perfectamente o falaz que era esta apelación a unha sociedade
‘sen-clases’ que existía unicamente como unha invención do imaxinario social
proxectada, por unha banda, polos astutos estrategos tories con vistas á gran cita electoral e, por outra, por eses
‘millóns’ que creron firmemente que tal perspectiva era tanto ‘desexable’ como
‘realista’. Tamén sabe que hai certa distancia entre desexo e realidade; que
este oco non se sume (inda que se poida disimular) por falar pragmaticamente do
que é ‘correcto crer’; que as ‘aspiracións’ do votante foron expertamente
manipuladas no curso da campaña electoral; e que non se parecían en nada –fora
deste reino imaxinario– a algo que razoablemente se puidese esperar dunha
lexislatura adicional dos conservadores. Para sermos máis exactos: Hall sabe
todo isto porque o coñece de primeira man ou en base a certos feitos difíciles
de ignorar (desemprego, privación social, exencións tributarias ás rendas
altas, recortes nos servizos sanitarios, en transporte público, educación, …) que
desmentían esas miraxes tan dilixentemente promovidas pola máquina
propagandística tory. Pero cando toca
extraer as leccións relevantes hai cousas que Hall ou escolle ignorar ou dalgún
xeito non pode permitirse a si mesmo ‘saber’. Entre eles están os tres asuntos
máis destacados: que moita xente votou contra os seus propios intereses e os do
país; que o fixeron por razóns ideolóxicas; e, en relación a isto, que a pesar
de non estar en boga como concepto entre os teóricos críticos de hoxe en día, a
‘falsa conciencia’ inda pode ser útil para explicar certas cousas.
a
reticencia de Hall a admitir isto xera algúns xiros argumentais e retóricos
curiosos. As comiñas en frases como ‘sen-clases accesible’, ‘socioloxía das
aspiracións’, e ‘unha sociedade a gusto consigo mesma’ son sintomáticas de
certo malestar. De feito non se manifesta sobre se deberiamos tomalas ao pe da
letra (é dicir, ‘desexables’ e ‘realistas’) ou se, pola contra, sería mellor
tratalas de xeito crítico, diagnóstico ou socio-patolóxico. Optar pola primeira
lectura e rexeitar a segunda completamente suporía conformarse de xeito submiso
con sexa o que sexa que lles dea por dicir ás sondaxes de opinión, ou sexa o
que sexa o que se lle puidera facer aceptar á xente a través de formas manufacturadas
de crenzas de consenso. Isto así sinalaría o final de calquera esperanza
socialista nunha orde social mellor, máis xusta e humana, perseguida tamén
mediante a crítica de crenzas falsas, expondo o seu carácter ideolóxico e irreal.
Pero desde a perspectiva dos ‘Tempos Novos’ isto semella demasiado parecido á
vella liña marxista e ilustrada, a idea arrogante que os intelectuais teñen
dereito a defender a verdade, a razón e os principios a contracorrente das
auto-imaxes da época. Así Hall ten que ocupar a estraña postura de recoñecer o
‘majorismo’ como o fraude oco que é –unha re-edición (por así dicilo) do Dezaoito de Brumario de Marx, con
Thatcher e Major nos papeis de Napoleón e Napoleón
pequecho– mentres se auto-nega os recursos conceptuais e éticos que lle permitirían
resolver axiña a cuestión. E isto a pesar de que frecuentemente percibe de
xeito clarividente os medios polos que aos votantes se lles convenceu para que subscribiran
unha versión errada dos seus propios intereses reais, tal e como lla subministraron
os medios tory.
| www.dailymail.co.uk |
poderíase
dicir o mesmo sobre a indiferenza de Hall a respecto da análise habitual da
‘esquerda’ cando observa que tales esperanzas e aspiracións do pobo deben
semellar ridículas á ‘peña máis igualitaria’. Pois isto fai xurdir unha
pregunta obvia: inda se considera un deles, ou xa se ten mudado, con estes
tempos posmodernos, á fase de abandonar toda xerga desafinada (non realista)? De
aí que obteñamos o que se entende como inseguridade tonal, a sensación dunha
ironía que dalgún xeito falla e da no branco errado. Posto que ou Hall cre (como seguro así fai) que
inda paga a pena defender os principios socialistas e de equidade ou (de xulgar só por esta pasaxe) ten
redefinido ‘socialismo’ dun xeito que pode soltar amarras a respecto de
calquera compromiso con principios e nocións de equidade, xustiza social, ou
redistribución da riqueza. Este é a ironía real da análise de Hall: que ao
inclinarse tanto polos valores de consenso (ou ao rexeitar amparar un crítica
deses valores en termos ideolóxicos) nega eficazmente calquera perspectiva de
escapar do acuario do non-recoñecemento imaxinario. E se a mensaxe se dirixe
principalmente aos intelectuais de esquerda á vella usanza –ou ‘igualitarios’
que non foron quen de decatarse dos signos dos tempos posmodernos– entón tamén
rebota neses outros tipos máis representativos para os que o ‘majorismo’
exerceu un atractivo xenuíno (inda que nalgún sentido ilusorio). Pois a súa,
como Hall nos fai lembrar, ‘foi a voz que se oíu en Basildon e nun millar de
novas comunidades de clase traballadora e suburbanas ‘sen-clases’ por todo o
país’.
cunha
pequena descodificación, esta última oración ten moito que dicir sobre os
problemas e perplexidades que lastran a diagnose de Hall. Novamente recorre ás
comiñas para suavizar esa conxunción de termos, por outra banda oximorónicos (‘clase
traballadora “sen clases”’) que precisa un argumento que sempre quere levar a
razón, facendo da realidade da clase social un asunto da experiencia cotiá, pero
renunciando a tales ideas –desde unha perspectiva de ‘Tempos Novos’– por ser
definicións nominais que xa non se corresponden a nada na natureza das actuais
tendencias sociais. Logo está a referencia a Basildon, un topónimo que
seguramente se fixou na memoria de calquera que se quedara ata tarde na noite
electoral para ver os resultados finais. Pois Basildon era un feudo conservador
na axenda de gañas que buscaban os laboristas se querían ter algunha
posibilidade de formar o seguinte goberno. O que fixo que este resultado inda
fora máis crucial como síntoma do xeito en que ían as cousas foi o feito de que
Basildon presentou un gran reto para os métodos demoscópicos convencionais
(baseados na renda e na clase social) para predicir tendencias electorais.
Situada no límite entre Londres e Essex, fogar de moitos votantes que ascenden
na escala social e son difíciles de clasificar, representando como así era (e
Hall subliña moi ben) o corazón mesmo da ‘nova socioloxía das aspiracións’,
Basildon era, en efecto, unha folla no vento para os sociólogos electorais e
outros observadores da escena pre-electoral. O caso é que foi entre os
primeiros resultados en ser coñecidos e marcou o xiro desde predicións (inda
que precavidas) dunha maioría laborista factible ata predicións (máis e máis
confiadas) dunha renovación do poder conservador.
Hall está
plenamente xustificado, por estes motivos cando menos, ao elixir Basildon como unha
especie de test á luz dos resultados das eleccións. Pero novamente hai unha
diferenza crucial entre analizar os factores (socio-económicos, psicolóxicos,
demográficos, …) que conspiraron para producir ese resultado, e utilizalo como
lección exemplar ou caso modélico dos tipos de cebo electoral que o laborismo tivera
feito ben en empregar. Pois neste caso o pragmatismo (na súa versión ‘majorita’)
definiría a axenda do debate político non só para o electorado de Basildon
senón tamén para eses outros –socialistas confesos ou xefes da campaña
laborista incluídos– que buscaron aprender as leccións da derrota electoral para
adaptarse mellor a próxima vez. Despois de todo, segundo Hall, John Major
‘personifica o número crecente de xente que, inda que non avergonzados das súas
humildes orixes de clase, xa non cren que deban quedarse, tal e como di,
“encaixados” nelas por sempre’. E ademais, ‘el articula esta actitude, non en
termos da realidade da, senón a aspiración
á, mobilidade social, e a ética dos logros persoais’. Habería moito que
analizar aquí desde o punto de vista conceptual, pero o seguinte abondará. Que
pode significar estar non-avergonzados por asuntos de clase e orixe social se
isto promove unha esquema mental en perfecta sintonía coa espuria retórica déclassé de John Major, ou unha vaga de
opinión pública de identificación imaxinaria con intereses de clase tan remotos
incluso para eses votantes de Basildon que máis progresaran na escala social?
Como deberiamos interpretar a linguaxe dunha ‘ética de realización persoal’ se
non é traducíndoa pola linguaxe da avaricia descarnada de Thatcher, o interese
propio, ou o individualismo adquisitivo? Que queda do argumento socialista
contra estes valores se se adopta un novo ‘realismo’ (ou unha ‘nova socioloxía
das aspiracións’) que se modela tan cerca do estilo e técnicas da xestión da
campaña tory? E de novo: por que
asumir que Basildon sinala o camiño cara o único futuro –ou as únicas opcións
‘realistas’– para que o laborismo reformule a súa estratexia en vista da súa
última derrota electoral?
poderíase
pensar, pola contra, que calquera lección que se puidera extraer de ‘Basildon
en 1992’ tiña que ver non tanto coa necesidade laborista de volver aos seus
principios socialistas como á súa necesidade de aterse a eses principios,
comunicalos con máis eficacia, e (sobre todo) combater a súa presentación
maliciosa e desfigurada nos órganos de propaganda tory. Sería, en efecto, moi desesperante se a ‘voz de Basildon’,
tal e como se oíu na noite electoral, se tomase como representativa ou exemplo
desas comunidades ‘nucleares’ onde o laborismo ten que gañar abandonando todos
e cada un dos seus compromisos e estratexias anteriores e exhibir unha retórica
de valores de clase traballadora ‘sen-clases’. Esta mensaxe podería ter
credibilidade para os analistas –especialmente críticos culturais dunha
tendencia posmarxista tipo ‘Tempos Novos’– cuxo principal interese sería atopar
refutación para apoiar a súa lectura dos signos. Porque doutro xeito semellaría
ter pouco mérito basear os argumentos para a revisión das estratexias
principalmente nos antollos dunha circunscrición híbrida concreta onde o
comportamento electoral se pode analizar en termos de causa ou síntomas máis
que en termos racionais. Stuart Hall, por suposto, tira a conclusión contraria,
lamentando que o laborismo non afondara abondo na súa liña revisionista. Así: ‘a
adaptación ten sido demasiado superficial, dolorosa sen ter afondado … máis ben
a caste de anovamento publicitario que se lle da a un vello produto para
lanzalo nun novo envoltorio, e non unha muda de estratexia e cultura política
enraizada nas configuracións do cambio social moderno’. En realidade isto é un
intento de darlles a súa propia medicina a todos eses moralistas anticuados e
desafinados, suxestionando que o rumbo exemplar tería sido que o laborismo
efectuase unha revisión estratéxica completa, e non un enfoque a base de
compromisos sospeitosos ou unha caste de revisionismo a medio camiño que
carecera da carraxe das súas propias conviccións pragmáticas. Nada podería
estar máis lonxe da verdade, cando menos ata o extremo de que a ‘verdade’ inda
é cuestionada (a diferenza dos seus substitutos persuasivos ou imaxinarios)
para quen adoptase esta liña. O que demostraron os resultados electorais con dolorosa
claridade –e en ningures máis que en Basildon– foi o feito que o laborismo só
podía perder xogando ao xogo cínico dos tories,
ou axustando a súa imaxe a sexa o que fose que semellara ben crer nese momento.
| www.leftlion.co.uk |
segundo
a tese de Stuart Hall, a estratexia electoral máis valente (así como a máis
eficaz) tería sido tirar xusto pola senda deste programa revisionista e negarse
o recurso a paliativos á vella usanza como ‘ideoloxía’, ‘falsa conciencia’, …
Tal é, en todo caso, a mensaxe implícita no seu chamado a favor dunha completa
‘muda de cultura e estratexia políticas’ en consonancia con, ou ditada por, as
‘configuracións do cambio social moderno’. En realidade, a frase de Hall está
‘enraizada’, o que suxestiona máis ben unha relación orgánica ao estilo de
Gramsci, unha afinidade electiva case-naturalizada entre as estruturas
socioeconómicas e a súa articulación ao nivel de valores culturais e crenzas
políticas. Pero non hai lugar aquí para o papel que Gramsci lle atribúe aos
intelectuais ‘críticos’; é dicir, aqueles pensadores que cuestionan a ideoloxía
dominante dende unha postura disidente identificada con intereses que o
consenso actual marxina. Pois só poderían exercer este papel na medida en que
tales intereses conseguiran expresarse de maneira articulada sobre e contra o
conxunto dominante de valores ou auto-imaxes culturais. E iso precisaría, á súa
vez, unha definición de ‘ideoloxía’ máis forte (teorizada máis axeitadamente)
que o que permite o modelo de consenso de Hall; é dicir, a súa interpretación
da ‘estratexia e cultura políticas’ como algo que ten que ver con dar unha
resposta acompasada, ou axuste rápido ás últimas achegas das sondaxes de
opinión. O que queda fóra do cadro nesta análise é a diferenza (de novo) entre
os intereses reais e os imaxinarios, ou a medida na que se pode engaiolar á
xente para que acepte unha visión falsa ou sistematicamente desfigurada deses
intereses por medio de diversas técnicas de persuasión xa ben testadas.
claramente
habería pouca esperanza de éxito para calquera estratexia socialista de futuro
que ignorase o ‘factor Basildon’, ou que non tivera en conta os cambios
demográficos –a nova ‘socioloxía das aspiracións’– apuntada por observadores
coma Hall. Eses datos proporcionan o punto de partida indispensable para unha
política consciente dos problemas que afronta á hora de superar eses xeitos de
investimento imaxinario (ou confusión ideolóxica) tan eficazmente explotada
pola Oficina Central Conservadora e os seus aliados nos tabloides. Pero isto
está moi lonxe de significar que a única maneira realista de avanzar para o
laborismo sexa adecuar o seu atractivo á imaxe que proporcionan esas mesmas
(por moito que sexan precisas e, nalgún sentido, representativas) achegas. Pois
adoptar a liña pragmática da menor resistencia, non ofrecendo máis que unha
versión branda da estratexia electoral tory
é produto da desesperación, unha estratexia perdedora incluso en termos
tácticos. Nesa disxuntiva moitos votantes sentirán que é mellor optar polo
artigo xenuíno –por unha política honestamente casada cos valores do interese
propio e o individualismo adquisitivo– e non por un que acepta eses valores dun
xeito algo avergoñado e oportunista. Isto é como se veu a renuncia laborista no
tema do unilateralismo, e tamén a súa presa por abandonar outras estratexias
sen o máis mínimo de argumentación xuizoso e razoable.
por
suposto existe o perigo da arrogancia, a compracencia, ou algo peor, no uso de
termos como ‘ideoloxía’ e ‘falsa conciencia’, termos que poden connotar unha actitude
nós–eles ofensiva, unha presunción dunha sabedoría superior sen marxe de erro por
parte dos intelectuais de esquerda ilustrados. En palabras de Terry Eagleton,
‘vexo as cousas como realmente son; ti bótaslle un ollo a través duns anteollos
impostos por unha doutrina externa’. Ou de novo: ‘O seu pensamento é groseiro,
o teu é doutrinario, e o meu é deliciosamente dúctil’. Despois de todo, como
Eagleton declara sen rodeos, ‘ninguén defendería que o seu propio pensamento é
ideolóxico, do mesmo xeito que ninguén se verá a si mesmo como obeso … A
ideoloxía, como a halitose, é, neste sentido, o que ten a outra persoa’. Non
hai dúbida de que o desexo de non adoptar tal actitude xoga a súa parte nas
variacións actuais do tema pragmático, posmodernista, ou fin-da-ideoloxía. É,
tamén, un factor a ter en conta nos comentarios sobre a escena política
británica que comprensiblemente retroceden ante a perspectiva de imputar ‘falsa
conciencia’ a unha porción considerable do electorado, ou cando se arrogan,
dalgún xeito, a posesión dunha verdade negada a aqueles outros tipos, máis
ignorantes. Pero un tamén debería ter presente a referencia de Stuart Hall ás
miraxes sufridas polos ‘partidarios da equidade’ ben intencionados que seguen a
crer, a pesar de todos os sinais, que o socialismo non pode ou non debería
chegar a acordos coa realidade da inxustiza social. Pois son eles, insinúa
Hall, os que deben, hoxe en día, ser vistos como as verdadeiras vítimas da ideoloxía;
é dicir, dunha actitude que inutilmente persiste en diferenciar a verdade dos
seus varios sucedáneos ‘imaxinarios’ e ‘ideolóxicos’. O que así comeza como un
respecto decente polo punto de vista da outra persoa –ou desagrado pola xerga moralizante
e arrogante– ao final muda nunha caste de discriminación á inversa, un rexeitamento
a concibir que calquera puidera ter razóns (razóns e principios) para adoptar
tal postura disidente. E isto aplicaríase non só aos intelectuais de esquerda
enganchados ás nocións de verdade, crítica, ou ideoloxía senón tamén a eses
tipos crédulos da vella garda –entres eles a maioría dos votantes laboristas–
que persisten na crenza errada de que o ‘socialismo’ supón algo distinto (e
máis) que un axuste arrastro dos signos dos tempos.
NOTAS:
(1) este texto é tradución (mala) e deturpación da sección
II do capítulo ‘The End of Ideology’ en Christopher Norris The Truth About Postmodernism (1993), pp. 8-14.
(2) os ‘Tempos Novos’ son unha corrente revisionista,
próxima ao Partido Comunista, que escandalizou os socialistas tradicionais polo
seu aprecio herético polos mercados, a mobilidade na escala social e os centros
comerciais. Stuart Hall foi un dos seus principais arquitectos.
(3) Basildon é unha circunscrición electoral en
Inglaterra e en 1992 John Major revalidou os escanos suficientes para seguir
gobernando o Reino Unido.
(4) a estas alturas, aquí en Galiza, e en moitos
outros lugares, no eido da esquerda, seguimos a darlle voltas a moitos dos
temas e actitudes sobre as que se reflexiona neste texto. Sen chegar a (case)
nada.
venres, 1 de novembro de 2013
vivo na posibilidade
| commons.wikipedia.org un tellado 'gambrelo' |
Vivo na posibilidade
Vivo na Posibilidade –
Casa máis fermosa que a Prosa –
Máis abondosa en Ventás –
Superior – en canto a Portas
–
De Cuartos coma Cedros –
Inexpugnables para o ollo –
E durante un eterno Tellado
Os “Gambrelos” do Ceo –
De Visitantes – os máis
fermosos –
Como Ocupación – Isto –
As miñas estreitas e despregadas
Mans
Para reunir o Paradiso –
657
I dwell in Possibility
I dwell in Possibility –
A fairer House than Prose –
More numerous of Windows –
Superior – for Doors –
Of Chambers as the Cedars –
Impregnable of eye –
And for an everlasting Roof
The Gambrels of the Sky –
Of Visitors – the fairest –
For Occupation – This –
The spreading wide my narrow Hands
To gather Paradise –
1. é o símbolo da poesía; a súa casa proporciona oportunidades suficientes
para a observación e para viaxes a través das vistas percibidas desde ela
(Weisbuch, 1)
2. é un concepto: é a idea da propia imaxinación, onde o que non ten
acontecido na realidade pode ser considerado como ocorrendo. A posibilidade é
espazo mental (Juhasz, “I Dwell in Possibility”, 105)
3. esta casa é ‘Posibilidade’, a imaxinación. Vivindo alí, a dona da
mansión non fai doces senón poesía. A posibilidade asóciase á poesía na
primeira estrofa, a diferenza do seu oposto – non a imposibilidade senón a
prosa (Juhasz, Undiscovered Continent
20)
4. ‘Posibilidade’ implica tanto referencias poéticas como teolóxicas; “o
poema, concibido coma unha especie de Templo, admite unha ‘Posibilidade’
impregnada da confianza e graza do salmista …” (New 7, 6)
House, Windows, Doors – Casa, Ventás, Portas:
1. “o poema explica que a imaxinación pode ser
tan ampla como os asuntos sobre os que especula. A linguaxe que constrúe esta
casa testemuña a súa construción figurativa. Os seus cuartos non son cedros,
senón como os cedros – sólidos …” (Juhasz, Undiscovered
Continent 20)
2. “a suxestión de apertura á experiencia, no número
de ventás e portas, é contradita polos ‘cuartos inexpugnables’. As portas,
retrospectivamente, significarían tanto exclusión como admisión – só os ‘máis
fermosos’ son admitidos. (‘A inferencia’, podería decirse, vive máis na casa da
prosa)”. (Benfey 28)
1. “este poema … fala da intimidade, como se
estivese vinculada necesariamente ao que Dickinson chama ‘posibilidade’. Os cuartos
deben ser ‘inexpugnables para o ollo’ se isto vai ser verdadeiramente o lugar
no que viva a posibilidade. A prosa, entón, corresponderíase co ámbito público”
(Benfey 28)
2. os Cuartos son un “lugar cerrado experimentado
en lugar da mente, e que pode significar confinamento e loita interior … Pero
esas mesmas ventás e portas poden tamén configurar a amplitude que só a
imaxinación pode crear, lembrándonos outra volta do poder que se tira do uso da
conciencia” (Juhasz, Undiscovered
Continent 19)
1. “a ocupación da que vive na mente, as súas estreitas e despregadas mans ‘para
reunir o Paradiso’, pode interpretarse como a creación da poesía. O Paradiso é
o espazo máis lonxano que se poida concibir, e a mente pode expandirse para abárcalo.
Cando isto sucede, a causa do poder da imaxinación, a ‘ama de casa’ pode ser
unha poetisa” (Juhasz, Undiscovered Continent 20)
2. “‘as estreitas e despragadas Mans’ poderán atrapar nunha redención nin
garantida nin especialmente disponible pola fe dos seus ancestros, unha
redención cuxos paradoxos serán máis fondos e complexos” (New 7)
BIBLIOGRAFÍA:
. Benfey, Christopher E.G. Emily Dickinson and the Problem of
Others. Amherst: U of
Massachusetts P, 1984.
. Juhasz, Suzanne. "I dwell in Possibility': ED in the Subjective
[sic] Mood." Emily
Dickinson Bulletin 32 (1977): 105-109.
. Juhasz, Suzanne. The Undiscovered Continent: Emily Dickinson and
the Space of Mind. Bloomington: Indiana UP, 1983.
. New, Elisa. "Difficult Writing, Difficult God: Emily
Dickinson's Poems Beyond Circumference." Religion and Literature 18
(Fall 1986): 1-27.
. Walker, Julia M. "ED's Poetic of Private Liberation." Dickinson
Studies 45 (1983): 17-22.
. Weisbuch, Robert. Emily Dickinson's Poetry. Chicago: U of
Chicago P, 1975.
xoves, 31 de outubro de 2013
di toda a verdade mais día de esguello
| www.helenheath.com |
1129
Di Toda A Verdade
Mais Día De Esguello
Di toda a Verdade mais día de esguello –
O Éxito no Circuíto reside
Demasiado brillante para o noso feble Deleite
A soberbia sorpresa da Verdade
Como Clarear para acalmar as Crianzas
Con amable explicación
A Verdade debe encandear gradualmente
Ou que tod@s sexan ceg@s–
1129
Tell All The
Truth But Tell It Slant
Tell all the Truth but tell it
slant–
Success in Circuit lies
Too bright for our infirm
Delight
The Truth's superb surprise
As Lightening to the Children
eased
With explanation kind
The Truth must dazzle
gradually
Or every man be blind–
NOTAS:
. como traducir ‘lies’?
– se traduces ‘reside’, pérdese ‘minte’
. como traducir ‘slant’?
– ‘de esguello’ é visual …
. respectar o masculino de ‘every man’ ou adoptar unha
opción menos sexista, que diría o amigo Hamlet?
. algunhas versións que inclúen ‘lightening’ e outras ‘lightning’:
a primeira opción fala de esclarecer o escuro, como a verdade?; a segunda do
perigo que pode esconder a verdade, o shock
que pode producir
. o poema consta de dous cuartetos escritos en versos que
alternan catro e tres iambos respectivamente; coa seguinte ríma a final de verso –abcb– e rima interna no verso tres. Non hai puntuación excepto as elipses ao final dos versos 1 e 8
. análise (detallada?) en lingua inglesa (http://www.voy.com/108142/34.html)
.
renuncio a reproducir a rima, desisto; esta é unha tradución mala
@xindiriz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
